Issuu on Google+

X CONCURSO DE BAILE

TEQUEXETÉLDERE


Tequexetéldere nace no ano 1990 co respaldo do Concello da Estrada e da Fundación Cultural da Estrada.

Dende os seus comenzos tivo clara que gran parte do seu esforzo tiña que encaminarse á conservación e recopilacion de todo o concerninte a nosa etnografia (cantos, bailes ,músicas, xogos, vestimentas, etc.) Que teñan como prolongación o traballo que desenrrola derriba dos escenarios en cada unha das suas actuacións.

Este traballo comenza a desenvolvelo primeiramente no seu propio Concello con recollidas en parroquias como Montillón, Codeseda, Baloira, etc. Continuará esta investigación nos Concellos limitrofes como Forcarei, Cuntis ou Lalín, chegando a abarcar en recollidas posteriores lugares dos Concellos de toda a nosa xeografia. Con todo este material Tequexetéldere non so traballa para él, se non que este saber téntase amosar e ensinar nas suas escolas de baile, música e canto. Facendo este traballo quérese resaltar o papel das escolas, tan importante na formación das xentes que compoñen Tequexetéldere. A parte deste traballo de investigación, e un pouco como complemento, esta agrupación desenvolve outras actividades complementarias. Cabe sinalar algunhas como: - Conferencias de etnografia - Realización de exposicións de vestimentas, instrumentos musicais. - Organización de mostras de pandereteiros/ as “de rueiro en rueiro”. - Organización de concursos de baile tradicional Tequexetéldere.

Froito de todo este traballo é o espectáculo que Tequexetéldere ofrece nas suas actuacións cantos, músicas, bailes e vestimentas que tentan dun xeito o mais fidedigno posible asemellarse ós costumes dos nosos antergos.


Momentos antes da actuaci贸n donde se reflexa a vestimenta interior tradicional


Antes da actuaci贸n os diferentes grupos de cada lugar falan entre eles e espera a sua posta en esceaa, e odense ver os diferentes traxes tracionais que se usan dependendo da zona da que ve帽a o grupo.


Comenza o baile


REGUEIFA


GAÑADORES

NORABOA


Tequexeteldere