Page 1

C/Principal nº 94 -Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

Proxecto Mañás Creativas. Actividade concilia en vacacións de Semana Santa

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

1


C/Principal nº 94 -Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña DESCRICIÓN: Mañás Creativas e a mellor opción para que os cativos disfruten nas vacacións de Semana Santa mentres as súas nais e pais conseguen a maior conciliación entre vida laboral e familiar. Trátase dun espazo no que os nenos e nenas disfrutarán e aprenderán nun ambiente adecuado para o traballo en equipo, o descubrimento de novos intereses e onde se fomente a autonomía fora do fogar. Mañás Creativas preséntase como unha gran actividade para a época vacacional na que os cativos participantes descubran distintas maneiras de expresión artística , sempre baseadas na Educación en Valores. A actividade levarase a cabo os días 2, 3, 4 e 9 de abril, coincidindo coas vacacións escolares con horario de 9 a 14 horas.

OBXECTIVOS: Fomentar a creatividade dos cativos e o desenvolvemento das súas capacidades persoais. Garantir a atención dos cativos por persoal cualificado. Ofrecer aos participantes un espazo adecuado para o xogo e o tempo libre. Adecuar, na maneira do posible, o período vacacional dos nenos e nenas co dos seus pais. Organizar o tempo libre dos nenos e nenas para que xunto cos seus compañeiros desenvolvan a súa autonomía, comunicación e socialización.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

2


C/Principal nº 94 -Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña METODOLOXÍA: Unha metodoloxía activa e participativa, na que se require a implicación dos asistentes para a súa realización, sendo os propios cativos os que propoñan, acorden e elaboren xogos, talleres, etc.

3

Que se base sobre todo no xogo xa que constitúe unha boa alternativa didáctica para nenos e nenas, e tendo en conta que na infancia, xogar é unha necesidade para un desenvolvemento equilibrado. Os xogos que se propoñan teñen que ser de distintos tipos (motrices, de estratexia, xogos de interior, deportivos,…) e adecuados para cada idade.

OBRADOIROS: Obradoiro de manualidades: actividades con material destinado ao reciclaxe; debuxo creativo con distintas técnicas; murais coa técnica de picado e recorte; collage; traballos en barro; etc. Xogos:

dentro

de

este

grupo

encádranse

os

xogos

de

interior, xogos

populares(limitados polo espazo establecido para a ludoteca), a creación de xogos (parchís xigante, enredos xigante,) xogos con paracaídas e pequenas buscas do tesouro. Sen que os cativos se dean de conta, estarán traballando a psicomotricidade. Obradoiro de risoterapia: a través dos exercicios realizados nas sesións de risoterapia, axudase ao neno ou nena a ser máis consciente do seu propio corpo, do seu entorno e das súas posibilidades, e favorecemos a cohesión do grupo. Animación á lectura: as lecturas que se traballen serán apropiadas para a Educación en Valores, como o compañerismo,a igualdade de xénero, a interculturalidade, etc.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña BENEFICIARIOS: Será beneficiarios do programa Mañás Creativas, os nenos e nenas de entre 3 (xa escolarizados) e 12 anos. Faránse grupos por idades, adecuar as actividades ás características específicas de cada tramo de idade.

PERSOAL RESPONSABLE: Serán responsables desta actividades monitores ou monitoras de tempo libre ou técnicos en animación sociocultural con experiencia no traballo con nenos. Por cada grupo de entre 10 e 15 nenos, dependendo das idades dos nenos, haberá un monitor asignado.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

4

Mañás Creativas  

Actividade concilia durante as vacacións de Semana Santa