Page 1

www.faximil.com


O Porriño-Mos

O TranVía Revista trimestral do Val da Louriña editada por Tranvía Colectivo. Apartado de Correos 22. O Porriño PRESIDENTA Uxía Senlle REDACCION Laureano Campo, Marta Rodal, Manuel Besada, Miguel Montenegro, Modesto Xiráldez, Xosé Vidal, Rubén Loureiro, Xosé M. Iglesias, Xosé M. Míguez, Raul Francés, X. Paz Antón, Uxía Senlle. INFORMACION PARROQUIAL Lucho, Felín, Benito, Manolo da Quinta. Ricardo, Giráldez

SUMAB 10

VARIOS: Isaac Palacín, Lila, Chus Senlle ,

3

Antonio Palacios: arquitecto

4

PedeFoto.

9

Iniciativas

10

COLABORAN NESTE NUMERO: Antonio Valverde Mayo Verónica Fajanjasto Pacita Dabaranda Raúl Francés Valverde Pacho Dalmeida X.L.Méndez Ferrín

Memorias

11

ASESORAMENTO LINGUISTICO: Paz Pereiro, Eva Martínez

Información farroquial.

12

MAQUETACION E DESEÑO: Manuel Besada, X.Paz Antón

Perfís

15

Política.

16

ILUSTRACIONS E FOTOGRAFIAS: O noso especial agradecemento a Pepe Diz, Bar Celtiña, X. Lobato e Xosé Lois

Ecoloxía

18

ADMINISTRACION: Aurora Gómez, Francisco Quintas

Gastronomfi

20

A Recuper íción do Antroido noPorriño 19871991)

21

.L.MéndbzFerrín

Depósito legal: Impresión: Imprenta PAZ - Porriño As opinións emitidas en O TranVía son da c\iliisiva responsabilidade dos firmantes

24

MONTESomunais, Unha asgnaturapendente.

,..27

2

www.faximil.com

Editorial.


O Pomño-Mos

EDITORIAL

Hai unhas semanas Antón Reixa recordaba que O Porriño semellaba un "cruce de camiños" e Mos claramente vai ser un cruce de autovías, argumentos que nos levan a añorar os tempos nos que Os TRANVlAs comunicaban a comarca da Louriña na súa viaxe cara o mar. O TRANVlA sempre foi un transporte "guai" e traqueteante onde coincidían os señoritos de "canotier" que ían correr as farras a Vigo,, coas leiteiras e as vendedoras de repolos nun ambente caótico e comunicativo. Este mesmo ambente caótico e comunicativo pretende ter esta revista que agora sae a luz promovida por un grupo heteroxéneo de persoas que sinten a necesidade dunha prensa local que recolla aqueles aspectos que non teñen cabida na prensa convencional. Podemos entender que o carácter local non debe impedir entrar en comunicación cos movementos culturais e sociais que se desenvolven en outros ámbitos que exceden á nosa comarca, pero que inflúen decisivamente nela. Este plantexamento de base lévanos a empregar o galego como lingua de expresión, nun momento no que o idioma galego, como Os TRANVIAS noutro tempo, corre o risco de permanecer inmóvil, aparcado nas cocheras polo empuxe doutros xeitos de vida que nos convirten en meros espectadores da historia. Recuperar a memoria colectiva, o que queda de nós, oculto entre as silveiras que coexisten coa especulación, é outro dos obxectivos deste itinerario. Esta non é unha empresa comercial, e mesmo pode resultar un negocio ruinoso se vós, a quen nos diriximos, non vos decidides a quitar o billete e subir nO TRANVIA. Para poder cantar aquilo de Siniestro Total "¿quen somos? ¿de onde vimos? ¿onde imos?", expresaremos a nosa preocupación polo futuro social e ecolóxico dunha comarca en vías de perder a súa identidade e se convertir irremediablemente nunha oscura cidade dormitorio. Se descarrilamos ou hai un corte de enerxía que dificulta a viaxe, será sen dúbida pola imposibilidade de "ser galegos de xeito normalizado", como dí Ferrín na entrevista que publicamos neste número. Necesitamos das vosas suxerencias, especialmente dos colectivos veciñais (asociacións culturais, de veciños...), da colaboración na cesión de fotos e documentación que axuden á elaboración das distintas seccións. Tamén pensamos abrir unha sección de cartas á Revista. Somos conscentes de que neste número 0, o concello de Mos non acada a presencia que pretendemos, pero que sen dúbida terá nos próximos números. Estamos convecidos de que Mos non será unha autovía de paso marxinal para O TRANVIA.

Na porta de entrada sempre estará o conductor que con voz potente nos dirá aquilo tan familiar de ¡Vaaaamonós!

3

0 Porriño-Mos

www.faximil.com

Se como nós te resist§8 a ageptar un estado de eousas que so nos conducen a desaparecer gomo polectividade de seu, non teñas dúbida algunha e súbete nO TRANVlA.


0 Porriño-Mos

ARQUIT ECTO

O día 8 de xaneiro de 1874 nace na vila de O Porriño, Antonio Palacios, benxamín da familia formada por Isidro García Teruel,axudante de obras públicas, e Jesusa Ramilo. O seu pai, madrileño de nacemento aínda que de ascendecia galega, chegara ó Porriño co motivo das obras de explanación do ferrocarril.

Despois de estudiar o bacharelato en Pontevedra, Palacios abandona O Porriño para principiar os seus estudios universitarios en Madrid, cidade na que residirá e onde colleitairá o principal dos seus trunfos. Nas vacacións de verán retornará á vila do Louro, coa que manterá unha forte relación ata a morte da súa nai no ano 1924. De tódos os irmáns, será José, o boticario, co que Antonio manterá unha relación máis forte. Os dous comparten afeccións comúns, como o gusto polas viaxes e excursións polo país galego, nas que Palacios ten un interese prioritario pola observación e estudio da arte galega de tempos pasados, quizais influído polo seu profesor Ricardo Velázquez Bosco. Tamén, ambos collerán a pluma de cotío para asomarse ás páxinas da prensa galega. José para publicar contos e Antonio para dar a coñecer os seus proxectos, sobre todo os relacionados co Plan de Ensanche e Reforma Interior de Vigo, nunha faceta altamente propagandística do seu propio traballo. Publicará tamén varios artigos nos que se mostra como un gran coñecedor da arquitectura románica e gótica, o que ten a súa proxección nalgunhas das obras levadas a cabo no país galego. Aparece por último unha serie de contido diverso, que vai dende un grupo de tres artigos nos que comenta a historia da rúa Vigo en Londres ata o titulado "La ciudad encantada de Montefaro" publicado no Faro de Vigo e no que describe a zona comprendida entre o Monte Castelo de Cans ata o Faro de Budiño, a chamada na actualidade Ruta dos Penedos. Dos demáis irmáns, Jesús morre en Madrid en xaneiro de 1922, cando o arquitecto se atopába en pleno apoxeo da súa carreira. Joaquín, topógrafo de profesión e con inclinacións cara ó mundo da pintura, morre tamén en Madrid relativamente xove. As irmás de Antonio permanecerán sempre en Galicia. Carmen e Amparo establécense en Ponteareas ó casar cos irmáns Fontán. Ameliacasarácofarmaceutico de A Guarda e será a única que terá descendencia.

4

Palacios foi home entregado á súa profesión de arquitecto, non buscou o enriquecemento fácil que a súa gran sona lle podía proporcionar. Gozou coa propia creación, xa que moitos dos seus proxectos foron totalmente gratuítos e outros puramente teóricos. Na casa do Plantío (Madrid), construcción modesta e de reducidas dimensións, pasou os últimos anos o arquitécto que moitas veces foi calificado como creador megalómano e gradilocuente. Alí o sorprendeu a morte o 27 de outubro de 1945.

AARQUITECTURA PALACINA O análise da obra de Palacios espertou sempre opinións diversas e controvertidas. Unha gran parte da historiografía calificouno de ególatra e grandilocuente e as súas obras de desmesuradas e monumentalistas, aínda que tódos os críticos recoñecen a súa poderosa imaxinación, capacidade creadora e un grande dominio do oficio de arquitecto. Existe un xeral acordo en calificar a Palacios como un dos máis destacados arquitectos do primeiro tercio do século actual. Para Chueca Goitia, sería a figura máis poderosa deste período pola súa grande potencia creadora, moi difícil de encadrar en parámetros convecionais, aínda que lle achaca a falta de coherencia, froito dunha poderosa imaxinación e dunha grande seguridade en si mesmo que lle permitía dar renda solta á súa fantasía e beber de tódas as fontes. Nestes últimos anos, nunha serie de traballos, aparece unha visión revalorizada do arquitecto, na que se destacan os valores da súa obra en relación co panorama xeral da arquitectura do momento, tanto nacional como internacional. González Amezqueta, tras a análise do conxunto da obra, recupera a figura de Palacios do olvido no que se atopaba. Pérez Rojas, autor de estudios recentes, destaca tamén a Palacios cotno figura de grande relevancia dentro da arquitectura contemporánea española, pero sen o recoñecemento que se merece pola historiografía nacional. Destaca tamén a influencia de Palacios noutros grandes arquitectos como Pascual Bravo, Muguruza, Fernández Saw, González Villar, Pedro Mariño etc. Esta novavisióndaobradePalaciosaparece

www.faximil.com

ANTO 10 PALAC IOS:

Dapropiafamiliarecibeasprimeiras influencias que o inclinan cara ó mundo da construcción, xa que o seu pai era axudante de obras públicas, o seu irmán máis vello, Jesús, enxeñeiro e Joaquín, topógrafo. Esta circustancia creará unha dúbida no xove Antonio á hora de elexir entre os estudios de arquitectura e inxeñería.


O Porriflo-Mos

OBRA MADRILENA Nun primeiro momento aparece unha obra que, relacionada coas formas que procuran un estilo nacional, presenta unha gran forza renovadora que se relaciona coas correntes arquitectónicas europeas, incorporando decididamente novos materiais como ferro, formigón, vidro, cerámica. etc.

de Madrid, como o Banco Xeral do Comercio (Hoxe Banesto), o edificio Matesanz, Hotel Avenida, etc. Tamén colabora nestes anos coa Compañía do Metropolitano de Madrid, levando a cabo a decoración das estacións e construíndo os templetes da Porta do Sol e da Gran Vía (hoxe en O Porriño). Nestes anos, aínda que rexeita parte dos postulados das novas correntes que escomenzan a chegar a España da man de García Mercadal e do GATEPAC, a súa obra urbana sofre unha depuración nas formas, dentro dunha evolución propia e altamente creativa, na que

Fuenfría en Cercedilla, en plena Serra Madrileña, no que se acerca ó mundo racionalista.

OBRA GALEGA Dentro da gran variedade do conxunto da obra palaciana, mostra unha diferencia clara entre a obra construída ou proxectada para o medio urbano das cidades e a arquitectura pensada para zonas fóra do estricto ambiente cosmopolita da cidade. Na primeira utiliza unha linguaxe de corte clasicista non exenta das máis

Na primeira etapa de creación madrileña traballa co xove arquitecto vasco Otamendi e xuntos gañan o concurso convocado para levar a cabo o Pazo de Comunicacións de Madrid (1904-1918) que presentaba a dificultade de construir nun dos lugares máis céntricos de Madrid. Nesta obra aparecen formas decorativas de inspiración plateresca, en relación coa procura dun estilo nacional, ainda que interpretadas dunha forma personal. Sen embargo, como é común noutras obras desta primeira etapa, aparece a influencia do particular modernismo vienés, sobre todo de Otto Wagner.

Antiguo teatro García Barbón (Vigo)

Nestes anos proxecta tamén o Hospital de Maudes ou de "Jornaleros de Cuatro Caminos" (1908-1916) e o Banco Español do Río da Prata (Hoxe Banco Central). No primeiro, aparece xa o gusto pola forte expresividade da pedra, combinada coa cerámica vidrada de reflexos metálicos, co ferro, coas grandes vidreiras, pero sempre presentados dentro dunha gran unidade compositiva. No Banco Central (19101918) a linguaxe plástica será de inspiración clasicista. Tras o éxito destas obras, Palacios convértese, na capital de España, nun arquitecto altamente prestixioso o que conleva gran cantidade de novos proxectos: Talleres do ICAI, a casa de Demetrio Palazuelo na rúa Alcalá, etc. Tras a separación profesional de Otamendi, Palacios escomenza un período de maior clasicismo, que se manifesta sobre todo no edificio do Círculo de Belas Artes. Son os anos do triunfo e do maior prestixio que rematan co ingreso do arquitecto, no ano 1926, na Academia de Belas Artes de San Fernando. Deste período pódese destacar unha serie de edifícios comerciais no centro

aparece un paulatino abandono do virtuosismo decorativo que cararacterizou as primeiras obras. Palacios é tempranamente conscente das novas formas que escomenza a tomar a arquitectura de vangarda, recollendo dela certas notas, pero sempre dentro da interpretación persoal. Esta evolución cara formas máis depuradas, simétricas e compactas, nas que mostra certa "sensibilidade moderna", maniféstase en proxectos como o edificio do Doctor Rey na rúa Viriato, Hotel Florida, Banco Mercantil e Industrial e sobre todo no Hospital de

5

novedosas solucións, na segunda aparece un historicismo medievalizante no que se acerca ó rexionalismo. A primeira obra levada a cabo é a Fonte do Cristo de O Porriño proxectada para ocupar o espacio deixado baleiro polo traslado do cruceiro da praza á capela doada por Servando Ramilo Nieves. A Fonte, construída en 1904, gracias a unha subvención da Deputación Provincial, mostra xa características esenciais da obra palaciana, como a integración de materiais: granito, ferro e cerámica. Tamén a necesidade da súa

www.faximil.com

en relación a O Carballiño ou no estudio publicado sobre o Hospital de Maudes co motivo da súa rehabilitación pola Comunidade de Madrid.


r O PofTÍfío-Mos i

Torre do palacio de comunicacións (Madrid)

Construída por Sabino Torres con pedra de "Costa de Oya" e das canteiras de Ulló (Arcade) mostra a predilección de Palacios pola cerámica presente no escudo, nos azulexos e nas figuras dos dragóns (hoxe mutilados). Esta cerámica, ó igual da que formaba parte da Escola Fernández Areal, era obra de Zuloaga según se desprende da correspondencia de Palacios co famoso ceramista. Polas mesmas datas comenza tamén a construcción da Escola Fernández Areal que é un máis dos fermosos exemplos de escolas creadas no país

edificación era sinxela, pero de gran plasticidade, xa que combinaba na súa decoración a rudeza da pedra cos paramentos lisos e coa decoración cerámica presente nas fiestras e sobre todo na torre. O edificio, que unha vez alonxado do bulicio escolar puido adicarse a calquera fin cultural, foi languidecendo ata perderse absurda e irremediablemente nos anos sesenta, sen ter en conta o seu valor artístico, sobre todo cando era obra dunha das figuras destacadas da arquitecturapeninsularefillodapropia vila. Pouco tempo despois proxecta para o seu irmán José a Botica Nova, na que mostra a versatilidade da súa arquitectura, con capacidade para adaptarse ás máis dispares situacións e ambientes, xa que neste caso deseña un edificio sinxelo, altamente progresista e desprovisto da virtuosa decoración da que fai gala noutras edificacións. Mostra unha fachada reticulada derivada do cruce dos contrafortes na que destaca a solución de redondear a esquina, o que crea unha grande sensación de unidade á edificación, ademais de grande expresividade plástica.

