Issuu on Google+


O Ponifio-Mos

Súbete nO Tranvía OTran Vía editada. por tranvia C OLETIVO O Porriño PRESIDENTA Uxia Sonlle REDACCION Laureano Campo. Marta Rodal.

BOTA UNHA MAN SUMARIO Páxina 3. 4.

9. 10. 12. 14. 15. 16. 18. 20. 24. 28. 30. 31. 32.

Manuel Besada, Miguel Montenegro, Modesto Xiráldez, Xosé Vidal. Rubén Loureiro, Xose M. Iglosias, Xosé M. Míguez Raul Francés.Chus Domínguez X. Paz Antón. Uxía Senlíe. Susana Martínez INFORMACION PARROQUIAL Eucho. Felín. Benito, Manoloda Quinta, Ricardo. Fontaíña

Editorial Os 4 Músicos (Unha aproximación á historia das bandas de música en O Porríño) Perfís: O xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño. Memorias: don Domingo Rodrfguez Domínguez Parroquias O Porriño Parroquias Mos Iniciativas: Asociación Cultural do Louro Ecoloxía: Un descenso polo Río Louro Política: O Porríño e Mos O Catastro de Ensenada: Un espello da vida socieconómica na Louríña en 1753 Arquitecto Xosé Bar Boo Un día nas carreiras Tranviaríos no Exi io Hemeroteca Pé de Foto 2

COLABORAN NESTE NUMERO: Isaac Valverde, Manuel Iglesias Neira jaime Lorenzo, Manuel Gonzalez. Manuel Lorenzo. Antonio teijeira. Antonio Sío, Domingi Rodríguez Domínguez. Raúl Francés Valverde. X. Miguel Gonzalez, Xosé Bar Boo. Araceli Fernández, Boletín da S. de Porriño en Bos Aires ASESORAMENTO LINGUISTICO: Paz Pereiro. X. M. Míguez MAQUETACION E DESEÑO: anuel Besada. X.Paz Antón ILUSTRACIONS E FOTOGRAFIAS Modesto Giráldez. O noSO especial agradecemento a Pepe Diz, C.R.C., Xurxo Lobato, Delmis Alvarez, Chus Dominguez.

M

ADMINISTRACION: Aurora Gómez. Francisco Quintai Deposito Impresión:

legal: VG-169-92 Imprenta Paz

As opiniós emitidas en O Tranvia son du cxclusiva responsabilidade dos firmantes


O Pomño-Mos

EDITORIAL

Cun novo trimestre voltamos saír á rúa con esta teima de consolidar un proxecto editorial que recolla a información histórica e cultural (no máis amplo sentido) do Val da Louriña, continuando o labor doutras publicacións que ao longo deste século tamén se ocuparon da vida comarcal. Podemos adiantar que imos abrir unha liña editorial de libros e suplementos nos que trataremos con profundidade e de xeito monográfico, temas que imos apuntando a xeito de artigos nesta revista. Se as cousas non se torcen, para o Nadal sairá un volume adicado ao estudio da toponimia na comarca da Louriña. Sabemos que co voso apoio 0 Tranvía ten corda para moito tempo.

BUZON DE DATOS PERDIDOS No anterior número desta rev\sta pubWcamos un mapa arqueolóxico na páxina 15. Nese mapaf alta por sinalar o castro de Erville. Nesamesmarevista, nacontraportada, publicamos a foto dunha comida do 1 S de Maio. Na terceira fila figura Xesús Domínguez, tranviario, a quen non tiñamos identificado.

O TRANVIARIO ESQUENCIDO Pero o dato perdido que ten máis importancia para nós, está relacionado coa persoa de Castor, que fo¡ tranviario e de quen non demos referencia algunha. Dáse a paradoxa de que Castor sofreu un dos tráxicos acontecementos da historia dos tranvías, a causa do que quedou sen as pernas. O seu nome debe figurar, con toda xusticia, ao lado de aqueles que foron os seus compañeiros de vivencias. Como sempre pedimos disculpas a todas aquelas persoas que se poideron sentir molestas por esta involuntaria omisión.

3


O Porriño-Mos

4 IVI

Os

úsico

Unha aproximación á historia das Bandas de Música en 0 Porriño 'Por X. Paz Antón (Texto) e Modesto Xiráldez (Coordinación).

A

Músicos de Budiño. De esquerda a dereita: Tito de Tui, Valeriano Alén, Manuel Pérez, Alejandro e Sanjuán.

s cámaras de vídeo de O TranVía manexadas por Raúl Francés e por Diego, improvisaron un plató na terraza do Hotel Parque para gravar a tertulia organizada por Tito Xiráldez sobre as bandas de música. Nela participaron don Isaac Valverde , Manuel Iglesias "Canivete", Jaime Lorenzo e Manuel González "Viqueira", os últimos catro músicos que viviron parte da historia que queriamos contar. Foron revi vindo a película da súa mocidade e deixáronnos datos moi importantes para esta aproximación á historia das bandas de música de O Porriño. Estiveron tamén acompañando na conversa, Manuel Lorenzo, Antonio Teijeira "Vico" e Antonio Sío, amigos, coñecedores do tema. O resto da información que manexamos está recollida do libro "Recuerdos Porriñeses" de Leandro Diz Rey que foi escrito en 1956. Nalgúns momentos parece haber contradiccións entre os argumentos que nos ofrecen os nosos contertulios e os de Leandro Diz. Cando isto ocorre inclinámonos por esta segunda fonte de información por ser máis aclaratoria nas datas e máis cercana no tempo aos feitos relatados. Esperamos que nun futuro teñamos máis datos que nos axuden a escribir a historia con maior precisión. A actividade musical en O Porrifio na primeira metade deste século XX acadou unha grande importancia tanto pola cantidade de músicos que existían en cada familia, como polo particular sistema de apoio económico que os beneficios da música daban a outros sectores da economía local. Ademais do valor cultural dunha poboación virada para a música, os nosos informantes consideran que naquel momento "a

música era a única industria, a máis numerosa, que traía moito diñeiro uo pobo " (Canivete). Moitos anos despois, en 1956, Leandro Diz Rey recolle diferentes testemuños que retratan a acusada sensibilidade musical dos habitantes de O Porriño. Nese mesmo libro, no apartado titulado Perfil Musical, o seu autor detalla a data de maio de 1896 como a de presentación da primeira banda local, fundada e dirixida polo seu pai Leandro Diz Fortes. Dous anos despois e por motivos de saúde, faise cargo da dirección Antonio Pereiro Pérez. En 1900 sufrirá unha escisión na súa banda dando lugar á Banda de Cachamuiñas que dirixe o propio Cachamuifias, alcume de Antonio Rodríguez. Esta primeira experiencia simultánea de dúas bandas locais dura ata 1902 cando volven a xuntarse baixo a dirección de Antonio Pereiro Pérez. En 1906, seguindo a cronoloxía de Diz, faise cargo da banda Marcelino Giráldez Pérez. En 1910 "se presentó esta banda a un certamen celebrado en la ciudad de Vigo, conquistando el segundo premio, consistente en milpesetas...". Nestasegundadecadadoséculo comezaron a súa actividade musical dous dos contertulios de O TranVía: "Eu empecei con Marcelino, tiña 14 ou 15 anos e tocaba o cornetín" (Isaac). "Eu empecei con Marcelino, tiña 18 anos na primeira festa que fixen. Foi por San Xosé que era o patrón da música de Marcelino " (Viqueira). O mesmo Viqueira nos traza unha visión particular e anecdótica de Marcelino Giráldez: "E cando toquei con MarceHno o bombo nas Festas das Angustias... Díxome el: ¿ti serás capaz de

4

parar rapaz?, e díxenlle eu: pois son. Estabamos tocando unhapolca. A músicaparou e euputn, pum,¡ Ai Dios mío, que cristo se armou!. Eu tiven que escapar, xa non saínpola escaleira, saín polas bandeiras do palco para abaixo queo defunto de Marcelino viña dereito a min que me mataba. E un día deume coa maza do bombo na cabeza e tumboume no chan. E meu irmán Olimpio dicía: ¿que é isto?, isto é un "salvajismo". Tocabamos Lohengrin, parou a música e eu cos platillos non parei. Colleu a maza deume na cabeza e quedei alí". Esta anécdota sobre o aparente mal carácter de Marcelino, queda amortiguada pola opinión de Leandro Diz que se refire a el "distinguiendose por su cariño a la banda ". En 1919 será a gran escisión que provoca a existencia de dúas bandas simultáneas durante a seguinte década. Por un lado a banda de Marcelino e por outro a banda que dirixe Antonio Pérez López que será coñecida como a banda de Chafarote. "A banda de Casiano era a de Chafarote que lle deixou a batuta a Casiano, o seu xenro " (Lorenzo). Estamos pois en 1920 cando Casiano Pereiro asume a dirección desta banda. "Con Casiano o subdirectorfoi meu pai e dirixiu en Portonovo" (Lorenzo). "Daquela marcharon moitos músicos de Marcelino para a banda de Casiano, quedamos uns poucos rapaces nada máis" (Viqueira). A vida dos músicos naquela época era de coller o instrumento ó lombo e atravesar camiños e montes a pé. "Eu ía a Nigrán apée botabamos alí cinco días e volviamos tamén apée chegaba a casa, metíame na cama e durmía todo o día e toda a noite. Os músicos durmiamos nos palleiros coas rosquilleiras. Había chinches, había ratos..." (Isaac). "Undía tocandounpasarrúas naRúaReal, en Vigo, habíatantanéboa que a metade dos músicos marcharon por unha rúa e a outra mitade pola outra " (Canivete). "Contaba omeupai que a banda tocaba no San Benito de O Porriño e cando remataban, ás vésperas, marchaban a facer a misa da mañán cedo no San Benito de Gondomar, e despois volvían para dar o concerto das once en O Porriño" (Lorenzo). Supoñemos que ás once da noite, claro. Os instrumentos eran propiedade dos músicos e " comprabanse nun comercio de Vigo chamado Manrique Villanueva que aínda existe. Para O Porriño viña un instrumento e non o pagabas,


O PomñoMus

pagábalo a prazos. Eu comprei alí unha trompa " (Canivete). "O director da Banda de Santiago dixo: con eses instrumentos vellos non sei como podedes tocar. A miña trompeta saialle o aire polos pistóns pero eu soplei as obras todas e os músicos de Santiago viñeronfelicitarme. ¿Seráposible con esta trompeta tocar isto?, escapalle o aire por todas partes. Era unha trompeta vella, francesa, pero o que había que ter... era ser artista" (Viqueira). "No antroido participaban as murgas. A música tocaba nos bailes do Liceum, no baile da sociedade que había alíno Casino. Eran trece tocando, trece nada mais e había unhas libretas coa música que se tocaba sempre alí" (Viqueira). "As libretas fixoas Eugenio Cambeses quefoi o que inventoua canción "Apaghaa luzMari Pepa apagha a luz..." (Canivete). Chama a atención o sistema de reparto económico entre os músicos e o sistema precapitalista de apoio a outros sectores da economía local que exercía a actividade musical. "Alí non se cobraba por día. Arredor de Nadal facíase o reparto. O Porriño era unha vila que vi vía dos tamanqueiros, dos panadeiros e da música, non había máis nada. Entón a música era a única industria, a máis numerosa, que traía moito diñeiro ao pobo porque todo o verán andabamos tocando e non repartiamos nin unha chica. Ese diñeiro ía parar a un fondo que xeralmente era do director. Aos tamanqueiros, Betún e todos eses, facilitábaselle diñeiro para que comprasen material, coiro, etc, porque despois vifia o mes de Santos que era cando empezaban as feiras e vendíanse todas as tamancas e todo aquilo. Pero polo ano adiante non tiñan un pataco e subministrábaselle diñeiro da banda. Iso tamén o facía Casiano, que tiña un fabriquillo frente á de Toribio. Compraban amieiros e coiro e ese diñeiro andábase movendo, era como un banco porque eran moitos miles de pesetas e ao vir o Nadal e xa os ta-manqueiros venderan a producción, todo o mundo devolvía o diñeiro e entón facíase o reparto. No reparto uns músicos eran de primeira, outros de segunda, e cada ún cobraba segundo a categoría, pero cobrábase bastante. Nós non nos fixemos ricos pero aportamos moito diñeiro para a vila e á conta da música puideron funcionar moitos negocios de tamanqueiros, zapatería e todo" (Canivete).

Un dos feitos destacables da música porriñesa constituiuno a participación no Certame de bandas de Pontevedra. "As obras para Pontevedra eran Tanhauser que era obrigada e o Preludio da Suite en La que era de libre elección. O trompafallou, era de Vigo e viña de reforzo. Por aquel fallo da trompa non trouxemos o primeiro premio" (Canivete). A información neste caso non coincide. Leandro Diz sitúa o Certame en 1920 e apunta a participación da banda de Casiano, mentras os nosos contertulios sitúan a data en 1927: "Nós levamos o segundo premio e o primeiro repartírono entre todas as bandas. Iso sería en 1927. Para ir ao Certame, ensaiabamos por grupos. No faiado de Chafarote os instrumentos de rnadeira, clarinetes e todo iso, ensaiaban co pai de Lorenzo. Noutro local ensaiaban con Castelar, e Casiano na Academia estaba cos instrumentos de metal" (Canivete). Na banda de Marcelino prodúcese o relevo na dirección que pasa a ocupar Emilio Teijeira "Castelar" en 1928. En 1930, tras once anos de separación, volven a xuntarse as dúas bandas nunha soa que apoiada polo Concello pasará a ser a Banda Municipal de O Porriño que deixará de ter un compoñente económico, causa que quizais poida explicar a súa desaparición cinco anos despois. "Cando Marcelino xa

5

Os 4 MÚSÍCOS:

era vellofixo unha reunión con todos don Manuel Iglesias os músicos das bandas e decidiron (Canivete), don Isaac Valverde, don Jaifusionarse" (Viqueira). "Das dúas me Lorenzo e don bandasfíxose unha, en tempos de Pepito Manuel González Carrera, como o pobo estaba dividido (Viqueira) por culpa das músicas... Nós, os músicos, tomabamos as chiquitas os dunha banda cos da outra, en cambio os aficionados andaban a piques. Puxéronse todos os músicos de acordo. Compráronse instrumentos novos e os vellos retiráronse. Tamén se compraron uniformes novos que tiñan unhas correaxes blancas. Nesa época non gañabamosnada " (Canivete). "Daban unha subvención a fin de ano polas festas que sefacían, o Corpus, a SemanaSanta... eraunhabandamunicipal" (Viqueira). O primeiro director da banda Municipal de O Porriño foi Luís Quesada. "Era unha lumbrera, tocaba moi ben o piano. E tocaba a Quinta Sinfonía ou o que fose de Beethoven, fumando un puro e lendo o Faro. Cando se estreou "Cantando baixo da chuvia" non había banda por aqui que a tocara e el ouviuna por unha emisora de radio norteamericana e xa a escribiu" (Canivete). "Quesada caiu aqui por casualidade, veu como pianista para tocarno Café Fornos e terminou a vida del, pobriño, morrendo de fame, coitado. Era un pianista enorme" (Viqueira).


0 Pomño-Mos

Os Enterros

En 1932 "con don Luís Quesada houbo unha época que a música aquí non valía nada, nin un pataco, e víu a festa da Coca e el resbalara nos soportais e rompera un brazo e o levaba na estribeira. Pero era un tipo que tiña tal "salero" e unha presentación tal que en Redondela íamos tocando un pasodoble e a xente nasventásaaplaudir e el quitaba a gorra e saudaba cunha man soa... " (Canivete). "Opúblico é así pero a banda naquel momento estaba mal. Ao ano seguinte fomos outra vez con Zúñiga e a banda estaba catro veces mellorenon tivemos o mérito do ano anterior" (Viqueira). Este último recordo de Viqueira sérvenos para situar o relevo na dirección da Banda Municipal que pasa de Luís Quesada ao vigués Faustino Zúñiga en 1933. Baixo a súa dirección a banda tivo dous desprazamentos musicais que os instrumentistas lembran especialmente. "Nunha ocasiónfumos tocar a Bemvibre, en León, con Zúñiga. Vivían alí a metade dos músicos dunha banda de categoría, adaAviacióndeLeón. Como ían de paisano non os coñeciamos e cando estabamos dando o concerto, eu xa tiña detrás de min ao primeiro trombón da Banda de Aviación, o clarinete principal detrás de Jaime, estaban todos os músicos da Aviación detrás nosa. Non é por gabarme pero eu en vez de tocar o trombón na súa tesitura, ás veces subía unha oitava e ao rematar veu para min e dixo: es usted un gran trombón. E díxenlle eu: ¿por qué?, porque yo tambien toco el trombón en la Banda de Aviación" (Canivete).

