Issuu on Google+


SOMOS OS AMIGOS E AMIGAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E QUEREMOS

COMPARTIR

CON

VóS

OS

NOSOS

DESCUBRIMENTOS SOBRE OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PROPIOS DE GALICIA ASÍ COMO AS SÚAS PRODUCIÓNS, VISTOS POL@S NEN@S DESTE CICLO. @S

AMIG@S

PESETAS

PRESÉNTARANNOS

O

FUNCIONAMENTO DA RTVG ASÍ COMO AS FUNCIÓNS DE TODOS AQUELES QUE AS FAN POSIBLES. @S

AMIG@S

PESOS

FANNOS

RECOMENDACIÓNS

SOBRE

MÚSICA INFANTIL QUE ÁS VECES VAI ACOMPAÑADA DE CONTOS . @S AMIG@S

REAIS PRESÉNTANNOS CONTOS INFANTÍS

LEVADOS

TELEVISIÓN

Á

A

TRAVÉS

DE

DIFERENTES

TÉCNICAS PLÁSTICAS EMITIDOS NO PROGRAMA CONTOS DO CAMIÑO. @S

AMIG@S

EUROS

ACHÉGANNOS

AO

MUNDO

DA

ANIMACIÓN A TRAVÉS DAS PRODUCIÓNS E DA HISTORIA DO

PROGRAMA

PIONEIRO

EN

DIVERSIÓN

INFANTIL:

XABARÍN CLUB. ESPERAMOS RESULTADOS DIFERENTES

QUE DAS

GOCEDES NOSAS

ASPECTOS

TANTO

COMA

PESQUISAS

TRABALLADOS

NÓS

DOS

SOBRE

OS

RELACIONADOS

COA ANIMACIÓN AUDIOVISUAL E ESCRITA EN GALEGO.

1


A TVG. “Dende Galicia para o Mundo”. SABEDES QUE É ISTO? SOAVOS ?... É A SEDE DA TVG. A TELE DE GALICIA.

EIQUI SE CREAN E SE EMITEN OS SINAIS QUE LEVAN ÁS VOSAS CASA AS NOSAS PRODUCCIÓNS .

O NOSO SATELITE RETRANSMITE O SINAL QUE, A TRAVÉS DA VOSA ANTENA, CHEGA ATA O VOSO TELEVISOR E VOS PERMITE VER : O TELEXORNAL, AS SERIES DE DEBUXOS, CONTOS, PELICULAS,...

NON DEIXES DE VERNOS !!! PERMANECE CONECTADO.

2


SABES QUEN FAI POSIBLE A TELEVISIÓN ? POIS TODOS OS QUE TRABALLAMOS NELA.

QUERES COÑECELOS ? POIS …EIQUI VAN :

GUIONISTA

CONTROLADOR DE PRODUCCIÓN

DEBUXANTE

TÉCNICA EN EMISIÓN

CÁMARA

CLAQUETISTA GUIONISTA

GUIONISTA

BAILARÍNS

CANTANTE PRESENTADORA E PÚBLICO

ORGANIZADOR

TÉCNICO EN EFECTOS ESPECIAIS

3


DISEÑADORA DE PLATÓS

ENCARGADA DE VESTIARIO

MAQUILLADORA PERRUQUEIRA

ACOMODADOR

LIMPADORA COCIÑEIRA RECEPCIONISTA

… E POR SUPOSTO …

CONDUCTOR DO AUTOBÚS DO PÚBLICO

4


OS NENOS/AS DE 4 ANOS A GÚSTANOS MOITO A MÚSICA GALEGA. FIXEMOS UNHA SELECCIÓN DE CDS E AUDIOLIBROS COS QUE TRABALLAMOS DURANTE O CURSO NO COLEXIO. OS MÁIS ESCOITADOS FORON:

5


TAMÉN PODEDES COMPARTIR COS RAPACES OUTROS DISCOS QUE TIÑERON E TEÑEN MOITO ÉXITO.

