Issuu on Google+

RELATORIO POLÍTICO


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

RELATORIO POLÍTICO O CONTEXTO INTERNACIONAL NO QUE NOS MOVEMOS O afundimento da socialismo real, especialmente a desaparición da URSS e Iugoslavia, significou de inmediato, o mando universal do grande capital, de USA e os seus países dependentes. Concretamente, resulta importante comprobar como, despois da URSS, os USA dirixiron o seu fogo (real) contra países árabes antiimperialistas ex-aliados da URSS e puxeron en acción un islamismo arcaizante para substituír o nacionalismo revolucionario e apropiarse dos recursos naturais da terra: Iraq, Libia e, agora, Siria. O mesmo fixeron no Afganistán indoeuropeo, onde rexía un goberno laico e pro-soviético. Á caída da URSS e Iugoslavia conformouse unha situación internacional de mando único capitalista e norteamericano. Falouse, con acerto, dun mundo unipolar (Fidel Castro). Hoxe estamos a vivir unha mudanza. Por unha banda, Rusia recompúxose como potencia política, económica e militar baixo o signo do capitalismo. Esta Rusia mantén as distancias cos EEUU e os seus satélites. Pola outra, China, medra e confórmase tamén como grande potencia, neste caso cun réxime declara participar de dous sistemas. Polo que se mira, o sistema capitalista non cesa de se incrementar no interior de China. Os países socialistas periféricos que non sucumbiron e que resistiron o desastre, senten que agora a presión USA pode ser mellor contrarrestada. En canto aos EEUU e os seus aliados, entran nunha crise política derivada da crise capitalista profunda que se ceba neles. Pero non en todas partes a crise económica leva os mesmos ritmos. Existen países capitalistas como Australia ou África do Sur, nos que a crise non se nota, e crece economicamente parte da África Negra (Angola, Ghana). Todo o cal debuxa un cadro de inestabilidade contraditoria do capitalismo global. Por parte, no plano de guerra ideolóxica, USA, UE e aliados perderon a batalla da ética. O militarismo impúdico e a conculcación dos dereitos humanos por parte dos EEUU (Guantánamo, ditaduras en Sudamérica) é un escándalo planetario. O carácter 2


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

democrático dos réximes antiimperialistas de América Latina acaba de vencer, a cara descuberta, as falacias da guerra fría cultural e ideolóxica. O que nos leva á grande esperanza mundial que está a irradiar desde Latinoamérica. No día de hoxe o mundo unipolar e de mando único deixou de ser realidade. Os estados socialistas que sobreviviron á derrota da URSS e Iugoslavia na Guerra Fría consolidan o seu sistema. Novas realidades cara o socialismo afloran en Latinoamérica. Novos colosos capitalistas (Rusia) ou de incerto mestizaxe (China) néganlle a autoridade aos EEUU e os seus aliados. Unha parte fundamental do mundo capitalista na que se inclúe a súa cabeza político-militar, USA, enzoufase na crise económica e na barbarie cultural e ética. USA persiste en levar a guerra a Oriente Medio para roubar os seus recursos e lucrarse coa industria da morte. Polo tanto, a orde internacional (ou desorde) de hoxe xa non pode ser cualificada como unipolar senón que ha des ser definida como multilateral- E isto é bo para a causa dos traballadores e dos pobos. En efecto, a ollada a Latinoamérica pode traguernos conforto. Cuba, ao resistir heroicamente as circunstancias derivadas da ruína da URSS, fixo posíbel que aflorase en Venezuela un novo réxime político antiimperialista. Aliadas Cuba e Venezuela, sumáronse a outras emerxencias que se foron producindo en Ecuador, Bolivia, Uruguai, por

diferentes

modos.

A

distancia,

pero

máis

coincidentes do

que

desexaría

Washington, Arxentina e Brasil completan o panorama dunha nova América á que están a sumarse os microestados creoulos das illas caribeñas. O núcleo vital desta nova América (Venezuela, Ecuador, Bolivia,...) ten en común o sentir amizade, case filial, por Cuba e a súa Revolución e tender ao sistema socialista. Tamén coinciden na aspiración panamericanista bolivariana (vexase ALBA, CELAC, SUCRE...) en que a súa fonte de poder é o sufraxio universal máis transparente. Todos están

dotados

de

exércitos

politizados

e

dispostos

a

defender

os

cambios

revolucionarios, o que fai que estes países estean blindados contra os golpes de estado e as invasións estranxeiras. Finalmente, os países revolucionarios e antiimperialistas defenden as culturas e as linguas das nacións (grandes ou pequenas) precolombinas. No tocante ao noso entorno xeográfico máis próximo, asistimos ao caída da máscara da Europa Social, amosando máis clara que nunca a faciana pola que fora creada esta 3


