Fanzine Fol de Veleno 2006

Page 19

Fol de Veleno

Etnografía e Historia

- Galiza, terra de pagáns. A Deus grazas Crenzas, mitos, ritos, obxectos de poder e lugares máxicos soterrados baixo a cruz, o asfalto e o cemento. O Alicornio: Nome que se lle da ó corno do mitolóxico Unicornio. Tamén recibe os nomes de Alicor, Alicorno, Alicorne, Alicornia, Licorno, Licornia e Licornio. O Unicornio amosa unha especial resistencia á maxia, é inmune ós feitizos, ós conxuros de morte e ó veleno. De aí os poderes curativos que se lle atribúen ó seu corno, o alicornio. O poder deste corno (Alicornio) ou das suás raspaduras era excepcional, e existían unha chea de aplicacións dentro da farmacopea popular. Así, segundo a nosa tradición menciñeira este corno tiña a virtude de combate-lo mal de ollo, o meigallo, o tangaraño, as dores de parto, doenzas estomacais, a epilepesia e, sobre todo, neutralizaba tódolos velenos. Emprégase tamén contra as cobras para que non mamen o leite das vacas nin o das mulleres. Contra o coxo aplícase o corno de Alicornio bendicido pasándoo pola parte dorida, facendo cruces e sacudindo. Mesturado con leite e facéndolle tres cruces por riba dáselle a beber ó enfermo. A serpe que bebe este preparado morre instantánea. Hai tradicións que afirman que se se fai unha liña cun alicornio ningún animal velenoso poderá traspasala e, ademais, ten o poder de facer morrer calquera planta ou animal nocivo que estivese preto del. Outra das virtudes que se lle atribúen ó Alicornio son os seus efectos case milagreiros sobre os alimentos cos que interactúa. Deste xeito a auga, ou a comida, onde se meta un anel, amuleto ou colgante feito co dito corno ou co seu po ten a virtude de curar mordeduras, o cuchizo dos porcos e ata fai leveda-lo pan máis rápido do normal. Estas propiedades terapéuticas do Alicornio son ben coñecidas dende moi antigo, e non se limitan á tradición galega, senón que o seu uso e coñecemento espállanse por toda Europa, África ou Asia. Así, por exemplo, ata o século XVIII non era raro atopar estes supostos remedios nalgunhas farmacias londinenses. Os árabes empregábano nas empuñaduras dos coitelos usados para comer porque pensaban que de estar envelenada a comida, unha sospeitosa hunidade cubriría a folla do coitelo, decatándose deste xeito do perigo que asexaba. A mesma virtude lle outorgaban os príncipes renacentistas que facían copas co Alicornio na crenza de que ó toca-lo veleno a copa cambiaría de

18


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.