Page 58

Entrevista

ANDRÉ PENA GRAÑA Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela. Historiador, arqueólogo e arquiveiro do Concello de Narón. Entre os seus numerosos traballos editados citamos os seguintes: Narón, un concello con Historia de seu, A orixe dos coutos, das bandeiras e das xurisdicións de Galicia; Narón, vexiloloxía e heráldica; Muiñeiría industrial. A Real Fábrica de Fariñas da Ponte de Xuvia. Proxecto de reconstrución do máis importante muíño de España do século XVIII; Santa María Maior de O Val, Narón: Unha parroquia con celtas reminiscencias na Terra de Trasancos; Santo André de Teixido: O camiño máxico dos celtas ou o seu recente traballo de investigación O ancestral camiño de peregrinación ó Fin do Mundo: na procura do Deus do Alén, Briareo / Berobreo / Breogán / Hércules / Santiago.

-Fol de Veleno: Que significa o concepto “celta”? -André Pena: Se nós dicimos que os románicos eran altos e loiros, que os góticos eran baixos e morenos e casaron e tiveron “renacentitos” botámonos a rir, porque todos sabemos que románico, gótico ou barroco son conceptos culturais, e non se pode mesturar un concepto cultural cun racial.

que chegou a cabalo, non é o mesmo que se eu penso nos celtas como un feito cultural. Para min, os celtas conforman unha das grandes culturas europeas, unha das altísimas culturas europeas á que nós pertencemos, ademais, segundo as últimas teorías, nos somos un pouco responsables, somos, digamos, os pais da criatura, algo que se xestou en boa parte neste país.

Se eu considero, como se pen- -FdV: Pódese dicir entón que saba antes, que os celtas eran Galiza é un país eminentemente altos e loiros, que eran unha raza celta?

- 58 -

Fol de Veleno

nº 1 2010

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

Advertisement