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

estrutura, despois da II Guerra Mundial, baixo a tutela dos USA. O seu funcionamento, profundamente antidemocrático, arrebatou a soberanía dos pobos que a compoñen para deixala en mans dos centros do poder económico, coa conivencia da Comisión e o Consello Europeo, permitindo que os postulados ideolóxicos predominantes do neoliberalismo marcasen unha política económica de austeridade que non fai máis que afondar a fenda que separa ricos e pobres. Cada vez máis afastada da capacidade de incidencia da cidadanía, a UE convértese nun ente omnipotente, que baixo os ditados do FMI e do BM, obriga a aplicar múltiples reformas e paquetes de recortes que atentan directamente contra os dereitos básicos acadados tras anos de loita polas clases traballadoras, deixando caer sobre as súas costas as consecuencias máis letais e daniñas da crise. Namentres, os únicos que se benefician da actual situación son os de sempre, a oligarquía, a banca e as multinacionais. A pesares da crueza da situación, do empobrecemento xeneralizado das clases populares, isto apenas se traduce nun afortalamento da aposta pola esquerda, agás en contadas ocasións, que, en consonancia co que acontece noutras latitudes, tradúcese no xurdimento de unidades de acción de esquerda baixo diferentes fórmulas. Pola contra,

asistimos

a

unha

tendencia

xeneralizada

de

impulso

das

formación

ultradereitistas en moitos países europeos en diferentes esferas entrelazadas: xurdimento de partidos políticos fascistas que comezan a acadar un crecente e preocupante número de votos, e a aparición dun movemento neofascistas e xenófobo cada vez máis amplo e violento. No Estado español, a estratexia da marca españa é incapaz de ocultar a realidade de gran deriva de todos os seus estamentos. O descrédito da clase mandataria, pasando pola tribo borbónica, as castas xudiciais e a oligarquía financeira até os representantes políticos, fixeron xurdir varios movementos contestatarios de carácter social, mais tamén político, que supuxeron o fin da resignación que arrastraba boa parte da sociedade

e

que

obriga

as

esquerdas

“tradicionais”

a

reformular

orgánica

e

funcionalmente.

4


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

Cada vez son maiores as críticas ao modelo de Estado e de organización territorial, así como a incapacidade da fórmula do “café para todos” de solucionar o problema de identidade nacional do Estado español. Ante esta situación de crise política, o Estado español responde aumentando a represión en todos os seus niveis, dende a elaboración de normas fascistas, pasando pola criminalización da protesta e a militarización total das rúas nos momentos de mobilizacións contestatarias. Este nerviosismo vese incrementado ante a incapacidade de afrontar os desafíos soberanistas que son lanzados dende os Països Cataláns, así como o novo camiño que se abre en Euskal Herria, após o cambio da estratexia política da esquerda abertzale. Ambos, aínda que representan situacións de natureza distinta, son o reflexo da firme vontade de desenvolvemento dos pobos. Como xa aprobamos nos nosos textos do VI congreso, e continuando a nosa liña histórica de solidariedade internacionalista e apoio entre os pobos, a FPG continuará reforzando canles de comunicación con formacións independentistas e de esquerdas das outras nacións do estado. Se nas pasadas elección europeas participamos activamente da candidatura de Iniciativa Internacionalista, neste momento faise preciso

continuar

na

mesma

liña,

incorporando

a

todas

as

forzas

políticas

revolucionarias e independentistas nunha mesma candidatura de unidade.

A FRENTE POPULAR GALEGA NO NOVO CONTEXTO NACIONAL O actual contexto político nada ten a ver co que hai agora escasos dous anos tiñamos no noso anterior Congreso. Os acontecementos sucédense a enorme velocidade e na Frente Popular Galega (FPG) non podemos estar parados, conxelados nunha foto fixa, se non queremos ficar fóra de xogo. Ficar parados, encasillarnos, estigmatizarnos, pecharnos no guetto do purismo, etc. son algúns dos obxectivos do noso inimigo. Fronte

iso

as

comunistas

debemos

responder

con

intelixencia

colectiva,

con

flexibilidade táctica e con firmeza estratéxica, como sempre fixemos. Non imos agora entrar no detalle da actual conxuntura, pero si convén lembrarmos o contexto de máxima agresión do capital cara as clases populares, o apodrecemento do 5


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

réxime español, o enorme auxe das demandas de liberación nacional en países da nosa contorna… E, sobre todo, polo que afecta directamente ao noso esquema orgánico, o nacemento de ANOVA-Irmandade Nacionalista, organización asemblearia da que as militantes da FPG somos parte constituínte e inseparábel. O nacemento de ANOVA-IN foi unha auténtica bomba no panorama político galego que levou por diante a configuración tripartita do sistema autonómico de partidos desde unha orientación claramente rupturista, orientación esta até ese momento inexistente a efectos de política institucional. A proposta de fronte ampla lanzada desde ANOVA e a conseguinte irrupción no parlamentiño da Alternativa Galega de Esquerda (AGE) con nove deputadas e deputados amosou ben ás claras o correcto das nosas análises. Mais esta nova situación supuxo para a FPG un cambio importante nos parámetros nos que se viña desenvolvendo até o momento non exento de certas turbulencias: as incertidumes creadas nun primeiro momento, a implicación desigual da militancia ou a convivencia con outras culturas políticas coas que apenas había relación levounos a certas incomprensións, moi limitadas no seu alcance, no seo do noso Partido que se resolveron de xeito positivo cando en maio de 2012 celebramos a nosa Conferencia Nacional

en

Redondela

e

aprobamos

por

amplísima

maioría,

practicamente

unanimidade, a nosa adhesión e apoio decidido ao novo proxecto común, proxecto que propiciou unha importante acumulación de forzas en torno das súas asembleas nun tempo realmente rápido, apenas seis meses, culminando o 14 de xullo de 2012 na constitución formal de ANOVA, e na que a nosa militancia, é bo dicilo, estivo integrada desde o principio do proceso de xeito individual.

6


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

A NOSA ALTERNATIVA A Anova-Irmandade Nacionalista nace coma un espazo aberto de esquerda rupturista e autodeterminista (autodeterminación camiño da independencia, din os Principios Políticos) que se enfronta ao réxime e ao sistema a partir dunha concepción nova da acción política en contradición coa parálise que a dedicación en exclusiva ao campo institucional imprimiu no nacionalismo autonomista. Desde a ANOVA-IN rexeitamos o capitalismo, rexeitamos o réxime xurdido da restauración borbónica, aspiramos a un futuro socialista e á República Galega, sen por iso facer escapismo nin abstracción da realidade. Non renunciamos, por tanto, a actuar nas institucións do réxime, a convertelas en caixa de resonancia dun discurso emancipador

e

antisistémico

entregado

ás

necesidades

da

maioría

social,

do

proletariado moderno. Iso implica, como está a ocorrer coa actividade parlamentaria de AGE, desvelar as propias contradicións das institucións burguesas, o seu carácter clasista e a distancia entre as súas funcións e o discurso que pretende lexitimalas. O socialismo e o comunismo non son soños derivados ao futuro; son a posibilidade material de inverter a orde do presente intervindo nas múltiples células que constitúen o corpo do real. Debemos comprender que a crise actual do capitalismo é sistémica e só terminará coa superación das actuais relacións de produción e por tanto dos vixentes modos produtivos. A crise é estrutural, non é apenas económica. Canda ela sobrevén intensamente unha crise global de superestruturas e con ela da hexemonía cultural que o capitalismo impón de múltiples e variadas formas. Hoxe máis ca nunca é imprescindible construír contrahexemonía. A crise tamén é institucional. Esa dimensión exprésase no descrédito radical non da política en si, como estupidamente queren facernos crer algúns dirixentes do nacionalismo autonomista e de pensamento único, senón do vixente modelo de representación política. O réxime de representación cae en crise porque se fai insostible a desviación entre a formalidade democrática burguesa e a necesidade de expresión política das multitudes, dunha verdadeira acción política popular. A característica principal da representación é o diferimento, a desviación da capacidade política do pobo ás elites da política profesional. Con ela, desvélase o carácter 7


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

extremadamente clasista das organizacións políticas tradicionais, das liberais e das socialdemócratas, que actúan coma dúas polas do Partido da Orde, do partido único da burguesía. A expropiación e anulación dunha cidadanía republicana, a súa exclusión, revélase nestes tempos en toda a súa radicalidade. E a multitude, que sente sobre os seus ombros unha agresión cada vez máis insoportábel, comprende en propias carnes que non hai saída sen unha impugnación radical do réxime de representación e sen unha conquista real da política. A democratización de todos os ámbitos da vida social é un imperativo para o benestar colectivo. Incluído, por suposto, e en primeiro lugar, a economía, que tanto os liberais coma os socialdemócratas exclúen de toda decisión popular e preservan en mans exclusivas da oligarquía. Aquilo ao que algúns chaman antipolítica ou movementos de descrédito da política é en realidade un crecente movemento popular, en xerme e talvez precario politicamente pero cunha enorme intuición subversiva, que impugna o réxime de representación e as relacións de produción que o esixen. Non comprender esta realidade someteríanos a concepcións reaccionarias e inmobilistas do feito político como realidade autónoma limpa, allea ao antagonismo social. E iso é idealismo político, unha caste de inmobilismo histórico que pode comprender a conveniencia dun cambio de réxime no Estado español, certo nivel de soberanía, mesmo, pero que ao cabo preserva as razóns e os mecanismos do sistema. Os sectores politicamente máis activos en diversas formas de impugnación do sistema e do réxime que lle serve de soporte xurídico e institucional, mesmo que algunhas formulacións sexan difusas, exploran novas prácticas políticas que substitúan as institucionalizadas, que sobreviven ao servizo das oligarquías e dos seus aparellos estatais, dos que fan parte as organizacións clásicas. A impugnación da política profesional non se debe a un problema de falta de honradez (que tamén existe, porque é consubstancial á corrupción do sentido da democracia) senón de falta de utilidade en termos de benestar colectivo. As novas prácticas políticas implican en si mesmas proxectos dunha sociedade diferente cuxas institucións respondan aos novos modelos organizativos e de participación popular. E a novas relacións de produción. 8


