Issuu on Google+

VIAXES DE ESQUÍ TEMPADA 2011/2012

16,17,18 DEC 2011 27,28,29 XAN 2012 2,3,4 MAR 2012 2,3,4,5,6,7 ABR 2012

ESTACIÓN DE VALGRANDE PAJARES (ASTURIAS) ESTACIÓN DE SAN ISIDRO (LEÓN) ESTACIÓN DE VALGRANDE PAJARES (ASTURIAS) ESTACIÓN DE GRAN VALIRA (ANDORRA)

> Características xerais: - Desprazamento en autobús privado con saídas dende Vigo, Nigrán e Ourense. - Réxime de pensión completa - Aloxamento a pé de pistas - Material de esquí ou snowboard dispoñible todo o día - Forfait de acceso ás pistas - Clases de esquí ou snowboard 2 horas por día.

> Valgrande-Pajares (Asturias): Saída 1: Días 16,17 e 18 de decembro 2011 (último día inscrición venres 9 decembro) Saída 2: Días 2,3 e 4 de marzo 2012 (último día inscrición venres 24 febreiro) Dominio: Dende os 1430 m. ata os 1890 m. Extensión: 22 km. de pistas + 7 km. esquí de fondo Número de pistas: 36 pistas Pistas innivadas: 5 km. de pistas Remontes: 10 remontes (5 telesillas e 5 telesquíes) Capacidade: 9.500 pasaxeiros/hora Servizos: 2 Cafeterías e 1 restaurante Outros servizos: esquí nocturno / snowpark

Tarifas por viaxe: Pack de esquí = 224 €. Pack de snowboard = 239 €. Para aquelas persoas que teñen o seu material = 208 €. Para aquelas persoas que teñen o material e non precisen clases = 180 €. (Prezos en albergue en habitacións compartidas, aquelas persoas que desexen aloxarse en apartamentos de 4 prazas pagarán un suplemento de 14 €, ou ben en hotel habitación doble/triple pagarán un suplemento por persoa de 41 €.)


> San Isidro (León):

Saída 1: Días 27,28 e 29 de xaneiro 2012 (último día inscrición venres 20 xaneiro.) Dominio: Dende os 1495 m. ata os 2030 m. Extensión: 24 km. de pistas Número de pistas: 32 pistas Neve artificial: 2 km innivados Remontes: 15 remontes Capacidade: 11.960 pasaxeiros/hora Servizos: 4 Cafeterías Outros servizos: snowpark / esquí de fondo

Tarifas por viaxe: Pack de esquí = 224 €. Pack de snowboard = 239 €. Para aquelas persoas que teñen o seu material = 208 €. Para aquelas persoas que teñen o material e non precisen clases = 180 €. (Prezos en apartamentos de ata 6 prazas)

> Inscripción e datos necesarios: - Para inscribirte nas viaxes debes enviarnos un e-mail á dirección: info@pradosurfescola.com cos seguintes datos: Nome e apelidos Número de DNI Data de nacemento Estatura, peso e talla de pé Teléfono de contacto Data/-s elexida/-s Para confirmar a reserva debes ingresar o custe da viaxe na conta de NOVAGALICIA: 2080 0526 72 3040009423 indicando en Ordenante “o teu nome” e en Concepto “Viaxe a neve coa data elexida”. O derradeiro día para inscribirse será o venres anterior a cada viaxe.

> Horarios viaxes fin de semana: - Saída venres as 14:00 horas dende o Instituto Santa Irene na Praza de América en Vigo, parada as 14:30 horas na sede de Prado Surf Escola na Praia de Patos (Nigrán), parada as 16:00 horas en Ourense e chegada prevista ao aloxamento ás 21:00 horas. - Regreso con saída da estación o domingo ao peche de pistas (17:00 horas) regreso a Ourense as 22:00 horas, parada en Nigrán as 23:30 horas e parada en Vigo as 24:00 horas.


VIAXES A NEVE