Page 41

Frei Martiño Sarmento naceu en Cerdedo Calros Solla

cesión ad perpetuum da casa matriz–. Os herdeiros do pazo, aveciñados en Asturias, puñan nas nosas mans o futuro do inmóbel, en troco da súa rehabilitación e placa en memoria dos antigos donos –os lembrados Vitorino e Gumersinda–. Escuros procederes, alleos a Verbo Xido, frustraron o proxecto de converter aque-

Escudo familiar dos Gosende das Raposeiras, ascendentes de frei Martiño Sarmento.

oitava edición, e este ano acompañouse coa nova dun artigo intitulado “Martín Sarmiento, natural de San Juan de Cerdedo” da autoría do profesor José Santos Puerto, aparecido no nº 12 da revista Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación.1 No sobredito artigo, Santos Puerto salienta de primeiras a inexistencia de probas que verifiquen o nacemento de Sarmento en Vilafranca do Bierzo, proporcionándonos despois as irrefutábeis referencias documentais da súa orixe cerdedense, conservadas no mosteiro de San Martín de Madrid, onde Pedro García Gosende se recluíu de por vida. Segundo o artigo, nun documento de 1710, no que se rexistra a toma de hábito do relixioso, lese que Sarmento era natural de San Xoán de Cerdedo: Que Sarmiento era natural de San Juan de Cerecedo (Zercedo, Zerecedo) aparece en la documentación del monasterio de San Martín de Madrid, a donde llegó por primera vez el 18 de mayo de 1710 con la intención de tomar el

las paredes no “Museo Sarmento”, para esplendor do municipio. Hoxendía, a casa-pazo das Raposeiras esmorece, ameazando con virse abaixo en calquera momento. Mais, non coubo o desánimo. Verbo Xido reorientou o seu esforzo e, contra vento e marea, un anovado CETMO (Centro Etnográfico de Terra de Montes) reabriu felizmente as súas portas en Soutelo grazas ao porfiado labor da asociación. As autoridades locais, das que só se obtiveron paus nas rodas, prefiren desbaldir os cartos en desaxeitadas urbanizacións ou Placa que a asociación Verbo Xido colocou, como tributo a sangrar a impostos aos Sarmento, na aldea das Raposeiras (Meilide-Cerdedo) en 2006. veciños.

noutro documento de 1711, no que se rexistra o exame que lle dá ao novicio paso á profesión, nuevamente se dice que Sarmiento es natural de San Juan de Zercedo, en Galicia.2 Moito aledándome pola descuberta do profesor Santos Puerto, debo engadir que, na miña opinión, un dos datos máis reveladores verbo da súa non nacenza en Vilafranca do Bierzo atópase no diario de viaxe a Galiza de 1745, do puño e letra de Sarmento: Tanto na viaxe de vinda (Madrid-Galiza) coma na viaxe de volta (Galiza-Madrid) pasa por Vilafranca –na viaxe de vinda (maio de 1745) mesmo pernocta na actual vila leonesa unha noite (a do sábado 29)– e nada sae da súa boca sobre o lugar no que supostamente chegou a este mundo, senón vagas referencias á paisaxe e á arquitectura locais. Na viaxe de volta (19 de xaneiro de 1746), tan só o menciona no seo dunha enumeración. Sabedor da meticulosidade do beneditino, resúltame moi estraño que non lle dedicase ao seu berce nin tan sequera unha liña.

Con menos evidencias, calquera concelleiro de cultura estaría fretando as mans. Pola contra, en Cerdedo, o Roteiro Sarmento esgarece baixo as silveiras, baixo o piche ou baixo a auga en cachoeira; o pazo das Raposeiras sómese na ruína e, case unha década despois, ninguén tivo a ocorrencia de dedicarlle ao insigne ilustrado unha rúa. Pernonaxes de infausto A vida segue, o Roteiro hábito benedictino. Tamén, con- recordo engaiolaron en Cerdedo o Sarmento chegou en 2009 á súa sonte o artigo de Santos Puerto, corazón das autoridades. 1 Cómpre dicir que o director do comité de dirección da revista Sarmiento é outro insigne cer-

2 Cotéxese co exposto en: ¡Pobre Villafranca!, artigo de F. López Costero, publica-

dedense, o profesor Herminio Barreiro, autor dunhas fermosas memorias, intituladas Recordar

do no Diario de León (26-04-2009) e Onde naceu Martín Sarmiento?, artigo de X. L.

doe, Xerais, 2008.

Méndez Ferrín, publicado no Faro de Vigo (26-10-2009).

Fol de Veleno

nº 1 2010

- 41 -

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

Advertisement