Page 1

Dossier de Prensa

Año 2001

DOSSIER DE PRENSA SOBRE OS FELOS DA BISBARRA DE MACEDA ANO 2001

Página 1 de 6

www.felosdemaceda.com


Dossier de Prensa

Año 2001

Ano 2001 24/01/2001 Unha máscara ancestral La Región 12/02/2001 Un artesano enseñará a tallar "carautas" La Región 24/02/2001 Especial entroido, portada La Voz de Galicia 24/02/2001 Los felos recorren hoy las aldeas y parroquias de Maceda La Voz de Galicia

Página 2 de 6

www.felosdemaceda.com


Dossier de Prensa

Año 2001

Unha máscara ancestral O Felo de Maceda ensámblase -aínda que con elementos externos diferenciados- coa indumentaria convencional dos peliqueiros de Laza e os cigarróns de Verín. Medias negras, calcetíns de lá brancos, ringleiras de borlas de distintas cores, colcha con freques claros arredor do van, rabo de zorro no alto da mitra, colares varios e caiado como arma intimidatoria, conforman as súas particularidades inconográficas máis primitivas e masculinizadas na parte inferior cás do tronco común. O canónico aconsella pintar na mitra animais ou aves rapaces da serra de San Mamede e non fauna nin motivos alleos. As orixes da máscara -que non do resto do traxe- remóntana algunhas fontes ás festas pagás da Prehistoria: sociedades tribais, totems, feitizos de fecundidade e caza, ritos de iniciación. Outras déixano nas hedonistas da Roma Imperial. Os mediaevalistas, na época dos bufóns e dos impostos feudais arredor dos castelos. Reminiscencias precristiáns; culto ó viño e ó pracer; connotacións sociais e relixiosas do medievo. O termo Felo ten dificil interpretación. É sinónimo de máscara. Semánticamentea verba xermánica (fillón) indica que pode azoutar. Felón e felonía vindícalle coa rebelión do vasalo contra o señor feudal. Maceda asenta bastión fortificado dende o século XII. Denantes da II República saían illadamente os Felos dende o comenzo do ano das aldeas do val e da serra. Dazasete días de transmutación de valores na bisbarra de Maceda onde a gastronomía tamén contaba: O Domingo de Entroido, cachucha. rabo, unllas, chourizos, grelos, garavanzos, patacas e tintos espesos do país, en xerras e cuncas de barro de Tioira ou Niñodaguia. O martes, cabrito ó forno con patacas. De postre orellas ou filloas con mel. Pululaban antes os Felos a pé divertíndose de aldea en aldea. O son provocativo das seis chocas disuadía os lobos nas perigosas noites de invernía. Logo invadían a vila e non se afastaban da zona. Bebían moitos ovos con viño para soportar o inmenso desgaste físico. Non pedían diñeiro. Tampouco destapaban a cara diante da xente. Perseguían ós que se metían con eles. A mulleres chacoteábanos. Faldriqueaban con elas co caiado nun flirteo cómplice xeralmente admitido. Só lucían trave os solteiros. Algúns pasaban máis dunha semana disfrazados día e noite polas aldeas. Durmían nas palleiras. Só demandaban comida e bebida nas casas para seguir o trouleo. A máscara -de sorriso socarrón- representa a virilidade máis exacerbada. O Felo da medo. Pódeselle insultar. Endexamáis tocar nin tentar sacarlle a carauta. Transgrede as normas. E a autoridade nestas datas. Seu espírito anárquico e rebelde vén mudando últimamente. Algúns sitúanse estretéxicamente nas entradas de Maceda. Intimidan ós que entran e saen nos coches para que lles solten cartos. Descúbrense. Introducen outros costumes. Novos tempos que colisionan coa tradición.

Página 3 de 6

www.felosdemaceda.com


Dossier de Prensa

Año 2001

Un artesano enseñará a tallar “carautas”, la máscara que los identifica Recuperar celebraciones típicas del Entroido, como los antiguos "reinados" contando con la estrecha colaboración de los "felos". Este es uno de los objetivos que se ha propuesto el Ayuntamiento de Maceda para impulsar el carnaval tradicional. Este año pondrán en marcha un taller de elaboración de máscaras de "felo" y una exposición en la que se reflejarán los ritos y las costumbres de esta figura carnavalesca. Los mandatarios de Maceda pretenden impulsar la creación de una asociación para unir a los "felos" de Pías, Sarreaus, Castro de Escuadro, San Tirso, Tioira y Vilar de Cas recuperar celebraciones típicas del "entroido" tradicional, como los "reinados", una representación con la que los vecinos de los pueblos, ataviados con colchas de lino y un laurel en la cabeza, recibían a los "forasteros" para reinar sobre ellos durante un día reduciéndolos a la condición de súbditos. Además de impulsar la creación de la asociación, este año el Ayuntamiento pondrá en marcha un taller de confección de "carautas" en el que el artesano Manuel Silva mostrará el proceso de elaboración de las máscaras que portan los "felos". Del 19 al 28 del presente mes el salón verde del Ayuntamiento también acogerá una exposición sobre los orígenes, los ritos y las costumbres de los "felos".

Página 4 de 6

www.felosdemaceda.com


Dossier de Prensa

PĂĄgina 5 de 6

AĂąo 2001

www.felosdemaceda.com


Dossier de Prensa

PĂĄgina 6 de 6

AĂąo 2001

www.felosdemaceda.com

Dossier de prensa FelosMaceda 2001  

Dossier de Prensa sobre os Felos da Bisbarra de Maceda - 2001

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you