Page 1

www.faximil.com


Ó Porriño-Mos

O TranVía O TranVía NAS SEGUINTES

NO PORRIÑO AUTOSERVICIO MILAGROS (Budiño-Cruz) BAR ALONSO (Chenlo) BAR ANTONIO (Pontellas) BAR BAIXO AS (Budiño-Cerquido) BAR FERNANDEZ (A Gufa, Atios) BAR MIRAFLOR (Noval, Torneiros) )CASA BUGARIN (Pontellas) GALERIAS SIMPLICIO (O Poniño) GASOLINEIRA DE A GUÍA (A Guía, Atios) LIBRERÍA MEIGA (Rúa Pío XII) MERCA PAZ (Rúa Pío XII) MESON MOSENDE (Mosende) QUIOSCO OLGA (Rúa Antonio Palacios) QUIOSCO LOURAMBAL (Torneiros) QUIOSCO MANUEL GONZÁLEZ (Praza de San Sebastián) QUIOSCO MUCHA (Praza do Concello) QUIOSCO PINTOS (Riia Ramón González) QUIOSCO REGALIZ (Praza do Cristo)

ENMOS AA. VV. de PEREIRAS (Pereiras)

ALIMENTACION CELIA (Casal 149, Tameiga) BAR ATALLO (Mos) BAR ANICETO (A Florida) BAR CASA CAMBEIRO (Igrexa, Cela) BAR CASA CELSO (Pedraucha, Petelos) BAR CASA CHONI (Cotiño 49, Dornelas) BAR CASA ELISARDO (Igrexa, Petelos) BAR FERRADURA (A Florida) BAR CASA GALLARDO (Puxeiros 52, Tameiga) BAR CASA IGLESIAS (Torroso) BAR CASA PEDRARES (Sanguiñeda) BAR CASA REINA (Balteiro, Petelos) BAR CASA SÁNCHEZ (A Rans, Tameiga) BAR CASA TINO (Pedraucha, Petelos) BAR LLOGO (San Costne, Cela) BAR O XEITO (Igrexa, Pereiras) CAFETERIA FOKKER (Peinador) CASA BENIGNO (Bosende, Igrexa 145, Tameiga) CASADELFINAB. S. CRISTOBAL (Pombal 29-Louredo) CENTRO S. AS PEDRIÑAS (Monte do Rebullón, Tameiga) FERRETERÍA ROYMA (A Igrexa, Tameiga) PELUQUERIA ROUBLIN (AFlorida) QUIOSCO LIBRERÍA TRILLO (A Capela, Petelos) SUPERMERCADO VICTOR (Pereiras)

2

REDACCION Manuel Besada, Laureano Campos Leiras, Uxía Domínguez Senlle, Raúl Francés Rodríguez, Modesto Giráldez Teijeira, Aurora Gómez Leiras, F. Xabier Fontaiña Doval, Moncho Iglesias Veiga, Rubén Loureiro, Xosé M. Míguez Méndez, Miguel Montenegro, X. Paz Antón, Francisco Quintas Fortes, Pepe Vidal Pérez, Constante Vázquez Fernández •• i INFORMACION PARROQUIAL Lucho, Felín, Benito, Manolo da Quinta, Ricardo, Beni. -¡ COLABORAN NESTE NUMERO: Alumnos de Oitavo do Colexio Público de Atios, Isabel Pereira, Rondalla de Atios, Antonio Fernández Valverde ASESORAMENTO LINGUISTICO: Paz Fernández, X. M. Míguez MAQUETACION, DESEÑO E INFORMATICA: Manuel Besada, X.Paz Antón FOTOGRAFIAS: Modesto Giraldez (coordinador), Manuel Sío, Chus Domínguez Senlle, Pepe Vidal Pérez. Portada: Antonio F. Valverde ADMINISTRACION: \ Aurora Gómez, Francisco Quintas Depósito legal: VG-169-92 Impresión: Imprenta Paz

As opinións emitidas en O TranVía son da exclusiva responsabilidade dos asinantes

www.faximil.com

PODES ATOPAR

Revista tñmestral do Val da Louríña editada por Tranvía Colectivo. Apartado de Correos 136 O Porriño


0 Porriño-Mos

3. Editorial 4. Os zocos, as zocas 9. A case 40 anos da catástrofee de Cans 12. Tráxico emborcamento dun omnibus no Porriño 13. Memorias: Os cegos polas feiras 14. Memorias: Lola Cabaleiro 15. 16 .Colabor*acc¡óns: A flor da pedra, Comic 19. Política A tira de cousas 20. Perfís: Ar ermidas de Mos 22. Toponimia pomñesa: Louriña e Porriño 24.0 Remedo da Compaña 25. As ribeiras do río Louro 29. Hemeroteca 1927: Homenaxe no Porriño ao poeta Ramón Cabanillas 31. Tranviarios no exilio. 32 Pedefoto.

EDITORIAL

AS COUSAS NO SEU SITIO Denantes de que as mentiras mil veces repetidas, como sabía Goebbels, se convirtan en verdade, cabe saír ó paso dun xeito de actuar e dunhas declaracións do Sr. Alcalde de O Porriño efectuadas no pasado pleno ordinario da Corporación municipal para contestar a unha moción presentada polo Grupo do Bloque sobre política cultural en xeral, e máis concretamente sobre as xestións e actuacións tendentes a colaborar na restauración da película " O Porriño en Bos Aires" descuberta polo historiador do cine galego Manolo González e levada a cabo polo Centro Galego das Artes da Imaxe. Dende a nosa revista podemos asegurar que non existía noticia algunha desta película no Concello ata que unha representación dOTranVía e da Asociación Cultural do Louro entrou en contacto co Sr. Alcalde Barros para darlle conta da súa existencia e solicitarlle que, dado o interés do documento, o Concello de O Porriño se fixera cargo da cantidade que aínda faltaba para inicia-la restauración necesaria, debido ó estado de deterioro do orixinal. O Sr. Alcalde, nesta reunión, logo de dubidar diante do coste económico do proxecto, pediunos que comunicaramos co Director do CGAI para que este, á súa vez, lle fixera chegar directamente as condicións da colaboración, xestión que nós realizamos de inmediato. Despois desta xestión, nada soubemos, nen oficial nen extraoficialmente, do que se estaba a realizar. Cal sería a nosa sorpresa cando, tempo despois, se anuncia a "bombo e platillo" a presentación da cinta na Casa da Cultura como un logro do "equipo de goberno" sen citar en ningún momento as nosas conversas nen xestións no asunto, nen sequera ser invitados oficialmente ó acto, como xa pasara coa inaguración da Casa da Cultura. Parécenos evidente que unha vez máis no Porriño agolpe de talón intentouse secuestrar as iniciati vas culturais que xurden das asociacións como a nosa. Invitamos, pois, ó Sr. Alcalde a que desminta publicamente o que nesta editorial af irmamos en vez de empregar a vella táctica da confusión que tanto lle vale para seguir gobernando os destinos do noso Concello. Pola nosa banda dicir que estamos máis preocupados por esquecer nomear a algún protagonista da historia local (como foi o caso do cantante e violinista dos González, Benito García, ou das persoas que non aparecen identif icadas nas fotos e máis tarde sabemos quen son) que estar pendentes dun Alcalde que citándonos con falta de elegancia contribúe, non a fundirnos como pretendería, senón a mostrar que somos un órgano de expresión libre e independente, sen afán de lucro e que non se vende por doce moedas. 3

www.faximil.com

SUMARIO


0 Porriño-Mos

As ZoCaS, oS zOcOs

0 cura de Vigo é xastre, o de Marín, mariñeiro. o de Ourense, afiador eodo Porriño, zoqueiro.

E,

^sta cantiga, a modo de exemplo, é un de tantos indicios da importancia histórica e socioeconómica que no Porriño tivo o sector da artesanía dos zocos. Podemos dicir que esta foi a primeira e máis importante actividade artesanal -e máis tarde industrialdesenvolvida neste pobo ata épocas moi achegadas. Outras actividades económicas máis coñecidas na actualidade no nivel popular -sector cárnico ou panadeiro- ou foron creadas máis recentemente ou non posuíron a mesma importancia económica para Porriño. O desenvolvemento do sector cárnico é un fenómeno do século actual (MARUCOGA inaugúrase o 3 de abril de 1928) e naceu por iniciativa do agrarismo católico, personalizado no párroco Don Domingo Bueno. O proxecto, finalmente, non callou debido ás continuas crises dos anos trinta. A producción de pan no Porriño ten como referencia a fábrica de «pan de munición» que abastecía ao destacamento militar de Tui (descoñezo se esa 4

tahona segueu provendo, despois de 1833, a outras prazas castrenses ou complexos administrativos existentes na nova provincia de Pontevedra). Para explicar o nacemento da artesanía dos zoqueiros no val do Louro, poden formularse moitas hipóteses; unha delas, penso que a fundamental, é o aspecto ecoxeográfico deste val. As ribeiras do Louro sempre estiveron cubertas de bidueiros e ameneiros, materia prima fundamental para a elaboración dos paus dos zocos; ademais, esas ribeiras eran moi accesibles para o transporte da madeira debido ao seu carácter chairo. Antes de introducirnos no tema que dá título ao artigo, debemos distinguir claramente os dous aspectos que configuran o mundo dos zocos: o pau do zoco, actividade propia do zoqueiro, e a tamanca ou zoco no sentido terminal, ocupación dos zapateiros. Os paus fixéronse dun xeito artesán ata que se instalaron os primeiros talleres semiindustrializados nos anos 40.

www.faximil.com

"PorPepe Vidal


O Porriño-Mos

Comezábase por tallar a madeira en tacos que se cortaban á medida dos paus, logo desbástanse dándolle a forma do pé e posteriormente, coa aixola, abríase o tacón e rebaixábase o pau pola parte interior ata acadar unha forma cóncava para que asentaran ben os pés das persoas. Finalmente, facíase un rebaixe (cerquillo) no seu derredor para recibir nel o material de coiro que completaba o zoco, tarefa que realizaban posteriormente os zapateiros. Testemuñas vivintes desa artesanía non quedanentre nós, pero aínda subsisten as súas ferramentas, esquencidas nos seus derrubados talleres, moitos deles desaparecidos para levantar novos edificios. Se a ese instrumental, pura arqueoloxía industrial, non lle damos unha solución adecuada -do tipo museo etnográfico, porexemplo- dentro de poucos anos ninguén recordará aos zoqueiros do Porriño, nin tan sequera os seus propios habitantes, e este é o primeiro síntoma de aculturación dos pobos. No mellordos casos aparecerá algún listiño, abondan ultimamente disfrazados de anticuarios ou de urbanistas interioristas, que comprarán eses utensilios por unha miseria, para logo acomodalos como adornos en tabernas e casas de novos ricos, tal como fixeron coas moas, pés e rodicios dos nosos muíños, desprezando todo o sentido e valor da arquitectura popular e poñéndoa ao servicio dunha estética desnaturalizada e incluso grotesca. Neste aspecto, non quero deixar de criticar o exemplo da

reconversión dos muíños en tabernas, verdadeiro atentado contra a historia e a razón, pero que contan co aplauso e o apoio dos entes culturais dos concellos galegos, e,as veces, con subvencións oficiais. Se non podemos contar cos artesáns que facían os paus, polo menos, temos o consolo de ter connosco a un representante do taller industrializado que se montou no Porriño na década dos 50, este é Xaime Pereiro, de 68 anos, fillo de Casiano, zoqueiro e director dunha antiga banda de música do Porriño, e neto dun carpinteiro. A relación de Don Xaime co mundo dos zoqueiros comeza no seu nacemento, pois o seu pai instalara un taller artesán nos anos 30. Con 12 anos, empeza a traballar no oficio, xuntamente co seu irmán Ricardo (que tamén participa como interlocutor) e outros cinco operarios que xa estaban na nómina da empresa. Recorda que naquela época existía no Porriño outra pequena empresa que elaboraba paus de zoco, a de Xesús Estévez «Quintas». No ano 1951, á morte do seu pai, seguían traballando no obradoiro dos paus de zoco, despois de facer a súa xornada laboral en Zeltia; por aquí pasaron outros apreciados zoqueiros como o «Mudo de Parolas», Benito «Ferrobello», Manuel Troncoso, etc. No 1955 abandonan Zeltia e, con catro operarios, organizan industrialmente a empresa. O traballo era tanto que incluso absorben man de obra a eito. A A "hora do bocadillo" dos tamanqueiros no Bar Celtiña. De esquerda a dereita: Manolo "Rebí'llo", Leli Domínguez, Suso Celtiña, Pepe Roscase Tano Blas Chiriviias.

