Page 17

“O corpo aberto”: Novas aportacións etnográficas José Ángel Rodríguez

doutra caste, mais que non se confonde coa posesión diabólica. É unha representación con seguranza anterior á chegada do espiritismo a Galiza, como se desprende do feito de ter o pretendido fenómeno un nome en galego, con todolos caracteres de ser unha designación tradicioal. Resulta pouco doado determiñar si esta creencia orixinouse por semellanza coa da diabólica posesión, ou si se trata dunha tradición independente, que pode ser moito máis antiga, incluso anterior ó Cristianismo. Semella atoparse correntemente en toda Europa dende antigo, e nos tratados de demonoloxía, maxia, etc. e máis en contos e tradiciós medievás e renacentistas

caste de actos piadosos. A posesión por un difunto pode obedecer a varias causas, moitas veces relixiosas. Algunhas veces morre unha persoa sin ter comprido unha promesa feita a algún santo, e entón a súa alma entra no corpo doutra persoa viva coa intención de comprir aquela obriga. Unha muller de Bousés (Oimbra) ofrecéu de ir a pé a Santa Mariña das Augas Santas, levándolle á Santa unha pita con polos; morréu sin comprir a oferta, e o seu esprito meteuse noutra muller adentro da cual falaba. Decía dos difuntos si estaban no Ceo, no Purgatorio ou no Inferno, e outras cousas. Por fin, a posesa compríu a oferta da difunta e o esprito deixouna e foise. Outras veces é a alma do noivo dunha rapaza que, despóis de morto, entra no corpo dela. Outras, a alma dunha persoa da familia: un abó ou aboa, tío ou tía, un curmán, etc. En Lobeira, estaba unha moza munxindo unha vaca, cando se lle achegóu un cadelo mouro; ela quíxoo espantar, decíndolle: “Marcha, can”... O cadelo era o esprito dun seu curmán que, no intre de decilo, metéuselle no corpo.

refírense moitos casos imitantes. Nos de aparencia auténtica, a Eirexa sempre os apuxo a intervención do demo, e a psicoloxía positivista a perturbaciós mentás, con alteración da persoalidade. En todo caso, e calquera que poda ser a súa orixe, en Galiza preséntase con caracteres de fonda cristianización. Os aqueixados por ela son tidos, ás veces, por unha sorte de santos, e as súas manifestaciós soen ser dunha gran piedade e cheas de sana doutriña. Os corpos abertos, cando niles fala o esprito, revelan os segredos do outro mundo, fan profecías, dan consellos morás, predican a doutriña cristiá, mandan ouvir misas, facer pelerinaxes, comprir ofertas e toda

Fol de Veleno

No ano 1925 chamóu moito a atención o caso da “espiritada de Moeche”, en Ortigueira, Manuela Rodríguez Fraga, rapaza de vinteún anos, no corpo da cual metérase o esprito dun crego de Ortigueira que morrera na Habana. Sendo unha paisana ignorante, falaba cunha voz inteiramente distinta da súa, con voz de home, compretamente masculina, en correcto castelán, con formas cultas e con acento americán e como si tivese fondos coñecimentos de dogmática, liturxia e filosofía moral, propios dun crego ben estudiado, o cual causaba grande pasmo na xente. Chegóu a botar un sermón, un domingo, dende o balcón da súa casa, diante unha gran chea de xente, que marchóu sumamente admirada e edificada.

nº 1 2010

- 17 -

Despóis de ter soado moito na prensa galega, deixouse de falar dela, sin que se seipa exactamente en qué paróu a cousa. Dende logo, non é iste o único caso que se pode citar. Danse nos corpos abertos moitos casos de extrema devoción, de longa permañencia na cama, sin probar ningunha clás de alimento, nin evacuación de ventre nin orina, e tamén de catalepsia, de insensibilidade e aínda de estigmatización. As persoas en que se dan istes síntomas chámanse tamén “corpos santos” porque por santos os teñen, e apóñenlles o poder de sandar ós enfermos con bendiciós e con rezos. Mais pra ésto non compre que sexan corpos abertos, sinón que os síntomas ditos pódense dar sin que haxa presunta posesión. O corpo aberto pode ser corpo santo e pode nono ser; e o corpo santo pode non ser corpo aberto. Nun caso e noutro, moitas veces son aproveitados por bruxos, sabios, adiviñadores e curandeiros, pra obteren deles revelaciós de cousas acochadas, do mesmo xeito que nos medios urbáns o son os sonámbulos e magnetizados. Ó noso ver, non hai que confundir istes derradeiros cos corpos abertos; o sonambulismo e mailo magnetismo ou hipnotismo –embora foran aproveitados dende tempo inmemorial- son usanza moderna, introducida en Galiza no século XIX, posiblemente, non antes da propaganda de Cubí y Soler que

por eiquí andivo e sostivo polémicas; namentras que o corpo aberto responde a unha tradición antiga,

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010  

Publicación divulgativa sobre etnografía e historia de Galiza.

Advertisement