"Tamén nos pasou en Santiago coa banda de alí que dirixía Ignacio Rodríguez- Viñeron tocarao Porriño e como lles gustou a nosa banda, influiu para que nos levaran ás festas de Santiago, ano 1933. Eu estaba na mili en A Coruña e mándanme chamar que me presentara ao capitán. (Eu non fixera nada). -¿Usted es Iglesias de Porriño?, pues coja el Castromil para Santiago que le espera la banda con Banda de Música de Budiño. su instrumento y su uniforme. TocaEn primeira fila: Basilio Fernández (Director). Agachados: Antonio Piñeiro (Sanjuan), Julio Besada (Cocho), mos un pasodoble na rúa de San PeFeliciano Martínez (Ciano), Angel Martínez (Guerras), Manuel dro e había que tocardetrás do Concello. Aláfomos e os da banda de SantiaGonzález (de Rosaria), Justo Ftomero (Xastre), Manuel go que tamén estaban de servicio para Fernández (so se mira o Bombardino). tocar, así que viron no atril as obras De pé: Alejandro Pérez, José Alonso (Borda), Domingo que iamos tocar, empezaron a rir. Logo Romero (Beleira), Alicio da Pousa, David Pérez (de Anuncia), fóronse achegando e xa non sairon de Jaime Lorenzo (Relojero), Jesús Alonso (Borda).O trompeta onda nós e a darnos palmadas no lomque so se mira o instrumento á esbo. Aquilo saiu bordado" (Canivete). querda é Valeriano Alén.

6

Sobre as cualidades de Zúñiga, o último director da banda, temos dúas opinións que reproducimos. "Eu recordo cando estabades tocando en San Benito, nopalco e estaba dirixindo Iglesias Turubiques o subdirector porque Zúñiga xa estaba enfermo, e aquela banda estaba morta. Zúñiga e mais o Betún estaban alí abaixo escoitando e subiu aopalco e cambiou a banda completamente" (Vico). "Tamén pasou en Fornelos de Montes, que lle morrera unfillo a Zúñiga e non puido ir porque tiña que enterrar ao fülo e tanpronto o enterraron apareceu alá no coche. Pero antesde virelaquela música estaba morta " (Canivete). Según o autor de "Recuerdos Porriñeses" a desaparición da Banda Municipal de O Porriño prodúcese en 1935 "por causas que quiero seguir ignorando ". Pola nosa parte xa apuntamos que unha das posibles causas desta desaparición podería estar no carácter non profesional desta última banda. "A música desfíxose cando se instalamn as empresas do Matadeiro, Zeltia... e empezaron afallar os músicos todos" (Isaac). "Unspensabandunhamaneira, outros doutra. Formáronse orquestras, e instaláronse industrias e os empresarios dicían: a música ou o traballo" (Viqueira) Desaparecida a banda e en plena guerra civil, os músicos seguen desenvolvendo a súa actividade en diferentes bandas dos arredores. Concretamente noméase a participación, parece que forzosa nalgún caso, nas bandas da Falanxe de Vigo e Pontevedra. Neste punto os contertulios mostran un certo tonodespectivo. "Turubiquescandofoi de director coa música de Falanxe de Pontevedra e nós coa de Vigo,fomos en competencia aos Dolores de Guillarei. Zúñiga non quixo ir e ¿por que ?, porque meu irmán Fernando e mais eu deixamos a banda. No Movemento fixeron unha banda de Falanxe, chamábanlle Guardia Cívica (¿ou Banda Cívica ?) que era dirixidaporun capitán de infantería. ¡Me cagho en diola que malo era aquel home!. Unha vez. veu detrás miña e mandounos baixar ao sotao e colleu a pistola e preguntounos por que deixabamos a banda meu irmán Fernando e mais eu. Deixamos a banda e fomos tocar con Peterrete na banda de Salceda efumos perto de Ponteareas e tocabamos Soldaditos de plomo. Peterrete foi directorda banda de Salceda. Aqui tocou de solista e unha vez nafesta do Cristo,


— O Porriño-Mos

colgou a banda no primeiro pasodobre" (Viqueira).

Os Músicos:

Ademais da de Salceda outros tocaban nade Guillarei. "Eu vin de tocarde San Telmo que coincidía en luns. Fun traballar o martes e ao chegar a Zeltia dixéronme: de parte de don Isidro, ou a música ou Zeltia. Istofoi no ano 41. Ao longo da nosa entrevista foron apareE no sábado seguinte agarrei a cendo os nomes dlgúns daqueles que fermmenta e dime Comesaña: ¿onde vas?, e díxenlle eu: voume, ¿non dixo a foron os protagonistas da música dunha música ou Zeltia?, dígalle a don Isidro época. Xa sabedes que non están toque vou á música. Eu ía tocar cos de dos. Guillarei e nese ano 1941 había unha "Eufun platiüero pero primeiro toquei fame negra e aqueles músicos todos o cornetín. Nos platillos releveiaLuciaeran da aldea, de Valdráns e por alí, e no Baladrón. A Faustino, o avó de Lotraía cada bolsa de millopara casa que renzo, relevou no nos platillos, Lano mandaba carallo. ¡ía deixar a músi- que erafülo de Generoso e tiña unfillo ca...!. Marchei o sábado de Zeltia e o que tocaba a trompa que se chamaba lunsfunpara Tranvías, para as Coche- Dios. Lano marchou para Buenos Airas a traballar. Houbera un choque, res" (Isaac). non sei sefoi cando quedou Castor sen "Candofomos ao Certame de Ponteveaspernas... No choque escarallaron os dra eu tocaba a trompa. O trombón cotranvías e Rafael de Pura axustounos e llino porque ofinado de Casiano dixo levoume a min e mais a Farria para que eu reventaba a trompa e que me ía arranxalos. Eu xa quedei alí a parar osfumes e quitoume da trompa e traballar" (Canivete). meteume o trombón. Decía eu: pois agora vanlle saltar as bombas ao Aquelaactividade que desenvolveron trombón " (Canivete). os nosos músicos evolucionou nas dé"Alíde trombón tamén estaba meupai, cadas dos anos corenta e cincuenta cara que tamén tocaba o bombardino" a formación de orquestras rexistrando (Lorenzo). "De bombardino foi CasteDiz en 1956, "tres orquestinas loca- lar" (Viqueira). les".Pero ese xa é outro cantar. A his"Outro músicofoi Jijirei, Nisio de Montoria de orquestas míticas como Los dariz, que nonfoi ao Certame. Tocou o Lorenzo e outras, ben se merecería un estudio que excede este espacio adicado bombardino con nós. Traballaba con ao discorrer das bandas de música locais Zúñiga na Fundición" (Jaime). "Turubiques íocaba ofliscomio e era entre 1896 e 19¿1. moi emprendedor, montou unha imprenta. Foi subdirector (Canivete).

Os protagonistas.

Banda de Budiño

"José o Portugués tocaba o bombardino, o trombón, tocaba calquera cousa pero non tocaba moi ben, era un musico servicial. Era moi simpático" (Viqueira). "Eu toquei o clarinete, o saxofón tenor, o alto e o baritono. Tamén o clarinete baixo" (Jaime). "Polo Café Fornos pasaron uns músicos que se chamaban Los Tres Paz, o pai era pianista e os dous fillos eran violinistas. Ún deles era enxeñeiro e foi quen inventou a luz fluorescente. ¡Fíxate ti que tipo de xente eral. O pai foi director da banda de O Porriño f?J" (Canivete). "Meu pai Antonio tamén tocaba o saxofón e meu tio Manolo tocou o saxofón tenor" (Lorenzo). "Este era un rapaz de Ponteareas, o home de María Esther, tocaba o clarinete e vivía alí onde está Calzados Perico" (Canivete). "Nós tiñamos a Berilio que tocaba a trompa, ¡era bo eh!" (Viqueira). "Eu toquei o fliscornio, a trompeta, a trompa (quenonéa trompa que se toca coa man esquerda), os platillos, o bombo, o bombardino e o trombón. Pero o meu era a trompeta " (Viqueira). "Eu toquei tamén baixo e bombardino. O meu instrumento era o trombón" (Canivete). "Meu irmán Olimpio tocou tamén na música de Santiago e meu irmán Juan tocou comigo o contrabaixo. Agora quedamos Nofre e máis eu " (Viqueira). "Chupa tocaba o trombón. Tamén tocaban con nós Viñas e Areda" (Canivete).

A Banda de Marcelint Giráldez, 1906. De esquerda dereita:

a

Gerardo Pérez, Gen e i• o s o Domínguez, Wenceslao Areal, Ramón Pérez, Jesús Coto, Modesto Sousa, Marcial Coto, Indalecio Pereiro, Ramón Miniño, Manuel Coto, Faustino Lorenzo, Enrique Bermúdez, Arturo Iriarte, Jesús Giráldez, Antonio Lourido, Serafín Pérez, Serafín Areal, Casimiro Vicilo, José Rodríguez, Cándido Fernández, Atilano Giráldez, Manuel Rodríguez, José Giráldez, No \ centro O Director Marcelino Giráldez

A Banda de Música de Budiño foi creada, aproximadamente, no ano 1934 e, entre outros, estaba formada por: Suso de Xastre (director), Tamanquiñas do Mosteiro (Bombardino), Matías (Bombeiro e platillos), Jose do Zapateiro, Julio do Cocho, Paco da Arrotea, José Lago, Pepe de Beade, Miguel do Xastre (clarinete), Antonio da Tenda (platillero), o fillo Manuel Besada. Desta banda orixinal non se atopou fotografía. Sen embargo si existe unha fotografía (1949) da primeira actuación dos educandos (alumnos) da banda orixinal que publicamos na páxina anterior. Esta banda tuvo unha corta duración, pasando os seus membros a outras bandas da comarca, entre elas ás de Baldráns e Tui.

7


OPomflo-Mos

Palcos da Música

0 "Pinchaso" Unha vez fomos tocar a Vigo e fomos durmirao BarSol, na rúa Lepanto que daquelatiñaárbores, econforme Zúñiga ía diante e os músicos detrás para ir durmir no hotel, eu xa quedaba detrás dunhaárbore,lsaacdetrásdoutra,outro quedaba alí... cando chegaron ao hotel só quedaban os vellos.

A construcción dospalcos da música a través das novas aparecidas no Faro de Vigo a principios de século. PALCO DO CRISTO " Se hayan terminadas casi terminadas las obras de cantería del kiosko de la música, que en la explanada del Cristo está en construcción, cuyos gastos sufraga el conocido hijo de este puerblo Servando Ramilo Nieves". Faro de Vigo, 19 de agosto de 1903. "Una mejora importante y que se inaugura los días de la fiesta la constituye un elegante kiosko... mandado construir en la explanada del Cristo por Servando..." Faro de Vigo, 20 de setembro, 1903. "El domingo pasado tuvo lugar el primer concierto dado por la banda municipal en el paseo del Cristo... El joven e inteligente director D. Marcelino Giráldez fue muy felicitado por la irreprochable ejecución de las difíciles obras que componían el concierto..." Faro de Vigo, 13 de xuño de 1906.

Tamén estaba Pepe, irmán de Isaac ¿Onde fomos? Alá. Ás raparigas, á Ferrería. Tiñamos aquel uniforme que era igual ao dos guardias de asalto menos a correaxe, e puxemos a chaqueta por riba da correaxe. Fomos á casa das francesas e chegamos alí e así que nos miraron, pensaron: ¡a policía!. Nós dixemos: a ver, abran los baúles e nós a rexistrar, era nun segundo piso. E ponse un daqueles puntos: ¡coño, pero estes son músicos! mirándonos a lira que levabamos na gorra. ¡Rediós! apareceron as botellas a voar polo aire, ¡cada botellazo!. Fo¡ unha carreira por alí. Eu baixei dun salto os dous pisos e xa caín na rúa. Despois fomos a unha casa, Isaac, eu,ofinadodeChurrero...d¡vertímonos e tal. Había colocados uns visos que tiñan as mozas a secar. Eu collín un e metinllo no bolsillo a Isaac que non se deu conta e cando marchamos, ao baixar para a rúa do Príncipe, alá veñen as fulanas a correr. "Ese ladrón que lle leva o viso para a irmán". -Veñen atrás de min -dixo Isaac- disque lle roubaronoviso. Dixeneu: lévalo ti no bolso. Outrodíaqueeravísperadunhafesta moi boa e tiñamos que ensaiar para darlle un repaso ó repertorio, iamos polarúadoPríncipeemirounosZúñ/ga. Nós andabamos a pasear cunhas "niñeras"daquelas de antes que andaban con unif orme e cun pescozo branco. Eu

PALCO DE SAN BENITO "Hoy se termina de montar en Porriño un magnífico kiosko de hierro para la música, donado a dicha villa por D. Enrique Rodríguez, hermano del Cónsul de Ecuador en Vigo (trátase de Manuel Rodríguez, o que ten a rúa adicada en O Porriño). El kiosko ha sido construido por los Srs. Fernández y Carrera de esta ciudad (Vigo) y es obra muy acabada. El autor de los planos es Isidro Palacios (pai do arquitecto). Por cuenta de generosos donantes se están Uevando a cabo importantes obras de reforma y mejoramiento de la iglesia de San Benito y en el cementerio de la referida villa". Faro de Vigo, 4 de abril de 1908.

8

levaba un coche dunha das "niñeras", Isaac ía con outra e Churrero con outra. Zúñiga cando nos mirou dixo: -Vais a llegar hechos unos baldreus a Porriño. Dixen eu: -xa marchamos. Fomos tomar un vaso e de alí outro vaso e cando nos descoidamos estabamos vaseados de carallo. Fomos á Praza de Portugal onde vivían as de Covas e Churrero tiña unha irmán que era criada das de Covas. Chegamos á praza e subímonos cada un ao seu banco a botar discursos. Iso entonta á xente. (Iso xa me contara a min o finado de Retilla, en Francia. Unha vez mirou subir unha araña pola parede e púxose a mirala e empezou a vir a xente e máis xente e cando se descoidou non se podía andar. Isto fo¡ en París). E alí pasou igual. Nos a falar. E díxonos un home: ¿ustedes de donde son? Somos de Porriño. "-Ja, ja... eso es imposible, en Porriño no hay gente de esta manera". ¿Sabes o que nósfalabamos alí?, non sabiamos o que decíamos pero enriba daqueles bancos a xentiña atontada e nós dando o pego. E no medio dos discursos empeza Isaac "¡Viva o comunismo!". ¡Ordiá! os gardas de asalto cun pito piii, piii... e nos a escapar por alí abaixo dereitos ao mar. Eu xa sabía como eran os de asalto que aquí no Porriño xa deran unha boa mallada. E a irmán de Churrero e as de Covasestaban a mirar polaventáeríanqueseescangallaban. Porfinviñemosnotranvía, noúltimo, o das once. Viña tamén don Pepe Carrera, o vello, e eu puxen o viso no tranvía, o viso que lle metera no bolso a Isaac. Cando chegamos ao Porriño fomos á Academia e levabamos unha trompa de "cojones". E dérase o caso de que a Zúñiga.odirector, pincháranlleascatro rodas do coche, e as culpas levámolas nós e botounos fóra da academia. Aínda eu collín o viso e tireillo na cara ao director. (Manuel Iglesias Neira)


_

O Porriflo-Mos

,'

OXACEMENTOPALEOLITICODASGANDARASDEBUDIÑO ¿...Lagoa, polígono, entorno ecolóxico... aínda hai máis cousas nas Gándaras?. jBen seguro que sü, Aquí consérvanse os restos de poboamento máis antigos do noroeste peninsuiar. No presente artigo damos resposía a moitos dos interrogantes que poden facerse sobre este aspecto. 'Por Pepe Vidal

P

|ode ser que as Gándaras sexan coñecidas por moitos outros motivos que polos que hoxe nos interesan, ben seguro que escoitamos falar máis a miúdo do seu entorno ecolóxico, da lagoa ou do polígono industrial que do xacemento arqueolóxico que alí se conserva. Para o estudio do Paleolítico en Galicia é a referencia básica, equivalen a "altamira" do noroeste peninsular.

sellería de Cultura diante da liquidación que supuxo a autovía sobre o espacio reseñado. Na espera dos resultados da excavación do 1991, a investigación máis rigorosa foi a dirixida por X. M. Vidal, feita sobre áreas restrinxidas do xacemento (tres lugares cunha extensión aproximada de 60 m2) e cun carácter que o afasta do método de abrir trincheiras efectuado polos investigadores dos anos 60 (E. Aguirre), interesados máis pola cantidade de achádegos que pola calidade da investigación. A cronoloxía aportada polos fragmentos de carbón e restos vexetais carbonizados sitúan o xacemento cunha antigüidade de ocupación de 26.000 18.000 ano. O xacemento é un lugar de ocupación ao aire libre, con sucesivos períodos de hábitat e cambios de lugar dentro dunha ampla área de extensión, no que se delimitan uns espacios dedicados a campamento (vi venda) e outros con caracteres posiblemente de talleres (onde se fabricaban útiles líticos), ambos próximos entre si.

