Page 1


Xosé Antonio Neira Cruz Naceu en Santiago de Compostela en 1968. É licenciado en Filoloxía e Xornalismo. Dirixe a revista de literatura infantil e xuvenil FADAMORGANA. Tamén escribe guións para a radio e a televisión. Ademais colabora coa editorial GALAXIA . É profesor na universidade de Santiago. Escribe contos para todas as idades. Mesmo escribiu algunhas biografías e algúns libros de poesía e teatro. Fai traducións doutros contos ao galego. Ten escrito libros en colaboración con outros autores/as. Recibiu premios moi importantes:  Premio Merlín 1988  Finalista na VII convocatoria Premio Lola Anglada 1991  Premio Barco de Vapor 1997  Premio Barco de Vapor 1999  Premio Merlín 2000  Premio Raíña Lupa 2002  Premio Lazarillo 2004  Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño 2007  Premio Barriga Verde de textos para Teatro de Monicreques 2008  Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2009 As súas obras están traducidas a varios idiomas.


TITULOS • • • • • • • • •

• • • • • •

Ó outro lado do sumidoiro (1989). Premio Merlín 1988. Melanio e os paxaros (1990). Os gatos de Venecia (1993). Así viviu Rosalía (1996). Así viviu Castelao (1996). Así viviu Paio Gómez Chariño (1997). Así viviu Ánxel Fole (1997). As porcas porquiñas (1997). La estrella de siete puntas (1998). Premio O Barco de Vapor, 1997. O xenio do sultán (1998). Caramelos Martín Codax (1998). Rumbo á illa de San Simón (1998). Xograr Cangas e Asociados (1998). María está a pinta-lo mar (1998). Os ollos do tangaleirón (2000). Premio O Barco de Vapor, 1999.

• • • • •

As cousas claras (2000). Premio Merlín 2000. A memoria das árbores (2000). A caixa do tesouro (2001). O home máis rico do mundo (2001). O armiño dorme(2002). Premio Raiña Lupa. . White Ravens List 2006.

• •

• •

• • • •

Son adoptada , e que?(2004). A viaxe a Compostela de Renato Ratoni, rato de compañía de Cosme III de Médicis (2004). Mambrú, cociñeiro de perfumes (2005). A noite noche da raíña Berenguela (2005), Premio Lazarillo 2004 de la OEPLI Gatos e leóns (2006). De esparto e seda (2007)

Los libros de la almohada (2008). Unha chea de familias (2008).


O prodixio dos zapatos de cristal (2008). White Ravens List 2009.

• • • •

O debut de Martino Porconi (2008). Un bico de amor e vida (2009). Violeta no es Violeta (2009). Sopa de xarope de amora (2009). Premio Manuel María 2009 de literatura dramática infantil. O punto da escarola (2009). Premio Barriga Verde 2008 de textos para teatro de marionetas. Jan estivo alí (2010).

OBRAS COLECTIVAS •

• •

• •

• •

"Un somnífero moi particular" en Contos da campaña, 3 (1992). "O plumífero de Xurxo" en Tres triscadas (1993). "Rosalía tralas máscaras do tempo" en Contos da viaxe (1994). "Castelao no Mar do Tempo" en Contos da travesía (1995). "Paio Gómez Chariño, ...a mui gran coita do mar" en Contos da ruta (1996). "Orellas de podengo" en Imos xuntos camiñar (1999). "Un agasallo inesperado" en Contos para levar no peto (2001). "A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro" en Quen casa ten de seu (2009).


RUMBO Á ILLA DE SAN SIMÓN. (6º) a) Lembrar as cantigas de amigo que estudiamos ao principio de curso. b) Reler as que fixemos nós. c) Ler o conto. d) Por que hai unha referencia ás letras galegas do 2008? e) Que mensaxe escribirías ti dentro dunha botellas? f) Cal sería o teu alcume de pirata? g) Que anacronismos atopas no conto? h) Publicidade: Anunciamos os libros de Neira Cruz. i) Sabes a que se refiren as frases finais? j) Cal é a túa opinión sobre as ilustracións?

JAN ESTIVO ALÍ ( E. ARTÍSTICA) a) Contar o conto. b) Escoller un cadro que nos guste e observalo moi ben. c) Imaxinar a situación do que está pintado no momento de pintalo. d) Escribir un pequeno texto no que se citen os distintos detalles dos cadros, mesmo os máis insignificantes ou pequenos e narrando a historia do que pode estar pasando alí.


A MEMORIA DAS ÁRBORES: (5º) a) Contar o conto ou visionalo na pizarra dixital. b) Coñecer o baobab. c) Buscar na biblio diferentes libros sobre árbores. d) Escoller unha árbore que nos guste e aprender algo sobre ela ( forma, cor, tipo de folla,...) e) Converternos en árbores e falar dende a súa memoria. Se pensamos nas árbores da escola poderemos falar do que teñen visto e do que se lembran, quen os habita, como teñen cambiado as cousas,... f) Escribilo.

O MEDO DE MO 1. Falamos dos nosos medos. 2. Expresamos os nosos medos. 3. Debuxamos aquelo ao que lle temos medo.


ALFABETO NEIRA CRUZ

actividades neiracruz  

visita neira cruz, actividades,

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you