5

www.faximil.com

Na foto da páxinu anteríor, moldes para zocos.


0 Porriño-Mos

Fotos de Pcpe Vidul no obnuloiro dos "Mudos de Baldomero". linriba á csqiterda:

Tamancíis iiuxlclo cuui 42 premiadas iiim concurso de arlcsanía.

A derciUi: Máquimi di' coscr o coiro. Abai.xo ú esquerda: Paus de tumanca que Jabrícaba Casiano Pereiro.

A dereita: Modelo de zocos sen cordóns. Na pá.xina seguinte: Diplomu aci'c'ditíiiulo o prtmeiro premio acíidudo polo artesán Modesto Doniíiií^iiez SOIIÍI no Concurso

Ri'.xiomil de Aríe-

www.faximil.com

sani'a dc 1945.


0 Porriño-Mos

A mercancía vendíase directamente aos

1

tamancos,

-as

(lat. tam - tan + magnu =grande).

s.m.ouf.pl.Zocos ou zocas grandes, mal feitos e desproporcionados. (Do Diccionario Xerais da Lingua)

www.faximil.com

zapateiros do Porriño (Alexandre Areal, Baldomero Domínguez, etc), de Redondela, Tui ou Ponteareas, tamén ás ferreterías da zona e aos vendedores ambulantes que ían polas feiras de Ponteareas, Tui, Rcdondela, Vigo ou Sabarís. Estimables aliados desta demanda eran os médicos, que recomendaban este calzado como remedio previsor de andazos e catarros. No exterior tiñan un intcresante mercado en Euskadi, para calzado de mariñeiros e operarios da siderurxia. Valencia e Madrid eran outras direccións. Finalmente, e xa nos derradeiros tempos do taller, chegaron compradores das Canarias que adaptaron os paus ao calzado de paseo e praia (semellantes aos actuais zocos ortopédicos). Os prezos dos anos 60 oscilaban a redor das 12 pesetas para un par de paus brancos, 13 para os que levaban gomas c 15 se incorporaban ferraduras. No ano 1960 comeza a caer a demanda dun xeito apreciable e a evolución posterior xerou o peche da actividadc no 66. O outro aspecto relacionado directamente cos paus é o traballo do zapateiro, vcrdadeiro artífice da confección do zoco na fase terminal. Os últimos representantes deste oficio son os coñecidos como «mudos de San Benito» e a súa familia. Modesto, Manuel, Lidia e Arxentina producciónaumenta vertixinosamentee no 1960acadan Domínguez scmpre estivcron relacionados co taller, aimpresionantecif rade 55.000 pares de paus. incluíndo que actualmente aínda está a funcionar. Lidia é quen aosque levaban gomas e ferraduras, que precisaban de nos aporta os datos, os seus irmáns son os auténticos traballo supletorio. mestres e, a pesar de que non posúen o don da voz, A materiaprima (amieiros e bidueiros) proviña «falan» do oficio cunha pedagoxía asombrosa. O seu primordialmente das ribeiras do Louro, pero tamén de proxenitor e á vez profesor, Modesto de «Baldomero», Pontearcas. Tui. Meis ou Padrón. O ferro, para confec- aprendera do seu pai (Baldomero) e este, do antecesor. cionar as ferraduras, e a goma comprábanse en Vigo. O tallcr estivo primeiramente no solar que 0 taller estaba suficientemente tecnificado, a hoxe ocupa o edificio Maracaibo, pero no ano 1940 «cadea de montaxe», por así dícilo, scría: trasladáronsc. Sempre traballaron en familia. Nos inicios, empregaron man de obra asalariada, pero despois - torado da madeira. do 1950 só aceptaron temporeiros cando a demanda o -redondeado: facían a sobreplanta do zoco. esixía. Aseguran que no Porriño de finais dos anos 40 -ensolado: daban forma á sola e ao interior. había varias empresas adicadas a esta actividade das - abertura do tacón. que recordan as de Alexandre Areal, Modesto «de - cerquillado: abríase o cerquillo. Pintos», Manuel Alonso «Fartura», Adoración -lixado: pulían o pau. Pereiro «Tute», e as dos irmáns Xan, Franquiño e Modesto Domínguez, que era o seu pai; todaselas dc 0 traballo duraba todo o ano. pero desen- titularidade familiar, pero con relativa importancia da volvíasedun xeitoestacional. En outubro compraban a man de obra allea. A instalación de Zeltia, no 1939, madeirae nos meses posteriores elaborábanse os paus. absorbeu unha boa parte desa poboación activa, sobre En xuño empezaban a entregar aos zapateiros o mate- todo da máis nova. rial feito na temporada anterior. Os paus podían ser O traballo iniciábase en xaneiro, recortando o brancos (madeira núa), con gomas ou con ferraduras. coiro e confeccionando as canas que logo se adaptaban En novembro paralizábase a demanda e, coas liqui- aos paus nos comezos do verán. O pai era quen cortaba daciónsqueefectuaban os compradores (traballaban a o coiro (logo será substituído polos fillos), as mulleres crédito). iniciaban unha nova temporada. aparaban (cosían) as pezas c facíanlle os ollais e


0 Porriño-Mos

A dereita: os nuíis famosos Hmpabotas do Porriño (Jaimilo, Madera e Fontela "o coxo") caricaturizados por Alfredo Bautista Alconero "Rev". Abui.xo: Nuno Rebello (voñecido tamén como Rivelino polas súus dotes futbolísíicüs) axudando ao seu pai poñéndolle os cordóns ás tamancas.

zoca (de zoco). s. f. 1. Calzado de madeira dunha soa peza e rematado en forma de punta máis ou menos aguzada. Ten o tacón axeitado para impedir que a auga ou o barro chegue ó pé; madreña, galochas. 2. Nalgúns lugares de Galicia, zoco. 3. Fig. Ignorante, estúpido. / / Andar coa area na zoca Andar desconfiado. Hai zocas alleas debaixo da cania. Xa non estamos en familia. Non quita-las zocas. Non molestarse. Ser coma unha zoca. Ser parvo. Zoca de cana ou de encanar. Zoca con coiro ou goma na súa parte superior. (Do Diccionario Xerais da Lingua)

adornábanas con remaches; os seus irmáns completaban a tarefa, montando e empoñendo (cravando) a tamanca. O útil máis moderno que utilizaron foi a máquina de coser, traballo que tamén se facía a man nos tempos de aprendizaxe do seu pai. A materia prima que utilizaban era o coirode becerro, proveniente de Vigo, Ourense, Cangas ou Noia, e que primeiramente se curtía na fábrica «La Guía» de Atios. As vendas facíanse a intermediarios e tamén directamente polas feiras de Ponteareas, Tui, Salceda. Redondela, Vigo, etc. A demanda principiaba na feira de San Roque (16 de agosto) e a xornada máis forte era en Santos (1 de novembro), a mediados deste último mes decaía o mercado e en decembro xa desaparecía. Os paus mercábanllelos aos Pereiro, confeccionados industrialmente, e tamén a Xesús Estévez. que os facía ao xeito artesán. Por certo que os zocosque levaban paus artesanais eran máis caros, pero tamén ese material custaba máis en orixe, co cal o valor engadido do traballo manual estivo semprepresenteen Galicia. Finalmente, Don Xaime Pereiro recorda o trust nacido a redor dos zocos en Porriño. Instalouseen San Benito (na casa de Narciso) no 1933 e dun xeilo cooperativo abranguía todo o traballo dos zapateiros. Sentados á beira dun mesado corrido levaban ao cabo todo o proceso de fabricación do zoco, con excepción dos paus que chegaban dos obradoiros existentes no Porriño. A actividade inicíabase na zona onde secortaba o coiro e remataba no lustrado das pezas. A cooperativa durou escasos anos xa que as desavinzas internas deron ao traste coa iniciativa. 8

www.faximil.com

Enribci á esquerda: Obradoiro de zocos.


0 Porriño-Mos

ACASE

40 ANOSDA

CATASTROFEDECANS Fo¡ o 26 de febreiro de 1955 o día máis tráxico para a vila do Porríño e a súa comarca, e case con toda seguridade, o de toda Galicia.

fra o último sábado do mes e na cercana vila de Ponteareas celebrábase a última feira do mes. Ao filo das sete e cuarto da mañá dese fatídico día partía de Redondela rumbo a Ponteareas o vehículo mixto PO 5227, da empresa "P. de Pote", propiedade de Josefa Cabaleiro Darriba, e que ía conducido polo seu fillo Antonio González Cabaleiro, de 34 anos de idade, casado e veciño de Cesantes (Redondela). Sobre as nove da mañá chega ao Porriño e recolle a xente que quería ir á citada feira. En total, son corenta e catro as persoas que encheron a panza do vehículo, cando soamente estaba autorizado para poder transportar a trinta e dous, como máximo. Salvo esta infracción do Código de Circulación, todo parecía normal, e ao filo das nove e vinte desa soleada mañá, o vehículo chega ao kilómetro 643, hectómetro 4, da estrada Madrid-Vigo, concretamente á parroquia de Cans, do Concello do Porriño, e ao tomar unha pequena curva, e ao parecer -segundo a prensa deses días- "nese preciso momento rompeuse a ballesta dianteira dereita, logo o tubo do freo hidráulico e, por último, a dirección, precipitándose por unha baixada con desnivel dun metro, aproximadamente, que dá a unha leira con algúns postes de emparrado, propiedade de dona Luisa González, veciña do Porriño. O coche volcou, debeu reventar tamén o depósito de gasolina e produciuse unha explosión seguida de violentísimo incendio de todo o vehículo, que circulaba completamente abarrotado de viaxeiros, materialmente amontoados". Non se dispoñía naquel 1955 dos médios rápidos de comunicación de que dispomos hoxe, pero a noticia non tardou en chegar non só ao Porriño, senón a toda a

provincia. O seu portador foi o capitán da Garda Civil de Ponteareas, Don Ramón Ramos Solano, que casualmente pasaba por aquel lugar no momento de ocorrer tan dramático suceso. A noticia, por suposto, correu como regueiro de pól vora, e todolos Concellos limítrofes apresuráronse a enviar ao lugar da catástrofe todolos medios humanos de que dispoñían para paliar no posible tan horrenda traxedia. O entón alcalde de Vigo, Don Tomás Pérez Lorente, foi das primeiras autoridades en chegar a Cans, pero antes de emprender a viaxe deu ordes de se desplazaren as tres ambulancias de que dispoñía a Cruz Vermella, e tódalas municipais, e avisou ao Hospital Municipal e demais sanatorios vigueses para que permaneceran en continuo estado de alerta diante dunha posible evacuación de feridos. Os primeiros médicos en facer a súa aparición no lugar do suceso foron os doutores Eliseo Sobrino Conde e Manuel Díaz Mella, ámbolos dous de Vigo, se ben o Dr. Sobrino vivía perto de Cans. Destacadas intervencións tiveron tamén os médicos porriñeses Don Bernardo Carrera Domínguez, Don Benito García López, Don Aquilino Alvarez Argüelles e Don Francisco Arias Mora. ANECDOTAS As anécdotas non faltaron dentro do dramatismo, e así podemos citar que o conductor, Antonio González Cabaleiro, apenas sufriu algunhas feridas, e non faltou quen quería linchalo, polo que a Garda Civil, temendo outro incidente, procedeu á súa detención, 9

www.faximil.com

E

"Por Salvador R. Guimaré Gutiérrez


0 Porriño-Mos

O CELO DO PARROCO DO PORRIÑO Martín Monroy Figueroa, de 25 anos, casado, veciño de Petelos, chegou, Deus sabe como, ata Porriño, e requiriu asistencia médica na clínica do Dr. Don Francisco Arias Mora. Fronte por fronte está ubicada a casa Parroquial.Odesconcertodaquelesprimeirosmomentos facía que os comentarios aínda aumentasen a catástrofe, e ao Sr. Abade do Porriño, Don José María Quiroga López, dixéronlle que na citada clínica estaba un f'erido en "articulo mortis". O celoso sacerdote non o pensou dúas veces. Revestiuse cos ornamentos sacerdotais e atravesou raudo a rúa para administrarlle os santos Sacramentos. O ferido, afortunadamente, so presentaba queimaduras de prognóstico reservado, e abandoaba a clínica polo seu propio pé.