O xacemento localízase no qm. 20 da estrada Vigo-Tui, no lado esquerdo da actual autovía, que o afecta de xeito irreparable. A investigación sistemática sobre as Gándaras comeza cos traballos de Alvarez Blázquez no ano 1960 ao que seguirán E. Aguirre no 1961, M. D. Echaide no 1971, X. M. Vidal no 1980 e 1981 e a derradeira do 1991, nunha campaña dirixida pola Con-

Os útiles máis abundantes -todos eles de pedra xa que os posibles restos óseos ou de madeira desapareceron debido as características dos solos galegos- son "choppers", bifaces, raspadores, fendedores, raedeiras, puntas, núcleos, ...e infinidade de lascas, todos eles cunha utilidade determinada polas condicións espaciais (fauna e flora) específicas dos distintos períodos históricos. O material utilizado na fabricación dos útiles é primordialmente o cuarzo, autóctono do val do Louro. En proporcións inferiores ató-pase a cuarcita, traída desde as terrazas do Miño e finalmente o cristal de rocha.

9

Os restos están diseminados por unha ampla zona, barreiras, camiños e valados representan un viveiro onde se poden atopar bifaces, núcleos, raedeiras, lascas, etc. Os fogares e os talleres radican dentro do xacemento, pero só é posible o seu descubrimento mediante unha investigación dirixida por especialistas.

Nas fotos, útiles líticos atopados nas Gándaras.


O Pon-iño-Mos

Domingos do Cocho labrego, ferroviario e persoa mo¡ relacionada co asociacionismo agrario

"Por Manuel Besada. (Vídeo: Raúl e Tito)

Aínda que labrego de profesión, tamén traballou de zapateiro e foi ferroviario. Viaxou moi pouco no tranvía por escasez de medios económicos.

A COOPERATIVA AGRARIA A Cooperativa Agraria de Budiño (C.A.) fundouse aproximadamente no ano 1930 nun local que se construiu no punto quilómetrico 3.0 da estrada de Atios-Salceda de Caselas. O terreno foi cedido por tres veciños da parroquia, Josefa Rodríguez (do Guerras), Domingo de Peteno e Constantino Fernández. A construcción do edificio foi costeada por dúas sociedades de emigrantes de Budiño na Arxentina: "Hijos de S. Salvador de Budiño en Buenos Aires " e " Residentes de Budiño en Buenos Aires" e co esforzo dos socios iniciais da cooperativa. O edificio da C.A. actualmente pertence a un particular e é coñecido como "Bar La Juventud". Nesa época sentíase a necesidade da existencia de sociedades agrarias no Val da Louriña para que os labregos tiveran facilitado a merca de abonos químicos, sulfatos, patatas de semente, ou sementes en xeral e a precios axeitados. Ademais a C.A. tamén mercou un pote para facer augardente para os socios. Todo isto para axudar ao labor do labrego. Entre os socios da C.A. había entendemento e coindencia total sobre o proxecto da cooperativa. Nembargantes, na parroquia existía outro grupo organizado, ó que lle chamaban "a contra ", que quería formaroutra sociedade, pero non tifta forza porque eran unha minoría. A C.A. era quen tiraba con forza e con moi boa administración. Os veciños que formaban a C.A., ideoloxicamente eran de esquerdas e os da contra eran de dereitas.

Teño coñecemento de que en Atios e Tomeiros tamén estaban organizados, sen embargo non existía moita relación entre as distintas parroquias. As outras parroquias creo que non estaban organizadas. En O Porriño existía a Sociedade de Agricultores de O Porriño e a Federación Municipal Agraria. Esta agrupaba as sociedades de agricultores de o Porriño, da que un dos presidentes foi D. Silvino González, que posteriormente sería alcalde do concello. Manuel Rodríguez Abeleira (coñecido como Manuel de Antonio) foi un representante da C.A. na Federación.

10

Fundamentalmente os fins da Cooperativa eran a consecución de precios de compra axeitados. Algunhas veces viña polo local un deputado, que se

chamaba Emiliano Iglesias, que orientaba nalgunhas cuestións aos labregos. Os cooperativistas eran beneficiados nun 40% de desconto nos productos que ofertaba a sociedade. Na Cooperativa non existía sentimento político de forma colectiva, aínda que a gran maioría eran de esquerdas. Ese sentimento si o tiñan os da contra, todos de dereitas, que se reunían nun


OPonifio-Mosi

local do actual "Bar Regueiro " e que tamén pretendían formar unha sociedade aparte, pero non tiñan capacidade para iso. Co inicio da guerra civil comezaron a perseguir aos dirixentes da Cooperativa, fundamentalmente por parte dos da contra que foron os primeiros en botar man do edificio. Posteriormente foi Don Marcial Peralba quen botou man de todo. Este levou todo o mobiliario do local, o pote, e todo o material que tifia a sociedade. Durante bastantes anos, e ata a privatización do local, este foi utilizado por un particular. Os cooperativistas tomaron esta nova situación con resignación. Entendían isto como unha usurpación, pero non podían facer nada. A xente tiña moito medo. Afinaisdos anos sesenta e principios dos setenta, e promovido polo servicio de Extensión Agraria, houbo un intento de relanzamento do asociacionismo agrario. OServiciode ExtensiónAgrariapmmovía charlas polas parroquias que se realizaban en tabernas. Nestas reunións "legais" os veciños discutiamos sobre a necesidade de recuperar o local da cooperati va, e foi a partir de aquí cando, despois de realizar algunhas xestións, se recuperou o local e foron habilitadas as dúas plantas. Volveron a mercarse graos para semente, abonos químicos, sulfatos, instalouse unha muiñeira... Na planta alta adecuouse un local de esparcemento e ocio, mercouse un televisor e os veciños reuníanse fundamentalmente os fins de semana. Con certaperiodicidade dábanse charlas relacionadas co agro, reparcelación de terreos etc. Máis tarde, a mediados dos anos setenta e coa apertura política, o Sindicato Labrego C.C.L.L., tivo unha curta andadura na parrroquia. Sen embargo, os veciños nos se unían, tiñan moito medo polo que sucedeu durante a guerra civil e a represión durante os anos franquistas. Sempre que se quería montar algo, aparecía "a contra" que o botaba abaixo. As contras das distintas épocas sempre estaban relacionadas ideoloxicamente coa dereita. As inquietudes agrarias terminaron coa venta a un particular do local da sociedade, actualmente Bar La Juventud. A vendafoi realizada polo sindicato vertical (amarelo). Este pediulle as chaves ao presidente, nese momento

Antonio do Morais, e de forma escura realizou a venda do local a un veciño da parroquia. Outros veciños da parroquia tamén tiñan interés na compra do local pero recibiron un toque dos caciques para que non se meteran no asunto. Naquel momento os veciños quedaron quietos, aínda tiñan moito medo. A C.A. de Budiño, na súa primeira etapa sempre estivo relacionada coa esquerda política. Budiño sempre tivo un sentimento maioritariamente de esquerdas. Os barrios máis de esquerdas foron Casal, Cruz e Vaquería; os restantes menos. Nas eleccións celebradas a finais do 35 , principios do 36, as esquerdas trunfaron somentes en Budiño e O Porriño (Vila).

UN MESTRE EXEMPLAR Nesa época xa tiñamos un bo maestro, Don Luis Carregal Peón. Recordo que unha vez foi levado preso, non sei o motivo, e os rapaces da escola, capitaneados pola Chica do Bravo, marchamos todos ao concello e dixemos "Ou Don Luís vén con nós para a casa ou senón nós de aquí non saímos". Fixemos un follón de carrallo. Nós eramos pequenos pero ela era un punto de "carajo". Despois vindo para casa trouxemos a Don Luís a ombros ata a saída de O Porriño. Isto foi no ano 1931. Daquela Don Luís creara o CREANN (Cooperativa Rural Escolar Anexa a Nacional de Nenos). Faciamos unha reunión na escola e por votación elixiamos unha directiva. O primeiro presidente foi o neno Rosendo Carreira Abeleira, Manuel Rodríguez Ruibal, e ultimamente fun eu...

Local da Cooperativa Agraría de Budiño no seu estado actual.

11

No CREANN tíñamos unha incubadora de pitos, que funcionaba con petróleo, unha carpintería, cultivábamos patacas, repolo, había trinta colmeas, e logo os productos que recolliamos vendíanse en O Porriño. Os beneficios eran utilizados para comprar material para o CREANN. Funcionaba como unha Formación Profesional de hoxe, pero por iniciativa propia do mestre. Don Luís tiña bos contactos na Arxentina. Tiña alí un irmán que se encargaba de que os emigrantes de Budiño en Buenos aires enviasen axudas para Budiño. O Rosendo (presidente do CREANN) marchou para Arxentina no ano 39, xa que alí tifia familiares. Ali tamén estaba Antonio Andanco, o Asturiano. A primeira axuda económica, que foi de cen pesetas, recibiuse da "Sociedad de Fomento de Porriño y su Distrito". Don Luís montou unha boa biblioteca coa axudas dos emigrantes na Arxentina. Despois de marchar de Budiño, Don Luís esti vo preso durante moito tempo. En liberdade foi destinado a unha escola de Soria, a Lugo, ao Instituto de Tui e finalmente a Pontevedra, donde se xubilou e morreu. Durante a súa estancia en Tui mantivo contactos cos antigos alumnos de Budiño. En todas as escolas polas que pasou realizou un bo labor no ensino do agro. Don Luís foi sustituído, como mestre de Budiño, por Manuel Caramés que botou por terra todo o traballo realizado por Don Luís. Nesta época desapareceu a biblioteca da escola. Posterioremente foron mestres na parroquia, Juan de Audosia de Salceda de Caselas e Francisco Lemos, veciño de Budiño. Na parroquia o clero nunca estivo ao lado destes movementos. Porexemplo, Don Emilio Utarque foi un dos peores que tivo a parroquia. Por culpa del quizais se matou a moita xente durante a guerrra civil. Pola súa culpa o finado Ramírez tivo que pagar unha multa, e ao Gaspar e ao Tio Gelito mandaronos ao Tercio. Este claramente foi o peor. Logo estivo Benito Ledo. Pero un dos peores foi o Utarque. Don Silvino foi o alcalde que máis axudou a parroquia, foi o alcalde máis progresista que coñecín. Logo había outros, o Ojea, Ceferino, Louzán, etc. que non foron como Don Silvino. O cacique que mandaba en O Porriño era Don Marcial.


__

OPorriño-Mos_.

NOVAS PARROQUIAIS A AA.VV. de Atios mo¡ sensibilizada coa conservación do medio ambente. Actividade das Comisións de Montes en Atios, Budiño, Pontellas e Mosende.

0 Porriño ATIOS A Asociación de Veciños de Atios está a levar a cabo unha campaña que intente salvar, na medida do posible, a degradación continuada do medio ambente. Neste senso, no pasado mes de agosto realizou unha rolda de prensa, conxuntamente coa Comisión de Montes, na que informaron da actual situación ecolóxica da parrrqouia así como do estado das canteiras. Entende esta comunidade que a degradación do medio ambente non é un problema único de Atios, senon de todo o municipio e, en consecuencia, este debe despertar e escomenzar a esixir das autoridades unha mellor calidade de vida, respetando ao seu entorno. Estes son conscentes de que unha das solución consiste nunha rede de alcantarillado nas parroquias, pero namentras isto non é posible, as autoridades deben tomar as medidas oportunas e severas contra os depredadores da natureza. Concluen decindo que non somentes o Louro é un rio mor-

to, senon que o están a ser tamén os seus afluentes. Neste senso, e debido a que as autoridades competentes na materia non tomaron ata o día de hoxe medidas correctoras, presentaron no pasado mes de agosto tres denuncias ante a Dirección Xeral de Medio Ambente. Unha corresponde a Terrazos Riego por verter directamente ao Rio Louro resíduos industriais sen pasar previamente por unha depuradora. As outras dúas denuncias corresponden a dous particulares por verter directamente á vía pública augas de "pozos negros". Estes casos non son únicos na parroquia, e nos vindeiros meses continuaran a denunciar ás persoas que persistan nesta actitude de certo tipo de "terrorismo ecolóxico". Asimesmo tamén están moi sensibilizados cos problemas relacionados coas canteiras, ruidos, explosivos, polvillo, sopletes etc. e que pola contra os beneficios producidos na parroquia non revirten en melloras na calidade de vida. A comisión de montes xa leva moito tempo intentando negociar unha solución digna destes problemas co Concello e Asociación de Canteiros e polo de agora somentes teñen recibido ou boas palabras ou portazos para esquivar a situación Despois dun ano de andadura da actual Xunta Directiva da Asociación de Veciños, están aparecendo problemas con acreedores, e que corresponden a facturas sen pagar da anterior Xunta Directiva e que non foron postas en coñecemento nas transferencias entre a Xunta sainte e a entrante. Algunhas facturas aparecen a nome personal do antiguo presidente e outras a nome da AA.VV. Asimesmo a AA.VV. tiña

12

concedidas dúas subvencións de 1.027.500 e 411.000 pesetas para a mellora de regadios e que figuraban a nome do Presidente e Secretario sainte. Debido a que nas transferencias tampouco lle foi comunicado a nova Xunta destes dous proxectos, estas subvencións están a punto de perderse. !Unha pena!

BUDIÑO O pasado 6 de xuño, nos locais do xuzgado de O Porriño, foron aprobados, case por unanimidade, os estatutos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común desta Parroquia, nunha asamblea á que asistiron oitenta e dous comuneiros. Posteriormente, a principios de agosto, foi elexida a Xunta Directiva desta Comunidade, que foi a única candidatura presentada. É a intención desta primeira Directiva, o deslinde dos montes clasificados, á ordenación destes, así como a continuación do recurso plantexado ante o Tribunal Supremo, no sentido de reclamar as parcelas non clasificadas como veciñais e que ascenden a duascentas setenta Hectáreas. Asimesmo esta aberto un prazo ata o 31 de outubro para a petición de inclusión de novos comuneiros.

CHENLO Os días 23 e 24 de agosto pasados celebraronse as festas do Neno Xesús organizadas polo grupo xuvenil "Carisma", que agradeceu aos veciños da parroquia e forasteiros a colaboración prestada. Esta celebración quedou algo empañada pola pelexa de dúas persoas arredor das dúas da mañan. Ao final as forzas do orde público puxeron as cousas no seu sitio e a festa continuou sen incidentes. Tamén no pasado mes de agosto se celebrou no campo de futbol da Chan da Carreira, unha xuntanza veciñal de confraternidade co Concello, á que aistíu o Sr. alcalde, o que tuvo unha mañan moi axetreada realizando inauguracións de asfaltados de camiños, e sempre rodeado dun grupo de gaiteiros. Ao final todo rematou cun xantar no campo de futbol con verbena incluida. Decir, por enésima vez, que Chenlo é a única parroquia do Concello que sufren un aislamento total, xa que os seus veciños non poden dispoñer de teléfonos nas súas vivendas aos mesmos


O Pomfio-Mos

precios que o resto dos porriñeses. A colocación dun teléfono nesta parroquia ten un custe aproximado ás duascentas mil pesetas. ¡Isto Chámase xusticiasocial!.

