Page 3

Editorial Fol

de Veleno Nº 1. 2010

SUMARIO Aplicacións curativas do alicornio na medicina tradicional galega. Rafael Quintía

“O corpo aberto”: Novas achegas etnográficas. José Ángel Rodríguez

O código das campás. Grupo de música tradicional Os Chichisos

Aqueles vellos músicos. Rafael Quintía João Bieites Xosé Manuel Feijóo Rosalía Rodríguez Rubén Troitiño

Novas achegas sobre arqueoloxía, historia e etnografía de Cerdedo. Calros Solla

Estudo comparativo de catro rochas «de pés». Marie-Claude Auffret

Petróglifos de Vilasouto. Pablo Novoa

Patrimonio destruído no espazo natural e arqueolóxico dos Sete Camiños. Lukas Santiago

Entrevista ao arqueólogo André Pena Graña. Fol de Veleno

Corría o ano 2005, aló polo solsticio de inverno, cando o que aquí escribe andaba argallando un modesto fanzine sobre cultura popular galega. Por aquela época chegou ás miñas mans o libro Almanaque de encantos do meu ben querido amigo Calros Solla. Este libro recollía de xeito poético a mitoloxía das terras de Cerdedo e dun xeito especial a do Monte do Seixo. Le-lo libro, subir ó alto do Seixo e ficar namorado da montaña foi todo un. Este feito foi o desencadeante dun posterior labor intenso de investigación que desembocaría na publicación de dous libros máis e dun documental de longa duración. Velaí a semente da que nacería o Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, cuxo fin principal é a investigación, a recuperación e a divulgación do inmenso patrimonio material e inmaterial que conforma a nosa cultura tradicional e a nosa historia. Este é o marco no que xorde a revista de historia e etnogafía galega Fol de Veleno, herdeira daquel fanzine cultural que co mesmo nome viña editando dende o ano 2006. A revista Fol de Veleno nace cun triple obxectivo: por unha banda, o de ser voceiro dos traballos e investigacións que vén realizando o Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, por outra banda, como oportunidade para que moitos investigadores que traballan no eido da descuberta e recuperación da nosa cultura popular e da nosa historia, e que non teñen acceso ás principais canles divulgativas, poidan publicalos seus traballos, e, por último, como espazo libre onde reputados especialistas da etnografía, a historia e a antropoloxía galega poidan expo-las súas achegas dun xeito accesible ó público menos especializado. Neste primeiro número mergullarémonos nas incribles aplicacións curativas que na medicina tradicional galega se lle atribúen ó alicor-

nº 1 2010

-3-

Rafael

Quintía no, o Pereira mítico corno de unicornio. Daremos a coñecer novas achegas de Calros Solla sobre a etnografía, a arqueoloxía e a historia do concello de Cerdedo. Faremos lembranza, que sirva de homenaxe, de algúns dos músicos que percorreron as nosas parroquias transmitindo e conservando o noso acervo musical e, grazas ó grupo de música tradicional Os Chichisos, recuperarémo-lo ancestral código de comunicación das campás. José Ángel Rodríguez guiaranos polas ancestrais crenzas sobre os denominados corpos abertos. O investigador Pablo Novoa sorpréndenos coa descuberta de misteriosos gravados rupestres cuxo estraño deseño era descoñecido ata o de agora. Achegarémonos ó estudo dos petróglifos podomorfos da man da arqueóloga francesa Marie-Claude Auffret. O arqueólogo e documentalista Lukas Santiago falaranos de patrimonio arqueolóxico e da súa conservación. Teremos unha interesante entrevista sobre a nosa herdanza céltica co doutor en Historia e arqueólogo André Pena, e contaremos tamén con artigos de opinión, denuncia e outras seccións que o lector poderá descubrir neste primeiro número. Esperamos que a revista que teñen nas súas mans sexa do seu agrado e cumpra as expectativas depositadas nela. Pola nosa banda, dariámonos por satisfeitos e ben pagos se con Fol de Veleno conseguimos espertar nalguén ou nalgures o interese e o amor pola aventura que supón profundizar na nosa historia, nas nosas tradicións, ritos, crenzas … en definitiva, na nosa cultura tan seriamente ameazada e condenada pola ignorancia, desleixo e, ás veces, premeditada aleivosía. Gocen pois da lectura e benvidos!!

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

Advertisement