Page 37

Aqueles vellos músicos

Un dos máis virtuosos acordeonistas do seu tempo. Formado en solfexo polo mestre Refojo de Pontevedra no ano 1918 gaña o concurso das Festas da Virxe ó mellor acordeonista da provincia. Coa súa bicicleta e o seu acordeón ó lombo percorreu durante anos as parroquias e vilas de Pontevedra levando a súa música polos bailes, festas e romerías. Ós 27 anos, tras casar vai vivir a Salcedo onde montará no ano 1929 o seu propio Baile no lugar do Cruceiro, en dita parroquia. A principio dos anos 30 desprázase a Vigo por motivos de traballo ó acceder a unha praza de funcionario público. No 1943 volve a Pontevedra para explotar unha canteira en Tomeza ata o 1953, ano no que se reintegra no seu posto de funcionario en Marín ata a súa xubilación. Co estalido da Guerra Civil e a cruel posguerra, como tristemente ocorreu con tantos bos músicos de Galiza, Manuco deixa definitivamente de tocar e xa non volverá a actuar co seu acordeón nunca máis. Sempre viviu coa pena de que o seu fillo non tivese dotes para a música e que puidese seguir o seu legado, e soía dicir da súa filla, que si as tiña; “Que pena que non fose rapaz porque sería un bo acordeonista”, pero corrían outros tempos para as mulleres. Finalmente falece no ano 1973 e con el un xeito de vivir a música e os bailes do noso país. Por Rafael Quintía

Fol de Veleno

Albino Prado

filla Lita a que o acompañaba como lazarillo ás festas onde actuaban.

Percusionista. A Agrupación de Gaitas Rosalía 1923-1999. Natural de Campañó de Castro percorreu durante preto pero establecido no lugar do de 30 anos tódalas parroquias e Carramal, Salcedo, dende que vilas da nosa contorna, chegando casa cunha veciña desta parro- mesmo a tocar en Portugal. Eran quia. Á idade de 27 anos sofre un desgrazado accidente cando traballaba na construción da estrada que vai por Marín de Arriba cara Os Remedios. A explosión fortuíta dun barreno de dinamita deixouno cego de por vida. A raíz deste accidente entra a traballar na ONCE como vendedor do cupón. Alí coñeceu o director da oficina onde lles repartían os cupóns, persoa de inquedanzas musicais que os animou a formar unha rondalla. Nesta rondalla aprendeu a toca-la bandurria e nela permaneceu un par de anos ata que polo ano 53 co seu amigo gaiterio, tamén cego, Javier de Lalín, decidiron forma-la Agrupación de gaitas Rosalía de Castro. Compuñan orixinariamente este grupo: Albino á caixa, Suso ó bombo, un pandeireteiro e Javier e Paco Oroña como gaiteiros. Nesta agrupación empezou tocando o bombo e o tamboril para pasar despois a toca-la caixa, sendo esta última o instrumento no que destacou e polo que foi coñecido como músico. Soían reunirse no bar “El Escondite”, que ficaba detrás da praza Méndez Núñez, onde xa no tempo da rondalla gardaban os instrumentos. A súa invidencia nunca foi impedimento para tocar e así nos seus comezos era a súa

nº 1 2010

- 37 -

asiduos cada ano das Festas da Peregrina, que por aquel entón duraban 3 semanas, das festas de Santa Lucía de Figueirido ou da procesión do Corpus Cristo de Pontevedra, onde a estampa destes vellos gaiteiros cegos tocando tralo santo fica imborrable na memoria de moitos pontevedreses. Por sorte os seus dotes como músico non caeron no esquecemento xa que tivo tempo para aprenderlle a arte ó seu fillo Albino e deixalo como fiel herdeiro da súa tradición e arte. Por Rafael Quintía

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

Advertisement