MOSENDE Un dos problemas máis acuciantes das comunidades parroquiais é o abastecemento de auga potable ás vi vendas. Na parroquia de Mosende os manantiais actuais quedan escasos debido á gran cantidade de solucitudes presentadas de novos comuneiros. Para paliar a escasez deste ben necesario, a Xunta Directiva está elaborando un proxecto no que se contempla a compra de dous terrenos nos que posiblemente se atopen novos alumeamentos. Sendo ademáis conscentes de que os veciños terán que pagar unha parte importante para esta mellora, estase a iniciar as xestión necesarias para acadar algunhas subvención das institucións públicas. Pasados xa cinco anos da clasificación dos montes veciñais en man común da parroquia de Mosende e despois de realizar algunhas reunións para intentar montar a Xunta de Directiva, parece que, dunha vez por todas, esta vai a poñerse en marcha para intentar solucionar a precaria situación na que se atopa a riqueza forestal. A Sociedade Deportiva Mosende escomenza a súa andadura histórica na segunda rexional, cun novo entrenador e novos vestuarios. Desexamos que este novo equipo faga un papel aceptable nesta nova categoría.

I»ONTELLAS Un dos maiores vicios dos tempos en que vivimos consiste en percatarse do mal estado de cousas unha vez se producen desgracias irreparables. Exemplos hai dabondo: Cambeo de rasante do Cerquido, a estrada da morte, ou casos máis recentes como o tema dos autobuses ou a falta de sinalización das

obras da autovía (cruce de Salvaterra). Este prólogo vale para denunciar o pésimo estado de sinalización vial en todo o Concello. Sinais enferruxadas e fora de lugar, tapadas polas silveiras ou, no peor dos casos, non existencia de sinalizacións. E para mostra un botón: O cruce da Torre por donde se baixa para a igrexa parroquial. Eiqui xa houbo bastantes accidentes e algúns de bastante importancia. Neste punto, e despois do último "leñazo", procederon a colocar unha pésima sinalización. Ao parecer neste lugar hai responsabilidades compartidas entre o Concello e a Diputación, e sería desexable que ambos organismos cumpliran a legalidade vixente.

tes terán posibilidades de practicar o depórte os que asistan as escolas deporti vas, é decir, os pertencentes a familias máis acomodadas?. ¡ Ainda hai clases!...

Na última Asamblea Xeral da Comisión de Montes Comunais, entre outros puntos da orde do día, foron aprobados os estatutos, deuse a coñecer as contas da mesma, así como do estado en que se atopan as obras da Casa da Cultura, que por certo están a entrar na última fase. A política deportiva de base nas parroquias en xeral está deixada nas mans da inicitaiva dos veciños, de forma que se estes non se percatan da importancia que ten a práctica do deporte, os nenos terán que dedicarse a xogar nas estradas e lugares improvisados, cos perigros e consecuencias que estas situacións conlevan. Ademáis se vives nunha parroquia que non ten grupo escolar, como é o caso de Pontellas, xa non hai nada que facer. Parece que hai parroquias de primeira e de segunda, nenos de primeira e de segunda. Neste eido, a actuación do Concello deixa bastante que desexar e apenas se fai inversión algunha nas parroquias para a construcción de pistas ou locais nos que practicar o deporte. Pola contra, subvencionase o deporte de élite (no ano 1992, o Concello concedeu, de forma explícita, dous millóns ao Porriño Industrial e un millón ao Frigoluoro de Baloncesto). ¿Quen "fabrica" aos deportistas do futuro?. ¿Serán importados dos paises avanzados?. ¿Somen-

TORNEIROS A pesar da sentencia do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia que clasificou, como montes dos veciños de Tomeiros, algunhas parcelas colindantes co polígono residencial, o Concello sigue a permitir a aconstrucción nestes terrenos, como son o Centro de Rocas Omamentais e o Centro de Formación Ocupacional, sen chegar a un acordo cos veciños comuneiros desta parroquia. Quizais algún día Tomeiros lle pase a factura ao Concello. A igrexa desta parroquia dispón desde fai pouco tempo dun reloxio que anunciaashorascoas "avemarías". Debido a que a Santa Igrexa está na ruína, esta instalación tuvo que ser costeado polo pobo pagano que, a pesar de que aquel é desconectado a unha hora prudente para poder realizar o descanso noturno, terán bastantes problemas para poder facer uso da acostumbrada siesta Vista de O Porríño, pintura de Palacín.

13


O Porrifio-Mos [

ches de camiños, parques infantís), das cales algunhas foron denegadas e outras concedidas.

Centro social dos comuneiros de Tameiga

A Asociación de Veciños de Petelos tiña convocada para estas datas, unha Asemblea Xeral ordinaria na que a elección da nova Xunta Directiva foi o punto máis importante da mesma.Por cadrar a data da asemblea co proceso de impresión desta revista, énos imposible coñecer o resultado da de vandita asemblea.

TAMEIGA O pasado día 15 de agosto inaugurouse en Tameiga o Centro social, recreativo e deportivo dos comuneros de dita parroquia situado ó lado do Hospital Psiqiátrico do Rebullón. O terreo de 27.000 m2 consta dun edificio construido cun exquisito gusto e dividido para a realización de distintas actividades. Unha sala de xogos con dúas mesas de ping-pong, billar, etc; unha sala de usos múltiples, unha fermosa cafetería con terraza que dispón dunhas vistas increibles á ría de Vigo, Monte Alba e Serra do Galiñeiro. Na parte superior hai oficinas, un mirador totalmente acristalado e unha sala habilitada para biblioteca en espera de obter algún tipo de axuda para dispoñer de libros adecuados ás necesidades dos socios. Conta tamén cunha pista de fútbol, de baloncesto, de tenis e con dúas piscinas para pequenos e adultos respectivamente, dotadas dun sistema de depuración do máis novedoso no mercado. Dispón, por suposto, de vestuarios apropiados. Xa se realizou nestas instalacións un cursiño de natación no que participaron arredor de 70 rapaces. Agora está en fase de construcción unha á do edifício destinada para sala de espectáculos varios como cine, teatro ou música. A gran maioría da xente da parroquia pertence á Comunidade de Montes presidida por D. Manuel Rodríguez Campos e pagan unha cuota de 500 pts ó mes, cantidade que intentarán aumentar para paliar gastos de mantemento.

PETELOS Petelos cunha superficie de 235 Ha. conta cunha poboación de 1387 habitantes repartidos nos barrios de Balteiro, Estivada, Porteliña, "Regenjo" e Veigadaña. Nesta parroquia desenvolven o seu labor dúas asociacións de vecifios: a de Petelos que abrangue catro barrios e a de Santa Ana no barrio da Veigadaña (da que xa demos algunha información no anterior número de O TranVía). A Asociación de Veciños de Petelos constituíuse o 2 de abril de 1989 por mediodunhaXestora sendoaprobados os seus estatutos o 14 de agosto do mesmo ano. Conta, na actualidade, con 221 socios. Entre os logros acadados por esta asociación están: -Melloras no alumeado público. -Parques infantís. -Ensanches e apertura de camiños. -Asfaltado dalgúns camiños. -Paralización do túnel de Balteiro. -Melloras no trazado e enlaces da autovía. Tamén ten realizado actividades como: campeonato de fútbol-sala e cabalgata de reis, entre outras. Así mesmo a asociación ten presentado diversas solicitudes en diferentes organismos como a Deputación, a Xunta de Galicia, etc, para atender as necesidades que ten a parroquia (alumeados públicos, regadíos, ensan-

14

CELA Pais de alumnos do colexio de Atín denunciaron a existencia de problemas relacionados coa escolarización de nenosde catro anos que non teñen plazas no citado colexio. Nesta situación se atopan uns vintecinco nenos e os seus pais tratan de presionar ás autoridades competentes para que solucionen este conflicto quedando patente a insuficiencia de instalacións do colexio, no que xa se utilizan como aulas a biblioteca, a secretaría e parte da aula de pretecnoloxía. Os diferentes locais altemativos que se estudiaron non parecen solucionar tampouco o conflicto. O Concello non chegou a un acordo coa Asociación de Veciños de Pereiras, a utilización do Ximnasio como aula parece non contar co beneplácito da A.P. A. e a alternativa das escolas unitarias tampouco soluciona a cuestión. Queda pois, a solución dunha construcción adosada ao edificio da escola que resolva os problemas plantexados por unha imprevisión dos organismos competentes: o Concello e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia. A escolarización dos nenos de tres anos segue a plantexar problemas en todo o país e os pais dos nenos afectados teñen que andar preocupados para conseguir uns dereitos que a propia lei lles da. O alcalde de Mos, Justo González Ballesta, alegou que non tiña coñecimento do problema plantexado. E nestas estamos. Esperemos que por pouco tempo.


OPorrifio-Mos

ASOCIACION CULTURAL dO LOURO Un repaso ás actividades desta asociación dende a súa íundación en 1988 'Por Redacción O TranVía

A

participación popular nas manifestacións culturais desta vila porriñesa foi, e será, o obxectivo primordial da Asociación Cultural do Louro, que nace no ano 1988 para recupera-los sinais de identidade do pobo de O Porriño e para loitar por descubrir novos valores de conducta, con respecto á cultura, e unha maior implicación dos seus habitantes coa nosa tradición, propia e intransferible. Para iniciar a súa traxectoria a asociación escolleu a organización do Entroido nesta vila. Estas datas non se celebraban nas rúas dende a década dos anos 30 e, gracias ó esforzo de tódolos socios, e ó apoio masivo das xentes de Porriño, voltan agora a ter puxanza. Incluso un xogo tan propio como o Xogo da Ola, retomou a súa importancia e tamén o Enterro da Sardiña que, ano tras ano, vai tendo un maior arraigo. Na Asociación Cultural "Do Louro" confluen diversos talleres de traballo. Un dos tnáis antigos é o Taller de fotografía, que ten levado adiante unha serie de actividades en favor da expansión e goce estético da fotografía: exposicións, marathóns fotográficos, etc. Na súa exposición Galicia nos obxectivos concorriron perto de 60 fotógrafos e foi presentada en O Porriño, Mos, Salceda, Coruxo e Tui, e como broche de ouro elaborouse un catálogo coas mellores fotos e a participación literaria de Antón Reixa, Forcadela, Cáccamo, Román Raña e Daniel Domínguez. Esta asociación naceu tamén para intercambiar experiencias con outras entidades deste tipo. Por iso no ano 1989 tivo lugar a coordinación do 1° Encontro de Asociacións Culturais celebrado en O Porriño, enmarcado no Plan Galiza: Cultura e participación, da Federación de AA. CC. Galegas, da cal somos membros. O Encontro contou

cunha proxección de curtametraxes galegas, exposicións de artesanía e artes plásticas, talleres de formación de monitores en cartón pedra e audiovisuais, un encontro de música popular e un conxunto de debates sobre asociacionismo cultural de base. A recuperación dos xogos populares teñen cabida no elenco de actividades da asociación. A Baixada en carros de Bolas de A Risca é un rotundo éxito que se ven mantendo ano tras ano, cunha participación moi ampla. Outra tradición que se pretende recuperar é a Fogueira de San Xoán que se celebra no barrio de San Sebastián, acompañada de recollida de herbas, música, empanada, etc. No mes de Maio ten lugar os actos e conferencias máis relevantes da asociación, relacionados directa ou indirectamente coa literatura galega. Por elas teflen pasado persoas tan importantes como Méndez Ferrín, Morris, Reixa, Julián Hernández (Siniestro Total), Emilio Cao, Forcadela, Cesar Cunqueiro, etc. O teatro, o cine e maila música constitúen tamén unhas actividades que sirven para achegar a asociación á meirande parte do vecindario e que se ben dependen en grande medida da disponibilidade económica, son cando se celebran, unha boa oportunidade para o disfrute colectivo. No Lourock (1991) actuaron 1969, Hello Doc e os redondeláns E Igual Deixa. Outro concerto a recordar foi a presentación de Os Diplomáticos que iniciaron a súa andadura musical en O Porriño. No teatro o Ciclo de Teatro Comarcal, Yerma en versión galega polo grupo de Valadares e a colaboración económica na última montaxe teatral de Aceesca (O soño de Violeta), serían as actividades máis reseñables. As Xomadas de Cine Na Noite no barrio de Os Aloques

15

(1991) tiveron un grande éxito de público e só cuestións económicas impediron a súa celebración este ano. Entre os diferentes cursiños que esta asociación ofrece destacamos os de Bailes de Salón impartidos por Teté Delgado, de collages, etc. Toda esta actividade se complementa coa edición de camisetas, posters, programas, pegatinas, e outro tipo de información gráfica que deixan testemuño do labor desta asociación que a pesar de non contar co apoio merecido por parte do Concello e outras institucións públicas, está disposta a continuar cos obxectivos fixados no seu inicio: a defensa da Cultura Galega e do seu idioma e a participación popular no eido cultural. A Asociación convoca a todos os seus socios/as áAsemblea Xeral que se celebrará o día 30 de outubro, na que se elexirá unha nova xunta directiva. A directiva saínte agradecería a presentación de candidaturas efará un balance da súa xestión.

Cartel de Entroido de Paz Antón


O Porriño-Mos

UN DESCENSO POLO RIO LOURO ?- Parte' Unha mañá de xullo saímos de 0 Porriño equipados coas nosas cámaras, prismáticos e bocadilios. *Por Miguel Montenegro (Fotos: David Mayo)

B

Miguel, equipados coas nosas cámaras, prismáticos e bocadillos. En datas anteriores tantearamos o noso percorrido, tratando de localizar o punto exacto de nacemento. Dirixímonos, pois, ó monte Galleiro (744 metros), en Cepeda (Pazos de Borbén), onde despois de dar unhas cantas voltas atopamos unha pequena charca na que a auga, surxida do subsolo, caía mansamente por un regato non máis ancho que un brazo. "Aquelo" era o Louro.

ota un papel ó río. Agora está, agora xa non; o papel desapareceu. Podes tirar o que queiras, sexa pesado ou lixeiro, líquido ou sólido, que a corrente termina por levalo todo. Ademais, á auga parece non afectarlle, pois se se enturba, un pouco máis abaixo non ves máis que transparencia. Este simple feito é a razón de que o ser humano (incluido o porriñés) veña utilizando tradicionalmente os ríos para facer "desaparecer" o seu lixo. O problema surxe cando a poboación é importante e a auga non pode asimilar tanta cantidade de residuos; problema que se agrava enormemente cando eses residuos son perxudiciais para o ecosistema fluvial -é dicir, son contaminantes- porque entón o río ve destruida a súa vida, convértese nunha alcantarilla e queda inutilizado para outras funcións e disfrutes. O río Louro, o noso Louro, vai camiño de ser unha cloaca, polos problemas apuntados arriba, e gracias á permisividade municipal cos vertidos industriais e urbanos sen depurar. De feito, foi destacado como un dos puntos negros das augas galegas, nun estudio realizado pola Universidade de Santiago o pasado ano. Partindo destes prantexamentos, un grupo de 5 persoas quixemos comprobar cos nosos propios ollos ata qué punto chega a contaminación das augas do Louro, cales son os seus problemas concretos, e onde se localizan, ó tempo que faciamos unha boa excursión polo seu cauce.

O regueiro discurría por unha típica paisaxe de fentos, toxos e carrascos, entre masas boscosas de piñeiros e eucaliptos. Sorprendeunos atopar, nun caudal tan pequeno, unha morea de pequenos organismos como larvas de efémeros, perlas, frigáneas, ovos de rá e vermes planos; a maioría destes seres só poden sobrevivir en augas puras, polo que nos podían servir de indicadores biolóxicos da ausencia de polución e a abundancia de osíxeno na auga.