funeral, e seguidamente procedeuse ao enterro das víctimas. E aquí xurde unha curiosa anécdota que dados os momentos dramáticos que se estaban vivindo xamais debeu producirse, e que a Prensa se gardou moi ben gardada. Nárroo porque fun testigo presencial. 0 funeral estaba anunciado para as doce do mediodía do domingo, día 27 de febreiro. Presidiuno o Bispo da diócese, frei José L ó p ez O r t i z. Nadamáis facer acto de presencia o Prelado, os débedos e todo o vecindario prorrumpiu en desgarradores gritos de dor.OBispo, coa mellordas intencións, deu ordes de comezar canto antes a función relixiosa; ordes que obedeceu de inmediato o párroco de Budiño, Don Moisés Alonso Vilas, acolitado por Don Teodoro Trillo Blanco e Don Ramón Rodríguez Valladares, correndo a parte musical a cargo da Schola cantorum do Seminario Diocesano, baixo a dirección do Mestre de capela, Don Abelardo Brañas. Xa comezara o acto litúrxico e chega o entón GobernadorCivil da provincia, don Elías Mario Palao Martialay, co alcalde vigués, Don Tomás Pérez Lorente. A primeira autoridade provincial, ao ver que non se tivera a "delicadeza" de esperar por el, montou en cólera, e dá ordes tallantes a Pérez Lorente de que abandone o lugar. 0 gran alcalde vigués encarase ao seu superior xerárquico e respóndelle: "Eu vin asistir ao funeral e enterro destas víctimas, e quédome". Palao Martialay, ao sentirse desairado outra vez máis, deuse media volta, subiu ao PMM e emprendeu o camiño cara a Pontevedra. Os cronistas daquel entón cubrimos a información dicindo "que don Luis Rocafort, Presidente da Deputación, ostentaba a representación do Gobernador".

UN GOBERNADOR CIVIL ENCOLERIZADO DESTACADOS En canto a vecindade, hai que apuntar que a peor parte levouna a parroquia de San Salvador de Budiño, quen veu como doce dos seus veciños perderan a vida en tan dramático accidente. En consecuencia, foi nesta parroquia onde se celebrou ao seguinte día un solemní-simo 10

Non faltaron esforzados veciños que se desfixeron fisicamente por evitar a magnitude da catástrofe e ata se xogaron as súas vidas, e entre estes é de xusticia destacar os nomes do mestre de Cans, Carlos Díaz

www.faximil.com

Monumenio ás víctimas do cwctdente de Cans sufragada polr sociedades de emigrantes en Arxentina. O monnmento pn'senta na uctuulidade un total aspecto de abandoo.

traslandandoo ó cárcere de Tui. Máis anécdota foi o feito de que Josefa Cabaleiro Darriba, nai do conductor e propietaria da Empresa "P. de Pote", á que pertencía o coche sinistrado, soía viaxar neste, en calidade de cobradora, pero como nese día tamén se celebraba un mercado en Arcade (Soutomaior), alí se apeou e tal vez iso foi o que lle salvou a vida. Ou ben a despedida de C arrmen MartínezVila ao seu fillo, o cal non subiu ao coche por falta material de espacio, e cubriu o traxecto Vilar (Redondela)Ponteareas en bicicleta, en tantoqueCarmen falecía ó día seguinte do accidente debido ás graves queimaduras que sofriu. A malograda señora, de 54 anos, deixou un esposo imposibilitado para o traballo, e dez fillos.


0 Porriño-Mos

Alvarez, quen convertiu a escola nun depósito de cadáveres calcinados. Recoñecemento merecen os nosos conveciños José Pintos Pereiro e Carlos Rafael González; Feliciano Rodríguez, Manuel Pereira e Camilo Domínguez, de Atios; José Diz Cabadiñas, Ramón Rotnero, Ramón Fortes e Jesús Giráldez Fortes, de Cans; e Juan Céspedes, de Carracido. Houbo moitos máis, pero a lista sería interminable de nomear a todos. DIFUSION DA NOTICIA Toda a Prensa mundial fíxose eco desta traxedia, e excusado é citar á española, e así temos o exemplo do semanario madrileño "El Caso", que dedicou a este suceso dez páxinas completas. 0 Boletín da "Sociedad Residentes del Municipio de Porriño" en Bos Aires tamén deu unha ampla información sobre o accidente, e culpa do mesmo á Empresa "P. de Pote" por "o mal estado do vehículo accidentado" e "por conducir un número de viaxeiros moi superior á súa capacidade". E engade: "Tamén alcanza esta responsabilidade ás autoridades, por consentir tales agresións". CONDOLENCIAS De todas partes recibíronse infindade de testemuños de dor, pero cabe destacar os enviados por D. Salvador Moreno, Ministro de Marina; de Mohamed Ben Mezian, Capitán xeral de Galicia; Albert, Gobernador Civil e Xefe Provincial de Ourense; Francisco Dopico, alcalde de 0 Ferrol do Caudillo; Andrés Galán Armario, Capitán de Navio, Comandante Director da Escola Naval Militar de Marín; Pedro Franklin de Almeida Lima, Cónsul Xeral de Brasil, en Vigo, e outros moitos máis.

MONUMENTO AS VICTIMAS No lugar do accidente foi erixido un fermoso monumento de granito como homenaxe e imperecedeiro recordo ás víctimas daquela horrenda catástrofe. Dito monumento foi sufragado integramente polas Sociedades de Entienza, Mos, Mouriscados, Porriño, Salceda e Tui, todas elas ubicadas alén dos mares. O seu importe foi de trinta mil pesetas, e nel constan os nomes das trinta e unha malogradas persoas. Este fermoso monumento aínda hoxe ocupa o lugar onde hai perto de 40 anos ocurriu tan dramático suceso, pero denunciamos publicamente o total estado de abandono no que se atopa. Os que vivimos aqueles dramáticos momentos non podemos esquencer o continuo ulular das sirenas; os gritos de desesperación das persoas envoltas en chamas pedindo auxilio; gritos espantosos de familiares que vían impotentes como se tostaba un ser querido... AS VICTIMAS Acabamos de apuntar que no monumento á súa memoria está gravado o nome dos falecidos en tan tráxico suceso. Helos aqui: Domingo Alonso Romero, Jesús Martínez Alonso, Angel Martínez Alonso, Rosendo Martínez Romero, Manuel Pérez Montes, Antonio Fernández Lemos, Severino Guisande López, Celso Guisande López,

"... e rapidamente organizáronse colectas en pro dos damnificados."

Rosendo Alonso Alonso, Consuelo Bravo González, Desiderio Alonso Domínguez e Marcelina Pérez Como é de supoñer, a maior parte dos ocupantes do PO Fernández, todos de Budiño. Nicolás Alvarez Carro, a 5227 gañaban a vida nas feiras, o que da unha clara idea súa esposa Lucía Puga Fernández e a súa serventa de que ao desaparecer o cabeza de familia ou o sostén María Vidal Montero, de Redondela. María Rodríguez da casa, moitas familias víronse abocadas pouco meTáboas, de Louredo. Josefa García Castiñeiras, de nos que á miseria. Actos de confraternidade brotaron Vigo. José Papires Vegué, de Vigo. Carmen Vila portodas partes, e rapidamente organizáronse colectas Martínez, de Redondela. Jesús Alvarez Barciela, de en pro dos damnificados. Mos. Bernardino González Ledo de Guillarei. María 0 Honorable Don José María Revertido desempeñaba Blanco Rivas, de Mos. Manuel Elías Fernandez, de naquel 1955 o cargo de Cónsul Arxentino en Vigo e Guillarei. José Lorenzo e Darío Lago Lago, de Mos. Un fixo entrega de cincuenta mil pesetas para socorrer aos mendigo coñecido por "Manuel", de Caldelas. Mercedes Pérez Rodríguez, de Guillarei. Jesusa Oitavén, familiares das víctimas. A Sociedade Porriñesa de Bos Aires contribuiu con Florinda Couñago Filgueira e o seu fillo Juan Ramón 2000 pesos dos seus fondos sociais e orgaizouse unha López Couñago, de Redondela. E Evaristo Fernández colecta entre veciños e amigos, cunha recadación que González, de Tui. ¡Que a todos o Señor os teña acollidos no seu Santo Seo! alcanzou as 49.701 pesetas con 78 céntimos. 11

www.faximil.com

DONATIVOS


0 Porriño-Mos

Letra: anónima. Música: do cantar de cego Facilitado por Severo García de Xinzo

Homes, mulleres e nenos prestade oído e atención ó caso máis doloroso visto no chan Español. Non recordan os nacidos tanto dolor, tanta pena, como o que causou esta terrible traxedia. O 26 de febreiro día triste e desgraciado deu ós campos de Galicia triste recordo marcado. E na parroquia de Cans municipio de O Porriño camiño de Ponteareas deuse o caso aparecido. Un coche de viaxeiros neste lugar volcou e con sorte tan adversa que ó volcar se incendiou. Este coche procedía do pobo de Redondela e abarrotado de xente que alí ía para a feira. Para dar paso a outro coche o omnibus se apartou e dando contra un petril rapidamente volcou. E ó caer a gasolina en ela lume prendeu e o coche embrullado en chamas ó instante se quedou. As portas deste ómnibus estaban a súa dereita e ó volcar todas quedaron aplastadas contra a terra.

E uns sobre outros desesperados loitaban entre a vida e a morte por ver se algún se salvaba. Con gritos desgarradores aqueles seres queridos ó ceo piden clemencia e ós mortales auxilio. Eran tristes os llantos os xemidos e lamentos que o máis duro corazón choraba de sentimento. Enfronte daquel lugar hai unha escola de nenos sendo o Maestro o primeiro que correu para socorrelos. Rompendo o parabrisas ó chofer de alí sacaba e outras varias persoas que con el alí estaban. Logo sube sobre o coche e rompe as ventanillas co bo fin de salvar de aqueles seres a vida. E el mesmo posto en peligro loitando contra o lume empezou a sacar corpos uns vivos e outros mortos. Según os ían sacando sobre o campo os deixaban onde seguían ardendo que ó velos dolor causaba. Ó momento os veciños ac udiron xa sen folgos con grandes cubos de auga para deter aquel fogo. Todos prestaron axuda con humanos sentimentos e todos eles choraban ante aquel montón de mortos. Máis dunhas trinta persoas as súas vidas perderon 12

sen que ninguén deste mundo puidera darlles consuelo. Os seus corpos carbonizados que apenas se coñecían escea tan dolorosa non se lembra nesta vida. Unha pobreciña nena tan abrasada quedou que ó vela non se sabía se era femia ou varón. E así sucesivamente moitas persoas quedaron soamente cos seus osos totalmente calcinados. Esceas desgarradoras alí se desenrolaron ó chegar os familiares daqueles seres queimados. Abrazando aqueles restos entre lamento e llantos sen poderse contener moitos alí desmaiaron. A distintos Sanatorios os feridos trasladaron onde varios falesceron ó pouco ser levados. Cantos pais de familia alí perderon seus fillos e cantos fillos sen pai quedaron os pobreciños. Pidamos perdón e gloria para estes seres queridos que ían para a feira buscando o pan dos seus fillos. Pola mañá moi cedo daquel día tan cruel sairon dos seus fogares para nunca máis volver. Pidamos ós familiares profunda resignación para poder soportar a amargura e a dolor. Aquí amados lectores puxemos fin a esta plana pedindo paz e descanso para sus queridas almas.

www.faximil.com

TRAXICO EMBORCAMENTO DUN OMNIBUS NO PORRIÑO

De forma que os viaxeiros ningún podía saír daquel terrible infemo no que ían a morir.


