Page 1

CULTOS PRERROMANOS EN GALICIA


Pobos das fisterras atlántico_europeos Pobos de Galicia, Bretaña francesa, oeste de Irlanda… A palabra “fisterra” ven das latinas “finis-terrae” , “fin da terra”. Alén destas “fisterras” pensaban os nosos antepasados que só existióna o abismo, o caos. Poboación castreña Xente que habitaba nos castros, antes de chegaren os romanos á Península Ibérica. Os castros son poboados de forma circular ou oval, fortificados e provistos de varios muros e fosos. Os máis deles están situados en outeiros e montes.

Os druídas É o termo usado para a casta sacerdotal dos poboadores prerromanos. As súas funcións eran características: presidían os sacrificios rituais e tiñan a conciencia de seren depositarios e transmisores das tradicións e saberes máxico-medicinais. O seu sacerdocio era hereditario.


Tradición cultural “Tradición ven da palabra latina “tradere” que significa “entregar”. Unha tradición é algo que nos entregan as persoas que viviron antes de nós. ¿Qué nos entregan?. Unha “cultura” (lingua, relixión, crenzas, costumes, festas, cancións, escritos…). O pico sacro O concepto máxico-relixioso dos montes aparece con cumio dos arredores de Compostela: o Pico Sacro, que domina o amplo val do río Ulla. Desde moi antigo este cumio de 550 mtrs. aparece rodeado de lendas sobre encantamentos, dragóns, serpes e seres mitolóxicos. Ademais a crenza popular outorgoulle virtudes máxicas e curativas.

Cruceiros É un dos monumentos máis tradicionais en Galicia. Como o seu nome indica, ten forma de cruz sobre unha columna. Neles aparecen diversas imaxes: Cristo crucificado rodeado de santos e santas…

Ritos máxico-relixiosos O xeógrafo grego Estrabón dedicou un dos libros da súa Xeografía á Iberia. Nel refire determinadas prácticas máxico-relixiosas dos lusitanos:


“…os lusitanos fan sacrificios: observan as entrañas dos seus inimigos, pero sen extirpalas. Tamén observan as veas do peito e logo fan as súas predicións, sacrifican cabalos e prisioneiros que ofrendan ao seu deus”.

Petos das ánimas É unha das manifestacións galegas de culto aso mortos, de devoción polas súas ánimas que poden estar no Purgatorio “purgando” os pecados. Son de pedra ou de madeira. A finalidade é a de ofrecer esmolas para que as almas poidan ser liberadas e alcancen a felicidade celestial.

A influencia máxico-relixiosa nos mitos e lendas de Galicia Os poboadores de Galicia tiñan outorgado a determinados seres e lugares (bosques, o mar e as augas, os montes...) unha morea de crenzas, a medio camiño entre o relixioso e o máxico, que hoxe forman parte da nosa tradición cultural. Pola especial dispersión xeográfica de Galicia, os camiños e corredoiras sempre foron moi necesarios e frecuentados; neles a imaxinación popular foi situando as súas crenzas relixiosas relacionadas co culto aos defuntos e ao tránsito cara ao máis aló (A Santa Compaña ou camiños e encrucilladas presididas por cruceiros e petos de ánimas para que os vivos da parroquia recorden aos seus mortos). Desde tempos moi antigos o culto ás augas tivo un papel moi importante na sociedade galega. Durante a ocupación romana as propiedades sanadoras da auga foron moi apreciadas, como testemuñan as termas (augas quentes) de Lugo. Tamén aparecen na


toponimia da antiga Gallaecia romana: Aquae Querquennae (Baños de Bande), Aquae Geminai (Baños de Molgas), Aquae Calidae (Caldas de Cuntis), Aquae Celenis (Caldas de Reis)… ACTIVIDADES 1. 2. 3. 4. 5.

¿Por que os nosos antepasados escollían lugares altos para os seus cultos relixiosos? ¿Que significa “dispersión xeográfica” en Galicia? Engade ao glosario do tema as seguintes palabras: cruceiro, tradición cultural, druída e petos das ánimas. Busca información sobre o Pico Sacro e asocia este monte coas nosas crenzas relixiosas. Indaga sobre a toponimia da antiga Gallaecia romana relacionada co mar e as augas.

TEXTO: os cultos prerromanos en Galicia As manifestacións de fe en Galicia son numerosas e significativas, danse en catedrais suntuosas e en humildes ermidas perdidas o resto do ano nun monte calquera; en cruceiros que presiden encrucilladas; nos petos de ánimas; en pontes e camiños; en rochas e árbores; en fontes e ríos, que se converten en soportes simbólicos, en lugares de "encontro entre o mundo oculto e o visible, entre os vivos e outros seres que viven tamén no mundo". Son espacios-centros especiais que facilitan a circulación entre os dous aspectos do mundo. No espacio habitado, o lar -lareira- é o centro da casa-mundo; o cruzamento de camiños -encrucillada-, da aldea-mundo; e ocemiterio é o centro da parroquiamundo. No espacio non habitado están as pedras, as fontes, as árbores e as montañas, relacionados frecuentemente con algún santuario. Estas manifestacións de fe son expresións dunha vivencia relixiosa, que non sempre coincide coa ortodoxa ou oficial, pois cada persoa interpreta a relixión segundo o filtro da súa maneira de ser e de pensar, e ademais combínase con antigos ritos de crenzas pagás. É case unánime a opinión de que en Galicia se adoraban as montañas, as fontes, as árbores e as pedras. A relixión popular estaba, pois, impregnada de paganismo. Hai en Galicia numerosos santuarios que atraen cada ano a miles de devotos. Adoitan estar situados en montañas e nas súas proximidades non falta unha fonte, unha pedra famosa ou unha árbore moi antiga, xeralmente carballo, obxectos-


espacios utilizados para realizar ritos de curación, de fecundación ou de adiviñación. O espacio interior do santuario prolóngase no exterior e aprovéitase para as procesións, para a reunión de devotos ou cumprimento de promesas. Cada santuario está dedicado a un santo e cada santo ten o seu poder e está especializado na curación dalgunha enfermidade, de sorte que pode establecerse certa relación entre o espacio dos santuarios e a anatomía do corpo humano. Os santuarios atraen a moitos devotos o día da festa ou romaría, termo que orixinariamente significaba "viaxe dos católicos a Roma" (romaría) e que ampliou o campo semántico a viaxe a calquera santuario.

cultos prerromanos  

descripcion

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you