A altura do pobo de Cepeda, empezamos a recorrer unha serie de muiños (ata oito), algún de curiosa arquitectura, pero todos eles abandonados e semiderruidos.

Así, unha mañá de xullo saímos de O Porriño David, Carlos, Raúl, Rubén e

16

Logo deste primeiro tramo, duns poucos centos de metros, o Louro adentrábase porcampos pechados, onde se utilizaba como rego. Máis adiante, outras aportacións ían facendo aumentar o seu caudal. A vexetación das beiras facíase máis espesa, polo que decidimos seguir polo medio do río. Dende alí podiamos apreciar cómo a vexetación do contorno ía pechándose máis e máis, para ir formando o principio dun típico bosque de ribeira que albergaba numerosas especies animais e vexetais. Nun novo exame da auga, atopamos libélulas e as súas larvas acuáticas, tritóns, sanguesugas (ou "sanguixuelas"), anfípodos e todos


O Pornño-Mos

aqueles pequenos invertebrados que nos indicaban augas limpas, incluindo as frigáneas co seu estuche de pedriñas. A altura do pobo de Cepeda, empezamos a percorrer unha serie de muiños (ata oito), algún de curiosa arquitectura, pero todos eles abandonados e semiderruidos. Neste tramo a abundancia e variedade de vida era apreciable, e xa apareceron os primeros peixes (truitas, escalos, bogos e anguías) xunto ós primeiros pescadores; atopamos unhas pequenas lapas de río, e gran cantidade de pequenas criaturas acuáticas. Fora da auga, puidemos contemplar impasibles lagartos verdine-gros, e rastros de mamíferos como a raposa. En Outeiro, de súpeto o Louro deixa de ser río e convértese nunha piscina, pois a xente do lugar levantou unha presa e revestiu piso e paredes con cemento. Alí fixemos un alto para comer, non sin antes compobar que as augas seguían amosando a súa pureza. Sen embargo, advertimos algo que sería unha constante en toda a xornada: despois de cada núcleo de casas, sempre había un tramo de río con restos de plástico e vidro, do lixo que a xente tira. Estes restos, anque non contaminan a auga, e aquí só son un problema estético, supoñen unha mostra do que logo se fai a gran escala en núcleos urbanos máis grandes, creando xa verdadeiros impactos ambientais. Cincocentos metros máis abaixo, entre a espesura que circunda o río, demos con outra pequena presa, da que saía unha toma de auga que hai anos abastecía a Vigo. Nós deixámola atrás

e seguimos camiñando polo centro do cauce ata que, chegando á estrada, á altura de Os Valos, pasamos por un curioso tramo, no que o fondo do río está formado por lousas de pedra, mentres que a vía do tren pasa por debaixo desta canalización do Louro. Neste punto, e despois de ter percorridos uns catro quilómetros de descenso, decidimos saír da auga e deixar o resto para outra xornada. Atrás deixabamos unhas augas cheas de vida e sen indicios de polución.

(CONTINUARA).

PICAPEIXE

ESPECIES DEAVESOBSERVADAS NOTRAXECTO Picapeixe Paporrubio Lavandeira común Carboneiro Chochín Torcaz Curruca papirotada Ratoneiro Gorrión Bisbita Golondrina Avión común Estornino

(Alcedo Atthis) Esta é outra das aves máis fermosas e rechamantes do noso val. O picapeixe, xunto ó merlo acuático, está ligado a augas non contaminadas, por iso, debido a polución actual, case desapareceu en moitos ríos da Península Ibérica. No noso contorno, podémolo atopar ainda ó longo do río Louro, nos regatos que se unen a éste, e tamén na lagoa de Budi��o. Tamén é coñecido cos nomes de Paxaro pescador, Sanmartiño e Rei da auga. DESCRIPCION:

Eun avepequena e gordecha duns 16 cm. de longo. O lombo é de cores verde-azulado metálico. A gorxa branca, o mesmo que as partes laterais do pescozo. As partes inferiores son castaño-vermellas. Cola curta. Peteiro negro, longo forte, podendo medir ata o cranio 39-45 mm. Patas curtas e vermellas. As femias teñen a base inferior do pico de cor vermella. COSTUMES:

Podémolo vervoarparaleloáauga. O seu vó é rápido e recto. Acostuma utilizar posadeiros, permanecendo erguido, e dende onde fai as súas capturas de peixes, insectos, cabaliños do demo, culleriñas, larvas acuáticas, etc. Soe estar sinalado pola cercanía dun pousadeiro e abundantes excrementos baixo a entrada. Cría en niños escarbados en cortados fluviais ou en taludes de terra, ás veces algo alonxados da auga. Nos meses de abril e maio pon 6-7 ovos brancos que incuban ambos sexos durante 19-21 días. Os pitos voan ós 23-27 días. Xeralmente teñen dúas postas

17

OSOUTROS HABITANTES 'Por Rubén Loureiro


O Pomflo-Mos

0 Porriño ATira d * e Cousas 'Por Francisco Quintas/Raúl Francés

PARA MENORES: O Concello de O Porriño contratou para chófer dos camións municipais a un mozo de dezasete anos, que pola sua idade, non pode ter aínda camet. PARA MAIORES: O establecemento de hostelería Jonathan, ubicado na praia de Samil e rexentado pola famosa Karina Falagan, recibiu unha subvención do Concello de O Porriño para... un concurso de castelos de area. Poida ser que algún cortesán tivera acceso directo ás habitacións de palacio. ENCHUFES: Descubriuse o caso dun electricistaque vén cobrando dende hai anos do Concello de O Porriño sen prestar ningún tipo de servicio a cambio. Enchufe de corrente continua. BANDOLEIRO: O actor que deu vida ó famoso bandoleiro Curro Jiménez, conseguiu 500.000 pesetas do Concello de O Porriño para a súa próxima película. Cecais polo que a bandoleiros se refire, teñan escollido o Concello de O Porriño e como escenario de filmación as canteiras de Atios.

no rio Louro onde poder atracar os iates dos concelleiros Riego, Gonzalo e Novás. ¡Para mariñeiros nos\ DESAPARECIDOS: Como se dun país latinoamericano se tratar recibimos con sorpresa que 910 veciños e veciñas de O Porriño estaban en calidade de desaparecidos no novo Censo Municipal. Recordamos que este Censo foi elaborado por persoal competente, seleccionado tras un cursiño intensivo. A coincidencia de apelidos dos seleccionados con persoas moi relacionadas co Concello non parece ser a causa do desaguisado. "PIQUITOS" DE OURO: 191.000 pesetas custou a presencia de Radio Noroeste nas festas do Cristo da Agonía que incluía unha entrevista co Alcalde no inicio e outra con Berbel no remate. 95.000 pesetas por entrevista. Iso nin Isabel Presley. NOVOS EMPREGOS: Saberán vostedes que ó Concello de O Porriño lle custan máis os porteadores dos Xigantes e Cabezudos (56.000 pesetas) que aqueles que transportan ó Cristo da Agonía ( 12.000 pesetas). Detodososxeitos<•>•. ostode"acompañador de bandas de música" o negocio máis próspero ( 35.000 pesetas para un só guía). PREGOEIROS: Aínda que un só foi o pregoeiro nas Festas do Cristo, a factura de comidas con motivo do pregón é de 18 persoas. Seica era un pregoeiro e 17 suplentes. HUMOR: 400.000 pesetas custaron as comidas do comentado encontro de humoristas das Festas do Cristo do ano 91. Con humor as dixestións son menos pesadas. CARALLADA: A insignificante cifra de 22.000.000 de pesetas se adebedaban en concepto de Festas do Cristo ata o ano 91.

D'TACON: "Estolosolucionabayo de tacón" escoitouse dicir a un famoso aparellador porriñés a propósito das fracasadas negociacións cos funcionarios levadas por Gonzalo Ordoñez.

AFONIA: Persiste a afonía que impide que o señor Riego faga uso da palabra no Parlamento Galego logo de tantos anos de Deputado. Han pensar que o home é mudo.

PREMIOS: Moito deron que falar os premios ó labor cultural das Caixas deAforrosde Pontevedra e Vigo na nosa vila, concedidas polo Círculo Recreativo Cultural. Ou ben alguén meteu a pata ou pola contra foi a ironía fina o que levou á concesión deste galardón.

ON THE ROCKS: Aínda se está á busca do artista que deixou o pufo a conta do Concello no Eurospar de O Porriño por unha botella de Chivas. Hai xente no mundo que só arrinca con gasolina super.

MARITIMA: Estase a estudiar a ubicación dun porto fluvial-deportivo

A USENCIA: Din que a directi va do Círculo está aínda á espera da nota de disculpa do Sr. Alcalde por non ter asistido á entrega dos Premios Círcu-

18

lo deste ano. Pode ser que sexa culpa do réxime. FAJANJASTO: O grupo Municipal do PSOE de Mos impugnou unha factura de libros que pretendía cobrar unha librería propiedade do primeiro teniente alcalde Sr. Alonso.Parece que nos vales de compra extendidos polo Concello de Mos facíase indicación de que os libros haberían de ser adquiridos nesa librería. PELOTAS: O Concello de O Porriño mercou un "balón etrusco" por valor de 63.000 pesetas para o partido de futbol broma entre as Corporacións de O Porriño e Salceda. Hai bromas que nos saen por un ollo da cara. Logo de rematar o partido ¿quen quedou coa pelota ?.

0 CONTROL DAS ASOCIACIONS VECINAIS É lícito, pero deixemos que funcionen 'Por Manuel Besada

I esde fa¡ algúns anos, o Partido Popular está intentado acaparar o control das organizacións veciñais (totalmente lícito), facendo especial fincapé naquelas parroquias en que teñen certa oposición a súa forma de facer política. Algunhas veces, e unha vez conseguido o control destas danlle o estoque de gracia. A fan desaparecer. Por exemplo a AA.VV. de Budiño. Nos lles interesa que nestes sitios os veciños se poidan organizar. Outras veces, cando non consiguen o control das mesmas, o boicot realizado desde o concello e agobiante. Por exemplo a AA.VV. e CC.MM. de Atios. O último caso vivido corresponde a CC.MM. de Budiño, recentemente constituida. De partida, o P.P. está en contra da clasificación dos montes comunais. Logo, a pesar de que a clasificación é relativamente satisfactoria para eles (non se clasifican as canteiras, nin as Gándaras de Budiño e Atios), presentan recurso aos montes clasificados. Finalmente, poñen tódolos medios ao seu alcanze para que non se poidan aprobar os estatutos e formar a Xunta Directiva, chegando ao extremo de presionar ao Sr. Xuíz para que non permita a súa aprobación. Pensamos de que xa vai sendo hora de que aprendar a aceptar a democracia e se poñanaalturadascircunstancias. Permitan vostedes que os veciños se poidan organizar e, se fose o caso, ao marxe da vosa ideoloxía.


O Porriflo-Mos

O "Cóncavle"

COMENTARIOS A UN ANO DE GOBERNO EN MAIORIA

CASA DE CULTURA "Cada un ten a súa forma de entender a cultura" dixo El Faraón de Mosende. E penso eu: e algúns ata teñen a súa forma de non entendela. E acto seghido falou cun presidente e dixo: "eses son uns comunistas". ¡Meu Deus, estaba falando decultura!. Non é bo, Barros. amigho meu, recorrir á dialéctica cultura de dereitas e cultura de esquerdas. Se acaso haberá cultura deseñada por persoas dunha ou outra forma de pensar pero en definitiva, hai cultura ou non a hai. Se ten ou non se ten. "Ser ou non ser" que dixo Shakespeare en boca de Hamlet. Cambiemos de historia. Dixo Goebbels, ministro de propaganda do III Reich: 'cando escoito a palabra cultura, boto a man á pistola". Hai alcaldes que cando escoitan a palabra cultura, botan a man á carteira como se foran ser asaltados. Seica vai vir Fragha a inaghurala Casa de Cultura e seica nos vai falar de Castelao. Pero se lles acusas de facer electoralismo Barata, eles diranche que non, simplemente están facendo cultura. Por certo ¿fará falta ser do P.P. para atopar chollo na Casa de Cultura?, ¿haberá que ir na Msta dos "populares?. Grave dilema a elección. Será unha contratación cultural, preten-didamente escultural. Quén avisa non é traidor. E cando foron cobrar o ouro, Cesar lles dixo: "Roma non paga a traidores". Viriato. o alcalde lusitano, morreu en mans de tres dos seus capitáns-concelleiros, Dictalco, Audax e Minura. Falando de cultura. A ver se inaughurades o gharito dunha vez e poden disf rutar os veciños dun local decente no que se ofrezan as distintas opcións culturais das distintas asociacións deste concello. Esperamos tamén que as ofertas do Concello (cultura de dereitas. debe ser) crezan tamén en calidade e cantidade. 0 demais. Barros, son politiquerías

'Por Raúl Francés Valverde

En

Xuño cumpriuse un ano de goberno no Concello de Mos, no que, por primeira vez, un partido político (o Popular) contaba coa maioría absoluta e, polo tanto, tiña o camiño libre para levar a cabo o seu programa de gobemo sen nengunha crase de atrancos pola oposición. Por outra banda, o tratárense dunha maioría do Partido Popular contaba co teórico apoio da Deputación Provincial e maila Xunta, gobernadas tamén en maioría pola mesma forza política. Pois ven, pese a todas estas ventaxas, non temos máis remedio que calificar este primeiro ano de mandato como de ano perdido. O Concello de Mos segue, exactamente, coas mesmas carencias que tiña no inicio do ano 91 en servicios tan básicos como: Instituto de BUP e Formación Profesional, Centro da Terceira Idade, Centro de Saude, Oficiña de Correos, Servicio de Recollida de Lixo, Alcantarillado, Traida de aguas, etc, e os feitos demostran que pouco se ten feito por solucionalo. Temos unha maioría do Partido Popular que evita, en todo momento, enfrentarse cos seus compañeiros da Xunta e da Deputación, aínda que se trate de defender os lexítimos dereitos do vecindario de Mos. Como exemplo, o Sr. Ballesta e o seu grapo votaron en contra dunha moción do partido socialista que protestaba porque no Plan Operativo Local da Deputación se lle concedía a Mos a cantidade de cartos máis baixa por habitante de toda a Provincia de Pontevedra; e por outra banda outras mocións do noso partido que pretendían a inclusión de partidas nos presupostos da Xunta para a construcción do Centro de Saude, o Instituto, etc, son aprobadas cos votos

19

do P.P. e logo non son enviadas a Santiago ou ben son enviadas cando xa é demasiado tarde. Un dos maiores inconvintes do goberno municipal que temos neste momento é a falta de dedicación exclusiva por parte do Alcalde, ocupado en outras cuestións que pouco parecen beneficiar ó noso Concello. Esta desatención ós asuntos de Mos non se subsana coa dedicación exclusiva dun concellal e mais cos outos catro que cobran cantidades fixas do Concello, a parte do ingresado por asistir a plenos e comisións, e que son incapaces de solucionar asuntos que vaian mais alá da actitude caciquil de facer ver a algún veciño que lle arranxan algún papeliño que, como todos sabemos, o soluciona calqueira funcionario municipal. A decisión tomada pola Comisión de Goberno de contratar os servicios dunha Axencia de Publicidade, que cobrará 50.000 pesetas do Concello, para facilitar as relacións deste coa prensa ven corroborar que pouco se fai e aínda por riba e dificil vendelo. Mellor sería que o noso Alcalde se ocupara un pouco máis das cousas do noso Concello, apoiara máis decididamente as iniciativas culturais e sociais do vecindario e buscara menos sair na foto cos poderosos aínda que isto nos custe 50.000 pesetas ó mes.

