Page 1

Colibriño era un colibrí que vivía nunha biblioteca. Un día deuse conta de que a biblioteca onde vivía estaba practicamente abandonada. Pero de súpeto, abriuse a porta e entrou unha profesora nova que quería visitar a biblioteca. Cando encendeu a luz viu o Colibriño. Ao día seguinte a profesora levou aos seus alumnos a coñecer a Colibriño. Pero ao chegar non o atoparon. Non se deran conta de que unha venta quedara aberta e o Colibriño aproveitara para ir a dar un paseo, porque facia moito tempo que non saía a pasear. Pero cando regresou, a venta xa estaba pechada. Así que seguiu voando ata que se perdeu nun bosque. Nun buraco dunha árbore había un niño e quedouse a durmir. Cando se despertou estaba nas mans dun neno que o encontrara mentras durmía .O neno o levou a súa casa e como non quería que se escapara meteuno nunha xaula .Ao dia seguinte levouno ao colexio e o empezaronno a investigar. Cando xa sabian todo sobre o colibriño foron por todas as clases do colexio e cando chegou a clase da profesora nova o colibriño puxose moi contento, por que sabía que era boa persoa e que con ela estaría a salvo. E dende ese dia a biblioteca volveu cobrar vida. E pouco a pouco o colibriño converteuse na mascota da biblioteca. Autores: Carmen, Eva, Inés e Nuria.


Conto do colibriño de inés, carmen, eva e nuria  
Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you