Issuu on Google+

MARIA CASARES

A miña patria é o teatro


Oito de marzo de 2014

Día da Muller Traballadora

MARÍA CASARES EQUIPO DA BIBLIOTECA DO IES DE PORTO DO SON

2


ÍNDICE A familia O seu achegamento ao teatro Os anos da guerra en Madrid Primeiros anos de exilio A actriz María Casarès e o teatro Na gran pantalla Compromiso co teatro Reencontro coa súa lingua En Bos Aires coa admirada Margarita Xirgu Un reto Reencontro con España A dobre pertenza Os recoñecementos A miña patria é o teatro Fontes empregadas

3


A familia Filla de burgueses e neta de burgueses da Coruña, María Casares naceu nun ambiente cultivado en 1922. O seu nome familiar foi Vitola. María Casares marchou de Galicia ós nove anos. Nunca quixo volver á terra. Segundo ela, a súa herdanza cultural foi: "unha unha saúde a toda proba, o sentido do vaivén das estacións, o gusto pola natureza, o poder da concentración e da imaxinación, o gusto polos universos poéticos, un carácter forte, unha aceptación viva da vida e da morte..." morte. (da súa autobiografía Residente Privilexiada). Privilexiada

4


A nai, Gloria Pérez, de forte personalidade, era filla dunha cigarreira. Viviu con Santiago Casares Quiroga un matrimonio de aparencia, sendo amante na realidade de Enrique López Tolentino.

Santiago Casares Quiroga foi ministro de Mariña, Gobernación, Xefe do Goberno e Ministro da Guerra, sucesivamente, no Goberno de Azaña. Tralo golpe de 1936, Quiroga exíliase en Londres e logo en París. Seguirá moi vencellado á súa filla ata o final.

(Podémolos ver xuntos nesta imaxe).

5


O seu achegamento ao teatro

Os seus primeiros pasos no teatro son en Madrid, a onde a familia se desprazara tras o nomeamento de Casares Quiroga como Ministro da República. Contaba María Casares que a primeira ira vez que foi ao teatro na súa vida foi a ver Yerma en Madrid, ao pouco de chegar,, protagonizada por Margarita Xirgu. Anos máis tarde a propia María Casares sería dirixida por Xirgu no papel de Yerma. Aos dez anos fai o papel de meiga na peza de Benavente O Príncipe que todo o aprendeu nos libros. libros Noutra representación coñece a Valle Inclán Inclán e a Federico García Lorca.

6


Os anos da guerra en Madrid

Cando estoupa a Guerra Civil, en xullo de 1936, María Casares decide converterse en enfermeira. Seu pai conséguelle lle un traballo no Hospital Oftalmolóxico ico de Madrid, adaptado ás s necesidades da guerra. Os feridos comezan a chegar e tanto sufrimento impresiónaa de tal xeito que seu pai aconséllalle deixar o exercicio desa profesión. profesión Logo marcharán a Barcelona e de alí a Francia. O apelido Casares Quiroga axúdaos a sobrevivir, pois practicamente non teñen cartos.

7


Maria Casares