Page 53

Petróglifos do encoro de Vilasouto (O Incio - Lugo)

Pablo Novoa Álvarez

ras, uns afloramentos esquísticos case a rentes do chan, nos que se apreciaban unhas liñas realizadas O encoro de Vilasouto atópase ao pé da aldea do mesmo nome no concello do Incio na provincia de Lugo. A mediados do século pasado déronse a coñecer uns petróglifos localizados nun afloramento rochoso de xisto na ribeira do río Mao. Posteriormente, foi construída a represa. Durante a época chuviosa, as augas do encoro chegan preto do dito afloramento, nun lugar coñecido como Agro do Pepe. polo home primitivo, mais nas que non se enxergaba ningún tipo Os gravados que se achan de figura concreta. Parecen unha sobre as laxas do lugar foron mostra de antigo alfabeto, xa que efectuados, con probabilidade, en as liñas se entrelazan unhas coas épocas distintas, pois, no conxun- outras. Quedei abraiado pola desto, consígnanse unha figura cuberta, posto que nos case trinta antropomorfa e varias ferraduras anos que levo investigando a arte e cruces, o que quizais permita rupestre do noroeste ibérico Galiza e entender o lugar como un santua- –concretamente rio prehistórico, cristianizado Portugal–, non vira nunca nada semellante. posteriormente. Como estabamos na primaHai uns doce anos, visitando os petróglifos xa coñecidos, vera, o encoro rebordaba os seus chamáronme a atención, preto do lindes, o que dificultou as miñas lugar onde se localizan as gravu- pescudas. De todos os xeitos,

Fol de Veleno

nº 1 2010

- 53 -

achei algúns afloramentos achegados á orela nos que se observaban o mesmo tipo de gravados, os cales, pola pátina do suco, non dubido que sexan prehistóricos. Durante meses busquei referencias sobre estas “marcas” en publicacións especializadas, sen atopar evidencia ningunha. A finais do verán de 2006, aproveitando a seca que padecía Galiza, achegueime de novo ao encoro de Vilasouto. Como esperaba, encontrábase baixo mínimos, así que comecei a percorrer os arredores da presa. Non tardei moito en atopar novas rochas co mesmo tipo de gravados. Amais puiden

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

Advertisement