0 Porriño-Mos

ANONIMOS OS CANTARES DE CEGOS

MEMORIAS

"Enchénseme os ollos de bágoas, /meus leutores de horas, do que pasa na nosa terra I que non se pode aturar." 'Por Diego Xiráldez

Iquela noite de choiva crebei a miña curiosidade. Sentados ó carón da lareira, o meu abó e máis eu escoitabamos un eco que cheiraba a antigo, que chegaba tarde desde a cociña. Era a voz da miña avoa que, cantando, facíanos lembrar os cantares daqueles homes cegos, pobres de letras, ricos na experiencia cotiá e sempre rodeados do anoto da xente, que tiraban á rúa os días de feira. Subín de dúas en dúas as escaleiras sen folgos, o can axudoume a caer e, por fin, cheguei á cociña. Interrumpíndolle o cantar, senteime enriba da mesa e pedínlle que me regalara con miudallas algo sobor daqueles homes antes de cear. "0 cego era o poeta popular, aldeán, herdeiro da tradición xograresca, a quen se deben os contos rimados, xeralmente cheos de tonos bulreiros, os sermóns de antroido, romances de circunstancias, as coplas de cencerrada... Aquí, no pobo, poñíanse enfronte á vella reloxería de Benjamín Lorenzo os

días 1 e 16 de cada mes. Estaban sempre acompañados dun neno, así da túa idade, que, mentres o cego cantaba, lle sostiña as coplas que máis tarde ían ser vendidas entre a xente que sempre, sumerxida na curiosidade, rodeaba a aquel home e escoitaba os seus cantares. A prepotencia dos cregos e señores, caciquismo, emigración, inxusticia, enganos dos mozos e mozas, casamentos ridículos, sucesos tráxicos, verdadeiros ou maxinados, vidas de santos e outros temas piadosos, sinais do fin do mundo e outros temas latexaban berros de 13

protesta, outros facían rir sempre á parte contraria dos alí citados e de todos gustaban os vellos agora mortos e os nenos agora vellos. Os cegos do violín transportáronos sempre, coa súa mítica música e a súa letra tan propia, polos carreiros primaverais de mañás e tardes de troula e divertimento cando as noticias non eran malas e por noites escuras de pesadelos compridos cando os cantares trataban temas estraños e doutros mundos. O que era evidente é que entre todas estas sensacións viviamos rodeados dun mundo onde todos toleabamos pero sen televisión, onde se a alguén lle pasaba algo pouco normal ou loitoso xa sabía que calquera día ía ser protagonista espontáneo do cantar dun cego bohemio". Ó final, os dous sumerxidos entre o argumento da historia e eu voando nunha corriqueira nube desvaradoira, uliamos como por aquela noite quedabamos sen nada que levarnos ó bandullo.

llustración do libro Cantares de Cego da Editorial O Moucho

www.faximil.com

A


0 Porriño-Mos

AS LEMBRANZAS DE LOLA CABALEIRO MEMORIAS A raíz da publicación do último número dedicado ás escolas, Lola Cabaleiro mandounos algunhas lembranzas da súa nenez e un poema de Ramón Cabanillas, probablemente descoñecido polos estudiosos da súa obra. 'Por Lola Cabaleiro

H

garimosa milagreira, escoita a miña oración. Fai que dende os altos ceos caia como o sacro orballo sobre os fillos do traballo a túa santa bendición. Estende o teu manto sobre dos ricos e os pobres o mantelo con que cobres o ceo a terra e o mar e cando na nosa morte nos chega a temida hora donanos reina e señora asento no teu luar." (Ramón Cabanülas) como se fora onte. Fomos miña nai e máis eu a Cambados á casa de don Ramón Cabanillas, que era o padriño do meu irmán Moncho, para que me fixera un verso para min, e tan lindo era que non vou parar nos meus recordos sen antes dicilo como homenaxc a quen me qucría tanto. Empezaba asi: "Nosa Señora do Maio a das manziñas groriosas que enchen de follas e rosas o Louro e ridente val, atende ós que hoxe chegamos contarche os nosos amores e poñer folias e froles no teu altar celestial. Virxen santa que defendes chouza, montaña e ribeira, 14

Non me diredes que non é bonita, así que para min ten grandes recordos de cando íamos na procesión todas vestidiñas de branco, desexando chegar á igrexa e subirnos a unha mesa que poñían ó final daescaleira.Ecandorematabatodo, regalabamos seis pasteis nunha bandexiña que levabamos comose fora un tesouro. Eu. dende logo. teño moitos máis que non quixera pasar por alto pero comoestouescribindodeitadaestou un pouco cansada. Espero que vos gusten os meus recordos e despídome como cando o faciamos na escola: "30 días trae Novembro, Abril. Xuño e Setembro. 28 trae Febreiro e se é bisiesto 29 e os demais 31"

www.faximil.com

oxe, o meu fillo tróuxome a revista O TranVfa ó sanatorio e vin que entre todas as fotos tamén estaba a miña coa Escola da Margarita. Viñéronrne á memoria tantas cousas da miña nenez e recordo entre outras cousas que cando íamos tiñamos que levar un banquiño que nos facía o señor Adriano, o pai de Viqueira. Eu tiña unha silla de abrir e pechar e como tiña medo de que ma levaran, cargaba todo o día con ela para alá e para acá. Recordo as travesuras de Ramón Varela que poñía unha pinza do moño nun cordel e por un buraquiño que tiña no teito da súa casa, metialla polo escote da Margarita. Tamén poñíaalfinetesno "cojín"ondesentaba ela e nós morriamos coa risa ata que viña a señorita Adela cunha vimbia longa e ¡pau que te criou a todos!, pechábanos no cuarto escuro e nós pasabámolo en grande porque poñiámonos a xogar ós pelouros, que eran cinco pedriñas, e quen perdíatiñaquelevarunhalabazada. Había algunha que saía tan colorada como se estivese pintada de pemento. Cando viña o día da primeira comunión, era noutra cuarentena, tiñamos que estudiar o verso durante dúas horas. Eu recordo que o meu era en galego e tantas veces o repetín que hoxe aínda o teño na memoria


0 Porri単o-Mos .

INICIATIVAS LL

COBPADOR DLL

FRAC

15

www.faximil.com

ANTROIDO


A FLOR DA PEDRA Este escríto acadou o segundo premio no certame Hterario da Festa da Rosa en Mos.

a

'Por Constantino Lorenzo Gil

's cumios dos rañaceos pérdense no medio das nubes de fume, que as chimeneas das factorías escupen ó aire. As autoestradas e tódalas corredoiras van cheas de automóbiles, que cos seus tubos de escape deixan un cheiro a raios, e unha atmósfera irrespirable. Sobor dos rañaceos cada cinco minutos un deses paxaros de ferro, pasa facendo un ruido que non se pode aturar. E no medio de todo iso unha pequerrecha horta, con catro verzas coas follas marelas pola polución do aire; uns cantos saramajos e unhas plantas que se resisten a morrer e que en cada primavera, a algunhas aínda lle quedan forzas para gromar, e deixaren ver algunha flor. No medio da horta unha caseta de ladrillo pintada de azul cunha fiestra, na que un vello mira para as súas plantas e verzas. Este vello é o meu avó. A xente de arredor di que meu avó está tolo, pero eu non penso así, aínda que conta cada historia que me fai dubidar do seu senso. A min góstame moito escoitalo cando me sento ó seu carón e el escomenza a falar de como era a nosa terra, cando el era un cativo coma min. Cóntame coma os da gran cidade escomenzaron a colle-lo pobo do meu avó cachiño tras cachiño. Primeiro para face-lo aeroporto, aínda que di meu avó que cando el naceu o aeroporto xa estaba feito. O seu pai contáralle que éste afectara

unha grande extensión de terreo e que alí escomenzou a invasión do ruido no pobo do meu avó. Os paxaros deixaron de face-lo niño nos arredores do aeroporto, pero aquilo importou pouco, pois en todo o pobo había silveiras dabondo para aniñar ós lados dos regatos que baixaban limpos. Regatos que aínda movían muiños para moe-lo gran que se recolleitaba nas veigas de todo pobo. O meu avó escintiléanlle os ollos cando me fala das leiras, do tráfego das xentes cos seus carros e tódolos tarabellos para face-la sementeira. A xente ría e falaba, contaban chistes e de cando en vez facían o que meu avó lle chama a romería (aínda que eu non teño ven claro a que se refire, pois non me entra na cachola que a xente se puidese divertir bailando no medio do monte). Pero a gran cidade pouco a pouco foi medrando e botándose enriba do pobo do avó. Un bo día acordaron en Madrid, face-la autoestrada, aquilo foi o comenzo do remate para o pobo, que quedou marcado por unha cicatriz de punta a punta, como se o cortasen cun coitelo. O pobo quedou dividido. Xa non se podía cruzar a non ser por uns buratos que fixeran por debaixo da "muralla" de asfalto que foi no que se convertiu. As xentes de ámbolos dous lados pouco a pouco foron deixando de relacionarse, xa que os que antes eran veciños, despois para verse tiñan que facer longas camiñatas ata o burato máis próximo. 16

Foron desaparecendo os lazos de amistade e pouco a pouco fóronse chamando uns ós outros "os da banda dalá". E a cidade seguía medrando, a xente foise reconvertindo. Os que antes foran labregos fóronse integrando no mundo do ruido e da polución. Venderon as súas leiras, nas que se fixeron factorías e rañaceos. Os regos fóronse emporcallando, canalizáronse, e os que antes eran fermosos regos de auga limpa, convertíronse en cloacas cheas de auganeiros e de lixo. Un bo día o concello da gran cidade. decidíu facer un novo vertedeiro de lixo, xa que os existentes non tiñan capacidade para acoller nin un so camión máis de desperdicios. Xuntáronse a deliberar o alcalde da gran cidade e os alcaldes dos pobos que existían ó seu arredor, e a base de promesas non cumpridas decidiron facer o vertedeiro no pobo do meu avó. Aquilo si que foi un golpe baixo. As poucas zonas que quedaban con vexetación foron esmagadas para face-lo aterramento que precisaban para o seu propósito. O meu avó e algúns veciños opuxéronse á obra, pero o poder mandou as forzas da orde pública, e tiveron que deixar face-lo que xa estaba decidido. A partires daquel intre éscomenzou un acarrexar contínuo de camións a tódalas horas do día e da noite, coa súa carga de merda cheirenta que a gran cidade producía. Aquelas terras que noutro tempo foran xardín productivo, convertíranse nun foco de infección e de fumes cheirentos, que nos dias de neboa facían imposible abri-las fiestras polo medo de morreres asfixiado. As xentes que nun tempo foran ledas e rideiras, convertíronse pouco a pouco en man de obra das factorías. Xente que ó remata-la súa xornada laboral séntase diante do televisión, sen outro estímulo que comer hamburguesas. Foron perdendo as ga-

www.faximil.com

0 Porriño-Mos


0 Porriño-Mos

CARTELEIRA SUPERMAN (Ciencia ficción) DEBIDO A CHOIVA ÁCIDA, NUNHA ALDEA DO INTERIOR DE GALICIA NACE UN NENO MUTANTE QUE PRESENTA UN DESMESURADO CRECEMENTO DA MAN. CANDO O NENO ESTÁ A SER BAUTIZADO APARECE UN GRUPO DE HOMES DE GABARDINA E SOMBREIRO E CONQUIREN RAPTALO PARA LEVALO POSTERIORMENTE A UN ESCURO DEPARTAMENTO DO NEGOCIADO DE OBRAS PUBLICAS. ALI, O NENO, E ADESTRADO PARA POÑER O CAZO COA SUA MAN ENORME. DE BOCA EN BOCA CORRE O SUCESO E O POBO ESCOMENZA A COÑECELO POR SUPERMAN. 17

A HISTORIAINTERMINABLE (Comedia) CHEGA UN MINISTRO DA METRÓPOLIS A UN PAÍS COLONIZADO E, NADA MÁIS BAIXAR DO AVIÓN, PROMETE CONSTRUÍR UNHAS AUTOVÍAS DE COMUNICACIÓN COA ETERNA MESETA DENANTES DO ANO 95. MÁIS TARDE O PRAZO PASA A SER NO 96, 97, 98, 99... AS FOLLAS CAEN DO CALENDARIO E HAI QUE DICIR QUE ESTAMOS EN OUTONO. CANDO MOITOS ANOS DESPOIS INAUGÚRASE O PRIMEIRO TRAMO, XA NINGUÉN VIAXA EN TRANSPORTE TERRESTRE.