Mos


OPotriBo-Mos

O CATASTRO DE ENSENADA:

Un espello da vida socioeconómica na Louriña en 1753 * Por X. Miguel González

O

Catastro mandado realizar polo ministro borbónico Marqués de la Ensenada tiña un obxectivo claramente fiscal, o de coñece-la verdadeira riqueza dos pobos co fin de instaurar un só imposto que viñese a sustituir ós moitos e variados que estaban en vixencia; nembargantes esa "Única Contribución" nunca chegaría a implantarse. O Catastro, que se garda no Arquivo Histórico de Pontevedra, aínda que polo dito tende ás ocultacións cuantitativas, abonda en informacións de tipo socioeconómico, permitíndonos unha aproximación bastante axeitada a moitos aspectos que caracterizaban a vida cotiá nos mediados do XVI11. AS TERRAS RURAIS EN MOS Os termos do actual Concello de Mos antigamente andaban divididos en xurisdiccións baixo o señorío dun particular: Cela, Dornelas, Petelos e Sanguiñeda pertencían ó Porriño, dominio dos Condes de Salvaterra, e non tributaban vasalaxe ningunha. Hacia o Norte, Guizán, Louredo, Pereiras e Tameiga formaban a Xurisdicción de San Antoiño, propia do Conde de MacedavíalinaxedosLanzós.quen nomeaba un xuíz, aínda que no municipal dependían da vila do Louro. Finalmente, Torroso e Mos eran do Marqués, a quen entregaban un feixe de palla triga por familia, e os que tiñan boi e carro unha galiña máis medio real, mentres que o resto íalle traballar dous días ó ano, un residuo do xa afastado feudalismo medieval; aíinda que en Torroso tocaba a máis, as cantidades eran cativas. Segúndo A. BOUHIER sitúanse no grupo medio dentro das densidades de poboación da Galicia da

época, mesmo como Gondomar e por riba do Porriño. As densidades maiores danse en Petelos, Torroso e Guizán, mentres que en Dornelas detéctase un grande vacío demográfico. Tomando como referencia a adicación dos varóns, esta sociedade rural aparece repartida do seguinte xeito: NUM. DE FAMILIAS

GRUPO SOCIO PROFESIONAL Administración e servicios Artesans Labregos Clero parroquial Fidalgos e rentistas

28 106 896 30 6

%DO TOTAL 2,7 10,2 83,6 2,9 0,6

O predominio dos labregos é o máis notable, non existindo a categoría de xornaleiros, pois o traballo asalariado practicábase de forma ocasional. Séguelle en ¡mportancia o artesanado, moi desigualmente distribuído: case non hai en Cela e As Pereiras, mentres que ten certa importancia en Louredo e Torroso. Polo número e repartida presencia destacan os carpinteiros, xastres e zapateiros, mentres que se contabilizan 21 fabricantes de cestas ou banastreiros en Louredo; logo vense uns poucos teceláns, canteiros e ferreiros, dous cereiros en Mos (un deles trafega en aceite) e dous escultores en Tameiga: Juan Suarez Ozores e Benito Dominguez. O interesante é atopar unha pequena industria rural en Torroso: en Seixalbo reparouse un forno de tella e no Lameiro e Cabadiña funcionaban cinco pías para curtidos e coiramesdepeles.ocupandoatres curtidores e un coireiro. Case tódolos artesáns gañaban un salario de dous reás por día, agás os zapateiros que andaban polos tres, e os escultores un máis e tiñan

20

dous criados na casa. O certo é que o tempo de adicación real oscilaba entre os tres e os cinco meses ó ano, empregando o resto nos labores agrícolas. Os servicios eran ben poucos, Había case un "ciruxano" en cada parroquia, os estancos de Mos e Torroso que beneficiaban tres libras de tabaco ó mes, algunhas carnicerías, un mestre de nenosen Cela que lles ensinaba os rudimentos da escritura e do cómputo e un gaiteiro en Guizán, Pedro Lueiroda Grela, quen non tiña moito traballo, Os fidalgos ou pequenos nobres eran os beneficiarios dos contratos de arrendamento da terra a longo prazo chamados foros, que eles recibían para logo entregar ós labregos como subforos en troques dunha renda máis elevada. 0 seu número era reducidísimo, aínda incluindoasviúvas,comparadocon outras areas de Galicia, xa que moitos propietarios residían fóra como o Marqués de Mos e o Conde de Maceda. Deste pequeno grupo pódense citar en Mos a D. Juan Ladrón de Guevara e ó avogado D. Juan A. Correa, en Louredo a D, José Correa, e en Sanguiñeda a D. Benito Carbajal, soando entre as viuvas os apelidos Pereira, Bautista e Lozano Lanzós. O clero en conxunto tampouco era numeroso, pero pola súa condición eclesiástica gozaba dun certo recoñecementosocial. Mentresen Sanguiñeda só vive o Párroco, en Cela ou As Pereiras xunto cos cregos de maiores ordes rondan a media ducia. O seu principal ingreso eran os dezmos, a décima parte dos f roitos da colleita, máis algo por cordeiros e terneiras e tamén pola lan e o liño. Na maioría das freguesías os dezmos ían íntegros para o abade ou quedaba un resto


O Porriflo-Mos

para o Cabido de Tui, aínda que este acaparabaa metade en Guizán e Tameiga, e aínda un crego forasteiro levaba a cuarta parte en As Pereiras e outro o 80% en Cela. Os párrocos tamen percibían todo ou a metade do dereito de "primicia", consistente nunha galiña por familia á que nalgún caso engadíaselle un ferrado de trigo, se ben en Torroso os f regueses daban 60 reás para o aceite do lume do Cristo por ser pobre a "fábrica" da igrexa. Os paisanos amais das rendas que pagaban polo aproveitamento das terras, tiñan que aprontar ó clero as cargas devanditas xunto cunha pequena cantidade polo "Voto de Santiago" que correspondía á catedral compostelá. Logo viña o derivado da vasalaxe señorial, os impostos da Real Facenda, sobre todo o "Servicio Ordinario e Extraordinario", os repartos concellís, etc. Todo isto xunto coa semente significaba entregar un tercio ou a metade da colleita do ano. As terras de Mos presentaban a seguinte clasificación: AOICACION PRODUCTiVA

FERRADOS

Regadío Secano Prado Hortaliza Viñedo Pomares de froita Soutos de castanas Montes baixos partículares Devesas de terrestal Devesas de carballos Devesas de satgueíros Montes abertos comunais Casas, camiños, etc.

4.380 5.611 81 120 1.198 21 299 2.626 70 2.183 16 6.775 1.601

tiñan relevancia alí, ocupaban a metade do territorio en Cela. Os cultivos predominantes eran o trigo, centeo, millo, miúdo, viño, castañas, verzas galegas e legumes nas hortas e herba de sega nos prados; as árbores daban peras, mazáns, paveas, guindas, ameixas, limóns, laranxas, cereixas e figos. Imprescindible era a presencia dos muiños albeiros e negreiros cunha ou dúas rodas os menos, que traballaban varios meses ó ano, abondantes, menos na zona noroccidental (en Guizán non os había); dos 71 muiños declarados só un 20 % eran propiedade dos privilexiados, f idalgos e cregos. Se analizámo-lo promedio de colleitaporcadaveciño,resultaque as parroquias máis productivas eran Guizán e Louredo, algo menosCela, indo na cola Petelos e Torroso, que quizais o compensasen mediante unha boa cabana gandeira. En conxunto, pódese sinalar que a freguesía máis rica dende a perspectiva agrícola a mediados do XVI11 era Sta. María de Guizán.

%

17,5 22,5 0,3 0,5 4,8 0,1 1,2 10,5 0,3 8,7 0,1 27,1 6,4

Ainda que o cadro é significativo para o conxunto, cómpre facer algunhas puntualizacións. As parroquias con maior superficie cultivada eran Mos, Tameiga, Petelos, Louredo e Guizán, con case o 50%, mentres que en Cela e As Pereiras reducíase so á cuarta parte. O regadío tiña importancia en Tameiga e Petelos, así como algo menos en Domelas. O viñedo ocupaba un de cada dez ferrados en Petelos pero case non existía en Tameiga. Os prados acadaban maior superficie en Cela e Torroso, non aparecendo en moitas parroquias. Os montes baixos de particulares chegaban a un tercio da superficie en Domelas eTorroso, pero os abertos, que non

21

Agás Torroso, os veciños como tales disfrutaban dalgúns bens en réxime de man común, sobre todo montes, aínda que en Mos a falta deles levaban unha cantidade por cada "vara" ou libra de liño que se pesase ou vendese no mercado dos luns. Velaquí a extensión dos común expresada en ferrados:

PARROQUIA SOUTOS Cela Dornelas Guizán Louredo Petelos Pereiras Sanguiñeda Tameiga

10 1

62 10

CARBALLOS 30 3 30 24 17 60

MONTESABERTOS LUGAR 1.400 150 200 1.100 400 450 275 2.000

Aínda que os soutos de castiñeiros superan case sempre o tercio do total de cada parroquia, as devesas de carballos só teñen importancia en Tameiga; o predominante serán os chamados "montes abertos, penascosos e inútiles" que son ó completo dos veciños, servindo para pasto e esterco, polo que son un complemento importantísimo para a gandeiría e o cultivo das terras. Por outra banda, o rei posuía en tódalas parroquias entre unha e cinco devesas de carballos con algúns viveiros. Os señores tamén se beneficiaban de certos servicios: o Conde de Salvaterra cobraba nalgúns lugares a "alcabala" sobre os productos que se vendían; o Marqués de Mos percibía o "portazgo" na Ponte de Nobeleda, nocamiño real aTui, por cada carro ou cabaleiriza de carga forasteira que pasase... As especies gandeiras non se diferenciaban en nada das actuais, se ben nas montuosas terras de Cela podían atoparse algunhas éguas destinadas ós privilexiados dunha sociedade peatonalizada. Chama a atención a abundancia de colmeas, cun promedio máis elevado en Mos (526 en total) e Louredo, bastante repartidas nasúa propiedade e con escasa participación da élit'e. O gando, xa en propiedade, xa en aparcería a "perda e ganancia", beneficiábase nasfeiras da zona, como a de Vilanova de Lanzós (Louredo) o día 12, propia do señorío do Conde de Saívaterra e do Rei, aínda que arrendada polos veciños, a de Tameiga os 24 e a de Mos no derradeiro luns de cada mes.

O Sisto Chan do Sino e A Gándara Chan da Portuguesa O salgueirón Costas do Miñoto AgudeEos Arzán.Seixalbos e Boullosas A Portela


OPorriflo-Mos

A VILA DE O PORRIÑO Lonxe de presentarse como un núcleo urbano compacto, as súas 206 casas (case tantas como familias) espallábanse nas beiras da estrada real que conducía a Tui e tamén noutros lugares máis aillados, contando a maioría cun pequeno espacio ó redor adicado a horta. A causa desta distribución unicamente merecían o nome de rúas uns poucos vieiros: San Sebastián, Real, da Fábrica, da "Calle" e quizais a Ponte do Val; pola contra, eran catalogados como lugares ou sitios: O Pego de Arriba, Xunto á Igrexa, A Quinta ou O Cantón; como espacios abertos quedaban a Praza Pública e mailo Campo da Feira. Os lindeiros da parroquia de Santa María de O Porriño, de curta superficie e forma irregular alongada, discorrían polo marco da Porteliña ata o do Carballo, e de alí óríoLouro.seguindopolasúabeira ata chegar ó marco da Pon te Nova, situada sobre o río do Pego, polo que continuaba ata rematar no primeiro padrón. Ademáis do viaducto xa citado, onde ficaba un muíño fariñeiro de dúas rodas que moía catro meses ó ano, o río salvávase mediante unha rexa ponte de pedra de dous arcos. O Porriño era cabeceira dunha vella xurisdicción que abarcaba 10 parroquias, as actuais (menos Budiño) xunto con outras tres limítrofes: Petelos, Sanguiñeda e Dornelas. O señorío era dos Condes de Salvaterra por compra que no 1.655 lle fixeran á monarquía, dependendo con anterioridade do Correxemento real de Baiona. Estes nobres nomeaban un Concello formado polo Xuíz-Alcalde, catro rexedores (tres deles do "estado llano") e outros oficiais públicos: escribáns, procuradores de causas e alcalde de bulas, mentres que o pobo escollía cada ano en xuntanza aberta un Procurador Xeral para que o representase dentro da corporación. Os veciños debían contribuir anualmente en concepto de impostos e outras cargas do fisco real xunto cos gastos municipais, por riba dos 12.000 reás. Entre os últimos atopabanse as atencións á

"... debeu ter unha certa importancia a chamada fábrica de "pan de munición", acal abastecía de pan de tropa ás guamicións de Vigo, Baiona, Goián, Tu¡ e Salvaterra... Aqui poido esta-lo xermolo da fama do pan de 0 Porriño." 22

igrexa: festa do Corpus, sermóns de Coresma, coidado do reloxio, salario do campaneiro e arranxos, por non dispoñe-la "fábrica" parroquial de renda ningunha para facerlles fronte. O único ben que o común tiña por propio era o monte chamado da Pedra da Audiencia, no cabo norte, e que por só servir para o gando valorábase en 400 reás de utilidade ó ano. O rei posuía dúas pequenas devesas de carballos no Campo da Feira e no Regueiro da Graña. O Conde quedaba coas "alcabalas" ou imposto pola introducción de mercadorías, así como tamén coas "plenas de cámara" producto das multas xudiciais. Na sociedade porriñesa da época sobresaía un reducido grupo de privilexiados. Entre eles contaban primeiro os fidalgos ou pequenos nobres, representados polas linaxes dos Velasco, Taboada, Pereira, Pallares, Palacios e Ozores; nembargantes non todos eran iguais, indo dende os que tiñan catro criados ata os que non contaban con servicio; as súas vivendas eran céntricas, pero só dúas merecían o calificativo de pazos urbanos. 0 clero, composto poroito membros, destacaba máis polo prestixio que pola súa riqueza. Tamén se adornaban co devaluado distintivo de "don" diante do nome, un pequeno colectivo de privilexiados, caso do avogado, o médico, os comerciantes de "grosura", o Sarxento Maior de milicias e algún poderoso rentista. O sector mercantil, escaso numericamente, estaba xerarquizado. Por riba andaban os dous comerciantes ó por maior (un deles oasturiano D. Mateo Maiores), logo viñan un tendeiro de panos ordinarios e outros catro de aceite, vinagre, sal e xabrón, e finalmente cinco tratantes de viño. Había na vilaademáisseistabemaspúblicas, propiedade do monarca, que eran arrendadas cada ano ó mellor postor. Xunto cuns poucos oficiais da administración xa citados, aparecen algúns profesionais dos servicios: o médico, cinco "ciruxanos" (pouco máis que sangradores) e dous boticarios, un estanquilleiro do tabaco e tamén un mestre de nenos que lles ensinaba os rudimentos da escritura e do cómputo.


O Porriño-Mos

0 gando era atendido por un mestre e tres oficiais albeitares ou veterinarios, número relativamente elevado para o que era común. Na Praza da vila había unha pequena casa terreña adicada a hospitaliño, do que era patrono D. Domingo Alonso, un porriñés residente en Sevilla. Como nada máis contaba cunha minguada renda anual de 12 ferrados de millo e 60 reás, que non chegaban nin para roupa, só servía para acoller a pobres peregrinos, sen que poidese acomodar a ningunha persoa de calidade; iso si, contaban coas atencións do médico. 0 artesanado era un dos grupos socioprofesionais máis importantes. Destacaba o gremio de zapateiros, con nada menos que 38 membros, seguidos xa a distancia por 9 xastres, 3 sombrereiros, 2 carpinteiros e 1 "pelaire" que tamén trafegaba con coiros; o ramo do vestido superaba claramente ó da construcción. Moito máisespecializados e mellor remunerados pola súa producción suntuaria eran os catro prateiros e outros tantos es-

cultores do obradoiro que dirixía o mestre Manuel Pérez Davila. Aínda que moi pouco coñecida debeu ter unha certa importancia na economía porriñesa a chamada fábrica de "pan de munición", que administraba cun bo soldo D. Diego González, a cal abastecía de pan de tropa ás guarnicións de Vigo, Baiona, Goián, Tui e Salvaterra, sendo en moitas ocasións branco das queixas dos paisanos que eran obligados a carrexa-las madeiras dende as comarcas veciñas. Aquí poido esta-lo xermolo da fama do pan de O Porriño. Outro sector importante era o que formaban os 48 labregos da parroquia. Nos arrabaldos predominaban as terras adicadas ó labradío de secano, ós viñedos (no medio dos cales plantábanse "pumares" ou maceiras) e o regadío, quedando un chisquiño de terreo para as hortalizas, mentres que o resto repartíase entre devesas e, sobre todo, montes abertos. Amais das especies de gando clásicas en Galicia, había 76 colmeas, a maioría dun só veciño, que producían mel e cera.

