a product message image
{' '} {' '}
Limited time offer
SAVE % on your upgrade
1 minute read

Xaquín Marín

«A retranca é humor de noso: unha agudización da ironía»

Xaquín Marín é un dos debuxantes e humoristas galegos de máis sona. Ademais é director do Museo do Humor de Fene.

—O humor, universal? —É universal pero ten variantes particulares.

—A retranca. —A retranca é unha variante do humor que é de noso. É unha agudización da ironía.

—Defíname o humor. —Na definición do humor caeron moitos definidores. É un xeito de entender a vida.

—O pobo con mellor humor. —Non coñezo o humor de todos os pobos. O do pobo galego é moi bo porque subsiste grazas a el.

—O humor pode facer chorar? —É posible facer chorar ou rir, pero é difícil para o humor gráfico.

—Que podemos facer nós polo humor? —Sobre todo practicalo e consumilo.

—Que pode facer o humor por nós? —Axudarnos a vivir.

—Ten vostede bo ou mal humor? —Regular.

—Un personaxe que lle produza risa. —Gil y Gil, por exemplo.

—O humor pode ser cousa de museo? —Todas as cousas son museables sempre que o museo sirva para algo.

—Un humorista. —Xaquín Marín.

—Castelao. —É o punto de referencia de todos os humoristas galegos.

This story is from: