Page 1

EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 8 Decembro 2011

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

1

Eurocidade Chaves-Verín presente en Termatalia 2011 Por cuarto ano consecutivo, Chaves e Verín estiveron presentes conxuntamente na Feira Internacional de Turismo Termal “Termatalia”, que se realizou os días 23 e 25 de setembro, en Expourense. Durante os tres días de feira, os visitantes poideron coñecer o stand da Eurocidade co lema “Eurocidade da Auga”. Dito stand, que se utiliza en todas as feiras que se realizan no ámbito da Eurocidade, está formado por oito paneis con imaxes representativas dos municipios de Chaves e Verín. A Casa do Escudo e a figura do “Cigarrón” (Verín) e a Torre do Menagem e o Centro Histórico de Chaves, son algunhas das imaxes que os visitantes de Termatalia poderán ver nos paneis, unidos póla auga mineral e o termalismo e representados pólo río Támega e os diferentes balnearios de ambas localidades.

8ª Edición do Programa de Termalismo Social Eurocidade Chaves-Verín A Eurocidade Chaves-Verín puxo en funcionamento a oitava edición do Programa de Termalismo Social, entre os días 3 e 12 de outubro, que permitiu a 25 persoas da comarca de Verín acudir ás Temas de Chaves Spa do Imperador, beneficiándose dun desconto especial. Unha iniciativa creada para dar continuidade ao programa de turismo de benestar e saúde sen saír da casa, e que foi posible grazas á firma dun protocolo entre Chaves e Verín polo que os/as veciños/as de Verín xa contan cos mesmos prezos que os de Chaves para o uso das Termas e que permite aos participantes disfrutar dun programa de nove días de tratamento. O participante tivo acceso as prácticas termais que constan na táboa dos Programas de Termalismo Terapéutico en vigor, cun descuento do 50% sobre o precio oficial. Uns beneficios, xunto con outros, englobados na Tarxeta do Eurocidadán, que se presentará en breve, e que permitirá que os habitantes de ambos municipios teñan acceso a servizos nas mesmas condicións que na súa localidade, impulsando un incremento na calidade de vida. No paquete incluiuse: transporte en autobús ata as Termas de Chaves e regreso a Verín, consulta de médico e acompañamento de enfermería, material necesario para acceder aos tratamentos termais (chanclas, gorro e bolsa), así como albornoz e toallas durante os tratamentos.

A Tarxeta do Eurocidadán aproba o seu regulamento Chaves e Verín aprobaron o regulamento da Tarxeta do Eurocidadán, unha iniciativa de ambos municipios no ámbito do proxecto de cooperación tranfronteiriza da Eurocidade. En Chaves, o regulamento foi aprobado polo executivo na última reunión da Cámara, o pasado día 17 de outubro, en Verín validouse o día seguinte, no pleno municipal.

Ademais poderon coñecer mellor as accións en curso deste proxecto de cooperación transfronteiriza, o visitante tivo a súa disposición persoal especializado das Termas de Chaves: o SPA do Imperador, que o informou das indicacións terapéuticas, técnicas termais e ofertas existentes neste complexo termal. Este ano, no programa do Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, que se celebrou de forma paralela con Termatalia, estivo previsto a realización, o dia 25 de setembro, de un tour transfronteirizo con saída de Ourense e que contemplou a visita ás Termas de Chaves, ao Parque Termal de Vidago e, finalmente, às Termas das Pedras Salgadas. Cerca de 40 especialistas de prestixio internacional formaron parte do grupo de visitantes que foron a coñecer as prácticas termais destes tres complexos termais do Alto Támega. A esta tarxeta estarán asociadas algunhas funcionalidades e facilidades, que serán aplicadas gradualmente, co obxecto de fomentar un sentimento de pertenza a unha mesma unidade territorial, implicando así os cidadáns no proxecto e na percepción dos seus beneficios. Trátase dun instrumento que permitirá o uso común de equipamentos públicos aos residentes no territorio da Eurocidade -municipios de Chaves e Veríngratuitamente ou a prezos bastante reducidos. Esta iniciativa, que representará o principal instrumento para a creación dunha zona franca social na Eurocidade, contribuirá ao adecuado desenvolvemento do proxecto, dos intereses institucionais comúns e superación das barreiras físicas, administrativas e sociais derivados da pertenza a realidade político-administrativa distintas. Ademais evitará a duplicidade de equipamentos e consecuente duplicación de custos, e proporcionará os mesmos beneficios aos residentes nos municipios de Chaves e Verín, nas mesmas condicións que xa dispoñen no seu municipio de residencia, promovendo desta forma o intercambio entre as poboacións destes dous municipios e o aumento da oferta e a diversidade de servizos. PÁGINA 8


EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 8 Decembro 2011

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

2

A Eurocidade Chaves-Verín participa na xornada do Proxecto CEDIM O Gabinete de Apoio Técnico (GAT) da Eurocidade Chaves-Verín participou na xornada de presentación do 'Proxecto CEDIM', organizado pola Rede Transfronteiriza de Centros para Mulleres, e que tivo lugar en Santiago de Compostela. Devandita participación concretouse no ámbito da mesa redonda 'Exemplos relevantes da posta en marcha de servizos transfronteirizos', no que tamén participou a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, e no que o coordinador técnico da Eurocidade Chaves-Verín, Pablo M. Rivera, efectuou a presentación do proxecto de cooperación transfronteriza que levan a cabo os municipios de Chaves e Verín, titulada '“Eurocidade Chaves-Verín: un espazo innovador para o desenvolvemento de oportunidades”; na que resaltou a importancia do marco aberto grazas a este proxecto e como converter a fronteira nunha oportunidade que garanta a cohesión de flavienses e verinenses. Este proxecto a longo prazo busca aproveitar as numerosas sinerxías xa existentes a ambos lados da fronteira, entre outras, que poden e deben ser potenciadas. Así, e a pesar da crise económica, neste novo escenario innovador e transfronteirizo poden xurdir numerosas oportunidades de negocio susceptibles de ser aproveitadas.

