Page 1

EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 4 Febreiro 2011

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

1

A Eurocidade Chaves-Verín galardoada nos Centro de Formación Turístico-termal ‘Premios de Excelencia en Seguridade Viaria’ e de investigación da auga

O día 1 de febreiro, a Eurocidade Chaves-Verín recibiu un dos galardóns dos ‘Premios de Excelencia en Seguridade Viaria’, entregados pola Comisión Europea en Bruxelas aos seis compromisos máis destacados de 2010 na Carta Europea da Seguridade Viaria. Unha iniciativa que destaca as prácticas máis innovadoras realizadas no marco desta carta, creada pola Comisión Europea no ano 2001 co obxecto de reducir o número de vítimas dos accidentes de tráfico, e que premia as actuacións destinadas a mellorar a seguridade viaria e salvar vidas nas estradas europeas. O Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín ten como obxecto establecer un marco cara á implementación desta iniciativa innovadora no ámbito da educación e seguridade viaria, que poida servir de laboratorio de boas prácticas para outras zonas fronteirizas da Comunidade Europea, na que unir esforzos e intercambiar experiencias e dar maior solidez á cooperación transfronteiriza existente para a realización de controis de seguridade conxuntos entre as forzas e corpos de seguridade lusos e españois, nunha zona transfronteiriza habitada por máis de 60.000 persoas. Durante o acto, presidido por Siim Kallas, vicepresidente da Comisión Europea e Comisario de Transportes, participaron Sílvio José Sevivas da Silva e Fernando Castro Salgado como representantes dos municipios de Chaves e Verín, que mostraron aos presentes a realidade do Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín, así como as actuacións desenvolvidas no mesmo durante estes últimos anos. Esta xornada tamén incluíu a sinatura da Carta Europea de Seguridade Viaria por parte de novos membros e a realización dos workshops sobre os seguintes temas “Actividades de seguridade viaria internacionais na próxima década”, “Seguridade viaria profesional: como construír unha solución integrada” e “Seguridade viaria na cidade: como mellorar a seguridade dos

usuarios vulnerables”.

Eurocidade presente na mostra Sabores & Saberes Por cuarto ano consecutivo, a Eurocidade Chaves-Verín participou na mostra “Sabores e Saberes”, que se celebrou os dias 4, 5 e 6 de febreiro, en Chaves. Durante os tres días do evento, miles de persoas pasaron polo recinto da feira, para apreciar a artesanía e a gastronomía. O stand da Eurocidade suscitou moito interese entre os visitantes, a xulgar polas dúbidas e preguntas realizadas, máis concretamente sobre as accións deste proxecto de cooperación transfronteiriza, ou con respecto a tradicional figura do ‘Cigarron’, característico do Entroido de Verín.

PÁGINA 8

O pasado 4 de xaneiro, a localidade de Verín acolleu unha nova reunión do Grupo de Traballo da Eurocidade Chaves-Verín, na que Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, aceptou a presidencia do mesmo e tamén se repartiron os primeiros carnés de Eurocidadáns aos representantes institucionais presentes. No acto presidido por Rueda Valenzuela presentáronse no só o informe do Secretariado Técnico Conxunto, no que se explicaron as actuacións realizadas e futuras-, senón tamén o "Estudio de Transportes da Eurocidade", "Centro de Investigación Turístico-Termal e Investigación da Auga", "Cidade da Saúde" e "Estratexia de cooperación institucional da Rexión do Norte". Nestes dous anos, a Eurocidade Chaves-Verín logrou catro proxectos aprobados, tres POCTEP (Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España Portugal), e un URBACT, “algo inusual, pero que revela o traballo ben feito por parte da Eurocidade”, dos que os dous xa se realizaron e os restantes “poranse en marcha a finais de xaneiro ou principios de febreiro”. Unha destas candidaturas é a do Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga, presentado aos asistentes por Carmen Pardo López, secretaria xeral para o Turismo. Un proxecto, cun orzamento de 1.786.923,20 euros -75% financiado por Fondos Feder- e no que colaboran a Deputación de Ourense, Secretaría Xeral para o Turismo e Turismo do Porto e Norte de Portugal, Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica e Asociación de Termas de Portugal. O mesmo ten como obxectivo a construción e posta en funcionamento do Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga Transfronteirizo, conformado por unha Escola Hostaleira Termal (Verín) e un Balneario-Escola e Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga (Chaves). Unha acción destinada ao desenvolvemento da formación de calidade, investigación e promoción como destino de saúde e benestar de Galicia-Norte de Portugal, para lograr a consolidación do Clúster da Auga, e na que tamén se incluirá unha ruta transfronteiriza termal e da auga. Unha cuestión apoiada polo titular de Presidencia que indicou que “a Eurocidade, tanto cos proxectos realizados como futuros, revela a existencia dun modelo de cooperación transfronteiriza na que os cidadáns poidan comprobar os efectos positivos e beneficios da mesma, e conforman un exemplo para toda a fronteira entre Galicia e Norte de Portugal”. Na mesma liña expresouse o rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán entregou xunto co seu homónimo de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, os primeiros carnés do Eurocidadán, e afirmou que “os dous municipios teñen o reto de ser un laboratorio de construción de cidadanía europea, destinado a mellorar a calidade de vida de verinenses e flavienses”.


EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 4 Febreiro 2011

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

2

3º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín A Eurocidade Chaves-Verín organiza, entre os meses de marzo e xuño, a 3ª edición do “Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín”. Este torneo ten como obxectivos principais ocupar o tempo libre dos eurocidadáns de forma saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva entre as diferentes parroquias dos municipios de Verín e Chaves, e dinamizar as instalacións deportivas existentes. A actividade está dirixida a todas as parroquias de ambos municipios, que poderán participar cun único equipo. Os xogos realizaranse nos polideportivos dos dous concellos ata a clasificación dos vencedores de cada serie, que pasarán aos oitavos/cuartos de final. A partir desta fase, os xogos terán lugar no Pavillón Municipal de Chaves e/ou Pavillón Municipal de Verín, coa final marcada para día 5 de xuño de 2011, enmarcada dentro das actividades da 8ª Semana do Deporte Flaviense.

A Eurocidade Chaves-Verín incluída no “Catálogo de experiencias en seguridade viaria urbana en España” O Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín, galardoado nos ‘Premios de Excelencia en Seguridade Viaria’ da Comisión Europea, foi incluído no ‘Catálogo de Experiencias en Seguridade Viaria Urbana en España’, realizado polo Ministerio de Interior a través da Dirección General de Tráfico. Este catálogo recolle as iniciativas máis significativas realizadas por trinta e catro municipios españois en seguridade viaria, desde distintos ámbitos e implicando a distintos axentes e sectores que poden contribuír a crear espazos urbanos máis seguros e saudables. Todas elas atenden ao binomio seguridade viaria e mobilidade sostible: a persoa como protagonista en lugar do vehículo privado, como sucedeu nos últimos anos. É dicir, dar resposta ás necesidades de mobilidade do conxunto dos cidadáns, en base a un reparto equitativo do espazo público que dea prioridade e seguridade aos medios máis eficientes e saudables.

A Eurocidade Chaves-Verín contará cun Centro de Información ás Mulleres

A Eurocidade Chaves-Verín contará cun Centro de Información ás Mulleres. Este anuncio foi feito pola secretaria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González, no ámbito do seminario sobre ‘Igualdade Social Sen Fronteiras’, integrado nas actividades do proxecto Europeo de dinamización dos centros de información ás mulleres, denominado REDECIM, que tivo lugar no Centro Cultural de Chaves, o pasado día 17 de febreiro. Promovido pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, a Comissão para a Cidadania e Igualdade de Género de Portugal e a Dirección General de la Mujer de la Junta de Castilla y León, co apoio da Eurocidade Chaves-Verín, este seminario conformou un intercambio de experiencias de traballo no ámbito da formación e da información a profesionais de campos distintos que traballan por unha sociedade máis igualitaria. A sesión de apertura foi a cargo dos presidentes das Cámaras de Chaves e Verín. João Batista realzou a importancia deste intercambio de ideas para a calidade de vida dos cidadáns e igualdade social, un alicerce fundamental na cidadanía, destacando o obxectivo prioritario do encontro, como forma de promover unha sociedade máis xusta e igualitaria. Á súa vez, Juan Manuel Jiménez Morán referiuse a este intercambio como unha forma de eliminar barreiras e alcanzar o desenvolvemento sustentable no ámbito social, económico e ambiental. A presentación da Câmara Municipal de Chaves foi realizada por Maria de Lurdes Campos, concelleira de Acción Social, e António Ramos, director do Departamento Sócio-Cultural, que falaron dos principios orientadores da acción municipal en materia de apoios sociais, presentando casos concretos da autarquia flaviense. Mentres que por parte do Concello de Verín, participaron Corona Meixeira Romasanta, concelleira de Igualdade, como moderadora da ponencia ‘ Proxecto REDECIM: os servizos de información como garantes da igualdade’, e Carmen Serrano Fernández, responsable do Centro de información ás mulleres do Concello de Verín, na mesa redonda ‘As redes de información en igualdade desde o ámbito local’.

Boletín Informativo Eurocidade nº4  

Boletín Informativo Eurocidade nº4