Page 1

C/Principal nº 94 -Bajo Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

1

PROXECTO: FAMILIAS

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: tecnos@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -Bajo Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

2

Xustificación do proxecto Obxectivos Programas a desenvolver

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: tecnos@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

1. Xustificación A familia é unha das institucións básicas que existen na sociedade e ademáis pódese considerar a máis importante nos primeiros anos da nosa vida; nela refuxiámonos e nela empezamos a nosa socialización e a aprendizaxe do noso papel dentro dun grupo, que primeiro será a familia para logo extenderse ó colexo, ós amigos e, así hasta poder relacionarnos co resto da sociedade. Aprender normas de conducta, comportamentos e outros actos sociais é máis fácil dentro da familia, anque non debemos esquecer outras institucións como a escola que reforzan estes valores e en moitas ocasións introducen outros novos. A familia como primeiro ámbito educativo necesita reflexionar sobre a súas pautas educativas e tomar conciencia do seu papel na educación dos seus fillos/as. Esta función requírenos ser expertos en educar, e isto implica unha aprendizaxe continua. Polo tanto os pais e as nais requiren dun proceso educativo permanente que lle ofreza oportunidades de participación no coñecemento da realidade e a súa vez que lle permita alcanzar un cambio de actitudes frente a problemática familiar e social existente.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

3


C/Principal nº 94 -Bajo Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

4

A participación dos pais e nais na vida escolar parece ter repercusións tales como: -

Unha maior autoestima dos nenos e nenas.

-

Un mellor rendemento escolar.

-

Mellores relación pais/nais e fillos/fillas.

-

Actitudes máis positivas dos pais e nais hacia a escola.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

2. Obxectivos Favorecer o desenvolvemento integral dos nenos e nenas así como dos seus pais e nais, mellorando as capacidades educativas destes. Proporcionar información aos pais e nais sobre o desenvolvemento evolutivo e o coidado dos seus fillos e fillas Incrementar os coñecementos e habilidades para o coidado e educación dos seus fillos e fillas. Ofrecer un espazo de reflexión onde poidan expresar as súas preocupacións e experiencias persoais.

“Dime e esquézoo, enséñame e recórdoo, involúcrame e apréndoo” Benjamin Franklin

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

5


C/Principal nº 94 -Bajo Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

6

3. Programas Escola de nais e pais Escola para a saúde Escola para as TIC Escola de idiomas

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

7

Escola de nais e pais FUNDAMENTACIÓN: Hoxe en día atopámonos nunha sociedade na que as nais e os pais están máis preparados academicamente que nunca, pero cada vez con máis frecuencia parecen desbordados e superados pola conduta dos seus fillos, xa sexan estes pequenos ou adolescentes. Así pois, a Escola de Nais e Pais xurde como un recurso para axudar a facer fronte ás necesidades que as familias senten, para tentar resolver as situacións diarias que lles preocupan, e para tentar solucionar as dificultades que os proxenitores atopan na comprensión dos problemas emocionais, sociais e escolares dos seus fillos/as. A Escola de Nais e Pais é un espazo de información, formación e reflexión sobre aspectos relacionados coas funcións parentais; un recurso de apoio ás familias para que poidan desenvolver axeitadamente as súas funcións educativas e socializadoras.

OBXECTIVO XERAL: Favorecer o desenvolvemento integral dos nenos/as e do grupo familiar, a través da mellora das capacidades educativas dos seus proxenitores.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: ' Estimular nas nais e pais de familia o desenvolvemento de habilidades e actitudes que contribúan ao crecemento integral dos fillos/as e do grupo familiar. ' Incrementar os coñecementos e habilidades para o coidado e educación dos fillos/as.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

' Ofrecer un espazo de reflexión en torno a situacións da vida cotiá e dinámicas de funcionamento do grupo familiar, no cal poidan expresar as súas preocupacións e experiencias persoais. ' Potenciar a comunicación como elemento fundamental da convivencia familiar. METODOLOXÍA: A metodoloxía da Escola de Pais será participativa e dinámica, e facilitarase un clima grupal que favoreza o traballo sobre actitudes e experiencias persoais, adecuando e aplicando o contido do programa ao perfil e coñecementos dos participantes.

BENEFICIARIOS: A Escola de Nais e Pais está orientada preferentemente a aqueles proxenitores que valoran a necesidade de coñecer e reflexionar sobre aspectos evolutivos e educativos dos seus fillos/as e do grupo familiar.

DURACIÓN: O programa da Escola de Pais consta de nove sesións presenciais de dúas de duración, nas que se combinarán as exposicións teóricas con exemplos e actividades prácticas e dinámicas grupais.

PROGRAMA: 1º sesión. Presentación do programa e dos participantes. Determinación dos puntos fortes de interese. Nesta sesión intentase matizar e resolver as posibles dúbidas que poidan ter os pais e nais participantes. Poderán propor temas a tratar dentro da programación inicial ofertada. Tamén se fará unha análise conxunta sobre o cambio histórico dos procesos educativos. Durante a sesión, farase uso de distintas ferramentas coma a utilización de vídeos e de documentación escrita de diversos autores, entre eles a destacar ao Xuíz de menores D. Emilio Calatayud.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

8


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

Obxectivos específicos: • Informar aos participantes do desenrolo do programa. • Facer un debate sobre a modificación das condutas dos nenos e nenas actuais. 9

2ª sesión. O proceso de socialización a través da familia. Ambiente familiar e educación: como establecer límites. Nesta sesión querese transmitir e incidir na importancia que ten a familia no proceso de socialización dos menores. Veranse e estudaranse as distintas tipoloxías de familias e a necesidade no establecemento de límites. Destacarase nesta sesión as posibles consecuencias positivas no establecemento dos límites. Tamén se abrirá unha rolda de preguntas das situacións persoais que se queiran consultar. Na sesión utilizaranse distintos medios tecnolóxicos e farase uso de imaxes de distinta tipoloxía. Obxectivos específicos: • Transmitir a importancia da familia coma unidade básica de reprodución social. • Describir as distintas tipoloxías de familia. • Destacar a importancia do establecementos de límites.

3ª e 4ª sesión. Relacións interpersoais: empatía, escoita activa, habilidades sociais e resolución de conflitos. Durante estas dúas sesións traballarase activamente nas relacións. Facendo uso de distintas dinámicas de grupo tratarase de capacitar aos pais e nais das habilidades necesarias para o funcionamento normalizado do núcleo familiar. Obxectivos específicos: • Capacitar aos asistentes de habilidades na resolución de conflitos. • Establecer pautas para a utilización da escoita activa.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

• Clarificar a importancia da empatía.

5ª sesión. Hábitos de vida saudables: prevención das drogodependencias. 10

No contexto actual é importante facer unha sesión exclusiva sobre os hábitos saudables. Trataranse distintos puntos como a hixiene, a alimentación... Pero un punto a destacar será os distintos tipos de drogodependencias, facendo un apartado especial sobre o alcoholismo, xa que cada vez son máis novos e novas na súa primeira toma de contacto co alcohol. Obxectivos específicos: • Formar os pais e nais nos hábitos de vida saudables. • Capacitar aos proxenitores na prevención das distintas drogodependencias, destacando o alcoholismo. A sesión estará formada pola parte explicativa e unha parte activa. Na parte activa farase uso do debate e reflexións dos vídeos expostos.

6ª sesión. Educación afectiva e sexual. Nesta sesión destacarase a importancia dunha correcta educación afectiva e sexual. Traballarase dun modo explicativo as relacións afectivas, así como, a transmisións dos valores entre proxenitores e fillos/as. Obxectivos específicos: • Formar aos pais e nais na educación afectiva. • Traballar a comunicación dos valores educativos sexuais.

7ª sesión. A escola: problemas de aprendizaxe, axudar aos fillos/as coas tarefas, responsabilidades. Analizaremos os distintos problemas de aprendizaxe que poidan xurdir no proceso educativo escolar. Veremos distintos tipos de axuda que poidan precisar os menores, así como a necesidade de asumir responsabilidades no proceso educativo do fillo/a.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

Obxectivos específicos: • Dotar aos pais e nais das ferramentas necesarias para detectar distintos tipos de problemas durante o proceso educativo escolar. • Traballar a dotación de responsabilidades educativas do neno/a.

8ª sesión. Novos desafíos: utilización das distintas tecnoloxías cun aproveitamento educativo. Debido a incorporación das novas tecnoloxías tanto no ámbito educativo coma familiar, é importante facer unha sesión exclusiva sobre o seu tratamento e uso por parte dos menores. Explicaranse os distintos perigos e beneficios que pode ter formativamente o uso de internet, a telefonía móbil... Obxectivos específicos: • Analizar o uso infantil destas novas tecnoloxías. • Promover a tutorización do uso de internet.

9ª sesión. Debate e reflexión final dos participantes. Debaterase sobre as necesidades formativas dos pais e nais na actualidade. Conclusións e avaliación do programa.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

11


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

12

Escola para a saúde FUNDAMENTACIÓN A institución familiar é o principal ente socializador e educador do individuo en cuestións tales como, normas, costumes, valores, comportamentos, crenzas, actitudes e expectativas. Sen o apoio das súas familias é moi difícil que os escolares desenvolvan e manteñan estilos de vida saudables. A Organización Mundial da Saúde define a Educación para a Saúde como "o proceso educativo dirixido a dotar as persoas e á comunidade da capacidade de aumentar o seu control sobre os factores que teñen influencia sobre a súa saúde". Búscase que as persoas saiban, pero tamén que queiran e que poidan comportarse de forma saudable, mediante o desenvolvemento de todas as súas capacidades e a través da reflexión, a creatividade, a motivación, o espírito crítico, a autoestima e a autonomía. En educación para a saúde, como en calquera tema de educación en valores, xoga un papel fundamental a familia. Moitos dos hábitos e costumes que se adquiren da familia acompañan as persoas ao longo de toda a vida. Par iso, os pais e as nais deben ter en conta a necesidade de inculcar nos seus fillos e fillas os valores necesarios para que desenvolvan estilos de vida saudables e autonomía persoal.

Nos países desenvolvidos, a saúde individual e colectiva está influenciada polo medioambiente, os estilos de vida, a asistencia sanitaria e a bioloxía humana. Dende o ámbito familiar, é prioritario inculcar hábitos que serán incorporados na vida diaria, ao tempo que se favorece un desenvolvemento integral das nenas e os nenos.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

OBXECTIVOS 1.- Promover unha educación que contribúa a formar individuos críticos, autónomos e creativos, capaces de responsabilizarser da súa saúde. 2.- Integrar a Educación para a Saúde na formación xeneral de nais e pais, formándoos na promoción da saúde e a prevención da enfermidade. 3.- Dotar as nais e pais de ferramentas para intervir nos problema de saúde dos seus fillos e fillas. 4.- Estimular a participación activa das nais e pais no proceso educativo

METODOLOXÍA: A metodoloxía da Escola para a saúde será participativa e dinámica, e facilitarase un clima grupal que favoreza o traballo sobre actitudes e experiencias persoais, adecuando e aplicando o contido do programa ao perfil e coñecementos dos participantes.

BENEFICIARIOS: A Escola para a saúde está orientada preferentemente a aqueles proxenitores que valoran a necesidade de inculcar nos seus fillos e fillas os valores necesarios para que desenvolvan estilos de vida saudables.