DESFRUTADE COA MÚSICA DE BOA COMPAÑA!:

6


7


8


Unha das producións con mais éxito da TVG foi o Xabarín Club, espacio adicada ó público infantil e xuvenil. Por iso os Euros andivemos a investigar na rede sobre este programa, e xa que este ano andamos as voltas co proxecto de medir e contar, imos aproveitar as cifras do xabarín para contarvos unhas cuantas cousiñas:

1994 emítese por primeira vez na TVG

138.000

20 os anos

socios

que leva en

no

ano 2013

antena

1998 comezan as Xabaxiras, concertos coa música

do

programa 2012

record

de 65 horas semanas

de

emisión 1999 faise un telefilme “Os

viaxantes

do

camino” con Xabarín de protagonista

9


O Xabarín Club é un espacio televisivo onde emitense

moitos

e

variados

debuxos

animados.

Asique para saber cales eran os que mais nos gustaban, na clase vimos un pouqiño de cada un e ó final decidimos que estos son algúns dos os

deles

mellores

10


11


En Chapela Bolechas contamos

12


e Bolechas medimos

e moito nos divertimos

13


Cos Bolechas tamĂŠn aprendemos a reducir lixo.

Deberiamos empregar mĂĄis envases de vidro e menos bricks.

E mĂĄis panos de mesa de tea e menos panos de papel.

14


E como moito traballamos agora disfrutamos .

15


16


Hai xa cen anos, na fermosa vila de Soutelo de Montes naceu un neno chamado Avelino Cachafeiro. De pequeño sempre andaba a correr detrás dos gaiteiros cando viñan a tocar ás festas, e en canto deu convencido aos seus país conseguiu que lle mercaran una gaita. Así comenzou a practicar xunto co seu pai e irmáns. Có paso do tempo Avelino formou un grupo que se fixo moi famoso en toda Galicia. Avelino só tiña que tocar una bonita melodía coa súa gaita e xa estaba rodeado de rapazas. En moitos lugares cantábanse coplas coma esta: Meniñas correde a oílo, meniñas correde a velo que é moita a gaita, gaitiña do gaiteiro de Soutelo.

Pero un día, Avelino, foi tocar a un pobo chamado Chantada. Alí coñeceu a una rapaza moi fermosa. Cando rematou a festa díxolle que ía a facer para ela a miuñeira máis bonita que xamais se escoitara. A rapaza contestou que se eso era certo, ela casaba con el. O noso amigo cando chegou a Soutelo botou días e días intentando componer coa súa gaita esa muiñeira que o podería casar coa súa namorada… Pero… nada! , non había maneira. Saíanlle xotas, pasodobles, foliadas, alboradas… pero muiñeiras…! Ningunha!! Chegou o día da cita e Avelino aínda non inventara nada. Era o día máis triste da súa vida. Colleu a bicicleta e a súa gaita e marchou camiño de Chantada. Polo camiño atopouse co seu amigo Manuel o arrieiro, e despois de contarlle a súa pena, pedíulle que lle cantara una muiñeira. O arrieiro contestoulle: Eu non paro de andar dun ladiño para outro. Eu non sei cantar nin tampoco sei toca-lo bombo.

17


Avelino seguiu o camino disgustado e de repente, cese sen darse conta, comezou a cantar aquelas palabras que lle dixera o seu amigo o arrieiro: Eu non paro de andar…

-

Anda…! Pero si ese era un cacho dunha muiñeira… e era ben bonita!

Animouse un pouco pero quedaba demasiado curta. Tiña que compoñer máis partes. Cando chegou a Antas parou a repoñer forzas na casa do zapateiro. Este, non paraba de rirse da historia que lle estaba a contar o gaiteiro e ó final, meténdose con el díxolle: Esta muiñeiriña nova quen a truxo a esta terra, o zapateiro de Antas na punta dunha subela.

Avelino despediuse medio enfadado do seu amigo e marchouse repetindo esas frases. -

Bueno! , a cousa estaba peor cando saín da casa –pensou o noso amigo-

Pero empezou a preocuparse porque se lle estaba facendo tarde e pedaleu con máis forza. Cando ía por Carballedo, xa chegando a Chantada atopouse con Maruxa a costureira, e díxolle que ía con presa, que á volta xa falaría con ela. Ela contestoulle: Tódalas costureiriñas son amigas da conversa, o que ha de falar con elas que non leve moita presa.

18


E por fin deron as seis, a hora na que quedara con Josefa, a súa namorada. Ela, impaciente, pediulle que lle tocara esa muiñeira tan bonita que lle prometera. Avelino recordou todo o que lle dixeran o arrieiro, o zapateiro e a costureira e coa súa gaita comenzou a tocar a muiñeira. Ela escoitou pasmada aquela bonita melodía. Naquel mesmo día Avelino e Josefa planearon o casamento. Dende entón, a “Muiñeira de Chantada” tocouse moitas, moitas veces por toda Galicia.

