Page 1

RABUร‘ANDO NOVOS CANTARES 6ยบ CURSO


O PROBLEMA DE GALICA Galicia está sufrindo polos homes orfos e os campos mortos e os corazóns rotos. IAGO FERREIRO ARES. (6º) ALMA PERDIDA Alma das pombas, cantigas perdidas, o resplandor das pólas na noite perdida.

DIEGO PÉREZ. (6º)


Cariñoso día, alma partida o gozar da vida o resplandor do día.

ROSALÍA E A SÚA … Rosalía e a súa poesía Rosalía e a súa patria querida Rosalía e os seus cantares Rosalía e a súa ledicia Rosalía e o seu amado Murguía. PAULA CAICEDO(6º)


CAMPAÍÑAS DA NOITE Campaíñas que soan a medianoite, rompendo os corazóns, facendo feridas no seu interior. PAULA GIL(6º) A FELICIDADE Eu encontro a felicidade nun sono, cando toco a terra, vexo a alegría Vexo a alegría cando toco a terra e ando eternamente pensando na terra e ando soñando coa natureza. ANDRÉS NOVOA (6º)


A VIDA DE ROSALÍA En Santiago de Compostela vive Rosalía. María e Xosé son pais de Rosalía En galego e castelán escribe Rosalía. No 1837 naceu a nosa Rosalía. Con Manuel Murguía casou Rosalía. “Cantares Galegos” escribiu Rosalía

RAPAZA MORENA Rapaza morena que canta no mar, prepárame comida na mesa que estás. PAULA GRADÍN POSADA (6º)


BONITA CANCIÓN Rosa agasalla unhas rosas á neniña que toca a gaita Ela toca unha canción co amor do seu corazón. QUERO… Quero xantar Torrixas con mel, Vinagre e sopiñas E leite e papiñas. Despois de xantar O doce tomarei, Noces e viño E moito café. De cea tomarei Patacas asadas E doce mel. ZELTIA PATIÑO DIÉGUEZ . (6º


ROSALÍA Rosa lía as rosas novas. Rosa lía as Follas Novas das rosas. Rosalía canta ás rosas coas súas cousas novas. Rosalía sempre se lía nas rosas novas. Rosalía canta en galego ás súas rosas.

AS NUBES Vexo nubes no espazo Mentres tomo leite nun cazo. Unhas son brancas, Outras son negras. Sopran os ventos Sen orden nin tempo.

PATRICIA GIL RODRÍGUEZ(6º)


ROSALÍA

Rosalía cántalle ás “Follas Novas” das rosas Rosalía canta con ledicia ás súas rosas . Rosalía canta ao redor das rosas. Rosalía canta coas rosas en harmonía. Rosalía fala galego coas súas rosas.

EU TEÑO…… Eu teño unha flor no pelo E corenta rosas no corazón Cada pétalo unha vida E cada espiña un corazón. TATIANA ÁLVAREZ CUEVAS(6º)


O CORAZÓN BLANCO O corazón branco quedou Sorrindo no peito Para ver a neve Do branco corazón . XOEL (6º)

AMOR IMPENSABLE Penso en ti, rosiña, Rosiña, penso en ti Si souberas meu amor O doce da vida, E si souberas,meu amor O doce son do teu tambor. DAVID ARAÚJO(6º)


CANTA,MENIÑA Eu quero que cantes meniña, que toques o tambor, dentro do teu corazón, pídocho por DIOS.

ROSALÍA Rosalía canta ao mar. Rosalía escribe poesías ás súas fillas. Rosalía pensa en Manuel Murguía. Rosalía mira as follas que crecen día a día. Rosalía xoga coas súas sete fillas.

LAURA RICÓN. (6º)


FANTASÍA Papiñas ricas darei, sopiñas ricas darei, Queres cantar ? Na miña festiña poderás ! Meniña toca a gaitiña, produce a melodía. PABLO TABOADA CONS (6º)

PEQUEÑO ESPIRITU Un pequeno espírito Que te pode morder Que lle tes medo Porque podes morrer ÓSCAR (6º)


ROSALÍA Rosa coa osa da rosa canta. Rosalía canta en galego coas follas das rosas. Rosalía no 17 de maio lía. Rosalía canta na rosa galega de Santiago de Compostela. Rosalía só lía cando ía marusía e de casa saía.

DOR DE ENTRAÑAS Hoxe as entrañas consumíronseme cunha dor moi toliña, procedente dunha dimensión chamada “ aló”, procedente dunha dimensión ferida.

DAVID SOLER (6º)


O QUE FACÍA ROSALÍA Rosalía lía nas rosas. Rosalía escribiu “ Follas novas”. Rosalía escribiu nas rosas. Rosalía escribiu sobre todo tipo de cousas.

ESTEBAN TELLERÍA(6º) ROSALÍA Rosalía e a súa pena Rosalía e a súa terra Rosalía e a súa perda Rosalía e a súa enorme doenza Rosalía e a súa gran tristeza NOELIA SERRANO (6º)

RABUÑANDO 6º CURSO  

ESCRITA, 6º CURSO, ROSALÍA

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you