Issuu on Google+

gaceta

socialista Agrupación Socialista de Teo – PSdeG-PSOE

Segunda Época - Ano I - Número 2 - Setembro 2008

O Partido Socialista propón un PACTO POR TEO para sacar ao noso Concello da crise institucional e económica na que se atopa

IMPRESO POSTAL SEN ENDEREZO PLENO XUÑO

Os Socialistas presentan un Plan de Seguridade Pública

PLENO XULLO

O obxectivo deste PACTO POR TEO é aunar esforzos co fin de dar respostas ás necesidades do concello de Teo nesta etapa na que nos atopamos marcada fundamentalmente pola crise e as dificultades económico-finacieiras do no noso concello. Entre as medidas económicas

plantéxase a aprobación dun Plan de Racionalización do Gasto para reequilibrar as contas municipais e prever recursos de financiación para as difentes obras desta lexislatura. O Partido Socialista citou o pasado venres día 11 de xullo aos líderes dos diferentes grupos políticos para

tentar aunar esforzos e conseguir entre todos que o noso concello salga desta grave situación de crise. Asistiron os líderes de todas as fozas políticas excepto o Alcalde Martiño Noriega.

Martiño Noriega rexeita a iniciativa socialista dun Pacto por Teo.

De novo Martiño Noriega impide o debate de dúas mocións socialista Hai uns meses o Alcalde Noriega impideu o debate en pleno de dúas propostas socialistas: arranxar o parque infantil de Sestelo e a da necesidade da presencia de policía municipal na

Acta pleno do 27 de febreiro (2004)

saída dos colexios. Agora no pleno do mes de xullo de novo negouse a tratar outras duas mocións socialistas: unha referida ao Plan de Seguridade Vial e outra sobre do arranxo

O Partido Socialista propón alternativas ás bandas reductoras dentro dun Plan de Seguridade Vial

dos vestiarios da brigada de obras. Cando Armando Blanco na anterior lexislatura facía o mesmo, Martiño Noriega poñía o berro no ceo, como se pode ver nos seguites textos:

La Voz de Galicia, 28 febrero (2004)

Agora cando quen gobernan son eles rexeitan levar a pleno propostas da oposición

REPORTAXES

- ¿Teo en Venda? - Novo trazado variante de Luou


Segunda Época – Ano I – Nº2 – Setembro 2008

gacetasocialista

2

Editorial

PLENO XUÑO

Pacto por Teo

A proposta socialista sobre o Plan de Seguridade Pública non contou co apoio do PP e BNG

Tres factores definen a preocupante situación política do noso municipio: a) As dificultades económico-financieiras do concello; b) A crise inmobiliaria que vai dificultar as expectativas do crecemento do municipio co que supón tamén de negativo para a boa saúde das arcas municipáis; c) As carencias crónicas do concello en materia de equipamentos, servizos, infraestructuras, rede viaria... Diante deste preocupante panorama, agravado pola inestabilidade do actual goberno municipal, os Socialistas de Teo entendemos que só hai unha maneira de dar respostas satisfactorias: propiciar o concurso de todas as forzas políticas e sociais para artellar un pacto político (Pacto por Teo) que fixe un programa común de investimentos, alomenos, para o que resta de lexislatura, e uns criterios de actuación política basados no diálogo permanente e no consenso. Agardamos que co tempo o sentido común e a primacía do interés xeral rematen por imporse e facer cambiar a aqueles que manteñen hoxe unha posición intransixente. Teo non pode superar os seus males estructuráis dende a debilidade e a soedade institucional. Teo necesita urxentemente de solucións integradoras que permitan a participación e favorezan a implicación de todos. Primeiro, do conxunto das forzas políticas e a continuación da inmensa maioría da sociedade civil. Nesa liña estamos e estaremos sempre os Socialistas de Teo.

Edita: Agrupación Socialista de Teo Directora: Yolanda Mosquera Cerviño Equipo redactor: Fidel Martín Rocha Mª Milagros Castro González Alicia Guillín Gómez Diseño: Anxelot design PSdeG-PSOE Edificio “A Gaiteira” baixo (rotonda da curva da Gaiteira) 15886 Cacheiras - Teo (A Coruña) Tfno.: 981 80 28 63 / 650 33 01 41 E-mail: psoeteo@hotmail.com http://socialistasdeteo.blogspot.com www.teo.psdeg-psoe.org

O Grupo Municipal Socialista leva ao pleno unha moción que ten como obxectivo a elaboración dun Plan Integral de Seguridade Pública; que se estructuraría en torno a tres principios básicos: • Coordinación das forzas de seguridade. • Participación da sociedade civil. • Concepción integral das políticas de seguridade centradas na prevención da delincuencia.