Agradecementos aos autores do conto: Paulo Nogueira e Magoia Bodega

19


GAITEIROS ILUSTRES DO SÉCULO PASADO

20


@S GAITEIR@S NA REDE

21


22


ROCK BRAVÚ

O “Rock Bravú” foi un estilo musical orixinado en Galicia que conlevou a un movemento social e

cultural

que

marcou

a

infancia

e

adolescencia de miles de galegos. É un estilo musical que (como definiu Xavier Valiño) é “un rock sen capar, que xurdiu cando as guitarras chegaron ás aldeas”. Poderíase clasificar como un xénero musical que está influenciado polo punk e sobre todo o rock en xeral, mesturado coa música tradicional galega. A etiqueta Bravú creouse para darlle un nome a todos aqueles grupos que xurdían con características comúns: cantaban en galego, falaban das cousas que vivían na realidade social do momento, cun estilo propio. Creouse

tamén

“Bravú”

que

unha

falaba

revista

desta

chamada

música

e

da

realidade social da época en Galicia. O Xabarín Club (programa infantil da TVG) foi unha plataforma de lanzamento e de recoñecemento dos grupos de rock bravú, pois as letras das súas cancións chegaban a máis xente. Son moitos os grupos que xurdiron naquela época dos anos 90 que formaban parte do “Rock

Bravú”:

Diplomáticos

de

Os Monte

Resentidos, Alto,

Os

Yellow

Pixoliñas, Heredeiros da Crus, Ruxe-Ruxe, Xenreira, Rastreros, Papaqueixos, Túzaros, Skornabois, Impresentables,... Comentaremos algúns deles como:

23


Os Resentidos: Formouse no ano 1982 e estaba liderada polo polifacético Antón Reixa. Durante toda a súa traxectoria usou o galego nas súas composicións, e foi a primeira banda que popularizou un tema de rock en galego en España con "Galicia Caníbal" (1986). Os Diplomáticos de Monte Alto: Grupo de rock formado no barrio de Monte Alto (A Coruña). Foi, co seu carismático líder Xurxo Souto, un dos máximos representantes do movemento bravú. Tiñan un son propio marcado polo uso do acordeón e influenzas do ska, punk e folk. O disco “Avante toda” foi considerado o mellor disco da banda. Yellow Pixoliñas: Grupo de rock de Monforte de Lemos con influenzas do punk e do ska. Elaboraban as súas letras en galego, mesturadas co inglés e castelán. A súa colaboración no “Xabarín” co tema “Xa te vin” abriulles as portas a un público máis amplo. Heredeiros da Crus: Grupo de rock de Ribeira (A Coruña) que emprega letras descaradas e divertidas cun falar natural con gheada e seseo. O seu primeiro disco “A cuadrilla de Pepa Loba” é o máis destacado. Colaboraron co “Xabarín” con temas como: “Que jallo é” ou “Íscalle lura”. Ruxe-Ruxe: Banda de rock bravú formada en Aríns (Santiago de Compostela) que combina sons tradicionais galegos con gaita e saxofón, con letras en galego e temática costumista e social.

24


25

Historia das Letras Galegas: O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Día das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro", a Academia debería consagrar, o simbolismo da data nunha celebración anual. Propúñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalía de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero. A partir de entón fóronse celebrando cada ano o día das Letras Galegas dedicados cada un deles a unha figura significativas das Letras Galegas.


