1 minute read

Justo Beramendi

«A historia nunca mente, menten os historiadores»

Justo Beramendi é profesor de Historia Contemporánea na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, e forma parte do actual equipo rectoral, de orientación nacionalista.

—Coa guerra do Golfo queda claro o papel dos organismos internacionais? —Cada vez máis escuro.

—Como ve o futuro de Iraq? —Iraq é un país vencido, destruído, e non liberado internamente. O seu futuro é incerto.

—O pacifismo está a cambiar os comportamentos sociais? —Os comportamentos sociais si os está a cambiar, outra cousa é que poida cambiar o sistema. Ao lon

go da historia, os sistemas nunca foron cambiados pacificamente.

—Estamos nunha típica fin de milenio decadente? —Non, estamos nunha fin de milenio incerta.

—Aínda quedan valores ideolóxicos? —Quedan todos, o que pasa é que están acochados baixo unha aparente desideoloxización, que xa é un valor ideolóxico de seu.

—Existe unha nova esquerda ou unha esquerda náufraga? —Existe unha esquerda perplexa.

—Hai un movemento mundial a prol dos nacionalismos? —Hai un rexurdir dos nacionalismos, que en realidade nunca deixaron de existir.

—A historia tamén mente? —A historia nunca mente, menten os historiadores.

This story is from: