Page 1

Nivel Medio

Experimento

Caderno do Investigador


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

O escudo protector

Ola! Son Transparent Spray Sabías que os antigos exipcios utilizaban o Sol para saber a hora? Como? A sombra axúdanos a saber en que hora do día estamos e cales son as horas máis perigosas para a nosa pel. Imos descubrir como.

Propoñémosche que constrúas un reloxo de sol. Necesitarás os seguintes elementos: •

Tesoiras

Pegamento de barra

Cartón (podes reutilizar unha vella caixa de zapatos)

Modelos para o reloxo (están nas seguintes páxinas)

1


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

Ficha 1. O reloxo de sol.

Empezamos a construción Paso 1: Coñecer as pezas que o forman O noso reloxo de sol ten tres pezas: a cara de primavera e verán, a cara de outono e inverno e o estilo. As dúas primeiras pezas terán en conta a época do ano na que vas construír o reloxo de sol. •

A cara superior lerá a hora na primavera ou verán.

A cara inferior lerá a hora no outono ou inverno. Cara de Primavera / verán

18

6 6

17

18 7

7 16

8 15

9 14 13

10 12

17 8

16 9

15 10 11

11

14 12

13

Cara de Outono / Inverno

O modelo de estilo, é o que vai proxectar a sombra; terás que ter en conta a latitude da cidade onde te atopas. Para iso, debes elixir un dos catro modelos propostos, segundo a latitude da túa cidade. Se non aparece, elixe a latitude dunha cidade próxima a donde esteas situado.

Estilo para 40 º

Estilo para 36 º

36 º

40 º

Estilo para 42 º

42 º

Estilo para 38 º

38 º

2


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

Ficha 1. O reloxo de sol.

Empezamos a construción Recorta as pezas polas liñas vermellas

18 6 17 7 16

8 15

9 14 13

10 12

11

Cara de Primavera / verán 6 18 7 17 8

16 9

15 10 11

14 12

13

Cara de Outono / Inverno

3


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

Ficha 1. O reloxo de sol.

Empezamos a construción Recorta as pezas polas liñas vermellas

Estilo para 36 º • Huelva • Cádiz • Xerez • Alxeciras • Málaga • Almería

36 º

Lado de abaixo

Estilo para 38 º • Sevilla • Córdoba • Xaén • Linares • Cartaxena • Murcia • Alacante

Lado de abaixo

38 º 4


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

Ficha 1. O reloxo de sol.

Empezamos a construción Recorta as pezas polas liñas vermellas

Estilo para 40 º

• Ávila • Madrid • Guadalaxara • Toledo • Cuenca • Teruel • Castellón • Valencia

Lado de abaixo

40 º

Estilo para 42 º

• Vigo • Orense • León • Palencia • Burgos • Logroño • Pamplona • Barcelona

Lado de abaixo

42 º 5


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

Ficha 1. O reloxo de sol.

Empezamos a construción Paso 2: Recortar e pegar Agora que xa coñeces as pezas, debes recortalas. Unha vez recortadas debes pegalas nun anaco de cartón para facelas máis resistentes. Unha vez pegadas, recórtalas de novo. ¡Atención! As caras do reloxo deben ir pegadas facendo coincidir os centros da circunferencia unha a cada lado. Así terás un reloxo reversible que che servirá durante todo o ano.

Cara de Primavera / verán 6

18

18

6 7

17

17

7 8

16

16

8 9

15

15

9 14 13

10 12

11

10 11

14 12

13

Cara de Outono / Inverno

Paso 3: Encaixar as pezas Unha vez recortadas e pegadas, xa tes todo o que necesitas para terminar o teu reloxo de sol. O único que che falta é encaixar as pezas tal e como se mostra no debuxo.

Cara superior: primavera-verán

Cara inferior: outono-inverno

Lado de abaixo

6


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

Ficha 1. O reloxo de sol.

Empezamos a construción Paso 4: Orientar o reloxo O reloxo de sol xa está listo e só queda un último paso: orientalo para que nos informe da hora. Fíxate na imaxe:

Norte ou estrela Polar

Na primavera-verán a sombra proxectarase sobre a cara superior; no outono-inverno, a sombra proxectarase sobre a cara inferior.

7


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

Ficha 2.

A hora solar

1. Unha vez construído e orientado, a sombra que proxecta o reloxo indicarache a hora do día. Na primavera-verán a sombra proxectarase sobre a cara superior; no outono-inverno, a sombra proxectarase sobre a cara inferior. Advertencia: Ten en conta que os reloxos de sol non marcan a hora do reloxo convencional (hora civil), senón a hora solar. Para iso hai que realizar unha pequena corrección: A hora que marca o reloxo está adiantada unha hora en horario de inverno (do último domingo de outubro ao último domingo de marzo) e dúas horas no horario de verán. É dicir, terás que sumar á hora solar 1 ó 2 horas dependendo se a observación a realizas en horario de inverno ou verán.

2. Observa o teu reloxo cada media hora e anota na seguinte táboa a hora que marca a sombra (é a chamada hora solar) e a que indica un reloxo convencional (esta é a hora civil).

Hora solar

Hora civil

8


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

Ficha 3.

A túa sombra é sempre igual?

1. Grazas ao reloxo de sol podemos saber a hora, orientarnos nun bosque... pero, ademais, a sombra dános información moi útil para fotoprotexernos dos raios nocivos do Sol. Imos pescudar como…

2. Organizámosnos para investigar Debédesvos organizar en 4 ou 5 grupos de traballo. Cada equipo de traballo estará composto por: •

Un reloxo humano

Un medidor/a

Un anotador/a

Un observador/a

Si sodes máis de 4 poderedes facer parellas. Cada equipo necesita: •

As táboas de anotación, que atoparás nas seguintes páxinas deste caderno

Un lápiz e unha goma de borrar

Un metro

3. Fixamos as horas de investigación Ao longo do día ides saír ao patio 2 veces. Tomando como referencia a hora civil, as horas de saída serán: as 10.00 horas e as 13.00 horas. Como esta actividade realízase ao aire libre, recorda que 30 minutos antes de saír, debes aplicar correctamente o teu fotoprotector.

9


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

Ficha 3.

A túa sombra é sempre igual?

4. Investigamos Cada vez que o equipo de traballo salga ao patio, cada membro do equipo debe facer o seguinte: •

Reloxo humano: colocarse nunha zona onde lle do Sol.

Medidor/a: facer dúas medicións. A primeira da altura do reloxo humano (só será necesario medila na primeira saída) e a segunda da lonxitude da sombra que proxecta no chan.

Anotador/a: anotar na seguinte táboa os resultados que lle comunique o medidor/a.

Hora

Altura do reloxo humano

Lonxitude da sombra

10.00

13.00

Observador/a: terá que estar atento de que cada membro do equipo realice o seu traballo correctamente. Ademais, debe sinalar na seguinte táboa que mide máis: a sombra ou o reloxo humano.

Hora

Que mide máis? O reloxo humano

10.00

A sombra O reloxo humano 13.00

A sombra

10


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

Ficha 3.

A túa sombra é sempre igual?

5. Anotamos as conclusións da nosa investigación •

A que hora era máis longa a sombra que o reloxo humano?

A que hora era máis curta a sombra que o reloxo humano?

A que hora facía máis calor?

• Onde estaba o Sol na hora que facía máis calor?

6. Conclusións. Escribe a relación entre a sombra e a temperatura

A máis

menos

A menos

máis

e o sol estaba .

e o sol estaba .

11


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

Ficha 4.

Baixo o Sol de mediodía

Xa sabes que a túa sombra nunca ten a mesma lonxitude porque o Sol non sempre está na mesma situación. Ademais décheste conta de que tampouco a calor que nos proporciona é igual. Elixe un momento do día no que o Sol estea máis alto e a túa sombra apenas se vexa, para saír ao patio cos teus compañeiros a facer o que ti profesor che indique, logo volve e terminaremos o noso experimento. Como esta actividade realízase ao aire libre, recorda que 30 minutos antes de saír, debes aplicar correctamente o teu fotoprotector. 1. Localizaches que partes do teu corpo estaban máis quentes ao regresar do patio? Anótaas:

2. Agora observa atentamente os distintos tons de pel do teu corpo •

Que zonas do teu corpo son máis claras que outras? Anótaas:

Son as mesmas que anotaches no exercicio anterior ou son as contrarias? Se son as contrarias, por que? Hipótese:

Propoñémosche que leas o artigo “Sabemos moito de Sol, de Pel e de Fotoprotección” para saber si acertaches coa túa hipótese. Este artigo atópase aloxado no área privada da Biblioteca da páxina web www.isdinsunlab.com

12


Nivel Medio / Experimento

Caderno do Investigador

Ficha 4.

Baixo o Sol de mediodía

3. Liches no artigo que hai moitos tons de pel; observa ben a táboa de fototipos e pensa a que grupo pertences. Fai equipos en clase seguindo as indicacións do voso profesor/a. Unha vez feitos os equipos, debedes pensar que tendes que facer para protexer a vosa pel do Sol, para logo poñelo en común co resto dos teus compañeiros/as.

¡Felicidades! ¡Es un gran científico! Podes Descargar o diploma de experto en fotoprotección en www.isdinsunlab.com. Lévao a casa e cólgao nun lugar visible. Desta forma ti e o resto da túa familia, recordaredes os consellos para unha fotoprotección adecuada

13

Isdin gall med exp