26

Década dos anos 60

Rosalía

Castelao

Eduardo Pondal

Francisco Añón

Curros Enríquez

Florentino López

Antonio Noriega

Década dos anos 70

Marcial Valladares

Gonzalo López Abente

Lamas Carvajal

Manuel lago González

Xuan Vicente Viqueira

Manuel Pinto Villar

Ramón Cabanillas

Antón Vilar Ponte

Antonio López Ferreiro


27 Década dos anos 80

Vicente Risco Carballo

Luis Amado Pulpeiro

Manuel Leiros Valledor

Armando Cotarelo Diéguez

Antón losada Alvariño

Aquilino Iglesias Francisca Herrera Garrido

Otero Pedrayo

Celso Emilio Ferreiro

Década dos anos 90

Luís Pimentel Brey

Álvaro cunqueiro

Fermín Bouzas Eduardo Blanco Amor

Luís Seoane

Rafael Dieste

Xesús Ignacio Ferro Couselo

Ánxel Fole

Roberto Blanco Torres


28 Século XXI

Manuel Murguía

Eladio Rodríguez

Fray Martín Sarmiento

Antón Aviles Xoaquín lorenzo de Taramancos Xocas

Lorenzo Varela

Manuel Lugrís Freire

María Mariño

Século XXI

Ramón Piñeiro López

Uxío Novoneira

Lois Pereiro

Valentín Paz Andrade

Roberto Vidal Bolaño

Xosé María Díaz Castro

Xosé María Álvarez Blázquez


XABIER P. DOCAMPO CONTADOR DE HISTORIAS

Xabier P. Docampo (Rábade, 1946) foi guionista de cine, actor de teatro e colaborador de radio. Durante moitos anos traballou como mestre. Ademais de todas estas cousas, é contacontos , animador á lectura e , sobre todo, “contador de historias” como di de si mesmo cando se refire á escritura. É un gran defensor da lingua e da cultura de galega. A Xabier gústalle moito, moito ler, pero fala moito do feito de ler: “A lectura é un traxe que lle senta ben á álma e faina máis fermosa, coma o vestido ao corpo.” Ten acadado moitos premios, entre outros, o Premio Nacional de literatura Infantil e Xuvenil (1995) polo libro “ Cando petan na porta pola noite” ,

a Lista de Honra IBBY 1996 ou premio da

AELG 2013 á mellor obra de literatura infantil e xuvenil por “ A illa de todas as illas”.

29


DE VISITA NA ESCOLA CONTOUNOS QUE… … grazas á literaturas podemos saber moitas cousas e que non nos debemos fiar de descoñecidos senón “poderiamos acabar na barriga do lobo como Carapuchiña”. Tamén contounos que lle gusta moito o cine e que leva preparando unha película durante moitos anos e que esa película remata cunha escena dunha nena que di : “NON QUERO IR AO COLE!”. Entre outras cousas, comentou que Xosé Cobas, o ilustrador da maioría dos seus libros, non é só o seu mellor amigo

senón

uns

dos

mellores

ilustradores de Galicia. Esta ilustración é un autorretrato de Xosé Cobas. Xabier

Docampo

ten

moitos libros publicados, tanto en solitario como en

colaboración

con

outros autores. Na

escola

lemos

e

traballamos “O armario novo de Rubén” , “ A nena de auga e o príncipe de lume”, “ A decisión de Valerio”, “ Os ollos de Ramón”..

30


CONSTRUÍNDO A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA Estes son algúns dos nomes que acompañaron a Xabier Docampo na súa andaina como escritor e que fixeron da literatura galega un referente no campo da literatura infantil e xuvenil a mediados doa anos 90, recibindo todos eles numerosos premios polas súas obras e pola súa traxectoria comprometida co uso e defensa do galego e da cultura galega.

31


Hola, somos os nenos e nenas de 6º e queremos que vexades a entrevista que lle fixemos a algunas das compoñentes do grupo Malvela, que son: Fita, Chola, Clara, Aurita, Paca e Maruja. Como vos contabamos, fai pouco as entrevistamos para o 20 aniversario do programa “PONTE NAS ONDAS “. Nesa entrevista fixémoslles una serie de preguntas da súa vida en familia, escola, festas, sociedade e tempo de ocio. Todo isto que nos contaron queremos compartilo con todos vos.

 Que horario tíñades na escola? A que hora entrabades e a que hora saiades?.

(Paca):-Pola mañá e pola tarde. A xornada era partida pola maña entrabamos as nove e saíamos as doce, pola tarde entrabamos ás tres e saíamos ás cinco.  Que levabades de merenda?.

(Clara):-Levabamos unha codia dura de pan de millo e se había fruta levabamos fruta.  Que días había clase?. Tiñamos dende o lúns ata o sábado.  Cantos cursos había na vosa escola?.

(Chola):-Era una escola so de nenas e alí estabamos todas as nenas do barrio e solo había unha mestra. A nosa escola era en Redondela (Reboreda). Algunhas veces había vinte ou trinta nenas.

32


 Que asignaturas tiñades?. Tiñamos cinco: matemáticas, naturais, relixión…., e aprendiamos as cousas cantando . Todas estas asignaturas estaban nun só libro, o que lle podíamos chamar o libro gordo de Petete.

 Ata que anos estudaches?.

(Aurita);-Estudei ata os doce anos.  Á escola iades soas ou acompañadas?. A escola íbamos soas, eran outros tempos, non coma os de ahora.

 Votas de menos ir á escola?. Estou indo a escola aotra vez porque o deixei a os 12 anos, tivenme que sacar para traballar, estou indo a escola porque teño moitas faltas de ortografía.  Quen traballa fora da casa na túa familia?. Traballaba o meu pai, traballaba nos tranvías, a miña nai traballaba no campo, o que comían era todo do campo, e as veces faltaba ó cole porque tiña que traballar.

 De pequeñas celebrabades o aniversario?. Pois non, os aniversarios de cando eu era pequena non se celebraban.  Celebrabades o fin de ano?. (Paca):-Non o fin de ano non se celebraba, isto é de ahora.

33


 Que diferencias hai entre as festas de agora e as de antes?

(Clara):-Hai moitas diferencias, antes tiñas que marchar ás catro da tarde e volver moi cedo.

 Como se celebraba o entroido?.

(Maruja e Paca):-Non era como agora, nos entroidos nom se compraban disfraces, vistíamos con roupas bellas e celebrabámolos no meu barrio cos amigos.

 Que bailabades nas festas?.

(Aurita):- Na miña terra bailabamos o twist, non se bailaba a” jota” e a muiñeira .  E a Semana Santa?. Era moi diferente, porque daquela non había discotecas, non se podía, e cantabase unha soa canción: “Este día e día Santo e día de cantare están os santos de luto de rodillas no altare”  Como celebrabades o Samaín?.

(Aurita):- O Samaín era coas cabazas, non iamos a misa dos difuntos. Na iglesia faciamos cabazas con papel “roxo “e una vela dentro. A xente ao pasar por alí asustabase ao ver as velas, pero se nos pillaban tiñamos que aguantar a misa dos difuntos e en casa: “pau”, “pau”.  Como era a sociedade cando eras pequeña? Que tipo de clases sociais había?.

(Chola, Clara, Fita):-Os ricos eran ricos e os pobres eran totalmente pobres.  Que recordos tes da guerra cando eras pequeña?.

(Chola, Paca, Fita):-Eu recordo que o pasamos moi mal, xa era a época da posguerra . O meu avó foi o alcalde da república de Redondela, escondeu a moita xente, despois perseguirono a él e a un médico que había en Redondela que se chamaba don Francisco, escondeuno . Eu é o que recordó da guerra, aparte da época da fame.

34


Eu nacín no corenta e tres e a guerra foi no corenta e seis, o pequeno recordo que eu teño e que andaba a xente moi asustada, aínda menos mal que nós daquela non pasamos moitas necesidades porque meu pai tiña unha tenda- bar. Lémbrome que a xente viña daquela a pedir unha perra de aceite dúas perras de azucre, fariña, moi pouquiña cantidade porque a xente non tiña cartos. Eu recordo xa na posguerra que a xente viña a nosa casa a pedir unha xerra de leite, porque eramos unha familia de labradores, e unha noite estaban na nosa casa os nosos vecinos, un deles chamábase Alejandro, que o andaba a buscar a guardia civil. Tocaron á porta, esa noite, e dixeron a contraseña “Prende o can”, era a contraseña que eles tiñan, os maquis, fuxiron cara o monte.

 Como crees ti que evolucionou a sociedade? Foi para ben ou para mal?

(Paca, Chola):-Eu creo que foi para ben, sobre todo para as mulleres.  Como vos entretíñades cando erades nenas?