DURACIÓN: O programa da Escola para a saúde consta de oito sesións presenciais de dúas horas de duración, nas que se combinarán as exposicións teóricas con exemplos e actividades prácticas e dinámicas grupais. Para cada sesión pódense ampliar as horas presenciais, dependendo dos intereses dos beneficiarios.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

13


C/Principal nº 94 -Bajo Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

SESIÓNS: 1.- Coidados persoais: hixiene ixiene e saúde 2.- Alimentación saudable 14

3.-Seguridade, Seguridade, prevención de accidentes e primeiros auxilios 4.- Educación emocional 5.- Uso de medicamentos e prevención de drogodependencias 6.- Educación afectivo-sexual 7.- Educación para o consumo 8.- Actividade física. Ocio e tempo libre

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -Bajo Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

15

Escola para as Tic Tecnoloxías da Información e da Comunicación Comunicación

XUSTIFICACIÓN O acceso e uso intelixente das novas tecnoloxías requiren dunha persoa cun nivel de cualificación distinto do que foi necesario ata a data. Navegar, acceder ao correo electrónico e lograr comunicarse mediante este, ser crítico, etc., son entre outras, novas habilidades que debe dominar calquera suxeito para poder desenvolverse de modo autónomo na era dixital. Hoxe en día, comunicámonos a través doutras linguaxes como son o audiovisual e a través de soportes físicos que non son imprimidos, polo que o concepto de alfabetización cambia radicalmente. Nun futuro inmediato aqueles cidadáns que non saiban desenvolversee na cultura e tecnoloxía dixital dun modo intelixente, non poderán acceder á cultura e o mercado da sociedade da información Polo que podemos dicir que, as novas tecnoloxías da información e comunicación poden separar máis que unir. Estreitan a comunicación comunicación entre os que as utilizan, pero exclúen a quen non. Por iso, será necesario articular medidas que favorezan a aprendizaxe e uso das TIC aos grupos menos favorecidos culturalmente. Un primeiro enfoque dos porqués de alfabetizar tecnoloxicamente os mozos/ mozos/as e adultos apóianse en que o avance e prosperidade económica dun país depende tanto

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -Bajo Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

do seu desenvolvemento tecnolóxico coma da existencia de recursos humanos cualificados. Quen non estea formado, cualificado para o uso laboral das novas tecnoloxías evidentemente ntemente terá máis dificultades para o acceso a un posto de traballo digno. O mero feito de utilizar o multimedia ou navegar por Internet non significará necesariamente ser un usuario intelixente e culto das posibilidades tecnolóxicas da sociedade da información. mación. Unha cousa é o consumo de información como mercadoría e outra é utilizar a rede para unha mellora da calidade das interaccións humanas. O outro punto de vista para xustificar a educación tanto de adultos como mozos/as nas TIC se apoian en argumentos argumentos como, formar persoas que saiban desenvolverse crítica e intelixentemente a través de redes de ordenadores de modo tal que non estean indefinidos intelectual e culturalmente ante estas. O relevante será o desenvolvemento de procesos formativos dirixidos a que calquera suxeito aprenda a aprender, e tome conciencia das implicacións económicas, ideolóxicas, políticas e culturais da tecnoloxía na nosa sociedade. Sociedade da información e analfabetismo tecnolóxico (Manuel Área Moreira)

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

16


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

CURSOS

Curso de seguridade e manexo de Internet para nais e pais con fillos/as en idade escolar. 17

o Control e seguridade en Internet e configuración segura do navegador (historial de páxinas visitadas, limitación de acceso a páxinas web e programas específicos para filtrar contidos, etc.). o Navegar por Internet de forma segura (descargas e as súas posibles consecuencias, uso de datos persoais e imáxenes privadas, etc.). o Seguridade no correo electrónico e a súa utilización correcta (configuración dunha conta de correo, arquivos adxuntos e a súa descarga, spam, etc.). o Seguridade nas redes sociais: Facebook, Twitter, Tuenti, etc e programas de mensaxería instantánea: Messenger, Skype, etc. Duración: 30 horas.

Curso de redes sociais para nais e pais con fillos/as en idade escolar. o o o o o o

Qué é unha rede social Internet Principais redes sociais en Internet. Creación de contas en ditas redes sociais. Configuración das contas. Manexo e opción das contas. Seguridade e bo uso das contas (datos e imáxenes persoais)

o Eliminación de contas de usuario. Duración: 30 horas.