www.faximil.com

nas de face-las romerías e outras festas que tiñan costume como o magosto, as fogueiras de San Xoán e outras máis que como xa dixen antes, non teño moi claro no que consistían. Pero cando meu avó máis rabea é cando me conta que aínda non satisfeitos con tódalas afrentas que lle fixeran ó seu pobo, un mal día ó dirixente provincial non se lle ocurre mellor idea, para rematar coa pouca conciencia colectiva que tiñan os veciños do meu avó, que dicir que o seu pobo non tiña razón de existir. Dito e feito. Mediante non sei que recursos xurídicos o pobo do meu avó deixou de existir, para convertirse nun suburbio da gran cidade. Algúns veciños co meu avó ó fronte opuxéronse, pero como xa pasara cos outros temas foi imposible impedi-lo que viña mandado darriba. Dende entón meu avó case non sae da súa casiña e da súa horta, opoñéndose a tódolos que veñen a xunta el para mercarlle o seu terreo, para faceren non sei que cousas. Pero el négase dicindo que dalí para o nicho. A xente escomenzou a chamarlle "o demo da horta" pero a min seméllame máis un anxo da terra que un demo da industria. 0 meu avó sigue vendo pola fiestra e decátase de que unha das súas plantas, está a punto de botar unha flor. É a planta que máis estima lle ten, xa que se lembra que esas plantas fai xa moitos anos adornaban a casado concello do seu pobo. Plantas que rescatou cando derribaron o concello para anchea-la autoestrada. Xunto coas plantas colleu tamén unha pedra moi curiosa que el di que é un escudo. O escudo do seu concello. Ten grabado nun lado a figuradunhaflorcomo as do xardín, unha rosa. 0 meu avó puxo a pedra no medio do seu minixardín. Ás veces ponse a ver para ela, apreta os puños con forza e berra: ¡NON SON DEMO, PERO AIND A SONDEMOS!


www.faximil.com


0 Porriño-Mos

LIXO. Como consumado artista do caneo manifestouse o Sr. Ballesta no asunto da pranta incineradora de lixo. Logo de ofertar os terreos sen encomendarse a ninguén, retira no último momento a oferta e decide apoiar a saida de Mos da Mancomunidade.Lástima que todas estas xogadas as fixera pensando máis no seu xefe o Sr. Cuiña que debido as airadas protestas do vecindario de Louredo. 0 Sr. Ballesta parece telos ollos postos máis alá de Mos e parece empregar ó seu bastón de Alcaldeparatentarpostosmáisaltos na política. CHA-CHA-CHA. Dá gusto no Pleno de O Porriño ver que cando se trata de obras privadas, algúns concelleiros do Partido Popular teñen que andar entrando e saíndo da sala por ter intereses económicos directos nas mesmas. se ademais dos directos a leicontemplaraosindirectos,algúns concelleiros non poderían sentarse en ningún punto de obras.De momento, e mentres a lei non o remedie, algúns seguirán bailando ocha-cha-chá.

A Tira d * e Cousas 'Por Francisco Quintas/Raúl Francés

do nadal na Risca non tivo demasiado éxito. Alguén dixo que aquí estamos máis afeitos a prantar" pexegueiros".

CONTRATOS. Na Casa da Cultura, á parte do caso de Albi, ¿fixeron algún tipo de exame, concurso público ou oposición as tres persoas que alí traballan'?, ¿en base a que foron contratadas? De momento a producción e a calidade da oferta da Casa de Cultura non xustifica o sistema elexido.

Sorprendeu a todos na procesión citada a presencia dun personaxe que vestido cun traxe de cor gris, con gorra de prato e un aire entre músico, chofer ou sarxento chusqueiro, ía detrás, en solitario, da representación de Alcaldes. Moita xente mostrouse interesada por quen seguía os pasos de Gonzalo Ordoñez, os de O Porriño sabiamos que se trataba do inefable Moncho " Plurilopez", conserxe do Fernández López, e especie de "chicoparatodo" do Sr. Barros. Supoñemos que esta vez os seus labores serían de espionaxe para controlar que non se desmadrara Gonzalo e non se crera que xa estaba cerca a súa chegada á Alcaldía.

POLITICA

PASEO. As mellores zonas para pasear de O Porriño son Salvaterra e Tui. Alí concéntranse na fin de semana as familias porriñesas acompañadas dos seus retoños.¿Por que será?,¿que lle pasa ó Parque Canónico que tantos cartos custou?, ¿acaso somentes sirve para face-las fotos de vodas?. CADA NUMERITO

DIA

UN

PROTECCION CIVIL.

MONTES. A fermosa iniciativa da Asociación de Montes de Santa María de 0 Porriño para que se voltaranprantarosabetosepiñeiros

PRENSA DO CORAZON. Marabilloso o vestido azulón que levaba Maleni na Procesión de San Telmo en Tui. Tan ben peiteada e tan ven maquillada ¿como non veu Barros a oportunidade de lle dar a ela o bastón de mando en vez de Ilo encargar a Gonzalo?. Por certo a representación masculina do Concello de O Porriño non estivo áalturadascircunstancias. Quedou pouco lucida, e que nos perdoe Chin chín.

Como no anuncio da lotería dos cegos, nos plenos do Concello de O Porriño cada día monta o Alcalde un "numerito". Se non se pasa cos concelleiros da oposición quitándolles a palabra, adícase a expulsar xente do público. ¡Cunqueiroooooo! Esta afición do Alcalde, xunto coa da gastronomía, debería ser recollida por Gabino Porto, asesor de imaxe de Barros, á hora de louvar as nosas potencialidades turísticas. OBXECTOS PERDIDOS

ATRACCION.

19

¿Onde está a camiseta dO TranVía? Quen a atope que a entregue enfrente do Sukiyaki.

www.faximil.com

Cando varios membros de Protección Civil ocuparon xunto a outros mandados os asentos do público do Pleno de O Porri ño sobre o Conservatorio impedindo que puideran entrar os interesados da Asociación de Pais, ¿a que civís protexían?, ¿os civís do Partido Popular ou ó vecindario ó completo de 0 Porriño?.


0 Porriño-Mos

AS ERMIDAS DE MOS: PASADO E PRESENTE DUN PATRIMONIO CULTURAL

PERFIS

As ermidas ou capelas, presentes en tódolos recunchos do solar galaico, son unha expresión cultural, tanto na súa arquitectura, como polo fenómeno relixioso devocional que se funde coa festa durante as romaxes, todo elo sempre cunha fonda raigame popular.

'Por X. Miguel Gonzáíez

N

|o que hoxe é o barrio de CAS ANOVA, no lugar antes chamado "Alfacuca", dominando o val dende unha altura, un pazo señorial acollía algo máis arriba a capela de Santo Antuiño (San Antonino ou San Antolín), na que xa non se celebraba función algunha aló polo 1867. O edificio, en estado ruinoso, ten planta rectangular de 7'3 x 6'2 m., rematada no testeiro por un pequeno ábside de 4 x 3'7 m., un pouco máis alto que o corpo principal. A sinxela

espadana responde a un modelo bastante atípico na zona; no interior dous bancos corridos levan á porta oxival de acceso ó ábside, que ten unha fermosa cúpula nervada cun medallón no medio onde se gravaron as lanzas símbolo da liñaxe dos Lanzós, primeiros señores da Casa de Santo Antuiño, que logo adquerirán o título de Condes de Maceda; hai restos de pinturas. A súa calidade está en consonancia coa súa orixe pacega, se ben dende finais do XVII debeu quedar bastante esquencida.

Capela pacega de Santo Antuiño

20

A tradición popular asocia a capela coa Inquisición (?), de xeito que antigamente as mozas que casaban debían pasa-la primeira noite co Conde Sapo, señor do pazo, e de negárense pechábanas na ermida onde lle ían caíndo gotas de auga durante toda a noite. No lugar de PANTAÑÓ, tamén nunha beira da Serra do Saramagoso, encóntrase a capela de San Gregorio Magno, que se honra o segundo domingo despois de Pascua, tendo bastante devoción para curalos males de estómago. Oedificio,lixeiramentetrapezoidal, mide 12'6 x 6'8 x 6'5 m., e conserva con bastante fidelidade a súa antiga e sinxela arquitectura popular, combinando os sillares coa mampostería; destaca o certo valor artístico da espadana e o feito de que aínda conserve o coro. Recolle unha lenda popular que a imaxe do santo foi atopada no couto que leva o seu nome, levándoa logo para o sitio en que agora se asenta a capela, pero véndose moi só volveu a marchar, así varias veces ata que lle levaron a outro santo para facerlle

www.faximil.com

SAN SALVADOR DE LOUREDO


0 Porriño-Mos .

SANTA OLALLA DE MOS Durante moito tempo nesta parroquianamais había no lugar denominado A VILA e agora A RÚA a capela de San Blas (San Brais), integrada dentro do Pazo Novo que alítiñan os marqueses. Debeu construirse ó tempo que se levantaba o pazo que veu a substituír ó "vello", situándose case fronte ó cruceiro, cunha porta de acceso ó exterior, tapiada duns anos a esta parte. Distinguíase polo artístico traballo de bóveda, do púlpito de cantería e do coro reservado para os señores.

Mantívose en actividade ata 1910, celebrando un crego misa os domingos, pero logo a causa do desinteresedosadministradoresrematou quedando en ruinas. O día da festa a imaxe do San Blas grande (vendida cara a 1960 por mil pesetas), retornaba á súa capela xunto coa talla pequena que estaba na igrexa. Nesta ermida ordenáronse de "menores" moitos fillos segundóns dos marqueses, e incluso D. Pelayo Correa que logo herdou o título á morte do primoxénito. A capela de Santa Marta levántase nunha paraxe do barrio homónimo. O seu día é o 29 de xullo, pero a festa celébrase o último domingo dese mes e aínda nos primeiros de agosto. O edificio, de 9'6 x 6'8 m., é totalmente actual, a base de bloques de granito,aíndaqueimitandoodeseño das capelas tradicionais. A espadana remata nunha cruz antiga con releves gravados e ademais o altar componse dunha campá traída de Mos e unha peza de muiño de maíl

Capela íle San Gregorio Magno en Pantañó.

Enriba: Capelti de Sunta Mcirta en Mos. Abaixo: Paz.o dos Marqueses de Mos. A entrada u capela de San Bías está hoxe tapacla.

que carecía de entidade xurídica, quedando dende entón aberta ó culto público. (l)ROTEAMARTÍNEZ, F.J..-Mos. La Capilla de los "Gavara". En, Tuy. Museo y Archivo Hco. Diocesano, 3. Tui, 1980, p. 150.

www.faximil.com

compana. Descoñécese a data da fundación, pero xa existía no 1746, cando tiña un antepórtico aberto no que os paisanos depositaban leña e outras "indecencias" e carecía de porta, polo que entraba adentro o gando. Cara a 1854 o que se recollía en esmolas o día do patrón era considerado "moi insignificante". Aínda que non se trate dunha ermida, merece a pena sinalar que no lateral dereito da parroquial destaca en volume a capela de Scinta Catalina, cargada na fundación con dúas misas semanarias, da que en 1664 era patrón o fidalgo D. Félix Tabarés, manténdose nesa liñaxe ata que entroncaron cos Marqueses de Valladares.

chacar pedra. Santa Marta gozou dende antigo dunha certa veneración na parroquia, pois no testamento do abade e bacharel D. Pedro Espaín, comisario da Inquisición, redactado cara a 1614, tras invocar á santa sinala que tódolos anos se lle celebra festa na igrexa (1). A misa mantívose intermitentemente ata que xurdiu o proxecto de facerlle unha capela. Pensouse primeiro no comunal de Pedra Pinta, pero por varios inconvenientes acabaron mercándose dous solares no lugar actual, onde a tradición di que xa existía unha ermida. O edificio rematouse de construír no 1979 coas aportacións de 24 veciños congregados nunha chamada Confraría de Santa Marta,