Entre as medidas propostas compre salientar as seguintes: • Aprobación dunha Ordenanza de Convivencia Cidadá. • Programas contra a violencia de xénero. • Programas integrais de seguridade no contorno dos centros escolares. • Programas contra o vandalismo e a degradación urbana. • Actividades de ocio xuvenil.

O transporte metropolitano: un problema que pervive ante a deixadez do goberno municipal A mala situación na que se atopa a liña de transporte metropolitano que discurre por diferentes puntos do Concello é preocupante. Consideramos que o transporte é unha necesidade e un servicio imprescindible para o desenvolvemento da vida diaria dos veciños/as do municipio. Pero a realidade do mesmo é moi distinta da que se esperaba dun servizo destas características; con horarios insuficientes e a inexistencia de traxectos que cubran senón a totalidade, si unha boa parte da xeografía do concello.

Realidade que impide unha comunicación axeitada con Santiago onde moitos dos residentes de Teo teñen o seu lugar de traballo e de estudio; e que suporía a desconxestión da carretera xeral que atravesa o municipio. Feito, este último, que ten unha grande repercusión na fixación de poboación nova, posto que non se cumpren as súas expectativas de comodidade e comunicación que converten o día a día nunha odisea de aparcamento, atascos e falla de liberdade de movementos entre Santiago e o seu lugar de residencia habitual.

• Posta en funcionamento da Xunta Local de Seguridade. • Elaboración dun Plan Local de Seguridade. • Creación do Consello Local de Seguridade. • Adopción de medidas para a mellora, modernización e calidade do servizo da Policia Local.

Resumo pleno ordinario xuño Propostas do goberno municipal: • Modificación do Proxecto do POS 2007 en Regoufe (Luou): aprobada por unanimidade. • Regulamento das Escolas Infantís: aprobada cunha enmenda do grupo socialista referida ao uso da lingua nas aulas (vixencia do Decreto 124/2007) e incorporouse unha proposta do PP para a incorporación dunha 3ª lingua. O BNG non apoiou a enmenda socialista. • Regulamento utilización dos Pavillóns Deportivos Municipais: aprobada cos votos do BNG+PP+Parajo. O PSOE abstívose ante a falta de compromiso do goberno municipal para dispoñer de personal suficiente para atender as instalacións, (unha persoa para atender 3 pavillóns). • Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización dos pavillóns polideportivos municipais: aprobada cos votos favorables de BNG+PP+Parajó. O PSOE abstívose. Propostas do PSOE: • Elaboración dun Plan Municipal Integral de Actuación en Seguridade Pública: Aprobada cos votos a favor só de PSOE+Parajó. PP+BNG abstivéronse.

Martiño Noriega e o seu goberno siguen coa súa política de convertir os plenos nun instrumento para debatir só asuntos de trámite: das 4 propostas do BNG, 3 eran regulamentos e taxas.


3

Segunda Época - Ano I – Nº2 – Setembro 2008

gacetasocialista

PLENO XULLO

Unha alternativa socialista á facilona política das “bandas reductoras” Os Socialistas de Teo propoñen un PLAN DE SEGURIDADE VIAL A política de Seguridade Vial do goberno municipal limitouse ata o de agora case exclusivamente a espallar ao chou “bandas reductoras” cun coste de máis de 30.000e. O problema da velocidade dos vehículos debe ser abordado con rigor e seriedade, non coa pouca capacidade de xestión amosada polo goberno do BNG que se limita a poñer “bandas reductoras” agrecivas para os vehículos. O Plan de Seguridade Vial presentado polos Socialistas de Teo e que o Alcalde Sr. Noriega impideu que se debatise no Pleno, propón a sustitución das “bandas reducto-

ras” por “lomos de burra” ou “mesetas” cun previo estudo técnico como noutros concellos. Así mesmo o Plan de Seguridade Vial inclúe as seguintes medidas: • Estudar medidas alternativas para o control das velocidades. • Elaboración dun mapa de puntos negros na rede viaria municipal. • Asfaltado e políticas efectivas de mantemento da rede viaria teense. • Campañas de sensibilización e información cidadá. • Optimización da acción policial a través da formación correspondente, a organización interna, o incremento

da plantilla ou a dotación dos equipamentos técnicos. • Impulsar a colaboración e coordinación entre a Policía Local e Garda Civil.

Unha imaxe vergoñenta: vestiarios do persoal da Brigada de Obras Ante o penoso estado no que se atopan os vestiarios do persoal da Brigada Municipal de Obras que afecta sobre todo ao persoal feminino, os Socialistas de Teo presentaron unha moción para solucionar a situación e así cumprir a lexislación vixente de Seguridade e Saúde Laboral. Estamos diante dun exemplo do que é o “pa-

tio traseiro” da xestión municipal que se intenta ocultar coa información parcial e interesada que se impulsa dende o aparato de propaganda da alcaldía financiado cos fondos públicos de todos os contribuíntes. Pero a pesar da degradante situación, a deriva autoritaria do Sr. Noriega impide que esta moción sexa levada ao pleno.

