Page 27

OS PROXECTOS INNOVADORES DO CEIP SAN XOÁN

Neste curso 2013/14, o noso colexio seguiu inmerso nos proxectos innovadores do pasado ano: O Plan Proxecta, cos plans Sustentabilidade e Paisaxe e Máis e Mellor Educación Física, e o Proxecto Europeo eTwinning. En Sustentabilidade e Paisaxe, colaborando íntimamente con Máis e Mellor Educación Física, o alumnado estivo a coñecer o medio en que vive, con especial fincapé nos materiais da zona, a poboación e os oficios.

Para estes últimos, procuramos, en todo momento, dar unha visión actual e unha visión tradicional, procurando que as persoas que nos contaron as características deses oficios fosen da nosa comunidade educativa ou do noso contorno máis próximo. Así, aprendimos qué e como traballan os muiñeiros, os canteiros, os tecedores, os cesteiros, os artesáns do xabón, os recolectores e os cociñeiros... aínda houbo tempo para os oficios relacionados coas matanzas e ata unha homenaxe aos oficios das mulleres da nosa comunidade educativa, no Día Internacional da Muller Traballadora. Tamén para o coñecemento do noso contorno, tivemos ocasión de reflexionar sobre aspectos políticos e sociais importantes, especialmente nas datas de celebración do Estatuto de Galicia e a Constitución Española e da

Follasrevoltas 2014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you