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

A NECESIDADE DA ANOVA Desde a súa fundación, ANOVA-IN asume a necesidade dun novo modelo organizativo que se distancie de vellas prácticas políticas, practique a democracia sen restricións e ofreza no seu seo xa o xerme do que debe ser unha sociedade nova poscapitalista. Porque a hexemonía tamén se conquista nunha guerra de posicións en que os principios alternativos vaian filtrándose constante e interminabelmente na intelixencia colectiva. A iso é ao que se lle chama, dalgunha forma talvez un tanto imprecisa, nova cultura política. A ANOVA-IN, como espazo dunha nova práctica da esquerda nacionalista en Galiza, xorde necesariamente dun proceso de acumulación de forzas e de experiencias diversas. A incorporación de homes e mulleres procedentes de diferentes culturas e tradicións emancipadoras é condición indispensábel para a constitución da nova forza política que se propón operar no escenario social e non recluírse nas institucións coma se fora apenas unha oferta electoral máis. A estas bases de tradición política militante engádenselles experiencias individuais e colectivas en movementos sociais e sectoriais e tamén homes e mulleres sen militancia que encontran no novo proxecto político un espazo novo no que construír organización para a emancipación social e nacional. Toda a pluralidade fundacional de ANOVA é indiscutíbel, incuestionábel e irrenunciábel. Non poderá ser alterada a menos que se desexe alterar a propia concepción de ANOVA en si e, nese mesmo sentido, destruíla. A ANOVA tamén explicita a súa determinación de afastarse de certas prácticas do nacionalismo autonomista en relación cos movementos sociais. A nova relación basearase na colaboración, no apoio e na achega de experiencia política, de capacidade de análise e de xenerosidade militante, sempre lonxe de toda tentación de control, de manipulación e de instrumentalización. Porque someter os movementos sociais e sectoriais a lóxicas partidarias, sobre todo cando esta está sometida á urxencia electoral e de autorreprodución, é garantía de destrución e inutilización das loitas populares de emancipación e práctica democrática. Así ocorreu co movemento Nunca Máis, sometido até a súa destrución aos intereses da UPG e do BNG. 9


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

Nese sentido, ANOVA, que é sen dúbida unha organización política, aspira tamén a ser un movemento popular. Non é outra a razón de que se fale habitualmente de Anova como partido-movemento. A ANOVA expresa a necesidade dunha nova cultura política, entendida esta non como a renuncia a ningún principio nin a ningunha bagaxe ideolóxica senón como unha práctica democrática, participativa, horizontal, na que a totalidade da militancia asuma responsabilidades compartidas. Unha organización cuxa pluralidade e diversidade garanten fortaleza e determinación para ser ferramenta de liberación nacional e social. Unha Crítica A pluralidade fundacional da ANOVA tamén implicou a pervivencia de vellas prácticas políticas

propias

do

nacionalismo

autonomista

ligadas

a

posicións

políticas

e

organizativas máis ou menos conservadoras. Estas vellas prácticas dificultan a consolidación do proxecto tal como se expresa publicamente e como o propio Voceiro Nacional e o Coordinador manifestan publicamente. Tamén tenden a relativizar, case a suspender, a non considerar relevante a contradición principal entre o capital e o traballo, entre a oligarquía española e as clases populares galegas, en relación co que significaría a contradición cun vago sentimento nacional. Pero esta primacía do sentimento “nacional” non se expresa tanto nun independentismo intransixente como na articulación dun nacionalismo de base reformista (plasmado por exemplo naquilo que deron en chamar Estatuto de Nación) tan querido para a cultura do nacionalismo galego autonomista. Neste sentido, as inevitábeis alianzas políticas e electorais que ANOVA estea en disposición de promover e nas que poida participar tenden a estar condicionadas por esas

concepcións

políticas

e

organizativas

conservadoras.

O

rexeitamento

á

participación de EU en AGE, e por tanto da propia AGE, por ser considerada polos autonomistas unha forza non galega é paradigmático desta posición. Non se pode ocultar, pois, que se produce certa sublimación de posicións folclorizantes e interclasistas nalgún sector da ANOVA, e esta posición coincide co proxecto conservador consistente en fosilizar no seo da organización a vella cultura política de control, de toma de decisións de maneira pouco democrática, de división do traballo 10


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

militante entre unha selecta elite de dirixentes e unha masa obediente de militantes, etc. Ese proxecto conservador non comprende unha organización política se non a reduce a simple maquinaria electoral e se non somete a esa única finalidade autorreprodutiva todos os seus pasos.

A POSICIÓN SOTO E A FRONTE AMPLA DE UNIDADE POPULAR A ANOVA, e tamén AGE, en diferentes medidas e co signo dos tempos actuais, representa hoxe a cristalización parcial da gran fronte deseñada hai máis de vinte anos na Posición Luís Soto. Ningún avance a prol da unidade popular será doado nin carecerá de contradicións, de cambios de ritmo, de freos, recús e saltos cualitativos. Nese sentido, a FPG non escapa aos problemas que incorpora a necesidade de atopar e crear espazos de traballo común na perspectiva da emancipación nacional e social. AGE é o primeiro chanzo da Fronte Ampla que formula Xosé Manuel Beiras o 25 de xullo de 2012 e que cristaliza apenas unhas semanas antes das eleccións do 21 de outubro de 2012. Unha Fronte Ampla que necesariamente deberá ter algunha fórmula de continuidade para as próximas eleccións ao Parlamento Europeo. A irrupción de AGE, cun discurso de ruptura, de rebelión popular e de constitución do pobo galego como suxeito activo de soberanía, ou sexa, manexando un concepto de soberanía ligado á vontade das clases populares e non a unha idea máis ou menos idealizada e mistificada da nación, significa probabelmente o acontecemento de maior dimensión política dentro da esquerda de Galiza nas últimas décadas. AGE irrompe coma unha tormenta e non só disolve a hexemonía política do BNG no eido nacionalista, senón que pon as bases para rebentar o seu monopolio sobre o discurso político e cultural. A Alternativa Galega de Esquerda entra no esclerotizado escenario político galego cunha contundencia que creba a foto fixa na que se viña representando toda a actividade política, sempre recluída nos salóns institucionais. Os resultados electorais da coalición foron espectaculares non tanto polo número de escanos que conseguía unha forza que acababa de constituírse como polo efecto sísmico que xerou ao seu redor. 11


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

Durante a campaña electoral desas últimas eleccións autonómicas, quedou patente de diferentes formas para electores e electoras de esquerda que tanto o PSOE coma o BNG, as forzas que levaban anos monopolizando escenario institucional co PP, eran, iso si, en graos diferentes, forzas do réxime. Mesmo aquela escenificación do debate dos tres líderes nos medios públicos contribuíu, ao seu pesar, a explicitar esta evidencia. Nun momento en que a crise do sistema e do réxime se agudizaba de forma cremos que irreversíbel, amosando a súa verdadeira faciana, cun ataque brutal contra todos os intereses e as conquistas das clases subalternas, o electorado de esquerda valora a superación de certas barreiras e a confluencia de culturas políticas diversas e mesmo historicamente enfrontadas en certos momentos. O pobo máis consciente valora o inicio do proceso de Unidade Popular coma un enorme esforzo de acumulación de forzas para a conquista dunha sociedade diferente, máis xusta, máis libre, máis autodeterminada en todos os sentidos. AGE formula un discurso de esquerda rupturista, de emerxencia dun novo poder constituínte, e concibe a acción política nas institucións como reflexo das decisións do pobo organizado. Velaí tamén un concepto da organización política diferente: a organización como ferramenta do pobo organizado. O Grupo Parlamentario ao servizo da cidadanía do común. Indubidabelmente, o feito de que Xosé Manuel Beiras fose o candidato referencial axuda a comprender o éxito fulgurante da coalición. Pero non só o carisma dunha persoa explica unha mobilización social que aglutina douscentos mil votos arredor dunhas candidaturas case descoñecidas, sen espazos nos medios de comunicación, sen dereito aos debates na televisión pública, etc. O resultado de AGE enténdese só como un típico acontecemento de raíz leninista, no que o pobo fura no transcorrer monótono e acougado da historia para moverlle as engrenaxes. O triunfo da subxectividade colectiva. Pero o proceso, é obvio, está apenas no seu limiar. O resultado electoral de AGE, a súa propia existencia, abanea o mundo do BNG, que é obxecto dun ataque de perplexidade motivado. A alianza de esquerda foi criminalizada desde a súa constitución por incluír no seu seo unha organización que a pesar de asumir con claridade o dereito de autodeterminación é considerada como radicalmente españolista e, na linguaxe sectaria do BNG, antigalega. Con todo, os resultados 12


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

electorais converten AGE na terceira forza e relegan o BNG a forza minoritaria, co cal, queda ao descuberto que a hexemonía no campo nacionalista é socialmente unha ficción. A mensaxe do BNG é sempre e en todo caso de consumo interno, pero non ten capacidade de transcender a convicción dos seus propios militantes. A maiores, e a pesar dos esforzos do BNG e das súas organizacións e medios satélites, na percepción popular, a forza referencial da esquerda e do nacionalismo no Parlamento do Hórreo é AGE, e Xosé Manuel Beiras unha referencia indiscutíbel. Desde ese momento, o principal obxectivo do BNG consiste en recuperar a súa ilusión de hexemonía no campo nacionalista. Para iso, dá por concluído o discurso de reforma estatutaria e abraza un novo discurso formalmente soberanista. Pero a soberanía a que alude é etérea, non descansa nun suxeito popular senón nunha idea eterna e inmutábel de nación. E, ademais, a alusión á soberanía pretende ser a solución á crise formulada polo ataque terminal do capital contra o traballo. Nunha liña de práctica interclasista, a súa soberanía elude e mesmo nega a contradición principal entre a oligarquía española e as clases populares galegas e, por tanto, as alianzas necesarias para resolvela. A recuperación da hexemonía nacionalista por parte do BNG esixe a inxección de contradicións en AGE, a creba do Grupo Parlamentario e por tanto da alianza, e a posterior absorción e desactivación de ANOVA. As cousas, así, volverían ao seu estado natural. O BNG pensa na súa organización e dirixe o seu discurso ás súas propias bases militantes; ANOVA e AGE, entrementres, pensan na maioría social e a ela dirixen o seu discurso. Eis unha inmensa diferenza entre a vella e a nova cultura política. Entre a cultura da autorreprodución dentro do réxime e a cultura da emancipación e a ruptura. O resultado de AGE tamén sumiu na máis profunda das incapacidades cognitivas a organización que dicía querer buscar un espazo socialdemócrata e galeguista maioritario, afastado da radicalidade independentista e da esquerda antisistema. En ambos os casos, no do BNG e no da nacente CxG, a realidade non respondeu ás previsións. A perplexidade continúa. Mais AGE non é un instrumento electoral clásico. Tampouco Anova. Nesta especie de confrontación que o BNG e a UPG ofrecen, baixo a forma de propostas de procesos que conduzan á reunificación, o BNG pensa só na organización, mentres Anova e AGE, que non participan do simulacro, pensan na maioría social da que necesitan sentirse parte. 13


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

O BNG pensa nas tácticas que garantan a súa autorreprodución dentro das marxes do réxime e do sistema; AGE e ANOVA pensan na ruptura.