23

Os paisanos, xunto coas rendas que correspondían ós propietarios da terra que traballaban, pagaban cada ano o "dezmo" e a "primicia" ó clero, dependendo a cantidade do número de cordeiros, terneiros e galiñasqueposuíanjndoametade do recadado para o Chantre da catedral de Tui e o resto para o mosteiro de Melón (no medievo mantivera unha granxa en Cans); aparte estaba o chamado "Voto de Santiago" que levaban os coengos composteláns. En O Porriño celebrábase cada primeiro de mes unha recoñecida feira de gando vacún, porcos, lenzos do país e outros productos que levaban os "trajineros", amais dun mercado semanal. Como eran do señorío do Conde de Salvaterra, este sacáballes cada ano unha utilidade superior ós 1.000 reás. A feira porriñesa debía competir con outras de menor entidade que se facían na veciñanza: Budiño, Torneiros, Mos, Tameiga e Zamáns. O gando era un elemento moi importante na economía da comarca da Louriña.


0 Porriño-Mos _

(A o r i x i n a l i d a d e n a o b ra c r e a t i v a ) . * Por Uxía Senlle

P.¿Que parte da tradición debe tomarse nos proxectos arquitectónicos para Galicia e qué parte se debe rexeitar?. A tradición constructiva galega ten algunha validez neses proxectos ou debese afastar esa tradición?. ¿Sería máis interesante entrar nunha linguaxe universal ?.

P. ¿E frustrante para un arquitecto hoxendía prescindir das exquisiteces por mor dunha arquitectura máis utilitaria ?. ¿ Ata qué punto é libre un arquitecto para crear presionado por especulacións ?.

R. Iso é terrible ata o punto de que eu traballo pouco, fun discriminado e non foi porque o que pretendera facer fora inviable porque eu estudio o aspecto económico como calquera, entendendo a econom ía como un pintor. Para ser un bo colorista non fai falta usar moitas cores senón todo o contrario. Hai que usalos moi ben. E o mesmo, se eu podo dicilo con menos, fágoo.Tampouco se trata de levar ó extremo de Mjes P. Falo de certa arquitectura residencial que se se- Van der Rohe que preconizaba: "o menos é máis", gue facendo na actualidade, tanto nas zonas rurais porque non sempre é así. Eu son un arquitecto concomo nas vilas ou nas cidades que aínda están pega- siderado caro, e a causa principal é que eu procuro das a certas formas tradicionais con inclusión de citas, face-las cousas de tal maneira que, unha vez estude porches ou pórticos con columnas graníticas imi- diadas, poidan ser realizadas. Eu pretendo facer unha arquitectura digna, non cara, nin moito menos. tando arcos de medio punto.

R. Eu creo que cando son leccións profundas e reais, aquilo que é expresión da vida mesma, esa necesidade que leva a complementar con materiais para facer un muro, esa maneira de facelo como a natureza foi ensinando a facer, porque se o pos mal, cae. Todo iso feito con sinceridade é lección para sempre.

Foto de Xurxo Lobato.

P. ¿Hai cultura arquitectónica na nosa sociedade?. ¿Maniféstase esta nas persoas que chegan ó seu estudio para encargar un proxecto. ¿ Qué opina das autoridades políticas cotno clientes?.

R. Iso é un eclecticismo pobrísimo, é vello cando nace, a non ser certas columnas que poden recordar unha forma de facer do pasado, que dialogan co pasado inmediato. Eu, por exemplo, deliberadamente fixen columnas inventadas por min de acordo con formas do pasado, ao lado das ruinas f acía outra obra. Eu pensaba contrastar máis o noso tempo co pasado. Tamén houbo unha volta á arquitectura tradicional, pero a plaxiala. Prefiro unha copia que un diálogo estúpido con ela. O mesmo que o emprego exclusivo da pedra. Se non se emprega a pedra tamén se pode facer ben. De acordo que a pedra é mellor có ladrillo, máis resistente ao tempo. En Galicia eu sempre emprguei pedra sobre todo nas zonas baixas, de construccións económicas. Palacios soubo sacar moito partido da pedra (que é de moi boa calidade en Galicia ) con expresións que ían desde o pulimento máis exquisito ata as maiores tosquedades. Sabía tratar maravillosamente os materiais. Usaba cerámica para crear efectos cromáticos que sempre buscou.

R. Certamente é así, non hai unha gran cultura arquitectónica neste país. Con respecto á administración teño que dicir que non tiven demasiados problemas coa administración central porque as únicas limitacións que impón son as presupostarias e, en xeral, lavan as mans. Coa administración local tiven non moi satisfactorias relacións que espero cambien agora. En canto ás persoas que encargan unha vivenda, por exemplo, a muller é a que ten un peso determinante, normalmente. Cando un vai face-la súa casa quere que se lle acomode ás súas convenencias e incluso, en certo modo, aos seus gustos. Cando sucede que eu non me poño dacordo cos clientes doulles o enderezo

24


O Porriño-Mos

deoutro compañeiro. Unha vez un matrimonio xoven pediume unha casa similar á da película " Lo que el viento se llevó" e, a verdade, non me interesaba demasiado e non a fixen. Ainda así, eu cando fago unha casa, non a fago para min, fago a casa de quen a encarga tomando como referencia un memorandum no que figuran todo tipo de detalles, se a casa é para vida cotiá, de vacacións, temporal, se está ubicada no mar, na montaña, se estima moito a chimenea como calefacción ou non, etc. Tamén teño en conta a preferencia de materiais. O final do memorandum fago unhas calificacións de tipo psicolóxico de onde obteño datos sobre o carácter das persoas, se é alguén extrovertido ou, pola contra, reconcentrado e introvertido. Enfín, este memorandum sirve para adecuar o máis posible o dono e a casa.

recen repetidos, de volúmenes marcados sen ningunha expresividade, standarizados. R. En Galicia, desgraciadamente, temos pouca cultura do pasado e o que non coñece o seu pasado non ten cultura. Vive nese pasado pero non o coñece. E, como somos moi desconfiados debido á explotación sufrida no pasado, cremos que todo o mundo ven a explotarnos, é unha defensa naturalísima, por outra parte. O que pasa é que son os constructores os que explotan, non sempre claro. Págase un arquitecto

P. ¿Cales son os proxectos que destacaría de toda asúa obra? R. Os actuais son cos que máis estou encariñado, pero quizáis un que ainda non rematei totalmente e que é o edif icio onde vivo (onde estaba antes Plastibar, en Marqués de Valladares), sexa o que máis destacaríaainda que xa se quedou un pouco vello e hai que renovalo. Houbo un momento, no 36, en que Castro mesmo foi capaz de facer o Náutico de Vigo imitando o de S. Sebastián, onde xa se vislumbraban as ideas do movemento moderno. Todo isto coincidiu co franquismo no que se volvía ó pasado que era mellor, ó historicismo do imperio, etc. En Vigo, como apenas ha¡ edificios oficiais non se nota demasiado. Plastibar foi un edificio que rompeu e, polo tanto, foi mal aceptado, incluso hoxendía. Tamén é certo que daquela non se consideraba o contexto como se considera hoxe, só se o edificio estaba na natureza..A min sempre me molestaron as modas. P. ¿ Oué opina da utilización de materiais actualmente en Galicia ?. R. Eu non estou de acordo coa xente que opina que, aquí, no litoral, o que debemos utilizar para cuberta é tella e, se é no interior entón podemos utilizar pizarra. Eu boto man da pizarra moito máis que da tella cando vou complexizando a cuberta. Cunha tella normal non podes facer máis que cubertas moi simples, a dúas ou tres augas, pero cando as cubertas enlazan unhas con outras a diferentes alturas para cubrir os espacios que vas conformando entón o material é a pizarra, está claro. Pero é que ademais a pizarra é galega por excelencia, somos os principais exportadores do mundo, igual que de castañas. Estamos renunciando á pizarra por inercia, é un capricho formal que non podo entender. Eu utilizo os materiais que teño cercanos da maneira máis adecuada. Depende da propia capacidade poder darlle saída a ese material. Palacios, por exemplo, usou moi ben a pedra, tratando a cor, astexturas dunha maneira riquísima, procurando así facelo sempre novo. Eu, que seguín a súa obra, aprendín del a facer tódalas combinacións posibles para tratar a pedra como unha xoia. Creo que o Edificio do Xuzgado de A Coruña é un exemplo claro.

como se fora un imposto e o arquitecto en moitas ocasións non pasa por alí. Entre unhas cousas e outras estase repetindo, ou máis ben degradando as tipoloxías coñecidas porque cada vez máis a construcción está en mans de xente menos competentes porque cando empezou a emigración fóronse magníficos traballadores, carpinteiros, encofradores, etc. A tendencia da construcción é industrializarse cada vez máis para que o que se faga a pé de obra se faga no menor tempo posible e nas mellores condicións, o máis humanas posible porque é na construcción onde P. ¿Están presentes este tipo de consideracións na hai máis accidentes e a cada paso o albanel construe arquitectura rural galega?. As veces os modelos pa- peor. O constructor fai a casa sen ver os planos, a

25

Xosé Bar Boo fotografiado por Delmi Alvarez.


_

O Pnrriño-Mo-

través de aparelladores. Eu tratei de resolver isto mediante uns cinco ou seis proxectos tipo. Arquitectos e aparelladores visitarían por sectores tódalas obras, pero era evidente que non era rentable querer facelo ben. E fundamental que se revisen as obras, que se visiten e adapten ás circunstancias concretas. P. Nas cidades, ¿ non se está subordinando todo ó contacto centro-perífería ainda habendo pequenos núcleos urbanos na periferia ?. R. Non hai cidade que poida chamarse tal se non ten un centro, é como un ser humano sen corazón. Unha das cousas que impediu o desenrolo humano en condicións racionais foi o gran vial.a parcelación, o m3. Cando xa está todo en mans de propietarios máis ou menos importantes, de empresas inmobiliarias, reproducen o seu capital na forma máis cabal, máis completa e non andan con romanticismos. Se hai que facer un parque, pois o parque é unha porquería de parque. A mentalidade é diferente. Eu tratei este tema nunha universidade de verán tratando de demostrar que na explotación do espacio urbano está implicada toda a sociedade. Vigo, por exemplo, é unha cidade de aluvión, non da tempo a querer á cidade e o que un non quere destrúeo e o que un quere conservao. A maior parte da xente que vive en Vigo, sobor de todo, procedentes de Ourense, veñen a gaña-la vida e a saca-lo máximo proveito.

Xosé Bar Boo fotografiado por Xurxo Lobato.

P. Falemos agora de O Porríño. ¿ Cre queporserun sitio de paso é un lugarinhóspito ?. ¿ Cómo supón que quedará co paso próximo da autovía ?. R. O Porriño tivo un desenrolo moi importante pero multiplicouse bastante a poboación. Antes o casco non se desenrolara máis, facíase un pan formidable, había moitos zapateiros. A miña familia tiña un almacén decurtidos etiña unha inmensaclientelaalí. Estivo ben mentres non se lle tocou a "carretera" que pasaba polo centro e logo subía. Entón ocorréuselles facer unha circunvalación moi inmediata á vila, ó núcleo urbano, a Avenida de Galicia. Entón o que era "carretera" convertiuse na rúa da cidade. O resultado é catastrófico, o mesmo que en Vigo cando se fixo a "carretera" nova para Pontevedra, tomouse tamén como vía urbana, con edificacións a un lado e ó outro sen importar a altura cando non había sequera alcantarillado. Nesas condicións non pode sair nada bo porque o que se fai cun fin dáselle outro uso e o resultado é malo porque se fai pegado á cidade sen ter en conta que se vai desenrolar. O que pasa é que non se pensan as cousas. Eu creo que mellorará ó pasar a "carretera" por riba e entón o que ha¡ que buscaren O Porriño que ata agora tiña un "Callejero" de rúas mo¡ estreitas e limitadas é que poida ser un sitio interesante para pasear e tomar unhas copas. Hai que ir na procura do pracer. Necesítase máis intimidade. Ha¡ que facer prazas de medidas adecuadas para que poidan ter vida. A Praza do Concello era rica en arquitecturatradicional, asoportalada, en harmoníade formas e materiais. E necesario conservar e rehabilitar para non destruir ese espacio pequeno, reducido, íntimo.Eu trataría os edificios verdadeiramente conservables, adecentaríaos, cuidaríaos e rehabilitaríaos. O que nunca cambiaría é o uso dos edificios. Iso destrue o tecido urbano. O tecido social é importantísimonunhacidade.Sehaivivenda, mantería vivenda e procuraría tamén levar servicios, todo o que sexa lugar de encontro : un bar, unha cafetería, unha tasca. Eso sempre é bo. E o pretexto para conversar, tomar un vaso de auga, un lugar para facilitar o encontro.Unlugarondepoidaconcentrarseocomercio 'pequeno. Desenrolaría a vida social, comunitaria. Ademais non se fomenta un lugar para a delincuencia porque non se abandoa e ten un uso continuado nocturno e diurno. Non se pode romper un espacio que ten memoria histórica para a xente. Convén manteras formas e o uso. Á sociedade se desintegra desintegrando as cidades. A delincuencia non se sana con prazas pero s¡ melloraría e eles marcharían a outras partes. A delincuencia derivada da droga solucionaríase coa venta libre, coa legalización. Coa lei seca de EE.UU. pasou o mesmo, é necesaria a abolición. O peor é que os gansters que non se conformaron con desaparecer se transformaron e son os que teñen agora a droga. Resumindo, diría que as cidades resultan inhóspitas se non tes os teus lugares de encontro..

26


_

O Porriño-Mos

Xosé Bar Boo: | IBIBLIOTECA A. FALACDS

'Por X. M. Iglesias

No ano 1971, trasládase a O Porriño o Templete de acceso ó Metro situado na Gran Vía madrileña, despois dunha campaña de protesta iniciada polo arquitecto Carlosde Miguel, directorda revista Arquitectura e polo Colexio de Arquitectos de Madrid, ante as decisións tomadas con esta obra do arquitecto porriñés que implicaban a súa desaparición. 0 Templete, proxectado por Palacios no ano 1919, estabacompostopordúasestructurasdiferentes,unha de granito moi traballado e outra de ferro forxado e cristal, a modo de marquesiña lixeiramente inclinada para evita-la auga da chuvia. Sen embargo, no traslado pérdese a estructura de ferro, polo que o Templete aparece mutilado, perdendo unha das súas principais características: a harmonía e perfecta simbiose entre o material pétreo e a estructura de ferro e cristal. Perfecta integración de materiais, común á meirande parte das obras do arquitecto porriñés. Antes da definitiva instalación do Templete, Xosé Bar Boo, neses anos arquitecto municipal da vila, tentando unha nova reutilización desta obra de Palacios, deseña unha biblioteca aproveitando a estructura pétrea na que integraba outra de aceiro e cristal, inspirada posiblemente na composición orixinal do Templete e quizais no da Porta do Sol, que era unha composición pechada de cristal.

Planos dun proxecto do arquitecto para a creación da Biblioteca Antonio Palacios.

A Biblioteca Antonio Palacios, homenaxe ó arquitecto porriñés, estructurábase en tres plantas. Na planta principal, á que se accedía a través dunha pequena escalinata e dun porche que alcanzaba o vestíbuloprincipal,situábanseosarquivos,información, gardarroupas, escaleira de caracol que comunicaba coas demais plantas e Biblioteca Xuvenil. Na primeira planta establecía a Sección de Arquitectura, dedicada especialmente á recollida de documentación, planos, publicacións, etc, referentes a Antonio Palacios. No resto desta primeira planta situábase a Biblioteca Xeral. Na planta semisoto emprazaba o depósito de libros e os servicios. Bar Boo situaba a biblioteca no Campo da Feira, no lugar actual, pero modificando emprazamento e orientación. 0 proxecto non foi adiante, xa que foi rexeitado pola corporación municipal. Sen embargo a idea do arquitecto vigués de recoller e centraliza-la documentación referente a esta importante figura da arquitectura nun local propio, podería facilita-la recollida de documentación a todo o Val da Louriña, arquivando e recuperando publicacións, material fotográfico, documentos, xornais, etc. Toda aquela memoria histórica que pouco a pouco se vai perdendo, como lamentablemente sucede cos poucos exemplares existentes de EILince ou El Eco de Porriño y Mos, xornais publicados en O Porriño nos principios de século... Todo o que permita coñece-lo pasado de onde vivimos e que cada vez máis descoñecemos...