Fotografía

Dentro das primeiras obras galegas atópase o Pavillón de Recreo de Santiago de Compostela na que mostra tamén as influencias da Secessión vienesa dentro dunha composición eclécticoclasicista.

do Busto de Palacios

galego gracias ós homes da emigración. Neste caso será José Fernández Areal, emigrado en Valparaiso, o que deixa no seu testamento unha cantidade para construcción dunha escola e dun patronato que posibilite o seu funcionamento. A familia Palacios secunda a iniciativa, xa que José convértese no secretario do patronato e D. Antonio fai gratuitamente o proxecto. A nova escola que, según as informacións da prensa, está a punto de rematarse no ano 1906, constaba de duas aulas con acceso principal porticado, situado baixo o balcón da vivenda do mestre. A aula principal tiña tamén acceso lateral porticado de forma poligonal. A

Un dos primeiros proxectos que fai para Vigo é o dun edificiopavillón para o Clube Náutico, pero que non se leva a cabo pola disolución do mesmo. Tampouco se leva a cabo o proxecto de Edificio Cooperativa de Vida Gallega, que Jaime Solá tiña pensado levantar en Vigo e no que Palacios se acercába ó deseño do Banco Central. Dentro da arquitectura de carácter clasicista proxecta en Vigo o Teatro García Barbón, que viña a substituír ó antigo Rosalía de Castro, obra de Domingo Rodríguez Sesmero e incendiado no ano 1910. O edificio, concebido como centro referencial da cidade, mostra na súa fachada principal todo o virtuosismo decorativo de

6

Palacios, neste caso con influencias da Opera de París. Nas fachadas laterais mostra un maior rigor formal, presentando na posterior a solución dun gran ventanal acollido baixo un gran arco, solución que utilizará con posterioridade noutros edificios madrileños. Presenta tamén na súa estructura a novedosa solución de utilizar unha cúpula nervada de formigón sobre a que se sitúa o teatro principal. Dentro desta arquitectura eminentemente urbana contrúe tamén en Vigo a Banca Viñas Aranda (1941) que se relaciona directamente cos edificios comerciais madrileños, utilizando neste caso cerámica de reflexos metálicos nas columnas que percorren toda a fachada. Moi posiblemente da relación que mantén co Porriño nas vacacións do verán, xorden varias obras. A primeira é a Virxe da Roca, proxectada baixo o impulso de Laureano Salgado, home ligado á electrificación de Baiona, pero tamén de O Porriño.

Na Botica Nova, mostra a versatilidade da súa arquitectura, con capacidade para adaptarse ás máis dispares situacións e ambientes, deseñando un edificio sinxelo, altamente progresista e desprovisto da virtuosa decoración da que fai gala noutros edificios.

Botica Nova

www.faximil.com

arquitectura de con verterse en elemento definidor e significativo dun espacio urbano, neste caso, a pesar das súas reducidas dimensións.


O Porrifio-Mos

A Virxe da Roca é un exemplo máis do carácter altamente simbólico de moitas obras de Palacios. Aquí a idea xeratriz virá do feito de ser Baiona o primeiro porto onde se tivo coñecemento do descobremento de América. Deste xeito, aparece no proxecto inicial na man dereita da Virxe unha carabela que imita a que arribou a Baiona. Tamén, segundo aparece na prensa do momento, a coroa da virxe

Na zona próxima de praia América proxecta tamén Palacios dous chalets, que completará posteriormente co deseñado para Celso Méndez. Da relación que mantén Enrique Peinador Vela, creador e engrandecedor do Balneario de Mondariz, co Porriño debido ó proxecto de construcción do tranvía de Mondariz a Vigo, xorde posiblemente a amistade con Palacios.

A cerámica da Fonte do Cristo e da Escola Fernández Areal, era obra de Zuloaga, según se desprende da correspondencia de Palacios co famoso ceramista.

imitabaá utilizada polos Reis Católicos. Nun segundo simbolismo aparecía a Virxe como protectora dos homes do mar. No primeiro proxecto (1909) Palacios pensara cubrir o manto e dengue da Virxe de mosaicos feitos de pelouros recollidos polas praias próximas e mesturados con cuarzo branco. Este monumento, que se retrasaría notablemente no seu remate, mostra a capacidade de Palacios para integrar materiais e crear unha linguaxe plástica altamente expresiva na que se combinan matices cromáticos e riquezas texturiais da pedra, mármore, cerámica e ferro.

Enrique Pcinador encárgalle a Palacios a continuación da obra de engrandecemento da estación termal que escomenzara, anos atrás, Jenaro de La Fuente coa construcción do Gran Hotel. Palacios adopta en Mondariz unha arquitectura de rasgos clasicistas debido ó carácter cosmopolita que ten Mondariz neses anos no verán. Para o balneario proxecta no ano 1908 o Pavillón da Fonte e planta embotelladora, modif icando esta última con posterioridade para ubicar nun dos seus laterais un novo edificio que utiliza como entrada un dos arcos da propia

7

planta embotelladora. No ano 1910, escomenza baixo a dirección do arquitecto porriftés a cimentación do Hotel -Sanatorio, nunca rematado e hoxe en ruínas. Tamén e moi posible que o edificio da "Baranda" sexa un deseño de Palacios, xa que aparecen elementos arquitectónicos propios da obra palaciana, como son os ventanais estreitados na súa parte superior. Tamén, segundo indican algunhas informacións, a casa situada na finca do Reiro, nas orillas do Tea e case no cruce da estrada de Mondariz coa xeral de Vigo a Madrid, foi proxectada por Palacios para a familia Paramés.

www.faximil.com

Traslado dos restos de Antonio Palacios a O Porriño, no ano 1976


O Porriño-Mos

Co proxecto do templo da Encarnación de Celanova (1918), non construído e co Edificio do Concello do Porriño, acércase Palacios ó mundo do rexionalismo arquitectónico, máis ben froito da arquitectura que busca un estilo nacional, que dun carácter galeguista. Para comprender esta faceta da arquitectura palaciana hai que ter en conta o alto prestixio do que gozaba nestes anos a obra de rexionalistas como Rucabado, Anibal Gonzalez, Riancho, etc. Estas obras, levadas a cabo fóra do ambiente cosmopolita da cidade, terán unha linguaxe de compoñente medieval e un acercamento paulatino a medios de construcción popular galega.

Torre da ¡grexa de Veracruz, no CarbaiMño

O primeiro proxecto construído e no que están presentes estas carcaterísticas é o Pazo Municipal de O Porriño, no que utiliza unha linguaxe medievalizante con repertorio gótico e románico, pero fuxindo deliberadamente da "cita" e do pastiche.

No edificio mostra Palacios todo o seu virtuosismo decorativo, mostrando unha forte ornamentación cun variado e rico repertorio que non disminúe o carácter unitario da edificación, pero que lle confire un certo aire barroquizante. Na concepción volumétrica ten conexións co Círculo de Belas Artes de Madrid, proxectado nas mesmas datas, sobre todo no carácter escalonado e apiramidado da construcción. Como sucede con posterioridade en Panxón e O Carballiño, a torre que acolle a entrada principal na súa base é o elemento primordial e referencial do edificio. Tamén están presentes os contrafortes escalonados nos vértices da torre, que nos posteriores proxectos tomarán maiores proporcións. Coa obra urbana madrileña, neste rexionalismo palaciano cheo de inspiración medievalista e rica ornamentación, tamén se da unha evolución presente na simplificación de formas, moi patentes se comparamos o virtuosismo decorativo do edificio de O Porriño e a case ausencia de ornamentación de O Carballiño, Panxón ou nas Salesas de Vigo. Este paralelismo dentrodaevolucióndaobrarexionalista e urbana mostra a coherencia e unidade de toda a obra palaciana. Progresivamente, e nas últimas obras galegas nas que continúa coa inspiración medievalista, concédelle prioridade á expresividade da pedra, presentada sempre sen tallar, de maneira tosca, buscando entroncar cos tradicionais medios de construcción galegos, sempre dentro da procura dun camiño expresivo cada vez máis persoal, quizáis froito da ruptura

8

xeracional que se produce cos novos arquitectos que escomenzan a camiñar pola vía do racionalismo. Este "último estilo Palacios" de gran potencialidade creativa e de gran orixinalidade, maniféstase xa consolidado na Central Eléctrica do Tambre (1932) e no Chalet de Celso Méndez en Praia América. Sen embargo será no campo relixioso onde logre as principais actuacións. Busca Palacios nestes proxectos a liberdade para crear, xa que todos son deseñados dunha maneira gratuíta, bastando unha leve insinuación para poñer todo o seu entusiasmo na súa realización, como derradeiro intento de deixar unha grande obra para a posteridade. No Templo Votivo do Marde Panxón maniféstase unha das principais características da arquitectura palaciana: a potencialidade creativa. Ainda que poida parecer afastado das novas correntes arquitectónicas do momento e supoña unha mirada cara ó pasado no seu matiz medievalista, presenta unha creativa e orixinal linguaxe na que deixa falar ós materiais con todas as súas riquezas texturiais e cromáticas. No exterior os fortes volumes e a rudeza da pedra danlle un carácter de fortaleza. No interior os ladrillos da cúpula, os mosaicos e a rudeza da pedra xeran unha rica escenografía na que se mostra o vigoroso expresionismo destas últimas creacións. De igual xeito ocurre no Templo da Veracruz de O Carballiño ou na parte construída das Salesas Reais de Vigo. Con esta arquitectura tamén se relaciona o Templo da Gran Promesa de Valladolid, un dos seus últimos traballos que non chegou a rematar. Dentro desta arquitectura relixiosa, destacan os proxectos non construídos do Templo da Paz para o Monte da Guía de Vigo, o de San Fausto en Chapela e o de San Francisco en Santander. Nestas derradeiras obras de potenteorixinalidadeacércaseómundo de Gaudí do cal debeu admirar a vigorosa creatividade da súa personalísima arquitectura. Busca Palacios nestas obras unha progresiva experimentación, concedéndolle, ó igual que o arquitecto catalán, a máxima liberdade ós materiais, buscando sempre un fondo expresionismo. ••-....

XOSE M. IGLESIAS

www.faximil.com

Ramón Cabanillas, neses anos secretario do concello de Mos, da noticia, nas páxinas do Faro de Vigo, de que "o arquitecto-poeta" deseñou un novo edificio para o Concello da Vila do Louro.

O proxecto debe de estar ultimado no ano 1918, xa que Ramón Cabanillas, neses anos secretario do concello de Mos, da noticia nas páxinas do Faro de Vigo de que "o arquitecto-poeta" deseñou un novo edificio para o Concello da Vila do Louro. Palacios entrega o proxecto definitivo en agosto de 1919, sen embargo a Corporación Municipal do Porriño vese imposiblitada para levalo a cabo por falta de financiación. As obras non escomenzarían ata o verán de 1921, momento en que Ramón González se fai cargo de toda a financión, rematándose a principios do 1924, xa que segundo a prensa da época, en febreiro dese ano a obra espera a recepción por parte do arquitecto.


PE DE FOTO 0 Porriño-Mos

Edificio da escola FERNANDEZ AREAL, hoxe desaparecido, e cuxo proxecto (xuntamente co da Fonte do Cristo) foi un dos primeiros realizados en Galicia polo arquitecto porriñés Antonio Palacios

"Remington" doada por D. Ramón González. A dotación completábase cunha nutrida e selecta variedade de libros escolares e material funxible con destino ós alumnos.

maxia da fotografía permítenos contemplar con

saudade o edificio da escola FERNANDEZ AREAL, hoxe desaparecido, e cuxo proxecto (xuntamente co da Fonte do Cristo) foi un dos primeiros realizados en Galicia polo arquitecto porriñés D. Antonio Palacios. Don Xosé Fernández Areal, emigrante porriñés con negocio establecido en Guayaquil (Ecuador), fai testamento en Valparaíso (Chile) en 1876, ós trinta e seis anos de idade e ordena que, daquela porción de bens de que poida dispor con arreglo á Lei, "se sacará la cantidad que fuere necesaria para fundar y establecer una escuela de primeras letras en Porriño, lugar de mi nacimiento, dotándola de un Director y de un ayudante y de todos los útiles para que pueda funcionar dicho colegio o escuela".

Os días de choiva, podían xoga-los nenos no amplo vestíbulo, e nos días soleados gozar do magnífico campo de xogo, complementado todo isto cos paseos escolares dos xoves ás inmediacións da Risca, o que constituía unha lección vivida de Historia Natural. Co paso dos anos, o funcionamento do colexio entrou nun período de franca decadencia. Parafacerfronte ós gastos de conservación do edif icio e ó pago dos soldos dos profesores, o Patronato do Colexio contaba únicamente cos intereses devengados por dous títulos de Débeda Interior do 4% depositados no Banco de España en Vigo, cun valor nominal de 75.000 pesetas. A perda progresiva do poder adquisitivo do diñeiro e o aumento dos prezos dos materiais e da habenza dos profesores, convirten en totalmente insuficientes os ingresos para cubri-los gastos de funcionamento. Non xurdíu fórmula ningunha que permitira incrementa-lo capital en efectivo da fundación. Cesan as clases. Comezan os roubos de material de ensinanza e de elementos pertencentes ó edificio, con arrincamento de portas e fiestras, desaparecen por incautación os títulos de Débeda Interior e, finalmente, é derrubado o edificio.

No ano 1908 funcionaba xa o Patronato, do que era presidente D. Bernardo Fernández Areal (irmán do fundador) e xa se impartían clases. Trala compra a D. Xosé Palacios dun terreo que estaba xusto ó lado da escola, destinado a campo de recreo, e a construcción do enreixado correspondente para o seu peche, quedaron ultimadas as obras en 1910. O material de que estaba dotada a escola, era realmente impresionante se se ten en conta que empezou a funcionar a principios de século: mesas bipersonais con taboleiro graduable, esfera terrestre xigante, un expositor de mapas e láminas de Historia Sagrada e Historia Natural, un esquelete humano para a ensinanza de Anatomía, colección de minerais, diversos aparatos para o laboratorio de Física e para a ensinanza de Astronomía, rompe cabezas xeográficos, unha colección de modelos de xeso, reproducción das máis interesantes estátuas antigas doada por D. Antonio Palacios para o estudio do debuxo, e unha máquina de escribir

Daquel luminoso e efímero período de eficaz e exemplar funcionamento das actividades escolares no colexio Fernández Areal, só permanecen o agradecimento e nostálxico recordo dos que pasaron polas súas aulas, o nome do fundador que figura aínda no "callejero" do Porriño, e o terreo que ocuparon no seu día o edificio e o campo de recreo, o cal recentemente foi ernbelecido coa instalación dun fermoso parque público. L X J

ANTONIO VALVERDE MAYO

9

www.faximil.com

A


INICIATIVAS 0 Porriño-Mos

A.C.E.E.^A ¿Por que unha asociación de Educación Especial? ¿Por que non unha asociación de Educación Xeral Básica? ¿Existen apoios oficiais suficientes para a atención de minusvalías?

¿Por que unha asociación de Educación Especial?. Non son necesarias asociacións de Educación Xeral Básica, nin de Bacharelato, Formación Profesional, etc, xa que o dereito á educación neses niveis está garantido. Nori ocorre o mesmo cos nenos que teñen algún tipo de minusvalía, pois ata hai 9 anos, os deficientes de O Porriño e comarca tiñan que asistir a centros de Vigo, ou (case sempre) quedar na casa, agravando así o seu problema. Debuxos realizados por alumnos de ACEESCA

Ante este feito, un grupo de porriñeses fundou en 1983 a asociación ACEESCA co obxectivo de levar a cabo a educación dos minusválidos

Obtiveron do Concello o local provisional no que aínda está as súas aulas; os baixos do antigo Hotel Louro. Este Centro foi desenvolvendo a siía acti vidade pedagóxica e social, pasando dos 11 alumnos do primeiro curso ós 32 actuais, e quedando tanto as aulas (3) como as instalacións pequenas e insuficientes. Outra cuestión pode ser a idoneidade destes locais para este tipo de actividades educativas. Hoxendía, ACEESCA ofrece ós minusválidos e ás súas familias diferentes servicios:

- Transporte (imprescindible para un alumnado procedente de Tui, Salvaterra, Ponteareas, Salceda de Caselas, Mondariz, Mos e O Porriño). - Educación Especial, para nenos de 6 anos en adiante. - Taller Ocupacional, de cultivo en invernadeiro. - Diagnóstico e Orientación. Cos escasos medios de que dispón, o centro vén desenvolvendo, especialmente nos últimos anos, unha intensa actividade pedagóxica e de proxección ó exterior, promovendo así asensibilizacióndasociedaderespecto ós deficientes. Desa acción pedagóxica son exemplo os éxitos acadados en competicións e mostras en eidos como a natación, o atletismo, o teatro, o baile folklórico, aexpresión plástica,etc. Por outra banda, procúrase espallar a problemática do minusválido organizando diversos actos;

10

competicións deportivas, charlas, mesas redondas, etc. e publicando o boletín informativo "Paseniño". Un recoñecemento de todo este labor foi a entrega do premio "Círculo" á Educación, no pasado ano 91. Pero a precariedade dos locais actuais é cada vez máis evidente, tanto polo número de alumnos e profesionais, como polas acti vidades levadas a cabo, unhas actividades que a Xunta Directiva quere mellorar e completar con servicios de fisioterapia, estimulación precoz para menores de 6 anos, talleres ocupacionais diversos, pistas deporti vas, residencia de internado, etc. O vello proxecto de construír un centro

que responda a estas necesidades amósase cada vez máis urxente. Neste momento, a Asociación conta en Torneiros cos terreos necesarios, cedidos polo Concello tras 8 anos de espera que fixeron perder un tempo irecuperable; conta tamén cun proxecto de construcción que contempla todas as necesidades dunha atención axeitada ós minusválidos. Só queda, pois, a financiación económica e material que permita acometer a edificación, para o cal a Xunta Directiva está a manter os contactos e solicitudes de subvención ante os organismos pertinentes. Queremos pedir desde estas páxinas o apoio dos cidadáns e dos colectivos de O Porriño, Mos e comarca, de xeito que permita levar adiante este proxecto, e darlle así un carácter de apertura á comunidade. ;.Lu.gl

MIGUEL A. MONTENEGRO

www.faximil.com

psíquicos e físicos, así como de loitar pola súa integración na sociedade.


MEMORIAS O Porriño-Mos

está

parado diante dunha dasfo os de bandas de mú ica que hai no Círculo "...JZ/u empecei a traballar co meu tio Plácido o ferreiro, que facía balcóns e apuntaba os picos. Tamén andiven no tranvía, co difunto do Maduro, poñéndo as ménsulas e mailo cable. Ibamos a pe ata Tameiga e Peinador. Mais tarde no matadeiro e tamén con Refilón (aquí durei pouco porque Pepe deume unhas bofetadas e xa non volvín máis)..." "...xogabamos ó marro e mais á partida, que son cousas de correr, e tamén á pincha..." " ...Don AntonioPalacios viñapouco polo Porriño. Eu estiven con el e mais co seu irmán Pepe, o da Botica en Madrid, no ano 27 cando fun ó servicio e fixemos un curso na capital... ...Marucoga eran os matadeiros rurais de Galicia, o de O Porriño inagurouno Primo de Ri vera, o ano que eu ía ó servicio Cando estiven na guerra fun un dos primeiros en entrar en Madrid e durmimos na casa de Romanonesporquenonhabíacuartel..." "...Paseino ben nesta vida, eu casei ós corenta anos. A miña voda veu pouca xente e de viaxe de noivos fomos a Vigo a dar unha volta, que antes non se levaban estas cousas de agora...". Iamos ó baile a Mos, a Mosende, a Sanguiñeda, ... e no Porriño ó baile da Paloma, que era dos de Vidiña e estaba cerca da iglesia... ...Na festa de San Benito había as Carreiras de Cintas, cos pes atados. Tamén colocaban faroles na de Francés e mais na do señor Faustino de Loreño. Logo botaban as madamitas e mais os "fuegos" Nas de San Sebastián facíanse as fachadas e as fogueiras diante da iglesia Os carnavais eran moito mellores que os de agora. Había comparsas. Eu estaba na dos Apaches. Tamén saían as Colombinas. Viñan aquí comparsas de Marín e de Redondela....No Enterro da Sardiña un ano regaláronme a chave da Botica, no Testamento que facía José

11

unha vida moi exclava. Ir a Bembrive, Budiño, Guillarei,... sempre a pe, todo o día. Cando tocabamos no palco poñíannos un cabazo de viño no medio....Nos Dolores de Mosende había moita competencia entre bandas e dábanos o sono no palco. Logo viñamos sen durmir e ó chegar á Pontenova botabamos un pasodoble ata a Central para tirar de seguido para Santiaguiño de Mos. Eu toquei na banda do meu tio

Casiano, na de Marcelino Giráldez e con Zúñiga. A de Zúñiga era a mellor de todas. Con Castelarnon cheguei atocar. Ó principio era cornetín e logo pasei a tocar OS platillos. Un dos mellores momentos foi cando fomos coa banda do meu tio Casiano Pereiro ó certame de Pontevedra e gañámos o premio.A academia dos ensaios estaba ó lado da iglesia, na rúa Fernández Areal.Algunhas noites durmiamos no Penedo de Noiteboa. ¡Os músicos eramos así, uns balas!. Cando me leven para A Carrola os meus amigos músicos que xa están alí ¡vanme facer unha festa de carajo!.

!z=±^ M. XIRALDEZ/ R. FRANCES

Don l s a a c

Vaiverde Pérez faia diante da cámara de video de O TranVía, coa memoria v¡va n o s seUs onos

www.faximil.com

IS AAC

Corchero. ¡Aquilo era enorme!. A caixa botábase no Rio Louro e o duelo era nos baixos do Liceum. Todo estaba artellado polos electricistas. No testamento descubrían todo... se andabas cunha muller... ¡Había mais paus que un raio! Os curas non se atrevían a sair da casa ese día. No enterro de cura facía o irmán de Canivete...Antes no enterro ¡pintábase a hostia!. Todos borrachos e non como os de agora que parece que é un enterro de verdade..." "... Nos meus tempos había dúas Sociedades, O Liceum e máis a Cultural.Na Cultural, antes da guerra, fixemos unha obra que se chamaba "Ha estallado la guerra". Actuaban as miñas irmáns e eu fixen os decorados. Tamén botaron "Lacizaña". Odirectordoteatro era Antonio de Tute. Pero coa guerra desfíxose todo..." "...Antes o viño era a droga que tiñamos, e había máis borrachos que un raio. Nas festas do Cristo acababamos todos coma cubas... ...Un día fun tocar a Mosende e coa trompa que traía quedei durmido na ponte do río en Pontellas. Pola mañán despertáronme as leiteiras. Outro día vindo de Vigo co Churrero de correr unha boa farra, quixemos atallar por Bembrive e andivemos toda a noite perdidos polo monte. Cando clarexou estabamos na carreteira de Zeltia e non en Puxeiros como pensabamos..." "...¡Eufununbaladecarajol.Cando iamos coa banda de música estabamos coasrosquilleirasnospalleiros, atomar café. En Salvaterra, sendo un chaval de catorce anos, non había camas onde durmir e dúas rosquilleiras dixéronme nun palleiro: ¡Ven acó, meu filliño! e metéronme no medio das dúas a durmir pois facía moito frío.Pola mañán os músicos dixeron: ¡Mira ó Isaac durmindo con dúas mulleres! e don Marcelino Giráldez, que era o Director da banda, preguntoume: ¿ti que fixeches rapaz? Eu nada, só durmir.Antes para lledarunbicoaunhamuller ¡mandaba carajo!. A vida era moi dura, durmir nos palleiros... Iamos a pe a Nigrán, botabamos catro días durmindo nun palleiro e logo voltabamos a pe. O chegar ó Castro botabamos uns foguetes para anunciar que chegaba a música. Xa na casa durmiamos todo o día. Era


PARROOUIAS O Porriño-Mos

NOVAS Esta é a información das parroquias elaborada por diferentes persoas que colaboran coa revista. Manuel Besada fai o traballo de recopilación e ordea os escritos.

Recentemente, foi elexida unha nova Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Atios. Os obxectivos máis importantes que se teñen marcado, están relacionandos co medio ambiente, cultura e deporte, de forma conxunta coa Xunta de Monles. Como proxectos máis inmediatos plantexan a construcción de parques infantís esparcidos pola parroquia, para o que dispoñen neste momento de módulos para o parque de Vilafría. Existe unha comisión que se adica á conservación do medio ambiente, con especial fincapé nos regueiros e verquidos. Neste sentido, teñen unha promesa da Xunta de Galicia da limpeza, acotación e repoboación do río para o ano 1993. Contan coa colaboración dun grupo de rapaces para montar arquivos históricos, arqueolóxicos etc. co que pretenden coñecer o pasado da parroquia. Nestes momentos están na fase de recollida de datos. Están tamén proxectando, conxuntamente coa Xunta de Montes, a construcción de pistas polideportivas no centro da parroquia para que o deporte en xeral teña máis empurre na parroquia.

mes de outubro de 1990 os nacionalistas presentaron unha moción no Concello tamén neste sentido. A situación segue a ser a mesma. Por suposto que nos xogos olímpicos de Barcelona-92 non haberá ningún participante de Budiño. Os veciños da parroquia de Orbenlle están vixiantes ante a posibilidade de que dun momento a outro, a empresa Cubiertas M.Z.O.V., intente montar neste barrio unha planta de aglomerado asfáltico. No núcleo de Orbenlle viven máis de duascentas persoas que na actualidade xa están soportando o po que solta ao aire a empresa Lignotock. Por outra parte, a menos de 100 metros do lugar elexido por esta empresa atópase a paraxe natural das Gándaras de Budiño.

BUDIÑO

Sería desexable que polos servicios de mantemento do Concello se procedese ó pintado das dúas marquesinasmetálicasqueexistennas paradas de autobuses nos barrios de Vaquería e Cruz. É unha cuestión de estética, bon gusto e lonxevidade dos bens comúns. Co mes de febreiro van celebrarse as festas de San Brais. Nos últimos nove anos, estas festas viñanse facendo no novo torreiro da Forna. Este ano, co motivo de que a comisión organizadora pertenece ao barrio do Casal, as festas celebraronse no antigo recinto do Casal.

En Budiño existe un grupo escolar con 430 alumnos, 18 unidades en funcionamento e 15 aulas reais. Este centro dispón de dúas pistas de deportes ao aire libre. Hai tempo que se están a facer xestións, por parte da Asociación de Pais, para a cubertura dunhadestaspistas.paraqueosnenos poidan facer ximnasia nos períodos de chuvia. Parece un camiño sen fin. No

Coa construcción da estrada de circunvalación a O Porriño, que está sen abrir ó tráfico, os veciños de Cans sufriron problemas dabondo, seguen a soportar a famosa curva peligrosa, en forma de Z, e están expostos a que calquera día suceda un tráxico accidente. Agúnhas veces os

CHENLO Hai pouco tempo creouse o Grupo Cultural Xuvenil "CARISMA" que abrangue a caseque toda a nova xeración da parroquia, cuns obxectivos moi definidos: potenciación de actividadesculturais. Haiescasamente tres meses sacaron á rúa o primeiro númerodarevistadaAsociación.tamén denominada "CARISMA". Este tipo de iniciativas, tan pouco prodigadas nos nosos concellos, debe estar apoiada e protexida polas institucións. Os veciños desta parroquia están moi sensibilizados pola non declaración de Chenlo cono zona urbana a nivel de telefónica. Durante as pasadas eleccións municipais, foi un tema que estivo constantemente no candeeiro. No último pleno ordinario do Concello, no mes de decembro, o BNG realizoulle ó Sr. Alcalde a seguinte pregunta: ¿Por que non se intenta que Chenlo sexa

CANS

12

www.faximil.com

ATIOS

accidentes son casuais, outras son buscados e outros son servidos á carta pola propia administración. Cans é a única parroquia do Porriño que non dispón de escola unitaria. A principios dos anos oitenta, a Asociación de Veciños de Cans preparou un local para que servira de escola de párvulos e somentes conseguiron que fose utilizada para clases de recuperación. Hoxe non se utiliza nin para iso. Falando da Asociación de Veciños, algúns pregúntanse por que non funciona. Parece ser que hai máis dun ano que se tomou o acordo para a elección dunha nova Xunta Directiva e ata hoxe quedou totalmente paralizada.


0 Pornño-Mos

MOSENDE Nas pasadas festas do nadal, os alumnos da escola unitaria de Mosende celebraron, nun local prestado por un veciño, un nacemento vivinte. Esta actividade tivo moi boa acollida por parte dos veciños desta parroquia. O pasado 27 de decembro, un individuo encarapuchado e armado

cunha escopeta con canóns recortados, realizou un atraco no Bar "Mesón de Mosende", logrando sacar ó propietario do local e clientes presentes un botín de 70.000 pesetas, aproximadamente. 0 equipo de futbol da parroquia de Mosende, é o actual lider en solitario da terceira categoría comarcal con 25 puntos, seguido a tres puntos do Atios e a catro do Mos. A Sociedade Deportiva Mosende.permaneceimbatidoeacaba de inaugurar as gradas no seu campo do Folón.

PONTELLAS Algúns veciños de Pontellas mostran certa inquietude pola desaparición do circuito de Moto-cross. Se ben entenden que a construcción do velódromo, no antigo circuito de moto-cross, pode supoñer un avance no estado actual do ciclismo no Porriño, antes da súa reconversión deberían buscarlle un novoemprazamento.Encalqueracaso, pregúntanse s¡ os futuros usuarios do

velódromo terán que usar máscara antifumos. No antigo torreiro de festas do monte do Calvario estase a construír unha casa parroquial por iniciativa dos veciños de Pontellas, e propiciada pola comisión de montes da parroquia. Esta iniciativa pode ser a espoleta que poña enmarchaacreacióndunhaAsociación de Veciños, organización con bastante importancia nas parroquias. Santiago Apostol é o "patrón" de Pontellas. Non se lembra, no tempo, a celebración dafestividade de Santiago, sen embargo en novembro do pasado ano apareceu un programa de festas en "honor a Santiago" para os días 28 e 29 de decembro. Esta idea sorprendeu a bastantes veciños, sobre todo ós máis novos, aínda que moitos coincidiron en que podía ser unha boa idea. A pregunta que se fan algúns veciños é se a Santiaguiño, festividade que se celebra en pleno verán, lle gostará ter que soportar o intenso frío do mes de decembro. Nesta parroquia caseque tódolos veciños teñen auga de traída, pero a granmaioríapertencenacomunidades privadas de 10,15 ou 20 veciños, e os manantiais non dispoñen das medidas de control e hixiene necesarias. Cando foi modificada a estrada O PorriñoGondomar, apareceu un manantial abundante no barrio de Abelenda, o que propiciou un elevado interés por parte dos veciños para construcción dun servicio de abastecemento controlado para toda parroquia. Realizáronse algunhas reunións con intencións de levar a Xunta de Galicia o proxecto. Nestes momentos parece que o tema está paralizado.

a cumplir cen anos. Os veciños seguen preguntándose ¿Quen fo¡?. ¿Quen é culpable?. A primeira pregunta non ten resposta; a segunda si. ¿Que vai a pasar cos montes comunais de Torneiros?. En concreto os que sempre foron dos veciños, e agora confirmados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e dos que o Grupo de Goberno do Concello dispuxo como se da súa propiedade se tratase. Parcelas onde se está a construir os centros de Formación Profesional e Rocas Ornamentais, polígonosdevivendas,parques,terreos que foron cambiados por outros, etc. Nas últimas eleccións municipais, o candidato da Relva prometeulle aos veciños a construcción dun alcantarillado para as augas residuais, que xa estaba previsto no Plan de Saneamento da Xunta. Polo barrio xa desfilaron algúns técnicos, pero a obra segue na fase de promesa. O pasado 26 de xaneiro, a comunidade de Montes de Torneiros celebrou unha Asemblea Xeral para informar da xestión realizada e, ao mesmo tempo, elexir unha nova Xunta Directiva. O informe da xestión fo¡ aprobado pola asemblea, pero non se puido elexir a nova Xunta Directiva por nonsepresentarningunhacandidatura. Dentro de tres meses haberá outra asemblea, na que se desexa a presentacióndalgunhacandidaturaque releve a Xunta Directiva actual.

TORNEIROS Os veciños de Torneiros seguen esperandoaque,porquencorresponda (Sr. Cura, Sr. Alcalde,...), lles digan a verdade,todaaverdade,sobreoaffaire da Camelia. Sucedeu o 28 de abril de 1990 (día de San Prudencio ¡vaia prudencia!) cando intentaron levar a camelia de San Roque para a finca do Sr. Alcalde en Mosende. Non puido ser porque ainda queda algo do que normalmente falta; e os veciños dixeron basta. Na noite do 30 para o 31 de maio do mesmo ano, unhas mans asasinas "mataron" a camelia que estaba proxima

13

www.faximil.com

declarada zona urbana para abaratar o coste de instalación de líneas telefónicas? A resposta será dada no seguinte pleno ordinario do mes de marzo.


PARROQUIAS O Porriño-Mos i

PETELOS Petelos, unha das dez parroquias do Concello de Mos, está encravada entre Sangu¡ñeda,Torroso, Domelas, Mos e Tameiga. Podemos distinguir dúas zonas ben diferenciadas dentro desta parroquia motivada pola división a que quedou sometida a mesma coa construcción da estrada nacional que enlaza O Porriño con Vigo. No lado dereito da mencionada estrada (dirección Vigo) atópanse os lugares de: Porteliña, Estivada,ACapela,Rubial,Veigadaña; e no lado esquerdo: Laxe, Balteiro, Barro, Reguengo. Esta vía de comunicación fixo que un pobo que antes se sentía máis irmanado e máis solidario ante os seus problemas comúns, agora cada un siga o seu propio camiño e se consideren como dúas comunidades estrañas. E proba

tema da actual autovía, que de non resolverse algúns problemas que está a provocar o Mopu, coa aquiescencia das autoridades do Concello de Mos, como son as pontes, entre outros (dos que xa falaremos en outra ocasión), moito me temo que vai facer moita falta a cohesión e o apoio de tódolos veciños, ou senón admitir e resignarse a que unha mesma parroquia quede partida e dividida en dous bandos opostos e distantes.

14

Desde hai case oito anos, esta praia fluvial era unha fermosa realidade pero o progreso sepultou este lugar emblemático: O SOLOMBO. Hoxe só nos queda esixir, como afectados, unha compensación ao MOPU. Ao lado do colexio de Sanguiñeda hai aínda un entorno excelente para facer algo polo estilo. Algúns falan dunha piscina pero, ¿pode equipararse unha piscina a O Solombo?. Mirade vós...

www.faximil.com

CELA A Asociación de Veciños "CELADO", informa públicamente da Asamblea Ordinaria de Socios (a realizar) neste mes de febreiro co seguinte orde do día: 1 S . Aprobación da acta da sesión anterior, se procede. 2S. Memoria anual. 3S. Estado de contas. A°. Convocatoria eleccións para renovación da Xunta Directiva. 5Q. Compra de terreo para ubicación centro cultural. A asociación "Celado" especif íca que todos os temas a tratar son de importancia, pero é de destacar o último punto referente á compra de terreo para o desexado e anhelado Centro Cultural

SANGUINEDA disto é que cando existe algún percance A praia fluvial de O Solombo ou cuestión que afecta a ámbalas dúas sucumbiu ante o avance inexorable zonas, cada unha xustifica asúa postura das obras da autovía que sepultou o alegando que é un asunto que non lles lugar que serviu de desafogo e refresco incumbe e tratan de escudarse unha na a boa parte dos habitantes de otra, debido a esa f alta de contacto e de Sanguiñeda e arredores. concienciación solidaria que debería Os maiores lembran ainda as tardes existir como antano. de verán no río como única expansión Así, pois, ¿que supuxo para a parroquia de Petelos a devandita ' posible naqueles tempos nos que a calidade das augas era óptima para estrada?. Pois, nin máis nin menos que disfrutar dun bo chapuzón e dunha o illamento dunha mesma comunidade sesta baixo as árbores circundantes. veciñal (e conste que o que suscribe Era a época dourada de O Solombo, non está en absoluto en contra das ata que chegou o progreso, e con el, o boas comunicacións, todo o contrario; deterioro provocado polos verquidos pero claro, ben feitas). En obras desta incontrolados das industrias próximas envergadura e trascendencia hai que e o abandono e olvido consecuentes ter en consideración ós cidadáns e por parte dos veciños desta parroquia. parroquianos nas decisións a tomar Menos mal que, cando xa se daba polas autoridades competentes e tentar por perdido este peirao, a incipiente face-las cousas co menor perxu ízo para Asociación Cultural "LEDICIA" (hoxe os mesmos, cousa que non sucede así, A.A. V.V.), iniciou os trámites para a senón todo o contrario. Claro que os recuperación e saneamento deste que proxectan tales obras defenden os espacio natural. seus intereses particulares e séntense Asípois.adirectivadestaAsociación, moi alonxados da realidade que os circunda e de aí que non sintan nin ! coacolaboración dosveciños e veciñas de Sanguiñeda, traballou padezcan as consecuencias dos seus incansablemente para resucitaro antigo propios atropelamentos. Se eles fosen ritual do baño neste lugar entrañable. os afectados ¡outro galo nos cantaría!. Para promover o proxecto da creación ¿E a conto de que vén isto? , dunha praia fluvial implican a ICONA e preguntaranse. Pois, parroquianos de á Deputación que contribúen técnica e Petelos (do Petelos de abaixo e do economicamente ao desenvolvemento Petelo de arriba), isto tenta facer do mesmo. Pero determinante foi o reflexionar a tódolos veciños para que empurre popular, o traballo de homes e tomen conciencia de que a unión e a mulleres carrexando pedras e limpando solidariedadedetodos émoi importante a zona, así como a celebración de para que un pobo avance e o teñan en festivais organizados pola devandita consideración. Porque sen ir máis lonxe, asociación para recadar fondos e hoxendía estamos a vivir e padece-lo concienciarápoboacióndanecesidade asoballamento e a lei do máis forte de resucitar O Solombo. como se demostra no caso do candente


PERFI O Porriño-Mos

A historia non se fai sen homes, os pobos tampouco. Desde aquí queremos recordalos. Eles foron, por diversas razóns e circunstancias, os que axudaron na tarefa da construcción do pobo, de facelo pouco a pouco. Eles tamén están presentes na nosa memoria colectiva. Hoxe tócanos recordar ós que teñen un lugar, rúa ou praza adicado. Outra vez farémolo cos esquecidos, cos malditos. En todos os casos, aspectos históricos ou ideolóxicos determinaron a bondade con uns e o rexeitamento dos outros, pero a súa obra e personalidade seguen vivas. As circunstancias da cada un: orixe, cultura, profesión, ... son diferentes, pero o que os une, o esencial, é único: o servicio á colectividade, a bondade. Lembremos hoxe ós máis coñecidos.

DOMINGO BUENO ARENAS 1877-1929 Nace en Cangas de Narcea (Asturias), morre en Madrid e foi enterrado no Porriño. A súa profesión de crego e o pensamento social da Galicia rural da época (o agrarismo) impnmen nel un talante de servicio e preocupación polos máis necesitados. É así como funda a empresa MARUCOGA (cooperativa de

ANTONIO PALACIOS RAMILO 1874-1945 O seu pai Isidro, natural de Madrid, chega a O Porriño contratado para executar a obra do ferrocarril GuillareiValenga. Antes de rematar a obra xa estaba casado con Xesusa Ramilo; desta unión saen os Palacios de O Porriño. Licénciase en Arquitectura no 1900 na Universidade de Madrid. A súa obra e persoa merecen unha análise que sobrepasa as pretensións deste artigo.

pasaxe), acaba moi novo en Rosario(Arxentina). Fortemente relacionado co mundo empresarial e financieiro, retorna ó Porriño en 1910 para ser director do Banco Español del Río de la Plata en Galicia. Froito dunha fusión con outras entidades de crédito, resultaría o actual Banco Central. No I9I8, Ramón Cabanillas publica, no Faro de Vigo, a noticia do proxecto de Palacios para a Casa do Concello de O Porriño; pero non será ata I92I cando comencen as obras gracias a financiación de D. Ramón González. A relación entre Ramón González, Palacios e Ramón Cabanillas (secretario do Concello de Mos) merece un espacio máis amplo có presente.

S. SERVANDO RAMILO NIEVES 1839-1910 Nace e morre no Porriño. Desenvolve a actividade profesional na empresa dos seus pais (madeira) en Mos que, resultado da coxuntura económica do momento, vivirá unha epoca de expansión. No 1899 doa os terreos e os cartos para as obras da Capela do Cristo. Outros persoeiros teñen unha característica común, propia da sociedade galega contemporánea: a emigración americana.

X. ANTONIO FERNANDEZ AREAL Naceu na parroquia de Atios no 1936, de mozo emigrou a Valparaíso (Chile) e alí, sen abandonar a actividade empresarial, realiza unha actividade importanteendefensadaculturagalega na emigración. De volta das américas, e froito dos seus anceios, encarga no I9I0 unha obra singular dos "indianos ilustrados": as "Escolas Fernández Áreal", proxectadas por Palacios e construidas no actual "Parque Canónico". Estas escolas funcionaron baixo o "PatronatoFernándezAreal"enosanos 60 foron derrubadas, como consecuencia da falta de sensibilidade e gusto das autoridades municipais.

RAMON GONZALEZ FERNANDEZ 1875-1925 Naceu en Ribadeo e morreu en O Porriño. Fillo dun empresario relacionado coa emigración (barcos de

15

ISNZILEZ MANUEL RODRIGUEZ RODRIGUEZ 1840-1912 O seu destino na emigración localízaseenGuayaqu¡l(Ecuador)onde casa con Anxela Bonín, de familia italiana e relacionada con negocios pesqueiros. Os resultados empresariais permítenlle regresar con fortuna a O Porriño empregando parte dela no inicio das obras da igrexa parroquial no 1904.

AVELINO M.VILLASUSO PAZO 1859-1905 Naceu en O Porriño e emigrou a Arxentina, donde coñece a outro protector de O Porriño: Ramón González. A este home debémoslle a idea, terreos e cartos destinados ó "Asilo da Nosa Señora" que debería ser construido nos terreos do parque da rúa Pio XII. Finalmente o asilo non fo¡ construido. f!?m.g

XOSE VIDAL

www.faximil.com

PROHOMES

matadeiros rurais de Galicia) que, pasado o tempo, está representada por Frigolouro-Coren.


POLITICA "¡A JUGAAAR!" V^/ "affaire Telmo's" trouxo unha forte polémica á nosa vila cando se soupo que Telmo Domínguez dispoñía, como propietario, de catorce pisos de protección oficial, e parece que algúns máis a nome de varios familiares seus, sendo totalmente ilegal a posibilidade de disfrutar de máis dunha vivenda destas características. Unha moción dos nacionalistas, presentada por M. Besada e que recollía información da Asociación de Veciños de Torneiros, entrou no Concello un mes antes de que explotara o tema como información escandalosa. A cantidade de irregularidades salpica aparentemente a diferentes organismos e persoas, quedando o tema aparcado despois dun peloteo de acusacións entre representantes do M.O.P.U. e da C.O.T.O.P.. O debate político a nivel local tampouco deu respostas transparentes dedicandose o alcalde a "botar balóns fóra" nun estado de agresividade fora do habitual e negando calquera implicación do Concello ou de tipo persoal. A cuestión, incluso no caso de non haber unha responsabilidade directa, plantexa unha vertente de ética política se aceptamos que un rexedor municipal debe preocuparse de todos os asuntos do seu municipio, especialmente: a) da vivenda e mais das vivendas sociais para as que aporta gratuitamente o terreo, e b) das irregularidades que comete a administración en perxuicio dos veciños. Cadaquén pode preguntarse, para os seus adentros, se o alcalde coñecía ou non as operacións de compra dos pisos cando se realizaron entre 1987 e 1989,pero claramente podemos preguntar ¿por que o grupo de goberno do P.P. non toma a iniciati va para aclarar ou denunciar as presuntas irregularidades das que informan os

veciños no ano 1990? Por moito que cacarexen os populares noutros foros, aquí quedou patentequénqueretransparenciacando se fala da corrupción. As responsabilidades de este suceso vergonzoso coñecerémolas cando a xustiza aclare o asunto que foi levado aos tribunais pola Asociación de Veciños de Torneiros. ,;lu.tf X. PAZ ANTON

BAIXO CERO

U

nha das maiores alegrías que nos trouxo o final do franquismo foi a posibilidade de expresar as nosas propias opinións e mais de dotarnos con organismos e institucións de goberno onde estas opinións diferenciadas poideran ser discutidas e analizadas. De todos os xeitos a liberdade é algo a conquistar e ampliar día a día e de pouco vale tela se non se pode facer uso da mesma. Vén todo isto a conto polo estado de participación democrática nos concellos de O Porriño e Mos que, ainda con algunhas diferencias de matiz entre eles, reflexan unha vontade semellante por parte dos grupos maioritarios do Partido Popular que agora gobernan. No Concello de O Porriño unha maioría que repite e un alcalde que xa

16

leva oito anos de mandato, é incapaz de se enfrentar ás críticas da oposición e aproveitando os resquicios que a lei lle otorga somentes ten pensado convocar plenos ordinarios o derradeiro venres de cada tres meses. Como todos e todas sabedes son nesta clase de plenos onde a oposición pode facer oir a súa voz propia sen plegarse aos puntos dictados polo alcalde. Por se isto fose pouco, estes plenos son convocados ás doce da mañán para impedir, claro está, que asistan os veciños e veciñas que ata agora o viñan facendo. Para colmo das desgracias, como teñen maioría, moitos dos populares auséntanse do pleno antes de que cheguen as mocións da oposición, situación vergonzosa e mesmo despreciativa con aqueles a quen o vecindario situou como os seus compañeiros da oposición. En Mos os plenos son, de momento, cada mes pero o alcalde e mais o grupo do Partido Popular impiden cos seus votos que se debatan as mocións que presenta a oposición. Claro está que son as mocións que máis lles molestan por ser máis críticas co seu labor. Temos pois dous alcaldes que se escudan tras da maioría absoluta coma nenos xogando ó escondite. En canto á participación democrática do vecindario esta segue tamén baixo mínimos. Nada se ten avanzado dende a constitución das novas corporacións elexidas democraticamente. Ningunha das posibilidades de participación que a lei permite foron aceptadas polos gobernos do P.P. dos nosos concellos. Carecemos de Consello Escolar Municipal, de Consello de Participación Cidadá, de Consello da Xuventude, da Cultura ou do Deporte, etc. O vecindario tense que conformar con exercer cada catro anos o voto e esperar de brazos cruzados que os que mandan o fagan ben. ¡ Coma quen xoga á lotería!. As actitudes democráticas dos nosos rexedoresmunicipalesestánbaixocero. üW

PACHO D'ALMEIDA

www.faximil.com

OPorriño-Mos


O Poniño-Mos

De sempre, o Concello de Mos foi considerado como un municipio no que era posible levar a cabo todo tipo de obras que só servían para favorecer a outros concellos veciños, sen recibir a cambio ningunha compensación a tantas e tantas incomodidades. De calquera xeito nunca, como neste momento, se está a demostrar tan claramente esta constante descriminación. A construcción de dúas autovías, unha que enlazará Vigo con Madrid e outra que vai comunicalo coa fronteira portuguesa a través de Tui, só ocasionan perxuicios ó noso concello, que resultará dividido en catro partes.Non se me ocorre ningún beneficio... O abastecemento de auga dende o río Oitavén a O Porriño que non está previsto que favoreza a Mos polo de agora, está supondo problemas para moitos veciños por mor das obras que se están a realizar. Un gaseoducto que unirá A Coruña con Vigo, pasará tamén por unha parte

RAUL FRANCES VALVERDE

17

O "CÓNCAVLE1 "Se está poniendo de moda en^ toda la capital...", xa sabedes como sigue: o vaivén do Chucu-Chucu... Este tipo de baile prodúcese cando un político recibe diñeiro para si ou para o seu partido, mediante presións, venta de favores, recalificacións, uso ou venta de información privilexiada, comisións, uso de bens pertencentes á colectividade para disfrute ou favorecemento personal, votando acordos políticos ou plenarios que benefician a ún mesmo na súa actividade profesional ou empresarial, recibindo regalos interesados, incumplindo a lei a sabendas, permitindo o incumplimento de normas urbanísticas e cobrando aos promotores de vivendas "en especies", metendo gastos propios en presupostos teóricamente pertencentes á colectividade, medrando debido ao cargo, favorecendo a persoas afíns ideolóxicamente en perxuicio de outras mellor preparadas...