A UNIDADE POPULAR E OS RETOS PARA O FUTURO Debemos traballar para que a ANOVA non se someta nin ao proxecto estratéxico da UPG nin á táctica desagregante do BNG. A ANOVA ten que trazar o seu propio percorrido, organizar a súa propia axenda e liderar un proceso de consolidación e ampliación da Fronte Ampla de Unidade Popular. Da intelixencia de AGE e de ANOVA para resistir e esquivar as torpes provocacións do nacionalismo autonomista depende boa parte do futuro. Até o de agora, e pese a certas resistencias internas de certos elementos, a responsabilidade política de ANOVA está fóra de cuestión. E a convivencia no Grupo Parlamentario de AGE é modélica e enriquecedora tanto para Anova coma para EU e mesmo para as outras dúas organizacións, EQUO e Espazo Ecosocialista. Para estes elementos reformistas, o futuro de ANOVA pasa por cortar toda posibilidade de permanencia e desenvolvemento da política de fronte ampla. A súa necesidade, ademais, de controlar unha organización en cada un dos seus movementos esixe que a dimensión desta non aumente demasiado, que ocupe un nicho ideolóxico e político reducido e ao tempo suficientemente impreciso, e que a súa capacidade de retroalimentación coas clases subalternas en procesos de organización sexa delimitada pola lóxica institucional. Ao proxecto da facción reformista de ANOVA, que tras a Asemblea Constituínte posuía unha maioría esmagadora na Coordinadora Nacional e na Comisión Permanente, empezou a enfrontarse na práctica e no discurso unha alternativa transversal, na que conflúen, na defensa do proxecto orixinario do Novo Proxecto Común, militantes procedentes de todos os sectores. O estado maior desa facción reformista lanza entón a teoría da polarización, que consiste en acusar a FPG de presentar unha batalla contra o EI polo poder na ANOVA. Mediante esta caricaturización procúranse dous efectos: illar os elementos máis críticos apoñéndolles escuros intereses partidarios, mesquiños; e ligar esa polarización á 14


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

vixencia de AGE. Nesa dinámica, identifícase a FPG con EU, non só pola experiencia de ACE no Morrazo, senón por mor dun anticomunismo primario (compartido, por exemplo, cos dirixentes e moitos militantes de CxG), unha especie de neomacarthysmo extemporáneo. A posición de importantes grupos de militantes de ANOVA, incluídos compañeiros e compañeiras da FPG, na defensa dos principios fundacionais e a práctica nas asembleas contribúe a desmontar a absurda teoría. Na realidade, o que se está a producir é unha transversalización de posicións políticas na defensa da nova cultura, a horizontalidade, de AGE (esquerda) como terreo avanzado no proceso de acumulación de forzas que debería unir toda a esquerda política e social en Galiza. AGE, como primeira expresión da fronte ampla galega de unidade popular, é irrenunciábel porque significa un avance cualitativo (e tamén cuantitativo!) no proceso de emancipación da maioría social e na conquista do dereito de autodeterminación do pobo galego, un Pobo constituído polas clases subalternas e en proceso de se converter en suxeito activo de transformación. É o punto de inicio dun proceso de acumulación de forzas que nos leve a un gran bloque de Unidade Popular ou Fronte Ampla que funcione como panca de cambio social e nova orde, a superación do réxime e do sistema cara a unha Galiza ceibe e socialista. AGE e o seu desenvolvemento non serían posíbeis sen a conexión de culturas e tradicións políticas diferentes, mesmo enfrontadas en múltiples ocasións no pasado. Esa xenerosidade é unha marca de autenticidade que o pobo galego talvez xa estea a interpretar

convenientemente.

Non

se

trata

de

armar

unha

instancia

política

institucional que os defenda, coma se fosen diferentes, alleos; trátase de que sexan as voces do

pobo

as que

accedan

ás institucións para

defenderse, as que

se

retroalimenten sen pausa cos seus representantes. AGE é un espazo conquistado irrenunciábel. Por varias razóns: 1. porque perdelo sería desarticular sen necesidade un valioso instrumento alternativo; 2. porque non haberá transformación social e emancipación nacional que non sexa protagonizada por unha maioría social que impoña a súa 15


