Page 57

Patrimonio destruído no espazo natural e arqueolóxico dos Sete Camiños Lukas Santiago

rais que o converten nun enclave digno de ser conservado, e que resulta incompatible coa construción do polígono, que imposibilitaría a posta en valor deste espazo nun futuro. O Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños está chamado a converterse nun lugar de lecer da poboación de Marín e Pontevedra, vinculado á serra de Domaio e a lagoa de Castiñeiras. A creación deste espazo é o único xeito de aseguComplexo Rupestre de Regato dos Buracos

“Aldea afgana”, construída pola BRILAT sobre a mámoa de Louredo

Croquis da mámoa de Louredo

Estudo de Impacto Ambiental, que era superficial e estaba cheo de contradicións, pero desgrazadamente ditas alegacións foron ignoradas. Máis recentemente, produciuse a polémica proposta para a creación da Faixa de Seguridade do Cuartel Militar de Figueirido, que afecta directamente a este espazo. Entre as últimas actuacións da BRILAT, cabe destacar a destrución no ano 2009 da Mámoa de Louredo, como consecuencia da construción dunha “Aldea Afgana” para prácticas

Fol de Veleno

militares, que levou a que meteran a maquinaria no lugar e sinxelamente arrasaran con ela. Non quedou nada da mámoa. Ademais, tense producido recentemente unha afección por parte dos militares sobre o Conxunto de gravados rupestres do Regato dos Buracos, que hai que lembrar que están declarados BIC (Ben de Interese Cultural) e como tal teñen a máxima protección. Por último, hai que indicar que o Concello de Marín pretende construir un polígono industrial nesta zona. Esta elección é sen dúbida moi pouco afortunada, pois este lugar conxuga uns valores naturais, paisaxísticos e cultu-

nº 1 2010

- 57 -

rar a protección e a conservación dos elementos patrimoniais que o conforman, permitindo dalos a coñecer e disfrutalos por parte da sociedade, xa que “só se valora o que se coñece, e só o que se valora se pode conservar”.

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

Advertisement