0 Porriño-Mos ¡

*Por Tati Pérez, Xesús Ramilo, Patricia Rocha e Xurxo

Salgado

s\

A LOURINA

ábese que na división dos bispados, feita no Concilio de Lugo, celebrado no ano 509, foi dado o bispado de Tui ao arciprestazgo da Louriña, co nome de Erbilione, Ervilone e Elbilione, pois con estas tres expresións figura nas copias de dito Concilio, existentes na catedral de Tui. Segundo parece, tomouse este nome dun castelo que houbo no cumio do castro, onde hoxe se atopa a capela da Nosa Señora, moi preto da cal, nunha zona elevada, hai un lugar que mantén o nome de Ervilla, voz abreviada (seguramente) de Erbilone, que se atopa na información dos miragres de san Telmo, feita no século XVIII, sen localizar esta designación en ningún outro documento da catedral. O nome Erbilione debeu perdelo cando quedou deserta a comarca, a consecuencia das invasións

estranxeiras. Na escritura de partidas da igrexa e bens feita entre o bispo e o cabildo no 1 denadalde 1156,denominouse Louriñea, e despois perdendo o E, díxose Louriña, deri vado do río que fertiliza o seu territorio, o Louro. Segundo o historiador La Cueva, diremos que o Louro era coñecido dos antigos cos nomes de Laur, Lur e Lour. Esta voz de Louro é galega e portuguesa e significa: cousa verde ou entre verde e maduro. O trigo cando está nos campos tomando cor para madurar dise que se atopa louro. Di La Cueva: "Y el darle este nombre al río provino, o de sus aguas que son entre verdes y claras, o de la tierra del valle por donde corre, que por ser algofría, tardan losfrutos más en ella cumplirse que en otras partes ". Tamén se di que Louro vén de Lóbrego xa que Louro era (e nalgúns lugares aínda é) un río escuro e nos días de inverno e de frío xorde da 22

O PORRIÑO En documentos orixinais do convento de Santo Domingo de Tui, un datado no 6 de setembro de 1382 e

www.faximil.com

¿De onde veñen os nomes dos lugares, dos ríos, das comarcas? ¿Cando aparecen estes nomes na historia escrita? Neste artículo investíganse as raíces de distintos nomes do noso val.

beira do río un verxel de escuridade e medo. Outra posibilidade radica en que na época romana das augas deste río se sacara ouro, e aparece documentada a súa veracidade nunha escritura da catedral de Tui: "...E do río Lour que dixeram os romanos sacar ouro...". Ademáis se miramos a evolución da palabra "aurum" non nos parecería estraño: aurum>aur>ouro (louro). Nos límites das parroquias de Louredo e Nespereira (Redondela) hai unha fonte coñecida co nome de Fonte Lou'ra, as augas orixinan o nacemento do río Louro. Recibirá este o nome daquela?. Hai que ter en conta a toponimia e a relación existente entre os diversos termos: Fonte Loura> Louredc» Louro> Louriña. Entre os documentos que da Louriña se ocupan, figura o seguinte: "Donación de Alfonso VII ós mosteiros de San Miguel de Canales(Cans)de 1151". No que se cita a zona da Louriña e o seu río, o Louro: "Por amor a Deus e polas almas dos meus pais e remisión dos meus pecados, fago carta de donación a Pedro e a todos os monxes que no mesmo mosteiro <son ou hayan de ser> de aquel monte que chaman Mouro e Cristobail e do casal de Froila en canto dende aquí a min mepertenece dende Nutios ata Lour en canto a min mepertence e da vila de Famelga (quizais Tameiga) en canto alíteño epolo Confurco como se separa do Arnoso por aquila pena, e como se divide por Santa Marta, e por aquí de Lour e pola auga do regato e pola auga de Saticoval? por Peña Vitureira?, segundo se vai ó Confurco..."


0 Porriño-Mos

outro o 13 de febreiro de 1441, fálase do xuíz da Louriña e non se cita para nada O Porriño, xa que non sería vila ou lugar sobresaliente e cabeceira de xurisdición civil como o é agora. 0 nome de Porriño atopámolo xa expresado o 8 de xullo do ano 1516 por medio dunha escritura feita entre o bispo de Tui, Don Martín Zurbano, e o abade do mosteiro de Melón. A partir de aquí, nos documentos sucesivos comeza a aparecer o nome desta vila tal e como é agora. Así no ano 1529 o bispo de Tui, Don Diego de Avellaneda fixo recoñecemento de diferentes casas eterreos, para facer outros que tiña dado ó foro pola súa mesa episcopal no "LUGAR DE PORRIÑO". No 20 de febreiro de 1540, Constanza Rodríguez Noval, viuva deGonzalo Avelle, veciña do lugar de Alcabre, en Salvaterra, outorga o poder en favor so seu xenro Xoán de Oya, veciño do "LLJGAR DE PORRIÑO"... E así sucesivamente en documentos do 20 de febreiro de 1554, do 6 de marzo de 1542, do 7 de novembro de 1546, do 13 de xullo de 1554, do 9 de novembro de 1558, etc, etc, etc,... En fin vemos que a partir do século XVI atopamos un lugar xeograficamente definido co nome de PORRIÑO. Segundo tradición da terra que vén duns a outros, tomou o nome de Porriño, dun dos seus primeiros poboadores, chamado Xoán Porro, ediminutivamente Porriño, que é o que actualmente ten a vila. De Porro di Ál varez Limeses na súa "Xeografía de Galicia", que foi un mesoneiro que estableceu o seu negocio neste lugar para recoller ós pelegrins que se dirixían a Santiago polo camiño Portugués, hipótese que mantén a tradición e que el xulga sen fundamento. Omesmohistoriadoratribúeó académico D. Eugenio Vázquez que o nome de Porriño é de orixe

ou sexa: -purinos, que significa de trigo -porris, que significa terneira A outra posible orixe do nome (seguramente a máis certeira) atopámola no latín. Como xa sabemos os romanos estiveron por esta zona e quizais asombrados pola grande cantidade de porros existentes na nosa vila deciden chamar a esta zona por un nome moi semellante: -porris, -orum, que significa: referente ó allo-porro Preguntando aos máis vellos porriñeses que puidemos atopar polas rúas da vila, soubemos mil e unha historias do Porriño, unhas tan veraces como desbordantes de fantasías outras. É imposible relatar todas as anécdotas que nos contan porque non nos chegarían os folios, mais se imos nomear as que nos pareceron máis chamativas: -Contou un vello, Manuel, de 87 anos, que o nome de Porriño provén dun alcalde que houbo na vila hai tempo, chamado "Orriño", "un home bo e xusto que fixo a Porriño famoso polas bolas de pan", dicíanos o vello. -Outro, Xacinto, contou que Porriño deri vaba do nome do fillo dun xitano que en tempos posuira o poder da vila.. -María dábanos a razón cando lle diciamos que "Barriños" non ten nada que ver co nome da vila, mais sostiña, como según lle contaba a súa avoa, que Porriño viña do nome dun francés ao que chamaban "puarrot" (ou algo así) que irrumpiu na vila cando o exército napoleónico facía estragos en toda España. -Só Ramón atinou "coa versión oficial" (porque quizais todas as versións teñen algo de real, por iso non poden ser rexeitadas) e díxonos que Porriño derivaba dun tal Porro que fora: "comerciante ou algo ast, haberá xa os seus anos". 23

www.faximil.com

Helenística: .: de trigo ....: terneiro, terneira


REMEDO MPANA 'Por Manuel Otero Saavedra (Publicado no Boletin da sociedade Residentes de Porriño en Bos Aires)

A

. ló polo ano 1897 O Porriño non era máis quc un crío de vila cuberto aínda cos peleiros da tiña. E digo crío de vila porque, co xeito e lugar que lle deron ás primeiras chabolas aquclas de entón, non podería chamárselle outra cousa. Como tódolos pobos que se encontran espallados pola codia desta coitadiña bola de tcrra que nos deu e nos há dalo anaquiño de vida que tivemos e que teremos se non a faguemos voar nun intre calquera feita cisco polos infindos infernos, faltáballe a luz eléctrica, o tranvía, as fábricas e tallercs coas máquinas complcxas e tódalas invencións que o diaño do pensamento humano nos trouxo. Somentes contaba cntón coa primeira semente de todas esas ledicias que foi o feiTocarril; coas antergas fábricas de curtir e de serrar empuxadas coa forza do sangue e das augas quc tamén faguían traballar as molas da vintcna dc muiños quc tiña. A parte viril daquela xuventude fbron os "monecos" que deron realidade á endexamais csquecida páxina da mallada de Santa Mariña; onde non ficaron en pc nin sequera os postes de tódolos parreirales dc Pereiras e Sanguiñeda. ¡Liornas, Cuchurupín, Xolico, os de Miguel, os de Xorxe, os de Brociro, os da Caldiña. os da Xundía e tódolos que compuñan a música de Marcelino!... ¡Quen mc dera ser Homero, anque non fora máis ca vintc minutos, para cantar, co xeito que tnerece ser cantada, aquela vosa epopeia! Homes de peitos de ferro quc aínda sendo rapaces non había cousa no mundo que non acometerades, anque mesmamente se tratara de latricarlle figos a Pelos Tortos. ¿Quen, se non forades vos, podería darllc cumprimenlo a tal fazaña. ¿quen llc roubaba a Pclos Tortos aqueles seus figos que gardaban con tanta coitcla e tiñan en tan grande admiración el e maila súa Xoana? ¿Quen?. Soio vosoutros atopastes a xcnial idea dc bulrar a Pelos Tortos para comerlle tódolos figos que tiña na figueira; aos que quería máis quc as mesmas meniñas dos seus ollos; non polo que eles valeran, senón polo orgullo que scntía de pequeno ególatra ó pensar que non había no mundo quen fora capaz de roubaiilos. Cando era o tempo das uvas ou dos figos, ninguén podía ver a Pelos Tortos na compaña da súa dona. El coidaba de noite e ela polo día. E non vaiades pcnsar que í'icaba así namais coas mans baldeiras. ¡Non! Dccote enriba da figucira, pasaba a noite enteira coa fouce nunha man e a escopeta na outra. 24

nunha í'inca pcchada toda ao redor. cun valado de pedrade catro metros dc alto que tiña unha entrada de carro, con portal que daba polo camiño da Fontevella e outra pola canexa de Carracho, que cra por onde os donos entraban e saían; porque vivir vivían nunha casa de altos, a par de Quirós. Eran as once dunha noite outoniza. Por detrás da eirexa de Santa María da O baixaban uns cantos rapaces de aqueles que máis enriba deixo nomeados, cunhas varas longas e uns embrullos debaixo do brazo, e espetáronse polo camiño da Fontevella. ¿Que diaño cra o que aqueles rillotes irían faguer, cuns paus tan longos e os líos que tamén levaban, a tales horas da noite? Fagarnos conta que os imos axexar. A noite era escura; pero, acostumándonos ás noitebras, os nosos ollos axiña gusmiñan e fitan canto nelas se fai. O vento maino, lene, velaíño xogaba coas cabeleiras dos rapaces fagucndolles cocholiñas nas testas. Cando chegaron ao portal grandc da quintela de Xoán de Maio, chimparon no chan o que levaban e puxéronse a traballar con moita presa. Os embrullos non eran máis que uns faroles que Loreño fixera, papeis, farrapos e roupas vellas para faguer uns espantallos que, cando estiveron feitos, amarraron nas puntas dos paus pendurándolle da man dereita de cada monifate daqueles un farol cendido. Figuraivos que nun intre calquera dunha noite pechada do derradeiro século, cando trasnos e consellas e espíritos e almas en pena e toda clase de cousas doutro mundo estaban á orde do día, vos atoparades con semellantes espantallos nun lugar trcboso como é a Fontevella, onde non hai máis que valados altos e camiños tortos de pouco máis que un metro de ancho... Xa Liornas e Cuchurupín, lizgairos coma dous gatos, saltaran o valado das de Lourido para ocupa-lo cargo que se lles encomendara. que era abcsulla-los feitos e reaccións de Pelos Tortos. ¡Pelos Tortos! O home valente que enriba da figueirafitaba por tódolos currunchos coa escopeta e a fouce nas mans!. O badal petou coa forza de costume as doce badaladas da noite na campá do reloxe da eirexa maior. O cantar dunha bacoriña parou co barullo da xente. Eran os que levaban o tribunal de espantallos que camiñaban por enriba dos valados de Pclos Tortos en maxestuosa procesión, co acompañamento de doridos queixumes, de témeros laios e do tanxido dunha campanela, clamando a xeito de responso postrimeiro: Cando eramos vivos... ¡Ouuuuuuuuuh! Dilin...dilín... Comiamos destes figos...¡Ouuuuuuuuh! Dilín...dilín... Agora que somos mortos... Comemos a Pelos Tortos!.... Os cabelos de Pelos Tortos puxéronselle dereitos; as armas caíronlle das mans sen darse conta: o corpo anepióuselle de tal xeito, que non atinou máis que a fuxir como un condenado, todo arreguizado e sen sequera ollar atrás! Liornas e Cuchurupín puxéronse a seguilo e vírono espetarse na casa como unha frecha, deixando a porta da rúa aberta, que eles achegaron para quc non chamara a atención dalgún sereno. Ao día seguinte Pelos Tortos ergueuse moi cedo e atopouse coa escopeta e a fouce na entrada da porta; foise correndo por onde as doce da noite fuxira, e casc morre; pero agoranonera de medo, senón danado, arrincando coas mans os poucos cabelos que llc quedaban. ¡Na figueira non había nin un só i'igo, e dunha ponla penduraba un letreiro que dicía: "0 REMEDO DA COMPAÑA"!