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

hexemonía; 3. porque non pode haber hexemonía se non existe unha Unidade Popular máis aló de quen lexitimamente se considere nacionalista; 4. porque a súa ruptura significaría defraudar expectativas e confianza non só de 200.000 votantes, senón tamén de moitos outros electores e electoras potenciais, e iso implicaría un nivel de frustración e derrota popular do que non se recuperaría Galiza en décadas AGE é o resultado dunha vontade colectiva que se expresa a partir dunha análise atinada da realidade que deixa esta ofensiva salvaxe do capitalismo contra o traballo. Son o momento histórico e a base material da actual fase do capitalismo os que fan posíbel esta alianza. Tamén a existencia de ANOVA, os seus postulados fundacionais, a vontade maioritaria da súa militancia, a súa fortaleza. Nese sentido, o reforzo da idea da Fronte Ampla de Unidade Popular pasa tamén por un reforzo de Anova e, no seu seo, das posicións de esquerda. Foi un amplo sector de esquerda de ANOVA, potencialmente moi maioritario, o que confluíu, con diversidade, con procedencias e culturas diferentes, sen sectarismos, sen intereses particulares, sen controis partidarios, con xenerosidade. Persoas sen militancia noutra organización a carón de militantes de todas as organizacións que conviven hoxe dentro de ANOVA, desde a FPG ao EI demostraron mediante a práctica a falsidade do relato reformista. Democracia radical, fortalecemento e profundización de AGE como fase actual dunha Fronte Ampla de Unidade Popular, a contradición entre o capital e o traballo, a mesma que se dá entre a oligarquía española e as clases populares galegas, novos liderados compartidos, horizontalidade, diversidade e pluralidade, todo o poder para as asembleas, transparencia son só algúns dos principios de Anova que calquera demócrata consecuente debe defender na Coordinadora Nacional e na Comisión Permanente, os organismos de dirección nos que certos elementos xa non teñen a maioría esmagadora da que gozaban, aínda que conserven certos privilexios.

16


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

A NOSA MILITANCIA NA FPG E NA ANOVA O compromiso da FPG co desenvolvemento e a consolidación de ANOVA, como organización plural da esquerda anticapitalista e independentista, é sincero e absoluto, unha tarefa política de importancia histórica, irrenunciábel. Respectando e practicando os principios que deron lugar ao nacemento de ANOVA, participando en todos os niveis organizativos e sociais de Anova, contribuíndo a sacar á rúa a perspectiva e a ila retirando dos asuntos internos, que terán que ir decantándose a favor dunha maioría galega de esquerda, radical, democrática, transversal e igualitaria. Do mesmo xeito mantemos un compromiso total co desenvolvemento dunha Fronte Ampla de Unidade Popular, e, neste intre, coa súa primeira expresión chamada AGE, que nos permita camiñar con paso firme e seguro cara a liberación nacional e o socialismo, que para nós recibe o nome de Independencia. Nesta aposta clara da FPG polo proxecto da ANOVA-IN cómpre definirmos, en primeiro lugar, as nosas funcións como organización política soberana, en segundo lugar, os principios que nos deben guiar no seo da irmandade nacionalista e, en terceiro lugar e non menos importante, debemos adaptar a nosa estrutura orgánica á nova conxuntura política que vivimos, tendo especialmente en conta a nosa participación militante nesa auténtica unidade popular asemblearia que entre todas e todos demos en chamar ANOVA-IN, e da que é preciso defender, e mesmo fomentar, a súa independencia e soberanía a respecto das organizacións políticas pre-existentes. As nosas funcións serán obviamente todas aquelas que o Comité Central estimar oportunas, mais aquí debemos apuntar unha serie de orientacións xerais. Deberemos tender a ceder todo o protagonismo á unidade popular nas cuestións nacionais de consenso, como o Día da Patria ou o Día da Galiza Mártir por poñer uns exemplos, conservando a nosa independencia naquelas que teñen carácter de clase ou nas que non son aceptadas pola totalidade da unidade popular, como poderían ser o 10 de marzo, o 1º de maio ou o aniversario da caída en combate do camarada Xosé Ramón Reboiras Noia. Como tamén nas convocatorias unitarias do movemento popular galego, con carácter xeral, deberemos fomentar a presenza exclusiva da unidade popular, agás que o Comité Central, con carácter extraordinario, considere imprescindíbel que a FPG estea presente como tal de xeito xustificado. 17


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

Nas reivindicacións e loitas concretas onde a unidade popular

non chegue por non

tratarse de principios e reivindicacións básicas e unitarios, é onde debe chegar o noso Partido. Os dous grandes principios que nos deben seguir guiando no seo da unidade popular, como até o momento, serán: -A defensa dos principios políticos, éticos e organizativos de que se dotou a irmandade nacionalista na súa Asemblea Nacional Constituínte, así como do seu posterior desenvolvemento na I Asemblea Nacional. -A non inxerencia como partido nas cuestións internas da unidade popular, respectando e defendendo a súa independencia e soberanía a respecto das organizacións políticas pre-existentes, tanto das formais como das informais. Desde a FPG podemos afirmar con orgullo que fomos a única organización das que apoian ANOVA na que as nosas militantes non interviron en base a consignas nin estratexias precociñadas fóra dos órganos lexítimos de que se dota a irmandade nacionalista, e iso pese aos inconvenientes que en certos momentos representou para a

propia

FPG:

cando

ollamos

certos

colectivos

influír

de

xeito

decisivo,

sobredimensionándose a súa capacidade de intervención, ou cando certos elementos (por exemplo desde a primeira xuntanza da primeira Coordinadora Nacional) citan unha e outra vez as nosas siglas de xeito case obsesivo nunha estratexia infantil de provocación ou mesmo cando hai quen está interesado en crear un inimigo interno (momentaneamente chamado FPG) para tentar liquidar amplos sectores da esquerda consecuente e seguir así mantendo as súas mesquiñas cuotas de poder… As mulleres e homes da FPG sempre entendemos a importancia da unidade, e máis nestes tempos escuros nos que o capital pretende liquidar de vez todo rastro de conquista obreira e popular e, ademais, sendo que ANOVA aínda é unha pequena crianza que precisa percorrer unha parte importante do camiño por si soa coa axuda das súas únicas pernas (xa haberá tempo para analizar se o camiño percorrido foi dereito ou torto): por isto, e máis, debemos insistir en non intervir como Partido no seo da irmandade nacionalista. Cada militante é libre para actuar como considerar oportuno, sempre sendo consecuente coas orientacións aquí bosquexadas e coa máxima lealtade para co proxecto que representa ANOVA. Tan só en casos moi 18


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

excepcionais, nos que, por exemplo, alguén quixese atacar ao conxunto do Partido, podería tomar o Comité Central as medidas necesarias para evitar en todo caso un mal maior. Finalmente, a adaptación da nosa estrutura orgánica á actual conxuntura baséase en seis grandes liñas que as comunistas debemos implementar para o novo período que se abre tras este Congreso:

1- Redución de burocracia inservíbel Un dos defectos na vida interna das organizacións da esquerda revolucionaria en xeral é a multiplicación das reunións orgánicas até o infinito, queimando moitas veces ás militantes máis capaces en xuntanzas as máis das veces estériles. Neste sentido, cremos conveniente a desaparición na actual conxuntura do Secretariado Político e que todas as súas funcións sexan asumidas polo Comité Central. 2- Axilización (que non precipitación) na toma de decisións. É preciso a redución do número de membros do CC para facer deste un órgano máis áxil

sen

que

por

iso

perda

capacidade

de

dirección

e

representatividade.

Propoñemos un Comité Central composto de XXX persoas electas directamente neste Congreso que se verá ampliado polas Secretarías de Zona. 3- Creación de equipos de traballo eficaces. A nivel nacional as distintas secretarías deben estimular a participación activa do conxunto da militancia nas distintas áreas así como a nivel de base é fundamental que cada militante tome parte nalgunha das tarefas a realizar. A horizontalidade e o comparto de tarefas e responsabilidades deben ser as características que predominen nesta nova etapa que aquí abrimos. 4- Fomento de cadros militantes. Unha nova política de formación militante xunto co fomento das militantes máis novas e novos en todos os niveis do Partido é peza clave tanto para o necesario relevo xeracional como para garantir a continuidade da loita pola República Galega e o socialismo. 19


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

5- Potenciación da nosa comunicación coa sociedade. Temos que continuar a liña trazada estes últimos anos de potenciar a nosa web nacional e de reforzar a nosa presenza nas redes sociais. Neste último caso é obrigatorio que, como mínimo, cada zona constituída do Partido dispoña dun facebook e dunha conta de twitter, que deberá levar a Secretaria de zona ou aquela militante en que se delegue. Así mesmo cómpre coidar a imaxe e a presentación das nosas propostas e alternativas. Non debemos esquecernos nunca que os perfís das redes sociais representan ao Partido e por isto que o que eles transmitan ten que ser común en todo o país. Debemos marcar unha estratexia comunicativa, hai que coidar e reforzar a nosa comunicación coa sociedade e tamén co noso entorno máis próximo. A relación cos medios de comunicación, desde os máis próximos até os máis hostís, debe ser unha obriga. Nesta liña, a FPG debemos pór en funcionamento a nosa capacidade de marcar liña de opinión e de incisión no pensamento da esquerda galega, algo que nunca deixamos de facer nos medios propios, pero que quizais é preciso ampliar a través de novos medios, sen descoidar nunca os que xa temos. 6- Coordinación do noso múltiple traballo militante e fortalecemento do Partido. A nosa plena e sincera implicación nas diferentes organizacións e proxectos nos que traballa a militancia da FPG non pode facernos esquecer a necesidade do reforzamento interno do noso Partido. Debemos prescindir de estruturas duplicadas que demostraron ser estériles no noso organigrama, adaptándonos cara unha estrutura acorde coas nosas necesidades políticas e organizativas reais. Pero ao mesmo tempo é imprescindíbel reforzar a nosa organización interna en todos os niveis. Debemos potenciar a nosa renovación a través da apertura do Partido á mocidade traballadora e comprometida co noso proxecto. E por suposto, é fulcral mellorar e reforzar a comunicación interna en todos os niveis, interna e

20


Congreso Nacional da Frente Popular Galega: Na esquerda, pola fronte ampla

externamente, aumentando a nosa referencialidade na sociedade e na nosa base simpatizante. Reforzar a implicación dos diferentes comités de zona nos órganos nacionais e viceversa. Esta relación debe estar baseada na reciprocidade. O comité central debe priorizar como unha das súas funcións principais a dinamización das diferentes zonas e do noso traballo militante.

O proxecto comunista e patriótico da Frente Popular Galega só triunfará coa implicación colectiva de todas as camaradas que formamos este Partido. Só será posíbel coa acción colectiva e a aplicación unitaria das liñas marcadas e decididas democraticamente no Congreso do Partido.

21


Relatorio político