27


: OPorriflo-Mos_-

Un á nas carreiras

CIII BAIXAIM.EN CARROSDEBOLAS)1 "Por Ftaúl Francés (Fotos Chus Domínguez e Manuel Sío)

Aquel domingo erguécheste ás 7 da mañá, unha hora pouco prudente para ser domingo e tamén para ti que tanto gostas de quedar polas mañás na cama. Comprobaches que, como che tiñan contado, a esas horas xa hai xente polas rúa, ciclistas con maillot nas estradas e mesmo algún que outro facendo "futin" denantes de almorzar. Cando entrabas no coche fixeches reconto do que tiñas que levar ó monte: empanada, froita, bebida, o video, o mantelo de cadros vermellos e brancos, unha chaquetita por se ía algo de frio e unha desas gorras tipo americano por se facía un sol de carallo. E, ¡ veña!, alá vai o noso homiño a horas intempestivas cara ó armacén de Julianín a cargar as neveiras e mailas bebidas para o bar da Asociación Cultural do Louro. Como o día anterior Quique Campos che botara unha bronca por chegar tarde a montar as vallas e as rodas, hoxe ías na hora convida. tanto foi así que mesmo chegaches canda el e os que alí estaban aplaudiron e dixeron algunha que outra frase irreproducible nesta revista mais propia da algarabía reinante que da reflexión. Co "flipe" do madrugón esqueceches de coller a Uxía na súa casa e cando chegou arriba con Pepe Diz montou un espolio de carallo. Menos mal que nos queda Portugal e Pepe Diz saiu ó quite e non chegou o sangue ó río. Entre buscar gasolina para o compresor e ir pola pancarta da Asociación foise unha boa parte do inicio da mañá. Por se te aburrías logo tiveches que ir axudar a colocar as vallas e as rodas á curva dos chalets e chupaches ti a bronca dos municipais por ter usado a cinta de policía local para atai as rodas e non nas funcións propias da mesma.Todo hai que dicilo tanto os municipais como os operarios do Concello que botaron unha man comportáronse estupendamente (como tódolos anos). Cando chegou a banda de música xa andaban algúns carros por alí, preparados para o que fixera falta, e mesmo Moncho o de Alugran tivo un rato para probar o seu prototipo (un vehículo internacional, xa que levaba unha copiloto catalana, máis do Barga que a hostia!.)Cada vez que sentías chegar un carro a "boxes" acordábaste de cando eras un neno e andabas coas xeonllos esfolados polos tombos que levabas. Máis dunha vez a túa nai tivo que che facer unha cura de urxencia co bote de cromer.Se non

28


OPorrifio-Mos

chegamos a por o uso de casco,luvas , xeonlleiras e codeiras hoxe non habería nai que dera abasto de botar cromer. Nunha destas Emilio Vaquero, que é un enredante de carafio, vai e poncheunha emisora no coche e veña, ¿a ver que tal funciona?. ¡Atención base, atención base, ¿recibes?, cambio!. ¡Aquíbase, copio perfectamente, cambio! ¡Ias no coche máis gallardo ca un capitán de yate!.Xa parecías Novás pola praia de Barra adiante coa emisora. Porto, ¿me escuchas?. No bar Flori e Mari non daban abasto coa clientela e tiveches que pillar a auga mineral pola tua conta. Entón chegou alguén rindo e co conto de que Cuquín trouxera unha caixa de defuntos e que uns rapaces de Mos apareceran con outra. A hora de xantar inda andabades enredados ti, Julio e mais Lito con Quique a entrega-los dorsais a un fato de participantes que mesmo parecía que ían correr nas 24 horas de Le Mans. O ano que ven hai que traer un ordenador portatil, dixo Manoli.E ti riches maxinando a Piri pasando as fichas e os demais comendo empanada na Risca. Nada, con todo o mogollón houbo que comer a escape un pouco de polo deses que venden no posto de Coren e un par deflans de Danone, que parecías un neno cos potitos bledine. Segundo rematas de xantar subes cara á saída a ver como ían as cousas e Quique xa che manda un berro que a pouco quedas tatexo.¡Que son as catro menos dez! ¿Ti non tiñas que estar coa emisora na meta?. Dás media volta e ras,¡coma un foguete cara abaixo!. Antes de colle-lo coche tiveches tempo de confirmar que Porto xa tiña o tráfíco cortado!. Colocas o coche coa emisora na meta e xa se encargan dela Manoli, Puri e Piri. Ti coa túa cámara de vídeo e dalle para arriba cara á curva dos chalets que a xente quere ver as hostias que se dan os carros. Alá andaba o Paxi cun pano na cabeza que parecía o pirata barba roxa a tentar xunto con Porto e outros que a xentiña fora prudente e se colocara detrás das vallas que para iso estaban. ¡Había alí máis espectación que no Ralli de Portugal!. A ver cando aprenden os que mandan nisto e declaran a Baixada da Risca puntuable para o Campeonato do Mundol. E pouco a pouco foron baixando aquelas e aqueles chalados nos seus tolos cacharros como dixera Eva había uns días no Faro.

Un tren,unha vespa, dúas caixas de defunto, ... e todos aquiles fantásticos artefactos que poidas maxinar baixaron un ano mais pola Risca abaixo. Ata Xosé Manuel Míguez traía un cartel que declaraba a Risca como ruta Xacobea. ¡ Xa quería eu ver ó pelegrín de Julio Iglesias co carriño de bolas polaRisca abaixo! \Hei\.

A organización da III Baixada en Carros de Bolas, cofin de recadar fondos para financiar os gastos destafesta, pon á venda polo precio de dúas mil pesetas, unha camiseta e un vídeo coas imaxes

Alguén quererá saber quen gañou na carreira, pero eu diso non lles sei meus amigos o único que rimos a cachón e gracias a Deus non houbo desgracia nengunha.

da baixada deste ano. Podesfacer o teupedido en

Un ano máis a consigna de Tírate no Carro de Bolas foi seguida por moitos participantes e un mogollón de espectadores.

O Porriño, ou ben escribindo á revista O

Repuestos Del Campo, Avda. de Galicia,

TranVía, apartado 136, O Porriño.

29


0 Porriflo-Mos

Cheiros esgotados de berros e xeringas escondidas

IR E VIR E NON ESTAR

Entre os pelouros desgastados na vía do tren que Sempre pasa, sempre pasa..., pasa sempre e

'Por Araceli Femández Saavedra

Nada queda en Porriño, en Porriño non queda nada. Quizais... choivas secas de olladas e palabras, Menopausias eandropausiasde "proxectos"e "faceres" Porriño

¡Fillos frustrados polos vos das gaivotas carroñeiras!

Ir e vir e non estar

/Mil niños abortados de ilusións adolescentes...!

Porriño

¡Montes da Risca, Castelo e o Faro,

Amor de anos pasados sen ser.

Lagoas das Gándaras de Budiño...!, Paraisos

Cimenterio deflores no lixo do inverno,

Esmagados polas mans dos ignorantes.

Peitos de cinza nas esquinas esquencidas.

Porriño

Vagar de marcha industrial postdecadente e

Ir e vir e non estar

Ninguén asentindo do seu corpo maltratado.

Porriño Amor de anos sen ser.

Camións de Frigolou.ro abertos ventilando...

TRANVIARIOS NO EXILIO "Por Joaquín R. Rodríguez

A escomenzos do ano 1933, e despois de vintccatro unos do ausencia (lo mcii annulo l'orriño. fixen unha visita tantas veci's (k'sexada a usta t'iitrañable vila, á quo dcsi'xan'a ver dieo de progrcso e de niltui a quc tanlo está necesitada. V clu'^ada a () Porriño, abandonei o Kanión (•on/.ák'/ u scntín na miña niemoria o cxti'iiso e moiiumt'iital Buenos VÍITS así coiiio () l'oniño qui' niirci con iillos de neno. A^ora a súa fisonomía era a iiR'sma, pcro di'iitro dcsta todo se pari'cui confus» i' rvdiicidw: A riía nníis cst reita, as coiistmcciúns máis achatadas, as portas e ventanas niinúsciilas... Dias nuíis tardc, o prinieiro que poiden observar foi qne «s anti^uos carros do país foron sustituidos por coches c cainionetas, e (|iii\en comprohar se cse progiTso cultural. Por desgrsicisi ist» non lb¡ así. pois o lmlo rodar dos carros scjíiiía persistindo na nu-nte das nosas xcnU's. llahía moi poucas ansias (k' pro^rcso nioral: ohscrvábase unha s;ian pciT/a íiK'iital i' o poho csporaha que todo sc Ik deru l'cito. Había estrvite/ de idcas c dolorosa l'alta de universalidad.

Por outra banda as Sociedades Agrarias. que tiverann unha actuación moi ¡ut¡\a e importante na morte dunha das tres principais iiuliistrias do noso país, a cac'U|uil, \ a que en Galk'ia sempre existiron a pesqueira, a a^ropecuaria e a caciquü, correspondelles continuar loitandopolamaiorek'vacióndoespíritu cidadán, e para elo é imprescindible l¡berar t'conómitamente aos traballadores do nosn aj>ro, para que dunha vez dcsaparcza a desconsoladora c paradoxa situación en que se atopan, de ser ao mesmo tenip» traballadores da terra, os seus donos c os sens escravos. Nembar^antes non todo foi negativo, pois IÍMH a fortuna de atoparme coa gran fábrica de carrocerías para autos e tallcres de reparacións mecánicas quc na rúa do I'rogreso teñen os señores (Hon/ále/ Hnos., verdadcirus homes de ciiiprcsa, admirables p»lo seu tesón e tccnicismo na industria que uxplotan, á quv Ik' ¡niprimiron tan notahle desenvolvemento que. entre as do seu i'amii, é unha das primeiras de (ialkia e das mdlorcs de Kspaña. <)s días no noso querido Porriño t r a n s c u r r i r o n para iniii de forma

30

vcTtixinosa. !()h quen poidera deter u tempo!. Dende a miña che^ada so un pensamvnto me torturaba: () retorno. América esperabame en breve plazo para incorporarme novamente a«s milleiros de moléculas quv inte¡>ramos a súa vida axitada e febril. Nembarj>antes visitamos lu}>ares dabondo: () Pe^o, a Chanlonga, o nionti* Catón, subimos a Kisra pola parte máis vertical e baixamos pola (íraña, cstivemos na Kelva no Kin^<>-Kangoealj>unhas(las parroquias do distrito. Kai scis ineses que me re¡ntej>rei a vivir iiesteBuenosAiresdeencadeanientosdi' bruxos. () meu viaxe a (lalicia pareceríaseme un sono se iion f'ora pula realidade de que ainda me estou restablecendo d<> loiulo malestar que a "morriña" levou ao meu espírito t' ao meu corpo... A pesar de todo volvería hoxe de nov« a () Porriño d«s noscis amores sabendo, nembargantvs, qui' rt'tornaría outra ve/ sufrindo... (1). Joaquín K. Rodríguezfoi Presidente da Sociedade de Fomento de Porriñn c oseu Distriío en liiienos Aires, desdeabríl de 1933 uta maio de 1935).


O Porriño-Mos .__

Esta junta directiva no perdonará medio alguno para que el primer baile que se celebrará el día de Reyes resulte lo más brillante posible."

1.900 HEMEROTECA

OSINICIOS DA SOCIEDADE LICEO ARTISTICA "Por Xosé M. Iglesias Veiga

D

entro das iniciativas culturais levadas a cabo polos porriñeses de principios de século destaca a creación da Sociedade Liceo Artística, que precisamente inicia a súa vida co novo século. Nas páxinas do xornal Faro de Vigo correspondente ó xoves 4 de xaneiro de 1900, atopamos a nova dasúa inauguración:

"El día primero de los corrientes se inauguró en la villa de Porriño la Sociedad Liceo Artística, que a juzgar por el entusiasmo que reina entre los socios, que ascienden a 200 tendrá vida próspera, constituyendo un gran adelanto en el progreso de tan laborioso pueblo. La junta directiva para el corriente año quedó constituída en la forma siguiente: Presidente: don José Carrera Ramilo

O xornal vigués destaca, poucos días despois, a brillantez do seu primeiro acto inaugural celebrado precisamente co baile de Reis. Neste mesmo ano créase no seu local social unha biblioteca gracias asxest¡ónsdeGabinoBugallal,que posteriormente sería nomeado o seu Presidente de Honra. O correspondente do Faro de Vigo, no xornal do domingo 13 de maio de 1900 da puntual referencia do feito: "Debido a las gestiones practicadas por el diputado a Cortes don Gabino Bugallal, le ha sido concedida al Liceo Artístico de Porriño, una magnífica biblioteca compuesta de varias colecciones escogidas y que separadamente son facilitadas por el Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes, el Ministerio de Agricultura, Industria y Comercio y la Dirección General de Instrucción Pública..." As inquietudes culturais dos seus socios fan que no salón de baile se habilite un pequeno teatro, que se inaugura, segundo as informacións do citado xornal, o 10 de febreiro de 1903 coa representación de dúas comedias por parte dos xoves socios da sección de declamación. A vida desta sección fo¡ longa, xa que nos anos seguintes, a prensa segue comentando as obras representadas no Liceo, sendo sempre reseñado o boticario Pepe Palacios, que ademais de dirixir a sección de declamación e facer de escenógrafo, escribíu algunhas obriñas para ser representadas neste pequeno local.

Vicepresidente: don Adolfo Del Campo Tesorero: don Manuel Castro Contador: don Juán Giráldez

Areal

Bibliotecario: don Marcelino Giráldez Secretario: don Antonio González Fornos Vicesecretario: don Crisanto Piedras

31

SENSACION DE VIVIR


BANDA DE FAUSTINO ZUÑIGA (POSIBLEMENTE BANDA MUNICIPAL DE O PORRIÑO) Fotografía feita diante da igrexa de Redondela, anos trinta. (Primeira Fila, arriba de esquerda a dereita) Antonio de Carracido, Antonio Valverde Pérez, Rafael de Ponteareas, Fernando González "Viqueira", Carmelo Giráldez, Sagasta, Atilano Giráldez, o Crío "Cri-Cri", Pucheiro (Segunda fila. De esquerda a dereita). José Casales Rocha, Manuel González "Viqueira", Aniceto, Fandiño, Sousa, Jaime Lorenzo, Pepe de Tute, Hareda, Roscas, Viñas, Antonio García "do Buraco", Manuel Iglesias "Canivete", Camilo de Torroso, Chupa, José Rubines e Meraldo Lourido. (Terceira fila. De esquerda a dereita). Señor Manuel "o sacristán", Bernardo Giráldez, Ramón Iglesias "Turubiques", Señor Buenhijo, Faustino Zúñiga (director), alcalde de Redondela, Isaac Valverde, Poldo Casafán, Maquieira, Boente.

(Na portada) BANDA DE CASIANO PEREIRO Fotografía feita diante do Pazo de Ramiráns en O Porriño (Primeira Fila, arriba de esquerda a dereita) Arnaldo Santos, Antonio de Tui, Aniceto, Peterrete, Antonio de Tute, Mandangas, Manuel Iglesias "Canivete", Camilo de Torroso, Antonio García "do Buraco", Voluntario. (Segunda fila. De esquerda a dereita). Hareda da Cantina, Viñas, Moreira, Xaime Lorenzo, Almeida, Lorenzo "o carteiro", Benjamín Lorenzo, Sagasta. (Terceira fila. De esquerda a dereita). Ricardo Maquieira, Luciano Baladrón, Poldo Casafán, Julio Maquieira, Cachimbo, Jesús Lorenzo "Loreño", Casiano Pereiro (director), Antonio Valverde Pérez, o Portugués, Rocha, Manuel "o sacristán" e Sousa.


O Tranvía. Número 2. Xullo/Setembro 1992