Corrupción politica. ChúcuChúcu "te voy a dar"

Todas estas expresións que escoitamos diariamente nos medios de comunicación parecen ser condeadas por todos os partidos aínda que curiosamente o problema sempre parece estar na casa do partido de enfrente. De calquera xeito, se todos están de acordo, por mín non vai a ser menos. Propoño un xogo: pense nos políticos que o representan e relacioneo coas expre^ións de corrupción política que relatábamos rnáis enriba, unha a unha. Se o político en cuestión pasa o test sen ningunha sombra de duda, noraboa, acaba vostede de conseguir un pleno. Se pola contra desconfía da honradez dos seus representantes políticos, non se desespere, é moi importante manter a calma. Unha alimentación equilibrada, con moita espiñaca, apoiada con sesións semanais dunhas boas "f retas" e coa conxunción dos astros na Era de Acuario, vai conseguir que se transforme vostede nunha nova persoa. O baile, o vaivén do ChucuChucu, será a partir dese momento a súaúnicarazónparavivir. *

VERONICA FAJANJASTO

www.faximil.com

MOS: UN CONCELLO DE SERVICIOS, SEN SERVICIOS

do noso concello, sen razóns de peso para elo, e perxudicando a un número importante de persoas que verán afectadas as súas terras por esta obra. Proximamente vaise iniciar tamén, a construcción dun oleoducto que dende A Coruña chegará á fronteira lusitana e que atravesará todo o territorio mosense, sen que estea previsto, por anos e anos, que Mos poida recibir este servicio, ou o do gas, para consumo dos seus habitantes. E pola contra, todos estes servicios que dalgún xeito presta o concello de Mos a outras comunidades, non se ve compensado por ningunha parte. Aquí carécese de todos aquelesservicios básicos imprescindibles no fin do século XX. En Mos non existe unha traída de augas municipal, case todo o municipio está falto de alcantarillado, só agora (esperamos) imos dispór dunhas normas urbanisticas que xa veremos como se aplican. Falta unha oficina de Correos, non temos Centro daTerceira Idade nin Centro de Saúde; os nosos xoves carecen de Instituto de Bacharelato (máis de 360 estudian neste momento noutras localidades). Tampouco temos un Centro de Formación Profesional nin unha Biblioteca Pública ou un Centro Cultural, ou unha piscina municipal. Case poderíamos decir que non temos nin Casa Consistorial pois a que existe non permite ós concelleiros (do goberno e da oposición), dispor dun espacio mínimo para estudiar calquera papel ou recibir a calquera veciño. Penso que é importante que as Autoridades Locais, Autonómicas ou Estatais, reparen nesta situación na que se atopa Mos e, de forma inmediata, se inicien todos os trámites necesarios para reparar a inxusticia con que, claramente, está sendo tratado un concello de máis de 13.500 habitantes.


ECOLOXIA OPorriño-Mos

tamén unha especie de planta carnívora que se alimenta de mosquitos.

O QUE QUEDA DAS

No medio constituído polos elementos citados, aparece unha sorprendente e numerosa fauna, comparable non en número, senón en variedade, a outros habitats húmidos de Europa.

GANDARAS DE BUDINO

Nos últimos anos están contabilizadas ata 163 especies distintas de aves, incluíndo as permartentes que nidifican nas lagoas (alavanco real, cerceta, zampullín chico, focha, garza real, etc), as esporádicas (morito, espátulas, cigoña, etc.) e as que só acuden a invernar por atopar aquí mellor clima que no norte de Europa (pato culler, porrón moñudo, porrón común, etc.)

f\_ zona asulagada producida por uns encharcamentos do Rio Louro, tralo seu paso por O Porriño era considerada, hai bastantes anos, como un lugar perigoso, insán, incluso maléfico, cheo de cobras e mosquitos, totalmente inútil desde o punto de vista productivo... Ata que "alguén" deuse de conta: aquí poñeremos industrias, alá botaremos os verquidos, acolá aterraremos. E así foron xurdindo naves industriais construídas na beira mesma das lagoas, ou incluso enribadelas, talando todos os amieiros, salgueiros e bidueiros que "estorbaban" ó desenvolvemento, e convertendo as augas en vertedoiros.

Nas augas viven, cada vez máis dificilmente, oito especies de peixes (carpas, espiñetas, anguías...) e doce de anfibios, entre as que se contan algunhas variedades de ras, sapos e tritóns, amáis da escasísima, tartaruga de auga. Neste medio acuático estase a investigar actualmente o impacto ambiental da introducción dunha especie foránea de cangrexo de río, que abunda nunha das lagoas.

Hoxendía os gobernos municipais civilizados xa non aplican esta política de terceiro mundo, pois o "desenvolvemento" das pasadas décadas ("o progreso por riba de todo") está completamente desfasado. Xa non se consideran incompatibles a industria e o conservacionismo, senón que se trata de harmonizar progreso e ecoloxía. Só a ignorancia e a imprevisión dos políticos que nos gobernan poden despreciar o valor do ecosistema das Gándaras. ¿Canto valen os milleiros de aves acuáticas, os peixes e anfibios, os bosques da ribeira, o misterio das súas augas? ¿Canto costaría construir unha paisaxe igual á das Gándaras?. Botemos unha ollada ó que queda alí:

Fóra xa das augas, podemos achar diversas cobras (cobra de colar, cobra sape...) e algúns mamíferos, os que sobrevi ven ó acoso do home: visóns, raposos, teixugos, "ardillas" ou esquíos, donosiñas, xinetas, londras ou "nutrias", porcos bravos, ratas de auga... e así ata 23 especies que se moven pola braña, a auga ou o bosque. Sería aburrido enumerat- todas as especies que forman esta grande comunidade biolóxica, nunha riqueza da que calquera visitante -cauteloso, iso si- pode observar e disfrutar. A cuestión é que esa comunidade está seriamente ameazada polo entorno humano, a causa dun Concello e dunhas industrias que parecen empeñadas en demostrar que o progreso e a conservación do medio natural non poden coexistir.

RIQUEZA DAS GANDARAS O que algúns chamaron algunha vez o "Doñana Galego", unha das pouquísimas charcas de auga doce galegas, é un ecosistema propiciado por varios elementos:

AS AMEAZAS

c) O bosque de ribeira (un dos poucos que quedan en Galicia), dunha extensión aproximada de dous quilómetros de longo e un quilómetro de ancho, e formado por unha combinación de amieiros, salgueiros e bidueiros.

Sen ánimo de dramatizar, o feito é que a destrucción da vida nas lagoas só é cuestión duns poucos anos (entre 3 e 6 segundo algúns). Ao ritmo de contaminación actual das augas, entraremos no ano 2000 tratando de explicarlles ós nosos fillos, mediante fotografías ou videos, o que poderían mirar e vivir directamente se os políticos daquela non decidira declarar o entorno das Gándaras como zona industrial.

d) A braña e a vexetación asociada á humidade do lugar: espadanas, xuncos, carranchas... A variedade vexetal inclúe

A agresión a esta área natural non é, sen embargo, unitaria, senón que está ameazada desde frentes diversificados (de aí

a) A auga, antano pura, do río Louro. b) Un chan arxiloso, que favorece a aparición de encharcamentos por ser impermeable.

IBEIRAS DO LOURO zona de máximo intcrese ecolóxico principais indústrias lagoas

iINCIPAIS AMENAZAS 3 ECOSISTEMA verquidos industriais Verquidos urbanos aterramentos talas de árbores caza furtiva indústrias no entorno espécies foráncas

18

www.faximil.com

lagoas atcrradas


O Porriño-Mos

a súa efectividade: ás veces gostarianos dicir que isto parece a única acción planificada da política da dereita), e que se atopan ubicadas, dando unha visión moi aproximativa, no mapa adxunto. 1. As industrias que circundan á lagoa (incluso as do outro lado da N-550) verten directamente as súas augas residuais nela ou no río Louro. Sabemos que algunhas contan con depuradoras, pero tamén sabemos que estas non sempre están funcionando. Mentras tanto a contaminación da auga, base de todas as formas de vida nas Gándaras, vai en aumento.

futuro, próximo ou remoto. Nós queremos apartarnos dese tópico, aínda sabendo que é difícil para quen ten os datos na man. Gostaríanos deixar claro que hai solucións, que coa vontade de todos podemos atallar unha a unha todas as ameazas que están a caer sobre a zona, e que ese "todos" afecta especialmente ós políticos que rexen no Porriño. Estamos a tempo de evitar a perda dunha riqueza non inventariada; xa non se trata de salvar uns cantos patos nin de estar en contra do progreso industrial, senón de racionalizar este sen estragar o patrimonio natural do marabilloso lugar onde temos a sorte de vivir. ;U_LL_.:,

2. A esa degradación do medio acuático tamén contribúen as augas residuais do casco urbán do Porriño e o lixo que o Louro arrastra. É sorprendente constatar como tentou o Concello porriñés de solucionar a contaminación do río: talou as arbres que formaban o valioso bosque de ribeira, ipara que as polas non retuveran bolsas plásticas e lixo flotante!. Así, sen ruborizarse, fixo gala da ignorancia da que falabamos máis enriba. O Louro, por suposto, segue cada vez máis degradado.

MIGUEL MONTENEGRO

femia

macho

marrón listado

verde azul

azul

3. As lagoas da zona disminúen en número e a lagoa principal en extensión, debido ós aterramentos que algunhas industrias realizan sen que ninguén lle poña couto. Pouco a pouco, a cantidade de auga do ecosistema vai disminuíndo a un ritmo que o fará desaparecer a curto prazo. 4. Tamén se toleran talas importantes de árbores, como a que comentabamos, e outras dos bosques colindantes, que serven de hábitat a numerosas especies e de barreira natural que ailla (aillaba) as lagoas e o río do exterior.

ALAVANCO REAL (Anas Platyrhynchos)

5. A caza furtiva non está controlada, pois existe desde sempre na área do "Refuxio de caza", en calquera época do ano. O furtivismo non afecta só ós exemplares adultos de aves, senón que tamén se destrúen os niños para coller os ovos, o cal afecta grandemente á poboación de aves niñificantes. 6. Na degradación do medio tamén colabora a invasión do entorno polas naves industriais, que se achegan máis e máis ás lagoas, aterrando as que lles estorben e vertendo nas augas o que ninguén controla. Algunhas naves, coa súa estética urbán de espellos, confunden ás aves e provocan numerosas colisións contra os cristais. Outras impiden aniñar ás diversas especies polo ruído que producen. 7. Algunhas veces as agresións a un ecosistema proceden da ignorancia, e así temos que a introducción de especies foráneas, alleas a este hábitat, non aumenta a diversidade, senón que é contraproducente para o resto das especies. Tal é o que está a pasar con un tipo de cangrexo de río, introducido, ó menos, nunha das lagoas. Un grupo de naturalistas está a estudiar na actualidade o seu impacto ambiental como xa referimos. O FUTURO Con este panorama, e con tal número de agresións que inciden ó mesmo tempo sobre o ecosistema das Gándaras de Budiño, a capacidade de adaptación da natureza é pasmosa. As publicacións de corte ecoloxista muitas veces semellan ser catastrofistas, anunciando un desastre apocalíptico no

RUBEN LOUREIRC

19

www.faximil.com

DESCRIPCION:Lonxitude58cm.Osmachos teñen o pico amarelo, cabeza e pescozos verdes, collar blanco, peito pardo-rubio,partes inferiores cor gris perla, infracobertoras caudais negras e cola branca. A femia é de cores pardas con pintas escuras, esta librea sírvelle para que non a vexan cando está no niño. Ambolos dous sexos teñen "espejuelo" morado entre dúas franxas blancas e patas laranxas. O macho en eclipse é semellante á femia. HABITAT: E sedentario e niñificante nas Gándaras, tamén ave de paso.Os maiores censos rexístranse no inverno,debido a que as Gándaras constituien asimesmo unha boa zona de invernada. CRIA: As postas comezan en marzo. En xeral, poñen 10-12 ovos de cor verdeamarelado ou azul pálido, nun niño feito no chan, relativamente lonxe da auga, en xeral nun burato excavado ó pe dunha mata ou arbusto recheo de herba seca e acolchado con plumón que se arranca do peito. Incuban 28 días e os pitos voan ó cabo de dous meses. ALIMENTACION: Baséase en vexetais acuáticoseterrestres;taméninxierealimentos animais como insectos, moluscos, crustáceos e algún peixe. p q i


GASTRONOMIA O Poniño-Mos

máis importantes casas s do Val de A Louriña e ELTIÑA. inicia a súa andadura a s de século

Peña de "hooligans" do Zeltia C.F., que se reunían no Celtiña

L o m o propietarios figuraban o matrimonio formado por Jesús Rodríguez Represas e Teresa Pérez. Esta última facía as veces de cociñeira mentres o seu home atendía aos clientes. O Celtiña era unha casa onde comer, tomar café e botar a partida, coñecida na bisbarra polas súas especialidades en callos, pulpo, carne estofada e bacallau cocido. Ademais do local situado como agora na rúa Manuel Rodríguez de O Porriño, tamén atendían os días de feira no propio Campo da Feira (hoxe desaparecido como tal e substituído por un parque de dudosa estética). Entre as árbores, hoxe taladas por desgracia nos anos 60, aparte dos tratos dos gandeiros, tamén corría o augardente desde as sete da mañá, e baixaban as tapas de pulpo e callos mollando no seu prebe o exquisito pan de O Porriño. Aqueles vivíanse como días de festa e de gran movemento de cartos. Os tratantes chegaban de Budiflo

20

Esta tradición aínda se mantén e mostra dela son as potas de barro que figuran nos anaqueis co ano no que foron utilizadas cada unha para conter o viño tinto da casa que se paladea no xogo. As fotografías que adornan o local tamén son mostra da relevancia do Celtiña no Antroido e das peñas de "hooligans"doZeltiaC.F.que,partindo do Celtiña, ían cara o Louramball cos bombos e as pancartas cantando aquela famosa copla de: "agua que no has de beber, déjala correr". Dos tres irmans Suso é o único varón que segue a tradición familiar rexentando un restaurante na vila logo do seu paso pola hostelería de Inglaterra. Hoxendía O Celtiña é un bar de comida para traballadores cuns precios moi asequibles onde tamén se reunen, venres e sábados pola noite, a maior parte da movida xuvenil de O Porriño. No Antroido máis dunha comparsa gosta de facer no Celtiña as ceas dos días de festa e cantar, entre os efluvios etílicos e o cheiro do lacón con grelos, as súas coplas. Se algo distingue a O Celtiña, aparte da súa comida, é a amabilidade e familiaridade no trato e máis a historia que rezuman as súas paredes e o seu

.'iW

MARTA RODAL

RECETARIO: FILLOAS 1/2 litro de leite, 1/4 kg. de fariña, 3 ovos, 25 gr. de manteiga, un anaco de touciño para untar a tixola, unhas areas de sal, azucre e canela en po. Nun recipiente ponse a fariña, os ovos, o leite, o sal e por último a manteiga previamente derretida. Misturanse ben todos os ingredientes procurando que o amoado non quede nin líquido nin demasiado espeso, deixando repousar uns 15 minutos como mínimo. Nunha tixola untada co touciño (ou unha culler de manteiga) vaise botando medio cucharón de amoado extendendoo ben para que cubra o fondo da mesma e cando se desprenda a pasta dos bordes daselle a volta, esperamos a que seque e retiramos a un prato onde as espol voreamos con azucre e canela.

www.faximil.com

LTINA

(Os Mansiños), da Vila, os Benignos de Parderrubias, de Entienza, de Tomiño, de Pontevedra, de Marín, de Lira, de A Cañiza e mesmo de Portugal (pasando a raia a través de Chaves). Cando o Campo da Feira se traslada á Risca, Mari (actual propietaria e cociñeira de O Celtiña) conta que nin sequera alí había auga corrente para os gandeiros lavar as mans denantes de xantar. Mari subía ao monte ás cinco da mañá nunha furgoneta que transportaba barriles de auga e mailos utensilios necesarios para cociñar. Recorda como a esa hora escoitaba o ouvear dos lobos e preparaba o lume da lareira para que ás oito da mañá, cando chegaran gandeiros e compradores, poideran quentarse nos braseiros dispostos para tal fin. Alí preparaba o bacallau cocido e os callos. Levaba empanada de carne e de calamares e quentaba viño branco con azucre para un cento de comensais. Esta faceta itinerante do Celtiña ía máis alá da feira de O Porriño, tamén estaba presente nas festas dos arredores ( Budiño, Libramento de Pereiras,...)As veces, os carreiros impedían o paso da furgoneta polo que era necesario transportar a mercancía e os útiles nun carro de bois. O día dous de xaneiro no Celtiña había festa rachada pois era o patrón do propietario D. Xesús. O único traballador alleo á familia era o Sacristán de Atios que facía as veces de camareiro. Tamén a Feira de Santos era unha ocasión de grande bulir. As castañeiras na porta eaxentena taberna bebendo o viño novo e tomando as tapas. Outra data importante do ano no Celtifta era O Antroido onde o lacón con grelos, a cacheira e as orellas de frade eran consumidas polos clientes habituais e mais polos participantes do Xogo da Ola, que tiñan alí o seu lugar de referencia.


