estudio autonomas

Page 44

AMPAGA

_____________________________________________________________________

3. PENSIÓNS E PENSIONISTAS Non habendo datos desagregados por xénero, os datos que se aportan son xenéricos, os pertencentes ó relativo ó Réxime Especial de Traballadores Autónomos. Antes de falar das pensións vamos a facer referencia ás bases e cotizacións do 2011 no Réxime Especial de Traballadores Autónomos e no Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios. As bases mínimas e máximas de cotización do Réxime de Autónomos incrementáronse lixeiramente ó igual que o fixeron as do Réxime Xeral. No RETA pódense fixar as bases mínimas e máximas ata os 48 anos 11, ata entón poderase elixir unha base situada entre: -

Base mínima: 850,20 € mensuais fronte ós 841,80€ de 2010. Neste caso a cota ascendería a 253,36 € ó mes para autónomos con incapacidade temporal (850,20*29,8%), 225,30 € ó mes sen incapacidade temporal (852,20*26,5%) e 249,11€ ó mes con protección por cese de actividade12 (850,20*29,30%)

-

Base máxima: 3.230,10 € mensuais fronte ós 3.198€ de 2010. Os traballadores autónomos que a 1 de Xaneiro de 2011 teñan entre 48 e 49

anos de idade, e cuxa base de cotización no mes de Decembro de 2010 fose igual ou superior a 1665,90€ ou causen alta no RETA poderán elixir libremente entre a base máxima e a mínima, se pola contra a súa base de cotización en Decembro de 2010 fose inferior a 1665,90€, non poderán elixir unha base de cotización superior a 1682,70€ no 2011, salvo que exerciten este dereito antes do 30 de Xuño ou que se trate do cónxuxe supérstite do titular do negocio que tivo que darse de alta no RETA con 48 ou 49 anos de idade. Os traballadores autónomos con 50 anos ou máis, a 1 de Xaneiro de 2011, deberán fixar a súa base de cotización entre os seguintes límites: Base mínima: 916,50€ e Base máxima: 1.682,70 €.

11

Ata o ano 2010 a elección da base de cotización sen limitación era posible ata os 50 anos, no 2011 establecese a libre elección de bases ata os 48 anos. 12

Tipo de cotización constituído a Partir da lei 32/2010 de 5 de Agosto, que establece un sistema de protección por cese de actividade.

PÁXINA 43


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.