• Campañas de Educación Vial. • Presencia da policía local en puntos de risco. • Fomentar e impulsar a colaboración cidadá.

Resumo pleno ordinario de xullo Propostas goberno municipal • Plan de saneamento económico-financieiro. Aprobado co voto de calidade do Alcalde. O PSOE abstívose. • Solicitude de subvención á Deputación para iluminación do campo de fútbol municipal de herba artificial. Aprobado por unanimidade. Propostas do PP • Moción sobre o anteproxecto de Lei polo que se modifica o réxime xurídico das Fundacións Comarcais. Aprobouse co voto favorable de PP e INTEO, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG. Propostas do PSOE • Moción sobre a directiva do tempo de traballo na Unión Europea. Aprobado por unanimidade. • Moción para dedicar unha rúa ás vítimas do terrorismo. Aprobado por unanimidade.

Este é o vestiario para o persoal feminino da Brigada de Obras

O GRUPO SOCIALISTA veuse na obriga de retirarse do Pleno pola negativa do Sr. Noriega a incluir na Orde do Día e a debatilas pola via de urxencia de duas Mocións socialistas sobre do Plan de Seguridade Vial e a necesidade de arranxos dos vestiarios do persoal da Brigada de Obras.


Segunda Época – Ano I – Nº2 – Setembro 2008

gacetasocialista UN ANO DE GOBERNO

4

REPORTAXE

¿Teo en venda? Fidel Martín - Redactor Teo, fai pouco máis dun ano votou por un cambio de goberno. Moitos pensamos que esto significaría novos modos, costumes, maneiras, actitudes no goberno municipal. Xa nos primeiros momentos a cousa empezou a cheirar un pouco raro co reiterado rexeitamento por parte do BNG de facer cumplir en Teo o Pacto de Progreso suscrito polo PSdeG e o BNG para a gobernabilidade dos concellos galegos. ¿Qué temos neste momento no noso Concello?. Un goberno débil que ten novas caras pero non novas maneiras. Poucas cousas mudaron neste último ano na política municipal. A ineficacia, ineficiencia e improvisación preside a xestión (se se lle pode calificar así) do goberno municipal. Unha política cun importante sesgo partidista, que paga favores pasados por poñerse unha camiseta de “Desarmando”. As veciñas e veciños de Teo seguimos sen notar eses novos aires prometidos polo Sr. Noriega, Seguimos cos nosos baches de sempre, co noso fantástico servizo de recollida de lixo, con esos parques infantís tan ben dotados, pero temos XprésaTe-Ho! e somos un concello libre de tranxénicos. Martiño Noriega, para moitos máis que o alcalde de Teo é o alcalde do BailoTeo, é o alcalde que tenta dar lástima nas súas declaracións públicas pero amosa o seu lado máis arrogante e despreciativo nos plenos. Un alcalde alonxado da realidade cidadá, encerrado na súa urna de cristal ideolóxica. En resume, se os rapaces xogan aos médicos, en Teo temos a triste historia dun médico que xoga a ser Alcalde. E digo triste, porque debe ser frustrante que a iniciativa política a leve a oposición, máis ben a levemos os Socialista de Teo.

¿Qué está a pasar en Teo?. ¿Por qué os concellos da redonda progresan e o Concello de Teo está estancado?

LICENZAS PARA VIVENDAS SOLICITADAS ANTES DA ENTRADA EN VIGOR DO DECRETO DO HÁBITAT (antes 17/abril/2008): • Concello de Ames. Case 1500 solicitudes de vivendas. • Concello de Teo. 32 solicitudes (dous edificios: un de 12 vivendas na Ramallosa, outro de 16 en Cacheiras e un conxunto de 4 vivendas unifamiliares).

INGRESOS POR TAXAS URBANÍSTICAS: • Previsto recadar polo goberno municipal nos orzamentos 2007: 1.000.000 euros. • Ingresados realmente no ano 2007: 225.000 euros aproximadamente. • Previstos recadar polo goberno municipal nos orzamentos 2008: 1.000.000 euros. • Ingresos recadados entre xaneiromaio 2008: 78.000 euros.

Novo proxecto da Deputación para a mellora da estrada provincial Bertamiráns-Ramallosa ao seu paso por Luou Os técnicos da Deputación danlle a razón aos Socialistas de Teo: optan polo trazado proposto polos socialistas frente ao defendido no seu dia polo señor Rafa Sisto e o BNG, que pretendia desviar esta estrada por Espasande, Bustelo e A Insua.


Gaceta Socialista nº 2