www.faximil.com

0 Porriño-Mos


0 Porriño-Mos

As ribeiras do RIO

LOURO

0 presente artigo está extractado do traballo 'Plan de Conservación e Recuperación das Ribeiras do Río Louro' elaborado polo Grupo ERVA no ano 1992 e subvencionado pola Consellería de Agricultura, Gandeiría e Montes. 0 citado traballo analiza o valor e estado de conservación deste espacio natural, ameazado de morte pola expansión e desenrolo industrial da comarca. 'Polo Grupo ERVA

N

este artigo recollese a Parte IV, na que se propoñen diversas medidas para a viabilidade da conservación desta paraxe a ter en conta polas administracións implicadas. DIRECTRICES XERAIS DE XESTION

hídricos e ó acondicionamento das alteracións físicas do espacio. -Recursos hídricos* Recuperación das características orixinais de profundidade e superficie de encharcamento da Lagoa de Budiño. Estudio da viabilidade, alternativas e efec-

Unha vez recoñecidos os impactos e alteracións acontecidos no medio natural das Ribeiras do río Louro, preténdese con estas directrices orientar a xestión da Administración cara á recuperación e mellora das condicións físicas e biolóxicas da área de estudio, tendo como obxectivo de referencia o estado de conservación da zona previo ás alteracións hidrolóxicas e físicas máis importantes acaecidas nos ültimos cinco anos. Así mesmo, aqueles impactos de localización puntual -aterramentos, recheos, vertidos de residuos sólidos, etc- presentes en zona de interese e que afectan negativamente aos valores naturais, son tamén considerados nestas directrices á hora de establecer propostas de actuación tendentes á súa recuperación para usos conservativos ou sociais. MEDIO FÍSICO No relativo á xestión de recursos e valores propios do medio físico, é de grande importancia acometer actuacións tendentes á rexeneración dos recursos

tos do dragado da mesma. * Recuperación das condicións naturais do cauce e caudal do río Louro anteriores ao dragado de 1990, de maneira que se favoreza a recuperación da antigua dinámica natural de encharcamento das ribeiras no ámbito da área de estudio (considerase necesaria a elaboración dun estudio que valore as posibilidades e os procedementos desa recuperación). * Restablecemento da antiga rede de pequenos regos e arroios que afluían directamente á lagoa de Budiño. 25

www.faximil.com

OBXECTIVOS.


0 Porriño-Mos

as zonas de equipamento social e comercial e de parque deportivo. Todas estas parcelas pasarían a sercalificadas como «zona verde». Retirada de terra e suavizamento de pendentes no recheo situado na parcela 204. Revexetación e restauración paisaxística da mesma. Rexeneración do bosque ribeiriño no aterramento das parcelas 105 e 106b. * Eliminación da pista de aeromodelismo de Pontellas e dedicación do espacio que actualmente ocupa a acti vidades de uso püblico (ver apartado 'Uso Püblico'). * Adecuación paisaxística das canteiras de Orbenlle. Recuperación das formacións vexetais dinámicas na súa vertente oeste e creación dunha área infraestructural de recepción e acollida de visitantes na metade leste. * Modificación do trazado do tendido eléctrico de alta tensión que atravesa actualmente o espacio no seu sector noroeste e acometida dun novo subterráneo ou aéreo por fóra dos límites da área. * Acondicionamento aos obxectivos sinalados dos espacios ocupados polas barreiras de Orbenlle e 0 Cerquido. * Acondicionamento paisaxístico dos aterramentos recollidos no Mapa 7.

-Alteracións físicas do espacioOs obxectivos serían a recuperación paisaxística, a creación de novos espacios palustres ou o potenciamento de especies escasas ou de interese. * Restauración e acondicionamento das barreiras de Centeans para usos de conservación e mellora de hábitat (creación de charcas e lagoas, bosque ribeiriño,

ciso incidir tamén nas comunidades forestais e de matos. Comunidades palustres e turbeiras: - Control e reducción a límites espaciais a estudiar das comunidades de grandes macrófitos, como Typha latifolia e Sparganiun erectum na lagoa de Budiño, facilitando a implantación e recuperación de comunidades hoxe restrinxidas, como os pasto nitrófilos. - Estudo das condicións actuais nas que se desenvolven as comunidades higroturbosas e identificación de po-

etc.)-

* Modificación do Plan Parcial do Polígono Industrial erecalificacióndasparcelas204, 105e 106b, asícomo 26

MEDIO BIÓTICO -Flora e vexetación.A recuperación e acondicionamento da flora e vexetación do espacio natural orientarase fundamentalmente cara as comunidades palustres, se ben é pre-

www.faximil.com

"Recuperación das condicións naturais do cauce e caudal do río Louro anteriores ao dragado de 1990".

Como medida urxente e, á espera de análises máis detalladas, considérase necesaria a retirada dos diques de penetración que corren paralelos aos canais C-1, C-2 e C-3 e os aterramentos situados en Zona Verde ao oeste das parcelas 203, 88 e 101, do polígono industrial. * Plan de recuperación das turbeiras do Arroio e O Cerquido. Crese prioritaria a eliminación da totalidade dos aterros que invaden as süas marxes, así como as retiradas das pistas e diques que as dividen e un estudio do seu réxime hídrico. A pista que atravesa a turbeira do Arroio entre as localidades do Cerquido e Orbenlle debe ser eliminada habilitando, se cabe, un paso elevado sobre a mesma mediante pontóns de madeira que non supoña alteracións sobre a turbeira. * Establecemento de medidas correctoras do impacto que provocan os arrastres de terra e aluvións procedentes de aterros ou canteiras próximas. Especialmente importante é actuar nas canteiras de Orbenlle e os arrastres que producen sobre a lagoa, ademais dos depósitos de aluvións procedentes dos diques dos canais C-2 e C-3. * Depuración de residuos. Eliminación de aportes e vertidos contaminantes ao río Louro e arroios tributarios en toda a conca do río. O sistema depurativo e as infraestructuras necesarias para esto non deberán afectar nen á superficie do espacio natural nen ás süas condicións hídricas. Deberá haber un control e seguimento periódicos da calidade das augas do río e lagoa de Budiño.


O Porriño-Mos

-Fauna.Os obxectivos serán a supervivencia ou mantemento das especies que forman parte dos valores faunísticos doespacionatural,prestandoespecialatenciónaaqueles que pola süa singularidade, escasez ou rareza presenten unha problemática máis acusada. - Elaboración dun estudio detallado da fauna de invertebrados ligada ás ribeiras e zonas palustres. -Inventariaciónedistribucióndacomunidadedepeixes. Avaliación dos requerimentos de hábitat e melloras do medio. - Detección. conservación e recuperación das poboacións de Emys orbicularis, Pelobates cultripes e Lacerta schreiberi. -Estudio da evolución das comunidades invernantes e nidificantes de aves acuáticas e palustres, con especial atención á recuperación e potenciamento da poboación

reproductora de Anas crecca e Isobrychus minutus. - Distribución e estima das poboacións de Lutra lutra e Arvicola sapidus. Avaliación dos requerimentos de hábitat e melloras do medio tendentes ao aumento da süa densidade. De especial interese é o relativo a Lutra lutra, por ter unha posible repercusión no control de Mustela vison. - Caracterización das poboacións locais de morcegos e recoñecemento de áreas de interese para a süa conservación. _ Estudio da influencia de Procambarus clarkii, Micropterus salmoides e Mustela vison sobre as comunidades faunísticas autóctonas. RECURSOS ARQUEOLÓX/COS

ECOLOXIA

Medidas que se suxiren para ordenación dos recursos arqueolóxicos na área a protexer. a) Solicitar da Dirección Xeral de patrimonio unha prospección integral e exhaustiva da zona a protexer así como das ribeiras do río Louro ata a süa desembocadura. b) Reali/.arprospecciónse escavacións de urxencia, se fose necesario, antes de ecometer calquera obra na zona delimitada como área protexida. c) Respecto á Ponte das Febres: aconséllase axeitalo entorno suliñando este elemento. posto que se atopa 27

www.faximil.com

sibles alteracións na composición e estructura das mesmas debido á modificacións físicas ou hidrolóxicas acontecidas nas turbeiras. Comwüdades forestais: - Acondicionamento e reforestación das superi'icies recuperadas de aterramentos e outros recheos realizados sobre áreas forestadas orixinariamente coa comunidade ribeiriña de Salix e Alnus. - Transformación progresiva das masas forestais de coníferas e eucaliptos cara ás comunidades climáticas orixinarias(comunidadedeRuscoaculeati-Querceturn roboris ou bosques galeria.).


0 Porriño-Mos

nun estado lamentable de abandono, case atorada polos limos do rego e susceptible de desaparición por calquera enchenta do río. d) Ponte de Orbenlle a Madalena: o máis conveniente sería limpala, e adecenta-lo entorno, podéndose crear unha zona de esparexemento nos arredores, posto que se trata dunha construcción de gran fermosura enclavada nunha paraxe igualmente idílica. A ponte áchase nun estado de total abandono e é prácticamente inutilizable. e) Ponte de Orbenlle a Vides: pontillón de considerable tamaño, moi interesante como exemplo de arquitectura popular. Tanto esta ponte coma a anterior poden estar en perigo de inminente desaparición polo anuncio da Consellería de Agricultura de construir unha ponte nova, derrubando estas ou, como pouco, modificando a súa morfoloxía grandemente. Neste aspecto,

"...suxerimos que se fagan itinerarios naturais que sirvan como recreo e acceso ó estudio da natureza." aconsellamos que, se é necesario, construir unha ponte para servicio destas freguesías -obxectivo incluso loable- que se utilice outro emprazamento para sal vagardar estas düas pontes de tamaña importancia, sobre todo a de Orbenlle a Madalena. Facemos constar, ademais, que están rexistradas na Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Artístico, como elementos arquitectónicos de interese.

- Eliminación da pista Sur de Turbeira Arroio e aterramentosdasbeiras,asícomonaturbeiradeCerquido. - Desocupación da canteira de Orbenlle e plan de rexeneración. - Dotación económica de mantemento e mellora de infraestructuras interpretadas co servicio de MAN. - Modificación do Plan Parcial do Polígono. - Acondicionamento e isolamento dos observatorios, pantalla verde contra o S. da Lagoa. - Retirada dos diques de penetración paralelos ós canais C-1, C-2, C-3 e os aterramentos en zonas verdes do Polígono (W parcelas 203 e 88) e parcela 105-106B. - Adecentamento da área dos observatorios actuais, e continuación coa «pantalla verde» polo sur da lagoa. - Paralización preventi va dos proxectos de novas pontes entre Orbenlle-Madalena e Orbenlle-Vides (Conselleria de Agricultura), mentres non se elaboren actuacións que minimicen o impacto no entorno natural e no patrimonio. MEDIO PRAZO (3-5 anos). - Declaración de espacio protexido e elaboración do PRUG, coa xunta rectora. - Plan de recuperación de canteiras e barreiras e rexeneración dos aterramentos Z e W. - Elaboración de estudos faunísticos. - Actuación sobre o cambio de uso da pista de aeromodelismo, desviando o seu uso actual. - Ordenamento do Val do Louro, no que se amortigüen os impactos externos sobre o espacio natural. - Estudo de posibles alteracións da vexetación das turbeiras. - Recuperación da vexetación climáctica nos aterramentos retirados. - Instalación da infraestrutura básica do Parque Natural.

f) O resto das pontellas mencionadas teñen interese por seren exemplos de arquitectura popular e, conseguintemente, recomendamos as mesmas medidas que para as pontes anteriores e suxerimos que, aproveitando estes pasos, se fagan itinerarios naturais que sirvan como recreo e acceso ó estudo da natureza. CRONOGRAMA DE ACTUACIONS CURTO PRAZO (0-2 anos).

