Issuu on Google+

C/Principal nº 94 -Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

1

Taller Handmade

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña ¿Que é o Handmade? O handmade, ou feito a man, é un proceso artesanal mediante o cal se realizan obxectos como complementos, mobles, decoración... exclusivos, únicos e persoais. Nos nosos talleres poderás realizar as túas propias ideas con todo tipo de materiais e técnicas.

Destinatarios. Os nosos talleres están dirixidos a todas as persoas maiores de 16 anos que teñan interese en adentrarse no mundo das manualidades e do handmade.

Temporalización. O ideal para o máximo aproveitamento dos talleres serían sesións de hora e media, e dúas sesións por semana. Poderíase adaptar a duración dos talleres ás necesidades da entidade organizadora, existindo a posibilidade de realizar talleres intensivos.

Actividades. Dentro do taller realizaranse actividades con distintas técnicas para que os participantes podan familiarizarse con cada unha delas. Cabe a posibilidade de realizar obradoiros monográficos para cada unha das técnicas presentadas, se a organización o estima oportuno.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

2


C/Principal nº 94 -Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña Crochet: o crochet ou ganchillo, daranos moitas alternativas para realizar complementos e elementos decorativos. Poderás realizar gorros, roupa de bebé, mantas, fundas para os móbiles, pulseiras, etc. Ademais pódense realizar monográficos para épocas sinaladas como o Nadal, e realizar os nosos propios adornos para a árbore.

Calceta: calcetíns, xerseis, roupa de abrigo como bufandas ou gorros, etc. A dificultade dos traballos adecuarase ás destrezas de cada participante, xa que cada un pode elexir a súa tarefa.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

3


C/Principal nº 94 -Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña Customizado: customizar nos mesmos a roupa que xa temos é unha maneira de aforro e de reciclado. Ás prendas que non estean en perfecto estado pódenselle dar outra utilidade (bolsos para a compra con camisetas vellas, collares con legins, etc), e ás que podan aguantar unha temporada máis, pódenselle dar un aire novo engadindo os nosos propios traballos de ganchillo, fieltro, etc.

Amigurimi: é unha técnica de orixe xaponés que consiste en tecer pequenos bonecos mediante técnicas de crochet ou ganchillo. Os amigurumis toman forma principalmente de animais adorables como osos, coellos, gatos ou cans, pero tamén se crean outros bonecos con formas variadas como personaxes de conto, e incluso accesorios como bolsos, bisutería, etc.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

4


C/Principal nº 94 -Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña Papiroflexia u origami: tamén dende o xapón nos chega esta técnica, que consiste no pregado de papel para obter figuras de formas variadas. No origami non se usan nin tesoiras nin pegamento ou grapas, tan só o papel e as mans. Aínda así, con só unhas follas de papel pódense obter distintos corpos xeométricos e figuras parecidas á realidade (animais, flores, obxectos, persoas, etc.).

Recicling: poderanse realizar pequenas e grandes manualidades para aportar un toque de orixinalidade á decoración do noso fogar. Aprenderase o manexo de distintas técnicas como o decoupage, a estampación… todo coa finalidade de aproveitar a máxima variedade de materiais.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

5


C/Principal nº 94 -Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

6

Tecnos Social & Consulting Rúa Principal nº94 Baixo, C.P 15930 Boiro (A Coruña) Tlf.: 881 863 217 Móbil: 652 595 106 / 636 395 016 Mail: tecnos@sctecnos.com

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


talleres handmade