Page 1

Os instrumentos a empregar no proceso de avaliación comúns a tódolos cursos son: - A libreta-dossier do alumno-a, preferentemente un dossier con 3 apartados: teoría, taller e infomática, puntuándose do seguinte xeito: a presentación (limpeza, orde, redacción, datas), 3 puntos; coñecementos técnicos (explicacións ejercicios, correccións), 3 puntos; claridade, 1 punto; descripción das prácticas, 1 pto; completo( diario, contido), 2 puntos. Poderá ser recollida polo profesor para a súa corrección sen previo aviso - A observación directa na clase e no taller, coa que se pode valorar, o interese, a forma de traballar, individualmente e en grupo, a participación, o respecto ás normas, o emprego do vocabulario técnico, o uso correcto das ferramentas e das técnicas de traballo, o comportamento, etc. - Os traballos-documentos que se pidan (poderán ser anteproxectos, proxectos, informes, traballos de investigación, planos, deseños, etc) nos que se valorarán aspectos relativos á calidade do contido, (vocabulario, simboloxía,...) a presentación e a puntualidade de entrega. De cada proxecto ou traballo publicarase a táboa de aspectos a calificar para que o alumno sexa coñecedor en todo momento do que se lle pide. -

Os

obxectos-mecanismos-instalacións

construídos

e/ou

deseñados nos que se valorarán diversos aspectos dependentes da unidade na que se encaixen e que os alumnos e alumnas coñecerán previamente. - As probas escritas, cando se consideren oportunas, nas que se valorará o grao de asimilación dos contidos. Cando sexa preciso traer material auxiliar para estas probas (calculadora, reglas etc.), éste será condición indispensable para o dereito á realización do exame.

Instrumentos avaliación  

Como evaluo curso eso