28

LONGO PRAZO (5-8 anos). - Posta en marcha do PRU, recollendo as medidas propostas neste estudio aínda non desenvolvidas nos prazos anteriores.

www.faximil.com

- Inscripción das Ribeiras do Louro no Rexistro de espacios en Réxime de Protección Xeral, cos límites propostos, e incluso de toda a área como refuxio de caza. - Adxudicación e elaboración do PORN. - Elaboración de estudos de rexeneración hídrica. - Elaboración e posta en práctica do estudio de depuración de residuos.


0 Porriño-Mos

HEMER

1927

OTECA

HOMENAXE NO PORRIÑO AO POETA RAMON CABANILLAS

R

amón Cabanillas foi un personaxe entrañable para moitos dos porriñeses que o coñeceron durante o período no que o poeta participa na vida do val da Louriña. Esta relación vén dada polo seu cargo de secretario do Concello de Mos. Nomeamento que acorda, baixo o patrocinio do deputado Raimundo Riestra, a corporación municipal en outubro de 1917, sendo alcalde Antonio Carrera. Durante o tempo no que Cabanillas desempeña este traballo vive habitualmente en O Porriño, fixando a súa residencia na pensión La Jerezana. Esta estancia, posiblemente, remata co inicio da década dos vinte, xa que en novembro do ano 1921 é secretario do concello de Mos D. Modesto Vieito. Nestes anos participa nas actividades sociais e culturais do val da Louriña, mantendo amizade con moitos dos seus habitantes: José Carrera, Antonio Cabaleíro, Paz Varela, Pepe Palacios, etc. As reunións e faladoiros no Fornos, Jerezana e Botica Nova foron habituais. Algunhas das actividades programadas nestes encontros ti veron difusión nas páxinas da prensa viguesa. Jaime Solá publicará na revista Vida Gallega un artigo titulado «El poeta Cabanillas a través del Valle de Salceda» no que relata

unha excursión do poeta cos seus amigos porriñeses pola zona da «Ruta dos Penedos». Estes amigos tamén o acompañarán, no ano 1920, na solemne recepción do poeta no seo da Academia Galega celebrada en Mondariz. Acto no que pronuncia o discurso titulado «A Saudade nos poetas galegos». Esta distinción que comparte con Rey Souto, chega no momento no que en Vilagarcía se remataba de imprimila súa obra «Da terra asoballada». Ramón Cabanillas é o primeiro en dar noticia pública do proxecto de Antonio Palacios para o novo edificio do Concello de O Porriño, mediante un fermoso artigo publicado en agosto de 1918 no 29

Faro de Vigo, no que chama ó artista porriñés «arquitecto-poeta». Tamén participará nas homenaxes que o arquitecto recibe na bisbarra. Primeiro nunha homenaxe popular celebrada na Illa de San Simón despois de ser nomeado Palacios fillo adoptivo de Vigo e de expor no teatro Odeón, dentro da semana cultural da sociedade Oliva, as liñas principais do seu anteproxecto urbanístico para esta cidade. Despois tamén estará ó lado do arquitecto no ano 1929, cando este é homenaxeado polos seus veciños mediante un grande banquete popular celebrado no Parque do Cristo en recoñecemento dos proxectos feitos gratuitamente para O Porriño. A relación cos porriñeses manterase despois de que o poeta abandone O Porriño e o seu traballo no Concello de Mos. Con motivo do nomeamento de Cabanillas como membro da Real Academia Española (representante da Lingua Galega, conxuntamente con Armando Cotarelo), o pobo de O Porriño organiza unha grande homenaxe que se celebra no Casino local, no que tamén participa Basilio Alvarez. O Faro de Vigo, no número de 23 de marzo de 1927, dá detallada información sobre este fermoso acto de amizade: «Por iniciativa de la Junta Directiva

www.faximil.com

'PorX.M. Iglesias Veiga


0 Porriño-Mos

ante la realidad de su maravillosa oratoria. Empieza contándonos el encuentro que tuvo con el homenajeado en tierras americanas y su cálido verbo estalla en un sublime canto a las bellezas y encantos de nuestra Galiciay compara la riqueza delpaisaje gallego, lleno de colores de estallante y lujuriosa variedad ante otros paisajes tristes y pobres, que tanto le hacían pensar en Galicia. Sigue después disertando sobre la vida del poeta y sobre la maravilla y filigrana de sus versos que de manera tan fiel describen todos los amores, todas las bellezasy todas las tristezas de nuestra tierra

meiga y termina completamente emocionado, sitiéndose rezumar de felicidad infinita al asistir a un acto tan simpático, a un acto tan dejusticia como se merece la magnífica obra de Cabanillas al que con todo corazón llama hermano. Las últimas palabras de orador son ahogadas por grandes aplausos que duran largo rato. Se levanta después elseñor Carrera (D. José), el que con palabra fácil dirige un saludo en nombre de Porriño y Mos al gran poeta y dirigiéndose a D. Basilio Alvarez le ruega que recabe de las cuatro diputaciones gallegas, que asi como en las grandes naciones se conceden subvenciones a hombres de cienciapara que libres de preocupaciones del vivir puedan trabajar para arrancar del misterio y de las sombras medios de mejorar la existencia, asi a este gran hombre, a este poeta sublime, 30

debiera concedérsele una subvenciónpara que pudiera, sin temoral mañana, seguir tejiendo con su lira inmortal la maraviüa espléndida de suspoesías que merecen seresculpidas en letras de oro. Termina dicho señor, entre aplausos delirantes, d¡ciendo que aunque Cabanillas materialmente no es de Porriño, moralmente lo fue, es y será, pues este pueblo que es agradecido y honorable sin tacha, no podrá olvidarjamás las horasfelices que en compañía de esta gloria gallega convivió durante varios años. Entre estruendosos aplausosy vivas delirantes, se levanta el gran poeta, y con la voz llena de emoción, empieza dando las gracias a los amigos del alma, a los gallegos amantes de Galicia. Cada párrafo que pronuncia es coronado con ovaciones cerradas que caldean el ambiente de emoción intensa. Sigue hablando de los días dichosos en que convivió con nosotros, y tiene un recuerdo preñado de melancolía y de amistad profunda al inolvidable don Antonio Carrera, recuerdo que arranca de los comensales los más calurosos aplausos. Tiene también palabras de recuerdo para elya también desaparecido don Carlos González Cobas y después de entretenernos con su charla amena termina con un canto a Galicia siendo sus últimas palabrasahogadasporvivasyaplausos. Enfin, unafiesta de la queperdurará un grato recuerdo y que una vez más pone de relieve la devoción y admiración que por don Ramón Cabanillas, el poeta de la Raza, se siente en este pueblo. El banquete fue espléndidamente servido por La Jerezana, siendo muchas las alabanzas que se hicieron de lo muy bien condimentado que estaba el menú y por lo cual felicitamos sinceramente a su propietario don Serafín Cabaleiro. Terminado el banquete salió el señor Cabanillas para Mondarízsiendo despedido con las mismas muestras de gratitud y alegría que a su llegada»

www.faximil.com

del Casino tuvo lugar ayer en los salones de lafloreciente sociedad la fiesta de carácter eminentementepopular dedicada alpoeta de la raza, la cual constituyó un acto de extraordinario entusiasmo por el nombramiento de académico de la Real Española, alpropio tiempo que de manera brillante se exteriorizaba el afecto grande y sincero que en las villas de Porriño y Mos se siente hacia el amigo entrañable. Elnúmero de comensales se elevaba a 119, ocupando totalmente los dos salones que se hallaban engalanados con exquisito gusto, y en cuyos espejos se leían poesías del insigne poeta. A la llegada de Cabanillas, a quien le acompañaban, entre otras personas, el elocuente Basilio Alvarez, se dispararon bombas y la banda de música del señor Giráldez tocó el Himno Gallego, entre aplausos y vítores del numeroso público que le esperaba. A las nueve dio comienzo la cena, servida de modo insuperable por La Jerezana y con arreglo al siguiente menú: Sardiñas en caldeirada a «O Mariscal». Cacho a «O meu carriño». Pescada «Vento Mareiro». Lacón con cachelos e chourizos «Da Terra Asoballada». Empanadas de polo «Da Fouce Esquecida». Papas d'arros «A man de Santiña». Viño espadeiro, café, aguardentes. Al descorcharse el champán levantose don Antonio Cabaleiro, el cual, en breves,pero elocuentes palabras, ofreció el banquete al querido poeta, siendo muy aplaudido. A continuación lee unas cuartillas el médico señor Paz Varela, en las que hace gala deun humorismo que gusta mucho y termina con unos párrafos en los que describe la vida del poeta de manera inigualable, siendo acogidas sus últimas frases con numerosos aplausos. Hace seguidamente uso de la palabra el formidable paladín gallego Basilio Alvarez y todos los elogios que ya pueda dirigirle son pobres


0 Porriño-Mos

TRANVIARIOS NO EXILIO

RAUL EXPOSITO EN BOS AIRES G

raciñas ó meu curmán Manolo, veu darás miñas mans a vosa magnífica revista O TranVía; e dígovos sinceiramente que incei de fonda ledicia ó dar cun mateñal tan bo; sexa polo contido coma pola calidade da impresión. Estes esforzos confiren relevancia non so ás xentes do val da Louriña, senón que valen para reafirma-la identidade dos galegos residentes no país a máis dos da Galicia da diáspora. Polo dito púxenme a cavilar para vero quepodíafacer, e ocurréuseme contar por que levo anos facendo teatro en idioma galego e para que sirve. Pois, aquí vai o que saiu, ti mirarás se che pode interesar ou non. Vaia a miña congratulación e unha apertapara afamilia de Manolo Domínguez, da que tantas boas lembranzas teño.

"quintaprovincia"móstranosaunhome de teatro, que exerce tamén nos eidos da música, a danza galega, o video e a televisión educativa, entre outras facetas das que temos coñecemento. No ámbito teatral ten dirixido perto de dúas ducias de espectáculos con obras de Castelao, Varela Buxán, Dieste, Blanco Amor, Carré Alvarellos e mesmo da súa propia autoría. Ademais ten exercido a docencia teatral na Escola Galega de Arte Dramático (do Centro Galego de Bos Aires) e na Escola de Teatro (do Centro Galicia da mesma cidade). No tocante ás danzas , ós cantos e ós instrumentos populares, a súa acti vidade está presente no movemento asociativo da emigración galega, a través dos coros "Curros Enriquez", "Pascual Veiga", "CasadeGalicia", "TerraNosa", "Rosalía Castro", e outros ademais do

Raúl Expósito Gándara 22.11.1992 Raúl Expósito Gándara naceu en Bos Aires (Arxentina) sendo orixinario do concello de Mos por vía paterna, e de Salvaterra de Miño por ascendencia materna. Para O TranVía, Raúl Expósito é un mosense Tranviario no Exilio. O seu imponente curriculum en relación á cultura e á arte dos galegos da

"Coro Arrieiros" da Asociación Residentes de Mos. Entre o material que nos remitiu Raúl Expósito temos un traballo sobre o teatro galego e a fotografía dun ensaio do Teatro Valle Inclán do Centro Galicia de Bos Aires. De esquerda a dereita: Maisabé Ouzande, Clotilde Iglesias (filla do actor Tacholas), Cristina Cataldo, Betina López, Elías Figueira, Xosé Casal e Raúl Expósito Gándara.

31

www.faximil.com

"Por Redacción


www.faximil.com

"O MUINEIRO", COÑECIDO GARDA MUNICIPAL, EN COMPAÑIA DO ZOQUEIRO MANOLO REBELLO NUN DIA DE MERCADO

O Tranvía. Número 8. Xaneiro/Marzo 1994  

www.faximil.com ENMOS As opinións emitidas en O TranVía son da exclusiva responsabilidade dos asinantes www.faximil.com ADMINISTRACION: \ Au...