O Porriño-Mos

A

RECUPERACION

DO ANTROIDO NO PORRINO (1987-1991)

COPLAS É unha das formas de expresión das comparsas e non lles faltan os condicionantes crítico, burlento ou picante que caracterizan ó antroido. O galego foi o idioma proposto polos organizadores sen que se provocaran conflictos por este motivo, contrariamente ao que poidera pensarse nunha vila con bastante poboación castelá- falante. O primeiro ano non houbo censura e no segundo houbo tímidos intentos de exercela, establecendo o Concello a previa presentación de coplas firmadas e con D.N.I.. Loxicamente, como corresponde ao sentido destas datas, ninguén deixou de facer as coplas como lle petou, picara a quen picara.

ENTERRO

V ^ o inicio dos anos oitenta prodúcense movementos de recuperación do antroido que se van espallando polas vilas galegas buscando en cada lugar unhas raíces definidas no seu pasado. Esta manifestación popular estivo prohibida polos diferentes gobernos da dictadura franquista quedando no recordo, dos máis vellos, aqueles últimos antroidos que se celebraran na década dos anos trinta. Se ben é certo que na agonía do réxime militar aumentou a permisividade administrati va no tocante á celebración de bai les de carnaval, tamén sabemos que a recuperación dunha serie de actos que caracterizaban o tradicional antroido desta comarca (comparsas, coplas, enterro da sardiña) non se produce ata o ano 1987. A iniciativa deste proceso parte da sección de cultura do Círculo Recreativo Cultural. Nun primeiro momento trátase de recoller información do pasado para elaborar un programa de actos que incidiría nos seguintes puntos:

O principal informante no primeiro ano foi Antonio " Vico" quen aportou datos sobre o percorrido da "procesión", o velatorio (que antigamente se facía no Liceum), onde se chimpaba a sardiña ao Louro, etc. O esquema do enterro é

COMPARSAS O sistema de artellar o antroido a través de comparsas se copia doutros lugares, en concreto de Cangas do Morrazo, buscando unha canle participativa e aberta a distintos sectores da poboación. Con posterioridade, a información confirma a existencia de comparsas en O Porriño doutros tempos como, por exemplo, a moi famosa de "Los Apaches" da que se sabe se estaba formada por persoas do mesmo gremio ou oficio como outras da mesma época. Cincuenta anos despois fálase con pandillas ou grupos xa constituidos para fundar as tres primeiras comparsas: "Mandatruco" integradaporxovescristianosdebase, "Pajatú" ligada aos propios promotores da recuperación e "Os berberechos" en tomo a Julián Freiría, Paxi, Chus, os Diz e outros, que teñen a particularidade de mudar de nome cada ano. Con novas edicións vanse sumando comparsas de amigos ("Confarsa Nosa" ou "A Milagrosa"); de asociacións ("O mellor de cada casa"); de nenos ("Os Meniños") ou tamén da terceira idade participando esta última fóra de concurso e na que é posible que houbera alguén que xa vivira o antroido dos anos trinta. •

basicamente o mesmo que nos anos trinta deixando aparte o carácter gremial que tiña a organización daquela, correspondéndolle aos electricistas de entón todo o referente a ese desfile.

Primeiro enterro da sardiña logo da recuperación do antroido

O pritneiro ano buscouse unha persoa coñecida do humor galego para que dera lectura ao pregón, tentando sentar un precedente que redundara no carácter festivo e galego da celebración. A persoa elexida o primeiro ano foi O Xestal. Os responsos do enterro non estaban planificados e xorden no segundo ano da iniciativa persoal de Cuquín quen asume o responsorio coa súa habitual mestría. A redacción do Testamento da Sardiña sempre foi secreta, de carácter anónimo e elaborado por xente de diversas comparsas. As autoridades nunca meteron man nel e cómpre sinalar que non ten provocado conflictos de importancia coas persoas que han herdar a sardifta.

21

www.faximil.com

PREGÓN, RESPONSOS E TESTAMENTO


0 Poiriño-Mos

XOGO DA OLA Era esta unha expresión popular que non se levaba a cabo dende 1982. Falouse co propio colectivo de xogadores que tiñan como punto de referencia o Bar Celtiña, para que eles mesmos voltaran a poñelo en marcha. O xogo da ola tamén aparece no antroido doutras vilas de Galicia aínda que non é moi coñecido, motivo polo que no 1987 se Ue deu cobertura informativa en Radio Nacional no programa "Juegos populares" desde O Porriño.

SABADO DE PINHATA

Xogadores da Ola nos anos sesenta.

O ciclo do antroido porriñés remata co sábado de Pinhata, día no que se desenvolven carreiras imposibles ou xogos case surrealistas, por certo "sen viño". Esta data pode chegar a desaparecer se non recibe un apoio máis claro por parte das comparsas. Todos os elementos nomeados ata aquí, estructurados en desfiles de comparsas, concurso de coplas, enterro da sardifla e sábado de Pinhata, quedan xa programados neste primeiro ano, 1987.

1987 A Directiva do C.R.C. liderada polos protagonistas deste proxecto de recuperación, Raúl Francés (fillo), Modesto Xiráldez (Tito) e Antonio Vico, ofrecen ao Concello a participación buscando xenerosamente a maior trascendencia posible e fixándose nos modelos que xa se iniciaran noutras vilas de Galicia, neste aspecto organizativo. Pretendíase tamén acadar a infraestructura necesaria: económica (premios e subvencións ás comparsas), material (palcos, megafonía, construcción da sardiña) e humana (policía municipal, equipo de obras). Por parte dos promotores iniciais se busca unha participación o máis aberta posible e tentando que as coplas tiveran o carácter crítico e picante que caracterizan esta celebración. Debido cecais ao famoso bando do Alcalde no que, amais de chamar á xente a participar no antroido, prohibía aos participantes meterse coas institucións e as autoridades, o carácter picante e burlento queda diluído e se vai a unha crítica das institucións. Se non foi o bando serían outras causas pero todos os temas latentes entre o vecindario aparecen alí: o Paso a Nivel, o Parque Canónico, as comilonas, a traída de aguas, a curva do Carallo, etc.

"...todos os temas latentes entre o vecindario aparecen nas coplas: o Paso a Nivel, o Parque Canónico, as comilonas, a traída de augas, a curva do Carallo, etc."

22

www.faximil.com

1988 Despois deste primeiro ano, no que os representantes do Concello andaron despistados de abondo, veñen as eleccións municipais do 87 e se producen dous feitos interesantes de cara a seguinte celebración: 1) Se evidencia que a crítica do Antroido non é decisoria de cara ó voto, pois se conseguen uns resultados continuístas pese as espectativas da oposición, e 2) Os políticos gobernantes toman conciencia da importancia do antroido e do seu éxito potencial, tentando capitalizalo e mudarlle o rumbo. O concelleiro de cultura do momento, teledirixido polo alcalde, procura un carnaval menos crítico, na onda brasileira, con "reina de las fiestas", damas de honor, rei do carnaval, moito paripé e tumba que dalle...


O Porriño-Mos

1990

Aproveitan o esquema deseñado e tentan roubarlle o antroido a quen o organizaran o primeiro ano, dun xeito tan vergoñento que a programación nos seguintes catro anos será unha fotocopia da realizada no 87. Hai unha reacción aos intentos de censura e usurpación que se concreta nunha asamblea de comparsas na que se crea o lema "¿DE QUE VAS?" e se imprimen uns bonos axuda para montar un antroido paralelo. Cando se enteran no Concello recúan e chaman á negociación volvendo a situar a festa nas mans dos participantes (as comparsas). Nese ano 1988, aparece a figura do Rei do Carnaval e Tito con bo criterio propón a Pepe Baldomero, que exerce o seu cargo honorífico sen outro protagonismo que o de acompaftar os actos. O Concelleiro de Cultura métese nunha dinámica de elección de damas de honor por parroquias e de coches antigos que entorpecen toda a dinámica das concentracións. Ese ano a megafonía non resulta adecuada e o Alcalde xa non está no palco de autoridades .

O ano máis tranquilo foi 1990. Confirmase o empuxe popular da festa cunha grande participación de comparsas e público, e unha desbordante asistencia de viúvas e viúvos no Enterro da Sardiña. As escaramuzas políticas agora son diferentes, trátase do tamaño das letras nos carteis. Para algúns o ideal é que o patrocinador figure con letras moi gordas e que os organizadores sexan trescentasmil asociacións, de xeito que o papel dos verdadeiros artífices do Antroido quede totalmente silenciado. Son as miserias do poder: o tamaño das letras.

1991

Este escrito só quere recoñecer públicamente o labor das persoas que tiveron a capacidade de liderar este proceso

O ano 1989 e terceiro do antroido é o ano do " Gran Cristo" da megafonía e de Guan Cambote, que "axuda" moito ao Carnaval montando un espectáculo impresentable, "jaleado" por algunhas das " autoridades" presentes no balcón do Concello e pitado polo público asistente. E a todo isto, Barros en Pamplona, ...distanciándose. Debido á experiencia do ano anterior, as comparsas tiftan avisado con tempo suficiente que de non haber unha megafonía en condicións poderían realizar un plante. Efectivamente, tras se demostrarque non se escoitaba nada, unha cpmisión de comparsas sube ó palco e explica ao público que non van cantar e que lles parece unha práctica .encuberta de censura. O Rei do Carnaval Guan Cambote, baixa do balcón de autoridades e tenta acusar ás comparsas de ser grupos políticos infiltrados que só pretenden a alcaldía e moitas outras burradas. Curiosamente non baixa ningún responsable do goberno municipal a dar unha explicación e algunhas das comparsas rematan cantando as coplas nas escaleiras da Igrexa sen megafonía. Hai presións directas por parte do Alcalde sobre os portavoces das comparsas ameazando a algún deles cun proceso xudicial por "incitación a la rebelión", e tratando por todos os medios que algúns non estiveran presentes na comisión negociadora Concello-Comparsas para trasladar o acto suspendido ó Sábado de Pinhata cunha boa megafonía. En ningún momento se recoñece a responsabilidade do sucedido e se pretende cargarlle a culpa ás comparsas. Aceptando a contratación dunha boa ampliñcación para o sábado, se acepta implicitamente quen foi a parte causante do lío que se produciu. Todo este proceso de non ceder aos anceios de control dunha festa popular por parte das autoridades, crea friccións entre as comparsas aínda que é xusto recoñecer que a partir deste follón a megafonía non voltara a fallar.

XOSE PAZ ANTON

23

www.faximil.com

O ano 1991, V Aniversario do Descubrimento do Antroido para unha grande parte dos porriñeses, continúa o mesmo esquema salvo no Enterro da Sardiña no que a Asociación Cultural do Louro empeza a facer anovacións para darlle mais jolgorio con lambada, saetas, Reis Magos, etc. As contradiccións están servidas. Por unha banda a contradicción da Concellería de Cultura en mans dos conservadores, obrigados a participar (¿ou poderíamos dicir "pagar"?) dunha festa que tradicionalmente serve de desafogo popular diante de calquera forma do pode. Ademáis coa condea, polo éxito da celebración, de subvencionar un acontecemento que en certo modo se volve contra eles mesmos; obrigados en definitiva a "recibir os paus" e ainda por riba a "poñer a pasta" Por outra parte, as contradiccións tamén aniñan nese grupo de persoas que fixeron posible o Antroido tal como hoxe o coñecemos: un certo cansancio producido pola rixidez e mesmo o obstruccionismo organizativo e un certo cansancio para promover anovacións imaxinativas que lle dean ao antroido porriñés un carácter único con capacidade de sorprender con novas programacións en cada nova edición. A pregunta parece obvia ¿como sería esta festa se no ano 1987 se plantexara unha financiación non ligada ao Concello?. Cavilacións aparte, e xa que a historia non se desanda, só queda expresar que o desánimo non debe ocultar a constatación do éxito acadado na recuperación do antroido no Porriño. Este escrito só quere recoñecer publicamente o labor das persoas que tiveron a capacidade de liderar este proceso."A deus o que é de deus e á Comisión de Cultura o que é da Comisión de Cultura: poñer os cartos, moita cara de ferreiro e moito pinchito". ,i,il^i.ti,

1989


0 Porriño-Mos

invertir o curso da historia. Constituír a Galicia como pobo con poder político non se conseguiu ata agora porque, o que hai de autogoberno, é unha pura caricatura. Non hai realmente capacidade de lexislar, e non se trata de que nos goberne o P.P. ou o P.S.O.E., é que aínda que o P.P. e o P.S.O.E quixeran facer unha política nacional, a propia lei llo impediría. Non poderían facerunha lei de ensino propio para Galicia, senón unicamente adaptar a de Madrid. É dicir, non temos un verdadeiro autogoberno, e entón esta cultura tradicional, galega, creada baixo o dominio e a dependencia e, polo tanto, cultura de resistencia, cultura rural, cada vez máis se vai esfarelando frente ao curso do mundo moderno, e entón déixannos sen nós, evidentemente, e moi dificilmente estamos acadando formas de ser nós propios dun mundo moderno e industrial. Estámolo conseguindo, por certo, pero con moita dificultade. Permanecemos nesa perpetua loita de crear unha identidade frente ao adverso, unha identidade na resistencia, sempre na resistencia. Non hai normalización, non hai forma de ser galego normalizadamente.