(Fita):-.Faciamos monecas, cunha espiga, metíamos un pao atavesado facendo de brazos, e poñíamoslle as espigas como pelo; poñìamoslle vestidos , tamén xogábamos ao plancho, saltabamos a corda, nos entretiñamos así. As nenas xogabamos aos xogos de nenas e os nenos xogaban aos xogos de nenos, daquela era así, ahora xa non é o mismo, ahora as nenas poden xogar ao futbol , e os nenos xa xogan cas nenas, daquela non.  Que vos parece a forma de pasar o tempo de hoxe en día? (Maruja):-Pareceme que agora hai demasiadas maquinitas, están moito tempo xogando co móbil, co ordenador, miro que antes xogabamos de outra maneira, xogabamos uns cos outros. (Aurita):-Eu creo que hoxe está moi ben, porque bueno, eso da informática e unha cousa moi boa, antes non sabíamos nada de nada. Hoxe eu mirei pola maña uhna situación que facia un montón de anos que non a vía. Cando os nenos iban ao colexio de Sanguiñeda e baixaban por un camiño do monte e iban coas maletas ao lombo, estou falando de hai vinte e cinco anos; hoxe vin tres nenos, eran máis ou menos da vosa idade, iban cos carritos

e derrepente, os votan ao lombo e cruzan o

monte polo camiño, e eu dixen que bonito, porque ahora xa non existe iso, agora os país levan aos seus fillos no coche. E claro antes podíamos ir solos a todos os sitios a agora non se pode. Pero o que vin hoxe a mañán foi precioso .

35


 Soliades xogar nalgún sitio en concreto?. Solíamos xogar na calle ou ibas coas ovellas ao monte, sempre intentabamos estar ocupadas no tempo libre e proveitabamos para ir xogar

 Con que xoguetes xogabades? Como eran?.

(Fita, Paca, Chola):-Como a muller do meu avó era enfermeira nos barcos de extranxeiros e cada vez que viña me traía unha tina e un caldeiro que empregabamos para xogar e senón xogabamos destrozando pedras ou tellas das casas. Tamém facíamos chocolate; xogabamos as mariquitas ou a o pano. Eu tiven a sorte de que os meus irmáns facían bicis con madeira e senón xogabamos con monecas de pano.

 Para rematar a nosa entrevista gustaríanos saber como empezou a vosa afición por cantar? (Paca):-por cantar a min gustoume sempre cantar e bailar, sempre de toda a vida. (Fita):- A min tamén sempre me gustou cantar, e bueno tamén tiven a sorte de que na miña casa as festas que se facian, sempre se cantaba. O meu ome foi músico durante moito tempo e de ahí pode ser que tamén viñera a miña aficción. As miñas fillas empezaron tamén algunhas delas a cantar, Uxia, que foi camiñando pola música, e despois ela deunos un cursiño de cantos populares a moitas das que estamos aquí, e así comenzou a andaina do grupo Malvela. (Clara):-Eu cantar non cantei nunca ata ahora, non, a min pois e asi. (Maruja):-Eu penso que en vez de nacer choranrando fixeno cantando, porque eu sempre, sempre cantaba polos camiños, por fincas era a miña ilusión, poder ser artista, pero agora sí, canto con Malvela penso que xa estou realizando a miña ilusión.

36


(Aurita):-A min sempre me gustou cantar e cando fregaba as banquetas do meu pai, que era carpinteiro, e fixo unhas banquetas para casa, entón había que fregalas todas as semáns, e eu

debaixo da

viña a fregar as

banquetas, entón cantaba ali debaixo. Ata que me apuntei o cursiño que deu Uxía e ata aquí cheguei.

(Chola):-Pois a min sempre gustoume cantar.Meu pai sempre nos ensinaba unha canción para os Reis ou carnaval, cantaban os meus irmans e todo.

37


E.I.: “SAUDIÑOS DENDE EDUCACIÓN INFANTIL”

1

E.I. 3 anos: “A TVG: DENDE GALICIA PARA O MUNDO”

2

E.I. 4 anos A: “MÚSICA PARA TOD@S”

5

7

E.I. 4 anos B: “CONTOS NO CAMIÑO” E.I. 5 anos: “XABARÍN CLUB TVG”

9

12

E.P. 1º : “OS BOLECHAS” E.P. 2ºB: “GAITEIROS ILUSTRES DO SÉCULO PASADO”

17

20

E.P. 2ºA: “GAITEIR@S NA REDE” E.P. 3º: “ROCK BRAVÚ”

23

25

E.P. 4º: “AUTORES HOMENAXEAD@S DAS LETRAS GALEGAS” E.P. 5º “XABIER P. DOCAMPO”

29

32

E.P. 6º: “FALANDO CON MALVELA DOS TEMPOS DE ANTES”

38


39


Revista folerpas 2013 14