Curso de xestión de proxectos de participación xuvenil “A Xuventudese Móvese” A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado co apoio do InstitutoPortuguês da Juventude, en coordinación co Concello de Verín e a Cámara Municipal de Chaves, organizan este Curso de Xestión de Proxectos de Participación Xuvenil denominado “A Xuventude Móvese”, no marco das accións previstas dentro do proxecto Eurocidade Chaves-Verín, cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP). Devandito curso tivo lugar os días 3, 4, 10 e 11 de decembro -un fin de semana en Chaves e outro en Verín-, de 10 a 14 e de 15.30 a 21.30 horas (horario español), e a súa finalidade foi compartir diferentes estratexias prácticas para o traballo coa mocidade a través do programa “Xuventude en Acción”. O mesmo estivo realizado cunha metodoloxía dinámica e participativa, para dotar aos participantes de recursos, ferramentas e materiais para impulsar a aprendizaxe non formal dende as súas organizacións, e que o traballo cos mozos e mozas sexa máis áxil e eficaz. Os principais obxectivos foron: fomentar o intercambio de experiencias entre colectivos e dinamizadores/as xuvenís da Eurocidade Chaves-Verín, favorecer a cooperación e o traballo en rede entre entidades de Galicia e o Norte de Portugal, facilitar un espazo de encontro para a reflexión en torno á aprendizaxe non formal con mozos e mozas e promover a participación xuvenil a través de proxectos no ámbito do programa “Xuventude en Acción”. O curso, destinado a 26 participantes -13 procedentes de Galicia e 13 do Norte de Portugal- está dirixido a mozos/as, trabajadores/as e voluntarios/as de organizacións de Galicia e o Norte de Portugal, que estean traballando ou queiran traballar con mozos e mozas a través da aprendizaxe non formal no marco da calidade europea. Este curso foi gratuíto, e incluiu o xantar de cada o día de curso, e un medio de transporte entre Chaves e Verín ao inicio e ao remate de cada xornada. Á finalización do mesmo, os/as participantes que asistiran a un mínimo do 80% das horas lectivas, recibirán un diploma acreditativo, recoñecido e asinado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto Português da Juventude.

Máis de 750 nenos e 310 adultos de Chaves e Verín participaron na III Semana da Educación Seguridade Viaria Dende o día 14 ao 17 de novembro, a Eurocidade Chaves-Verín organizou a III Semana da Educación e Seguridade Viaria Promover a educación e seguridade viaria dos dous lados da fronteira nunha iniciativa conxunta foi o obxectivo prioritario da Semana da Educación e Seguridade Viaria. Durante a III Semana da Educación e Seguridade Viaria realizáronse actuacións como o seminario internacional “Seguridade sen fronteiras”, as charlas-coloquios “Seguridade Viaria e 3ª Idade” e “Retos en Seguridade Viaria”, así como xornadas prácticas, que incluiron exposición de material didáctico, patrullas infantís, exhibición de medios e simulacro de excarceración dun accidente de tráfico ou actividades de seguridade viaria no parque infantil de tráfico, entre outras. En Chaves foron máis de 750 nenos/os os/as que participaron nas exposicións de material didáctico, exhibición de medios, patrullas infantís e un simulacro de incendio; e 160 os/as participantes no Seminario Internacional 'Seguridade sen fronteiras'. Debido as inclemencias meteorolóxicas en Verín, as actividades ao aire libre tivéronse que cancelar, mentres que nos dous relatorios realizados participaron máis de 150 persoas. Esta iniciativa desenvolvida no ámbito do “Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín', pretendeu non só servir de laboratorio de boas prácticas para outras zonas fronteirizas da Comunidade Europea, senón tamén para unir esforzos, intercambiar experiencias e dar maior solidez á cooperación transfronteiriza existente, fomentando a realización de controis de seguridade conxuntos entre as forzas e corpos de seguridade lusos e españois e sensibilizar aos cidadáns das actitudes e coñecementos idóneos para reducir o número de accidentes de tráfico nunha zona transfronteiriza habitada por máis de 60.000 persoas.

Este proxecto, nacido no ano 2009 e motivado pola adhesión á Carta Europea de Seguridade Viaria, conseguiu un dos galardóns dos 'Premios de Excelencia en Seguridade Viaria', entregados o pasado 1 de febreiro pola Comisión Europea aos seis compromisos máis destacados de 2010 na Carta Europea da Seguridade Viaria.

Na organización da mesma colaboraron a Xefatura Provincial de Tráfico, Agrupación Guardia Civil de Tráfico de Verín, Policía Local de Verín, Guardia Civil de Verín, Cruz Vermella Monterrei, Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, Protección Civil de Verín, Grumir de Verín, Guarda Nacional Republicana, Polícia de Segurança Pública, Corporaçôes de Bombeiros de Chaves, Protecção Civil, concellerías de Tráfico e Educación de Ourense, Eurocidade Chaves-Verín, Câmara Municipal de Chaves e Concello de Verín.

boletim_eurocidade_08_gl  

boletim_eurocidade_08_gl

boletim_eurocidade_08_gl  

boletim_eurocidade_08_gl