X. L. MENDEZ FER RIN "Eu creo que a poesía, a música, a danza e toda a cultura, teñen unha importancia tremenda na liberación dun pobo, dun país oprimido." - iteime con Ferrín nunha cafetería situada xustofrente

P. ¿A Uteratura pode servir a unha ideoloxía ou máis ben un escritor "pinta" pouco para transformar a realidade?.

ao Instituto Santa Irene onde imparte clases aos alumnos de nocturno. Mentres durou a conversa íomou dous cafés e fumou outros tantos puros mirándome fixamente aos ollos e disfrutando,como el só sabe facer do pracer da tertulia. Nunca antes me dera a impresión de ser tan afable e cálido, interesándose polo proxecto da nosa revista e polos acontecementos máis recentes da nosa vila. Posiblemente del non se poida dicir quefala coma unha encidopedia porque éstas son en exceso tecnicistas e nel o que abonda, ademais do seu saber, é a súa humanidade. P. No últimofestival da Poesía de O Condado liches un verso que dicía así: "déixannos sen nós ". A miñapregunta é se algún día os galegos chegaremos a ser donos de nós mesmos, da nosa cultura, da nosafala. R. A min paréceme que a nacionalidade galega foise conformando de xeito moi lento. Desde a cultura dos castros créase unha forma de ser galego, unha forma de habitar o mundo, de cultivar a terra, de extraer do mar. E xa desde aquel momento unha cultura homoxénea que ocupa o mesmo espacio que o macizo galaico-auriense, montañoso e arcaico. Despois esta zona foi romanizada e cando cristaliza a moderna nacionalidade galega, xustamente nese momento, se escinde: Unha Galicia-Sul adícase á Reconquista, independízase por culpa do Imperialismo Castelán vía Portugal e outra queda cortada aos avances da Reconquista nas súas montañas. Esta é a actual Galicia. Nós, sempre dependendo de Castela. No momento en que Galicia nace divídese e unha parte dela pasa a ser independente e outra sometida a Castela. Galicia nunca foi realmente libre como pobo e, cando é consciente desto, a mediados do século XIX, é cando xurde o proxecto nacionalista galego, sempre unido ás causas mais liberadoras do home, aos principios do liberalismo primeiro, e despois do marxismo. Este é o único nacionalismo galego que tratou de correxir esa situación de opresión e tratou de

R. Antes esaxerábase a función social do escritor. Aparecía na literatura galega Celso Emilio Ferreiro, Blas de Otero na literatura española que dicía aquelo de "La poesía es un arma cargada de futuro". Crían que podía transformarse a realidade cantando ou tocando a guitarra. Iso a min sempre me pareceu unha inxenuidade. A realidade tansformase con grandes accións de masas e con grandes accións políticas. De todas as maneiras, eu creo que a poesía, a música, a danza e a cultura teñen unha importancia tremenda na liberación dun pobo, dun país oprimido. Danlle a súa conciencia e sustancia propias. ¿Que sería do nacionalismo galego sen Rosalía de Castro, sen a investigación histórica de Murguía ou sen apoesía de Pondal ?. Non existiría, claro. P. A pesardo teu éxito como escritor e como intelectual con peso nas opinións alleas, non triunfas popularmente na política. ¿A que é debido, segundo o teu parecer? R. Débese a que as propostas políticas ás que eu me teño adherido e a miña proposición independentista sempre resultaron minoritarias. Débese ao feito de que eu mantiven sempre unha postura crítica e crín na necesidade de que en Galicia exista un independentismo organizado. Non creo que ningún tipo de nacionalismo non independentista como

"Eu son escéptico. Carezo de creencias, teño certezas do que eu desexo. Son as cousas polas que me mobilizo. Eu non acepto dogmas. E non teño problemas en ser marxista" 24

www.faximil.com

1


O Pon-iño-Mos

pode ser o B.N.G. ou P.S.G - Esquerda Galega diverxa tanto dos meus plantexamentos. Se non existise ese outro contrapunto radical que pide a independencia, non se podería move-lo nacionalismo. A min tocoume estar neste sitio. P. Ti, coma lector, ¿que valoras máisdun escritor, a súa valía como tal ou a súa coherencia política e persoal?. R. Como todo ser humano teño filias e fobias, na miña soedade, conmigo mesmo. Nas relacións que estableces, ti como lectora e eu como lector, o autor existe o mesmo que nas relacións humanas. As persoas gústanche ou no che gustan, desde o cheiro ata a forma de falar ou a cor dos ollos, ou como pensan, pola súa beleza moral ou pola súa nobreza persoal. Simpatizas ou non coas persoas e cos escritores. Cando les, pasa exactamente o mesmo. Agora ben, esa subxectividade que eu recoñezo que existe, trato de correxila, sobor de todo en público, por razóns de xustiza e coa maior obxectividade da que son capaz. Un escritor, por moi amigo que sexa, por máis que eu me identifique con el, nono vou defender, se non ten oficio. E ao revés, a un escritor, por moito que o odie (Non odio a ninguén, paréceme), se é realmente un escritor xenial, aínda que sexa un fascista, teño que recoñecelo. P. ¿É o caso de Cunqueiro, por exemplo? R. Ben, Cunqueiro sempre tivo moito éxito na vida, tivo moitos seguidores. Nalgunha etapa, Alvaro Cunqueiro foi un escritor moi comprometido, pero moi comprometido en atacar a literatura de inclinación marxista, atacar a pintura abstracta, atacar a Tapies, en atacar todo o que era novo e vital, en atacar a Raimundo Patiño. ¡O home inocente e perseguido polos marxistas!. El era o fascista que desde o Faro de Vigo insultaba todos os días (insultos nada literarios e moi directos) á literatura existencialista, a Sartre, aos escritores galegos novos que ían por ese camiño, a Cuña Novás, a todo o que era novo, vital e bo na literatura galega.

'Non hai normalización, non hai forma de ser galego normalizadamente."

R. Eu son escéptico. Carezo de crencias, teño ccrtezas do que eu desexo. Son as cousas polas que eu me mobilizo. Eu non accpto dogmas. E non teño problemas en ser marxista. A min paréceme que o marxismo é a forma maior de ser un escéptico. O marxismo nega toda certidume, todo dogma. O único que nos di é que vexamos como son as cousas e como funcionan. E funcionan así, dialecticamente, por contradiccións. Estase todo a transformar. O marxismo di que nada é eterno nin permanece. Nunca tiven na miña vida a unión a ningún sistema de ideais.

P. Certos valores como poden ser a solidariedade ou a lealtade a unha ideoloxía. ¿Cres ti que se están aperder ou que, polo contrario serán valores en alza nun futuro próximo?. R. Vivimos nun mundo feroz, de brutal individualismo que vemos medrar día a día. Sobor de todo despois do desastre da caída do Socialismo do Leste. Parece como se se desatasen as forzas da brutalidade capitalista, sen ningún tipo de barreira que as pare. Eu confío en que isto teña un fin, que serecupere o sentido da solidariedade, o sentido socialista no mundo, a ética socialista. De feito, hai signos que así o indican. A catástrofe non é total nin absoluta. Senón non facíades vós esta revista, non esgotariades horas da vosa vida facendo reunións da Asociación Cultural do Louro e ti, ao mellor non cantabas en galego.

P. ¿Ambicións ou obxectivos?.

P. Unha vez lin nunha entrevista que che fixeron que andabas pola vida un pouco perplexo, escéptico. ¿Segue a ser así?.

P. Dos novos poetas, ¿dirías que manteñen unha actitude vindicativa?.

25

www.faximil.com

R. Eu non teño ambicións, non son ambicioso. Nunca quixen ter máis do que teño, nin máis cartos, nin máis posición. Obxectivos para poder ser feliz na vida si que teño, deses pequenos, perennes: Terminar unha carreira, facer o que me gusta,...


O Porriño-Mos

FRAGMENTO DO RELATO INEDITO

R. Os escritores galegos son xente moi independente, así como non teñen moita militancia política, non teñen carnets nen moito menos, sen embargo son persoas que coidan moito a independencia frente ao poder, non están integrados para nada no sistema e adoptan posicións ás veces moi cn'ticas, ao revés que case que todos os escritores de Madrid que están totalmente integrados no Ministerio de Cultura, pasan o verán na Uni versidade Menéndez Pelayo, e o inverno cunha beca do V Centenario. Aquí, escritores dentro do que é o sistema dominante non hai. Eu non coñezo nengún escritor galego, nin bo nin malo, que pertenza ao P.P. nin que estea na órbita do P.S.O.E. A tónica xeral é a independencia.

" SERRA DO GALIÑEIRO "

R. Economicamente, nada. Persoalmente serven para moitas cousas. De disciplina, para entrar nun contacto máis directo coa xente, aínda que tamén moi efímero. Os xornais duran un día, ao día seguinte se esquencen. Como escritor a min impórtame moito o xornalismo diario e chegar a un tipo de xornalismo que sexa de altura cultural e, ao mesmo tempo, que comunique a un número de persoas amplo e iso é un xogo moi difícil ao cal a min me gustou xogar desde sempre. Apeteceríame traballar nun xornal, a poder ser de redactor xefe e dicirlle por exemplo a alguén que fixese unha reportaxe sobre os tranvías. Por certo, ¿ que será feito da familia que era propietaria do tranvía de O Porriño ?. P. O teu último libro titúlase " Arraianos ". ¿Cres que Galicia e Portugal teñen desexos de abatir as fronteiras?. R. Vou contar unha anécdota que ten moito que ver con isto: Hai xa bastantes anos en Afife (Portugal), estaba tocando Na Lúa e había alí un imbécil portugués españolista que dixo: - Aquí, o grupo español Na Lúa. E eu xa me empecei a cabrear, a cagarme en todo e alguén do grupo dixo: ¡Home, nós españois!. Nos somos de O Porriño. E dixen eu, ¡menos mal!. Galicia e Portugal están nunha conexión tal que a forma de estropear as casas con azulexos de por aquí, procede de Povoa de Varzim, ese é o "kitch" perfecto. As novas formas de cultivar a viña. Se se poñen aquí os kiwis de moda, alí tamén. Os carros que se empezaron a facer de madeira fi xéronse logo de ferro. ¡ Hai tal cantidade de cultura material que nos transferimos!. O churrasco ("a nouvelle cuisine galicienne") corao di o Reixa de coña, está en todo o norte de Portugal. Isto levado ao mar é o mesmo, e levado á cultura tradicional no pasado exactamente igual. Existe unha ósmose a pesar da fronteira. Hai semellanzas que van a máis. O perigo de que vaia a máis é o perigo da castelanización que xa empezou, co cal seguirán parecéndose a nós tamén. ^ = _

X.L. MENDEZ FERRIN

UXIA SENLLE

26

www.faximil.com

P. ¿Cómo valoras as túas colaboracións na prensa?.

Desde as ladeiras de Vincios, na Serra do Galiñeiro, baixaron polo medio dos carballos e dos piñeiros queimados, polo camiño vello da Fraga. Os cascos dos cabalos martelaban sobre a lousa da calzada e un estrondo de cans insomnes abouxou as orellas dos lexitimistas. Foron remontando a Portela e, alí onde a chan alta sobrepasa os casares de Zamáns, a xeada comenzou a deixarse sentir nas orellas dos homes. Un ceo estrelecido sobrecollía o mundo. Todos tres ollaron cara arriba con aprensión e con reminiscencia. Chegados ao castro de Herville, vapores azuados insinuáronse no profundo da terra que se abría aos seus pes coma un caldeiro colosal. Alí é O Porriño, dixera o capitán mentres aloumiñaba coa man enluvada a culata da pistola de camiño, ben suxeita entre faixa e ventre. ¡Cheiro o fume de Atios! -exclamou o abade de Torneiros que lle facía de guía á partida- e toda a boca se lle alagaba de cuspe coa evocación do refrixerio de chourizos e patacas que esperaba polos viaxeiros, na profundidade de certa lareira na que os correlixionarios estaban á súa espera para reconfortalos. De repente, o cabalo enteiro do Miguelista inchou a barriga, ergueu a testae largou un estrépito de rinchos e sopridos, virando o pescozo na dirección da masa aterecida dunha grea de bestas do monte que se agarimaba da noite e dos lobos contra unhas fragas e penedos. Respondeu irado o griñón. ¡ó burro do Diabo! berroú o Miguelista-. Já em uma de estas me deitou a terra um colhudo da porra no glorioso algamento de María da Fonte- engadiu un intre antes de lle zorregar un trallazo á súa cabalería e entalarlle as esporas na illarga. Sarpou a gallope tendido o cabalo, co f uciño espetado no ar cortante e botando f ume polas nef ras. Todos os guerrilleiros seguírono a través da gandarela, apertando os talóns e rindo moi alto e berrando e aturuxando. Nas alforxas do crego cantaban as onzas de ouro que a faución viña de roubarlle ao señorito de Peitieiros, liberal carbonario e hirexe recoñecido, que alí ficou degolado sobre a cabeza dun carro. Axiña serían levadas as moedas ao Reino de Navarra para a súa Maxestade Católica dispór. A medida que descían contra as valgadas, a sombra do Faro de Budiño amosábase témera baixo o resplandor celeste...


O Pomño-Mos

MONTES COMUNAIS Unha asignatura pendente Artigo primeiro: Rexeranse por esta lei, os montes que veñan aproveitandose coa costumbre habitual do lugar, en man común polos membros da comunidade

E

n épocas pasadas, pertencentes ó réxime franquista, xa se escomenzaba a entender que a administración dos chamados Montes Veciñais en Man Común (MVMC) por parte do Concello, e os posibles consorcios de explotación co ICONA era irregular, partindo da base de que os propietarios eran as respectivas comunidades veciñais.

para mal, polos membros das comisións de montes das parroquias do Porriño.

Neste sentido, no mes de xullo de 1968 apróbase unha lei de MVMC na que establecía que se rexerían por esta lei, os montes pertencentes ós veciños agrupados en parroquias, aldeas, lugares, caseríos, barrios ou outros similares non constituídos formalmente en entidades municipais que, con independencia da súa orixe, veñan aproveitándose co costume habitual do lugaren rexime de comunidade, exclusivamente polos integrantes das citadas agrupacións en calidade de membros das mesmas; xa sexan montes do común dos veciños, montes veciñais, en man común, forais ou outros semellantes.

Na primavera de 1981, e baixo a supervisión dun Enxeñeiro enviado polo Ministerio de Agricultura, procedeuse ó deslinde das parroquias do Concello, do cal existe un acta en poder das Comisións de Montes existentes e outra nos expedentes correspondentes. No mes de decembro deste mesmo ano, o Xurado provincial acordou iniciar os trámites para a clasificación dos montes do Concello do Porriño, coa relación inicial seguinte: Atios: Carrascal e Laxedo, Pedra que Fala, Gándaras de Prado e Cerola e Faro. 587 Has Budiño: Cerola, Faro, Gándaras de Prado e Trapa. 505 Has

Con esta lei nas mans, distintas comunidades pertencentes a algunhas das parroquias do Porriño solicitaron ante o Sr. Gobernador Civil da provincia, Presidente do Xurado provincial clasificador dos montes, no mes de xaneiro de 1978, o inicio do expedente para proceder posteriormente á súa clasificación.

Cans: Carrascal e Seixo e Pedra que Fala. 104,5 Has Chenlo: Costa de Oia de outros. 599,5 Has Mosende: Cañota, Mamaguda e Caeiro. 56 Has Pontellas: Ratapán e Centeáns e outros e Sixto. 253 Has O Porriño: Gulpilleira. 59,5 Has

Os trámites no Goberno Civil foron lentos e no mes de novembro de 1980 o Parlamento Español, da nova época democrática, aprobaba unha nova lei de montes esencialmente distinta no relativo ó tipo de montes que se consideran afectados por esta. En efecto, no seu artigo primeiro explicitaba que se rexerían poresta lei, os montes que veñan aproveitándose co costume habitual do lugar, en man común polos membros da comunidade na súa condición de veciños. Excluía esta lei ós montes veciflais, ós montes forais e outros semellantes. Posiblemente moitos deles xa propiedades particulares dalgúns veciños. Esta nova lei tamén cambiaba ó Presidente do Xurado, sendo neste caso un representante designado polo executivo da Comunidade Autónoma; recaíndo o cargo na provincia de Pontevedra, na persona de D. Gerardo Zugasti Enrique posiblemente moi recordado,

27

www.faximil.com

Torneiros: Buraca da Raposa, Gándaras de Torneiros e Cataboi. 131 Has


O Porriño-Mos

Este acordo foi publicado no Boletín Oficial da Provincia en maio de 1982 e comunicado ás comunidades no mes de novembro.

