Canzine 2014

Page 8

María Bouzas, Premio de Honra Pedigree

“Cans supón valorarnos como persoas dentro da profesión” AMPARO RODRíGuEz (@AMPAROOJEA)

Leva dende 2011 pegada ás saias de Dona Francisca, unha muller dura, incorrexible, cruel, decidida e con moito temperamento... pero por máis que esta dona se empeñe non consegue calar o sorriso dunha das actrices galegas que máis representa a Galicia en España. María Bouzas libérase do seu personaxe gastando bromas e facendo, como ela mesma dí, "o paiaso" polos camerinos. Recoñece que lle está moi agradecida a este papel e aos guionistas por permitirlle certas licenzas pero tamén asegura que o traballo nunha serie diaria é dos máis duros e dos que menos tempo libre deixa. Estudar a diario longos guións e estar lonxe da familia son parte do dia a día.

-A María Bouzas podémola imaxinar subindo a un chimpín pero... ¿vostede cre que Dona Francisca Montenegro pasearía dende o torreiro aos galpóns en chimpibus? - (Risas) Nin de broma, Francisca non. En todo caso ela sería a dona dos chimpíns. Eu encantada -Tres anos interpretando este personaxe ...¿acaban marcando os papeis con tan longa duración? -Persoalmente non. Eu non son das que se deixa absorber, todo o contrario. Fago o paiaso polos camerinos para diante unha vez remato de rodar. -Dona Francisca déixalle tempo para facer outros traballos? -Con permiso da produtora e con moita antelación sería posible porque os guións ao ser unha serie diaria scríbense con moita antlación. -Canta horas ao día vive con este papel ás costas? -As rodaxes son de once horas diarias menos unha de comida, é dicir, dez horas. unha serie diaria é o máis esgotador que coñecín ata agora. Tes que estudar moitísimo cada secuencia xa que a linguaxe non é doada de improvisar. -Cal cre que é o segredo do Secreto de Puente Viejo para seguir triunfando? -Se eu o soubese... habería que preguntarllo aos guionistas e xefes de contidos.

Abrangue todas as idades, nin os malos son só malos nin os bos tan bos, teñen moitas caras e as sorpresas non as agardas e teñen moitos xiros inesperados que ata os propios actores nos sorprendemos. -Como se atopa neste traballo? -Atópame moi cómoda no sentido de ter un traballo, algo que hoxe en día é un tesouro. O formato, xa sabes, é esgotador e non están os tempos para elixir e o pesonaxe é un bombón. Nuncha fixera de mala malísima e os guionistas permítenme enriquecelo con aportacións miñas. O máis duro é ter lonxe a familia aínda que vou todas as fins de semana. -Vir ao Festival de Cans... ¿que lembranzas lle trae? -Marabillosas, estupendas.. un disfrute colectivo, un intercambio moi positivo -Recibir o premio pedigree neste peculiar festival que significa? -Alegreime tantísimo..., ten un significado especial porque o festival de Cans supón valorar o noso, valorarnos como persoas dentro da profesión, o noso oficio non vai tanto de alfombras vermellas vai máis de ser conscientes de que é un traballo colectivo. -unha persoa con tan longa bagaxe ¿como valora a situación actual do sector? -Catastrófica aínda que parece ser que este ano está repuntando un pouquiño. Xa quixera eu que non houbera xente con tanta calidade artística nin técnica no paro.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.