Page 1

Nivel Superior

Biblioteca

Fotoprotección no Polo Norte

1.

A pel, un gran aliado A pel é o órgano máis extenso do corpo humano e supón a nosa primeira barreira de protección fronte ao exterior, así como un dos mecanismos que temos para relacionarnos co exterior, xa sexa recibindo información a través do sentido do tacto ou dando información, a través da cor, das características, das alteracións ou das reaccións da nosa pel. A pel protexe o conxunto de músculos, ósos, nervios e órganos que hai no interior do noso corpo. O noso corpo acaba e empeza na pel. É o que podemos observar do noso corpo a primeira ollada. Se observamos a nosa pel ou a doutra persoa podemos dicir a que grupo de fototipo pertence grazas ao ton da súa pel, cal é a súa idade aproximada polas súas engurras, se sufriu algunha operación ou se fixo algunha ferida a través das cicatrices, se ten frío pola pel de galiña ou se se coida do sol, observando as queimaduras do Sol. Pero ademais, a través da pel podemos obter información do exterior xa que en toda a pel hai receptores capaces de captar información sobre o frío, a calor, a dor, a presión…, é o principal órgano do sentido do tacto. Protéxenos de infeccións regulando a temperatura, segregando mucosidades ou eliminando toxinas, e ademais axuda a elaborar a vitamina D, tan imprescindible para os nosos ósos. A pel é un órgano moi importante que debemos axudar a protexer. Coidar a pel é coidarnos a nós mesmos.

Fotoprotección no Polo Norte

1


Nivel Superior

Biblioteca

2.

A pel e o Sol Os raios de sol inciden sobre a nosa pel igual que comprobamos que inciden sobre a superficie da Terra. A pel, grazas á enerxía que recibe do Sol, axuda a que os nosos ósos e dentes estean fortes, a que nos sintamos máis alegres ou que regulemos a nosa temperatura. Os raios do sol que chegan á superficie da Terra son de tres tipos: 1 Os infravermellos, que os necesitamos para que nos dean calor. 2 Os visibles, que serven para ver e distinguir as cores. 3 Os ultravioletas (UVA e UVB), dos que debemos protexernos.

UVA

UVB

De entre os raios ultravioleta, os UVB penetran pouco na nosa pel: quédanse na epidermis, que é a capa máis externa da pel, e poden causar queimaduras ou que as defensas do noso organismo diminúan. En cambio, os UVA chegan ata a dermis, a capa da pel que hai por baixo da epidermis, e fan que a pel envelleza máis rápido, que teñamos alerxias solares ou outro tipo de enfermidades.

Fotoprotección no Polo Norte

2


Nivel Superior

Biblioteca

3.

O Sol vertical Os raios de sol que inciden na Terra, tamén o fan na nosa pel. Se estamos en zonas próximas ao ecuador, se é verán ou primavera (as dúas estacións do ano no que os raios inciden de forma máis vertical sobre a Terra) ou se son as horas centrais do día (entre as 12h e as 16h) nas que o Sol está na súa posición máis vertical respecto de a Terra, debemos saber que é cando a radiación do Sol é maior polo que unha exposición non responsable é moi perigosa; os raios UVA e UVB son moito máis intensos.

Fotoprotección no Polo Norte

3


Nivel Superior

Biblioteca

4.

O efecto rebote Os raios de sol son capaces de rebotar sobre determinadas superficies, aumentando o seu efecto daniño sobre a pel. A neve, a area, a auga ou a herba producen en maior ou menor grado este efecto. A neve ten un poder de rebote inmenso, un 80%, polo que aínda que os raios solares incidan de forma oblicua e non vertical, e polo tanto faga frío, o seu efecto é igual ou máis daniño que noutras zonas da Terra. FOTOPROTÉXETE. Polo tanto sw queres coidar o teu corpo e estar san, coida a túa pel dos raios de sol; unha pel sa axuda a un corpo san. Tanto si observas que os raios de sol están en posición vertical, coma se son oblicuos, debes fotoprotexerte.

Fotoprotección no Polo Norte

4


Nivel Superior

Biblioteca

Non o dubides. Se vas ao Polo Norte ou a esquiar na montaña, protéxete. Sabes como?

1 Utiliza fotoprotector para a cara, o corpo e os beizos

2 Leva a roupa adecuada

3 Usa un gorro

4 Usa lentes de sol

Fotoprotección no Polo Norte

5

Isdin gall sup biblio polonorte  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you