Lembremos o caso dos chalets ingleses en Torneiros ou o do campo de futbol do Mosterio en Budifto. Os anos 1984-85 foron os máis movidos e de máis actividade por parte da Coordenadora, presionando as distintas administracións e organismos implicados.

A partir destas datas os trámites ralentizáronse aínda máis, o que motivou a creación dunha Coordenadora das Comisións de Montes das Paroquias, na que estaban integradas fundamentalmente, as parroquias de Atios, Budiño, Tomeiros e, ocasionalmente, Pontellas, xa que nas restantes parroquias non existían comisións provisionais de montes.

Realizouse un debate en Radio Popular no que participaron as comisións de Atios, Budiño, Pontellas e Torneiros, o Alcalde e os grupos municipais. Tamén, con esta composición celebrouse unha mesa redonda no cine Roxi. A Comisión de Torneiros presentou unha queixa ante o Defensor del Pueblo. Protagonizouse un peche na Delegación da Consellería de Agricultura en Pontevedra, na que participaron máis de 100 veciños que ó final foron desaloxadas pola policía, despois de que o Gobernador Civil intentase negociar cos pechados. Ante unha visita institucional do Presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, ó Concello do Porriño, realizouse unha concentración ante o Concello no que hubo duros enfrentamentos coa Garda Civil e Policia Municipal. Despois da promesa incumplida do Presidente do Xurado de Montes, de realizar a clasifícación antes de setembro de 1985, as comisións de Atios, Budiño e Torneiros volveron a pecharse na Delegación da Consellería en Pontevedra.

Radio Popular A mediados de1985 realizouse un debate en Radio Popular, coordenado por Gabino Porto, cunha amplia participación veciñal

DEBATE SOBRE MONTES VECIÑAIS (O conflicto de Torneiros, Budiño, Atios e Pontellas, ca intervención do Alcalde, grupos municipais e veciños.

fiS C m O Dil TARDE 0 X0VS518, SSSSDO 20 E LUNS 22 DE SBRIL (Onda media, 1.224 kiloherzios) (Banco de España) a resultas da clasificación final, salvo acordo expreso en outro sentido entre a comunidade e o Concello. 3) Procurar que non continuasen as apropiacións indebidas destes bens, xa que o Concello, como administrador provisorio s, nada facía neste sentido a pesares das multiples denuncias presentadas. Difícilmente se pode dicir que o primeiro obxectivo foi alcanzado, xa que as resolucións de clasificación e do posterior recurso foron feitas públicas no mes de xaneiro e setembro de 1987 respectivamente.. Con respecto ao segundo, somentes FENOSA ingresou seis millóns de pesetas por un paso dun tendido de alta tensión pola parroquia de Atios. Nin o Concello, polos ingresos de canteiras, arrendamentos industriais, expropiacións etc, nin o ICONA pola tala de arbores, cumpliron a lei neste sentido.

Todas estas mobilizacións acabaron nunha manifestación que se celebrou no Porriño a finais de outubro de 1985 realizando unha invitación explícita ós partidos políticos, organizacións sindicais e diversas asociacións con presencia no Concello. A correspondente autorización gubemativa para o desen vol vemento da manifestación era dura e peculiar. Admitía pancartas pero debía discorrer polas aceras e non impedir en ningún momento o tráfico rodado. Os organizadores estaban desconcertados; entendían que debían levar as pancartas de canto. Durante o percorrido debían cruzar unhas seis rúas, nas que a manifestación tiña que parar ante o cruce de vehículos. Podía deducirse que calquera día de mercado ou feira no Porriño debía considerarse como unha manifestación ilegal sen permiso gubernativo. Outro apartado da autorización consistía en escomenzar as 11,30 e rematar as 12,30. Nestes términos, entendían os organizadores que a metade dos asistentes non poderían tomar a saída. Era algo así como unha marcha en fila india. Algúns lembrábanse da famosa marcha para salvar as Gándaras. A pesar de todo, e do intento de impedimento por parte das forzas da orde, a manifestación desenvolveuse polo centro da rúa, saindo da Fonte do Cristo, rúas de Manuel Rodríguez, Domingo Bueno, Antonio Palacios para rematar na Praza do Concello, onde os organizadores deron lectura a un comunicado.

O terceiro obxectivo tivo algún resultado positivo, pero a costa de que os membros das distintas comisións tiveran que andar en pleitos con algúns veciños ou organismos públicos.

28

www.faximil.com

Os obxectivos da Coordenadora eran fundamentalmente tres: l)Presionarparaquea clasificaciónserealizaseoantes posible. b) Intentar que se cumplise o artigo 10.4 da Lei de Montes, no que explicita que os beneficios que resultaran dos aproveitamentos dos montes, durante a tramitación do expedente, serán depositados na Caixa Xeral de Depósitos


O Porriño-Mos;

Ó final, os organizadores fixeron entrega dun documento de reivindicacións ó Sr. Alcalde, a pesar do impedimento da forza pública, e puxeron como condición para abandonar o despacho da alcaldía, que o Sr. Alcalde adquirise, do Presidente do Xurado clasificador de montes, o compromiso de ter unha entrevista coa Coordenadora e co Alcalde. Despois de longas discusións o Alcalde accedeu ás peticións e os membros da Coordenadora abandoaron o Concello. De forma inmediata, o alcalde presentou ante o Xulgado unha denuncia contra oito personas; dúas da Comisión de Montes de Atios, dúas de Budiño, dúas de Torneiros, o conelleiro do BNG e o secretario da INTG do Porriño. Aquel, cos informes da Garda Civil e Policía Municipal, acusou a estas persoas de insulto, retención, coacción ante a autoridade do Alcalde, agresión ás forzas do orde, desordes públicos e non cumplimento dos términos da autorización da manifestación. Máis era imposible.

arxila e 6 Has. con destino deportivo. Total 232 Has. claificadas e 21 sen clasificar. O Porriño: "Gulpilleira"; clasificadas 45 Has., excluíndo 8,5 Has. por estar cedidas polo Concello para a construcción dunha Residencia da Seguridade Social c 6 Has. destinadas á feira do gando. Total 45 Has. clasificadas e 14,5 sen clasificar. Torneiros: "Buraco da Raposa"; monte de 40 Has. clasificado na súa totalidade. "Gándara de Torneiros e Cataboi"; montede 91,5 Has. dasque foron clasificadas 27,5 Has. As 63,5 restantes non foron clasificadas por estar destinadas a usos industriais e sociais. Total 67,5 Has. clasificadas e 63,5 sen clasificar. Esta resolución foi recurrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) polas comisións de montes das parroquias no sentido de reclamar as parcelas non clasif icadas e tamén polo Grupo de Goberno do Concello para que as parcelas clasificadas pasen a propiedade do Concello.

O Fiscal da Audiencia Provincial realizaba unha petición de seis meses de prisiónparacadapersoa. Ó final predominou a cordura e o Alcalde non se presentou no xuizo como parte acusadora. O saldo foi unha perda de tempo e económica por parte do Concello e das personas acusadas. Algúns calif icaron esta actitude como un novo xuizo político as personas máis reivindicativas do concello.

Recentemente, en novembro pasado, o TSXG dictou sentencia nos términos seguintes: Atios: A sentencia é análoga á clasificación realizada polo Xurado Provincial, coa excepción de que as 5 Has. do monte Cerola e Faro lles foron devoltas ós veciños por non existir na, sentencia do Xurado Provincial, razón suficiente para a súa non clasificación.

En xaneiro de 1987, o Xurado Provincial dictaba resolución sobre a clasificación dos MVMC de todas as parroquias do Porriño. As conclusións poden resumirse en:

Nas parroquias de Budiño e Pontellas, confirmou a resolución do Xurado Provincial na súa totalidade.

Parroquia de Atios: "Carrascal e Laxedo"; clasificanse como MVMC 130 Has. excluíndo algunhas parcelas destinadas a canteiras e uso industrial. "Pedra que Fala" clasificadas 197 Has. excluíndo a superficie destinada a canteiras. "Gándara de Prado"; non clasificado por estar destinado a uso industrial. "Cerola e Faro"; clasificadas 14 Has. excluindo 5 Has. sen xustificar o motivo. Total 341 Has. clasificadas e 246 Has. sen clasificar

O Porriño: O TSXG clasificou na súa totalidade o monte Gulpilleira, non aceptando a exclusión da parcela cedida

Budiño: "Cerola e Faro"; clasificadas 179 Has., sendo excluidas 90 Has. por estar destinadas a canteiras e 35 Has. por estar ocupadas por propiedades particulares e vivendas. "Gandará de Prado"; foron clasificadas 30 Has. segregando 155 Has. por estar dedicadas ó Polígono Industrial das Gándaras. "Trapa"; clasificado na súa totalidade. Total 225 Has. clasificadas e 225 Has. sen clasificar.

Pontellas: "Ratapán e Centeáns"; clasificado na súa totalidade a excepción de 15 Has. adicadas a explotación de

29

www.faximil.com

Cans e Mosende: O monte comunal aparecido na relación inicial do expedente foi clasificado na súa totalidade.


O Porriño-Mos

polo Concello ó Insalud, motivado a que a cesión se produciu no momento en que se iniciaba o expedente de clasificación, o que non implica que non existise un aproveitamento comunal desta parcela. Tampouco acepta a exclusión das 6 Has. do campo da feira xa que é clara a cohexistencia dun aproveitamento en man común coa ocasional celebración da feira do gando.

TRANVIARIOS NO EXILIO Non importa onde esteas,desde Cambados a Nova Zelanda.o nome de O Porriño causa certo respeto ou simpatía,soa a chirigota e é imposible que non se produza unha certa complicidade entre o foráneo e o forasteiro porriñés:"que... moito porro ¿non?","eso debe quedar eíl el culo del mundo","hombre,de donde las salchichas yelfoagrás'V'Who?"... O que está claro é que non te volverán a preguntar a túa procedencia, ese nome queda marcado na súa memoria pegado ó teu cada vez que falen de ti, convírtese na túa marca,no estigma para o novo grupo de colegas. Os porriñeses temos fama de tropa marchosa,invasión bárbara e non desperdiciamos ningunha excursión para deixar o pavillón ben alto. Podemos pasarnos horas falando do noso pobo,pero non dos seus maravillosos parques ou rios (en todo caso, sería cair na trolal.senón da súa xente,do bó dalgunhas e do cafre impertinente de outras. Algúns v¡sitantes,e non os lagartos,que chegan a O Porriño coinciden en dicir que os seus habitantes teñen rasgos físicos comúns,comenzan a estudiarnos como unha raza con compoñentes xenéticos que se conservan ao longo do tempo, e envexan clalgún modo non pertencer a esa minoría orgullosa e trapalleira. En realidade non hai nada para que esta suposta raza de porriñeses se sinta orgullosa.Nin os ormanos,nin os celtas e nin siquera a nai natureza se pararon demasiado neste curruncho para deixar o seu grao de area convertido en espléndidas praias,descomunais igrexas ou simplemente algunha aldeíña castrexa.O edificio máis importante fixoo.como non.un porriñés,sentindo a marxinación que fixeron connosco os antigos. ¡Porriñeses unídevos,estamos sós ante a inmensidade do Universo! V 9 PACITA DAVARANDA (Santiago de Compostela)

Torneiros: Modificou tamén a resolución do Xurado Provincial no relativo ó monte de Gándara de Torneiros e Cataboi,ampliando aparcelaclasificada,enonespecificando na sentencia a extensión devolta ós veciños a maiores. Nesta parcela está incluida a zona na que se está a construír os centros de Formación Profesional e o de Rocas Ornamentais e a marxe dereita da estrada que vai dende o polígono de Torneiros ata fábrica de Riego. Fi n a 1 m e n te cómpre dicir tamén que o recurso presentado polo Grupo de Goberno do Concello foi desestimado na súa totalidade. A vista desta sentencia, pode entenderse unha saída airosa das comunidades veciñais, especialmente das parroquias de Torneiros e O Porriño. Temos coñecemento de que esta resolución vai ser obxecto dun novo recurso, esta vez ante o Tribunal Supremo, por parte de tódalas partes en litixio. En calquera caso, e desde o noso punto de vista, entendemos que sería positivo a existencia de negociacións entre as parroquias e as máximas autoridades do Concello, xa que está en xogo unha das riquezas máis importantes que dispón o Concello. Neste sentido, temos información do esforzo que está realizando a parroquia de Atios para chegar a un acordo, pero parece que non dá cristalizado, e non precisamente porque os veciños de Atios non poñan voa vontade.

Súbete nO TranVía

MANUEL BESADA

J

BOTA UNHA MAN 30

www.faximil.com

O Pprriño-Mos —


O Porriño-Mos

A IGREXA PARROQUIAL DE OPORRIÑO

/ Qíííí *-™</ HEMEROTECA

Nas pequenas crónicas de O Porriño, publicadas polo Faro de Vigo nos principios do século aparecen interesantes datos sobre aconstrucción da igrexa parroquial de O Porriño. Dende os primeiros anos do século, o párroco Luís Bernárdez Alvarez ten en mente a reconstrucción da vella igrexa, xa que ameazaba ruína inminente. Por outra banda o progresivo desenvolvemento da vila requería un novo templo. O proxecto de reedificación faino o arquitecto diocesano Felipe Quintana, aínda que máis ben se trata do levantamento dunha nova igrexa, aproveitando partes e materiais da vella. 0 proxecto está en relación con outras obras do arquitecto, como o templo de Santiago de Vigo. Neste de O Porriño, adopta un trasnoitado estilo neogótico, dentro da costume dos arquitectos eclécticos de elexir unha linguaxe gótica ou románica para as edificacións relixiosas. As obras subhástanse en Tui o 20 de decembro de 1904, sendo adxudicadas a Emilio Cortegoso.Sen embargo, estas non escomenzarían ata uns anos máis tarde, levándose a construcción dunha maneira lenta, debido principalmente a que a subvención do Estado de 52.000 pesetas era insuficiente. Como sucede noutras obras da vila, é necesaria a cooperación económica dos filántropos, como a de Manuel Rodríguez. Este porriñés como tanto outros, saíra de mozo cara ó Ecuador, establecéndose na cidade de Guayaquil onde consegue facer fortuna. Alí contrae matrimonio con Angelina Bonín, membro dunha familia de orixe italiana e de gran tradición no comercio marítimo. De volta no Porriño, o matrimonio sufraga a construcción da capela de San Benito e, na igrexa parroquial, a construcción da nova ábsida. Ramón González sufraga a construcción da sacristía e Servando Ramilo Nieveso levantamento datorre proxectada no ano 1909 por Felipe Quintana.

A inauguración oficial lévase a cabo o 6 de xullo de 1913, aínda que continúan as obras de decoración exterior e interior ata o ano 1915. Parte da decoración interior faise nos talleres de González Romero na cidade viguesa. Os retablos encárganselle a unha casa de Barcelona e o altar do Nazareno faino o tallista Sr. Táboas.

XOSE M. IGLESIAS

31

www.faximil.com

No ano 1912 faise cargo das obras o prestixioso contratista vigués Antonio González Romero, sendo necesaria unha nova aportación económica de Angelina Bonín e do seu marido, polo que nas mesmas datas, e xusto un ano antes de morrer, acorporación municipal adícalle a Manuel Rodríguez a rúa onde naceu e na que se sitúa a fachada principal da igrexa. Por posteriores donacións, Angelina Bonín recibiría a distinción de filla adoptiva da vila.


O Porri単o-Mos

www.faximil.com

2 a EDICION


O Tranvía. Número 0. Xaneiro/Marzo 1992  

www.faximil.com Depósito legal: Impresión: Imprenta PAZ - Porriño ADMINISTRACION: Aurora Gómez, Francisco Quintas REDACCION Laureano Campo,...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you