Curso de utilización de soportes extraíbles para datos e copias de seguridade. o Preparar os datos para almacenar, comprimir e descomprimir datos, uso de pendrives, tarxetas de memoria, discos duros externos, cámaras dixitais, almacenamento de datos en CD´S e DVD´S . Seguridade e uso correcto dos soportes extraíbles. Duración: 20 horas.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

Escola de idiomas 18

Inmersión e comunicación exclusivamente en Lingua Inglesa de maneira lúdica e significativa

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

FORMULA DO EXITO: Comunicación/Communication!

Pronunciación/Pronunciation!

Entendemento/Listening!

Aprendizaxe/Learning! 19

Traballo en equipo/Working toguether!

Participación/Participation!

Disfrute/Enjoyment! Confianza/Confidence!

DESCRIPCIÓN: Tratase dun obradoiro oral de inglés no que se proporcionará unha inmersión total na lingua e a cultura dende o primeiro día e dunha maneira moi lúdica e significativa: ' Active learning ' Cultural Awareness ' Total inmersion

OBXECTIVO XERAL: Adquirir competencia comunicativa en lingua inglesa nun contexto real simulado dentro e fora da aula.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: ' Fomentar unha actitude positiva de cara a aprendizaxe da lingua inglesa, promover a confianza nun mesmo e o disfrute en aprender unha lingua. ' Desenvolver a competencia comunicativa para permitir que os estudantes usen a lingua nunha variedade de contextos apropiados ao seu nivel de interese. ' Desenvolver o respecto, a apreciación e a conciencia polas culturas de fala inglesa e outras culturas en xeral.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

METODOLOXÍAS DIDÁCTICAS: ' Enfoque comunicativo, baseado na adquisición natural da linguaxe e a interacción social. ' Aprendizaxe activo, dinámico e multisensorial. ' Aprendizaxe lúdico.

BENEFICIARIOS/AS: Nais e pais cun interese na comunicación en lingua inglesa.

PROGRAMA: Estará baseado nas funcións da linguaxe que permiten a comunicación significativa: ' Coñecer, presentarse e saudar á xente. ' Dar e recibir información. ' Pedir e suxerir. ' Expresar opinións e preferencias.

ACTIVIDADES: ' Xogos: de equipo, de mesa, de pronunciación, contrarreloxo, competicións, TIC, bingo…etc. ' Dinámicas de grupo. ' Simulación de situacións cotiás: de compras, no banco, no aeroporto,no restaurante, cociñando…etc. ' Culturais e de descubrimento de celebracións, festivais, costumes…etc dos países de fala inglesa. ' Enquisas.

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

20


C/Principal nº 94 -BajoBajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

' Entrevistas. ' Saídas temáticas. ' …Etc. 21

RECURSOS: ' TIC: Internet, películas…etc.

paxinas

web,

presentacións,

vídeos,

cancións,

Youtube,

' Pizarra dixital interactiva. ' Invitados doutras culturas por vídeoconferencia ou presenciais. ' Materiais auténticos da cultura inglesa: Etiquetas de produtos, folletos, xornais, revistas, libros, fotos, menús de restaurantes, recibos, impresos, calendarios, entradas de eventos, cartas e postais, correo electrónico,…etc. ' Mapas e planos de cidades. ' …Etc.

A fun night in London

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

FOTOS: http://www.stuckincustoms.com/category/travel/uk/london/


C/Principal nº 94 -Bajo Bajo- CP:15930 Boiro - A Coruña

22

C/ Principal, 94 Baixo – 15.930 Boiro (A coruña) Tfo.: 881 863 217 Móvil: 652 59 51 06 Mail: tecnos@sctecnos.com

Tlf- Fax :881-86-32-17 Email: social@sctecnos.com

Proxecto Familias  

Educación integral para as familias

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you