Issuu on Google+

A MULLER Grecia antiga


Ο xineceo: γυναικονῖτις 

Na Grecia antiga a muller dun cidadán ateniense estaba reducida ao fogar (οἶκος )

tiña as súas habitacións propias

Era considerada unha menor de idade

EN BIOLOXÍA ÚSASE O TERMO XINECEO PARA FACER REFERENCIA Á parte femInina DAS FLORES NAS pRantas ANXIOSPERMAS


VIDA POLÍTICA E SOCIAL 

Non participaba na vida política nin na vida social

non era cidadá e non estaban nin mellor nin peor consideradas que as demais categorías de marxinados.

non podía saír soa da casa, salvo en ocasións excepcionais (festivais ou funerais).


VIDA ECONÓMICA 

A efectos legais sempre dependía dun home, primeiro do seu pai e, xa casada, do seu home.

Non podía ter propiedades de seu


OUTRAS MULLERES: as heteras ( ἑταίρα) Tan só as heteras: 

soían asistir a banquetes

tiñan maior liberdade de movementos

formación intelectual

e mesmo control sobre cantidades importantes de diñeiro.


ASPASIA Y PERICLES

EN EL ESTUDIO DE FIDIAS


A situación en Esparta 

distinta Situación

As espartanas eran educadas no mesmo réxime que os homes

sometían os seus corpos a duras competicións atléticas, coa idea de ter fillos máis fortes.


A situación no período helenístico a situación da muller experimentou unha relativa melloría: 

adquire capacidade legal para obter beneficios de actividades económicas

unha educación elemental igual á dos homes.


VOCABULARIO RELACIONADO COA MULLER        

γυνή, γυναικός: muller κόρη, -ης: moza παρθένος, -ου: virxe, moza solteira γραῦς, -ός: ancián δούλη, -ης: escrava ἑταίρα, -ας: cortesá, compañeira θεραπαίνα, -ης: criada, escrava δεσποίνα, -ης: señora


EURÍPIDES, Medea, 220 ss. 

“De todos os seres que senten e coñecen, nós as mulleres somos as máis desventuradas, porque necesitamos comprar primeiro un home a costa de grandes riquezas e darlle o señorío dos nosos corpos... Non é honesto o divorcio nas mulleres, nin posible repudiar ao home; se conxenia connosco é envexable a vida, senón vale máis morrer. O home cando se atopa mal na casa, sae dela e libérase na do amigo. Pero a necesidade obríganos a non pór a nosa esperanza máis que en nós mesmos. Verdade é que din que pasamos a vida no fogar libres de perigos, e que eles pelexan coa lanza; pero pensan mal, preferiría eu embrazar tres veces o escudo que parir unha soa vez... Unha muller soe estar chea de temor e é covarde para contemplar a loita e o ferro, pero cando ve lesionados os dereitos do seu leito, non hai mente máis asasina”


A muller e a mitoloxía 

Todas as figuras mitolóxicas femininas tiñan liberdade de movementos e mesmo se enfrontaron aos deuses.

No mundo divino hai diversos tipos de mulleres: a deusa da guerra (Atenea), a da caza (Ártemis), e a da agricultura (Deméter).


Α muller e a mitoloxía PANDORA 

A primeira muller da mitoloxía grega foi modelada e adornada polos deuses a imaxe e semellanza das deusas. Puxéronlle o nome de Pandora que significa “todos os dons”


PANDORA 

Foi enviada por Zeus a Prometeo como vinganza por telo enganado. A curiosidade levouna a abrir unha caixa na que Prometeo tiña encerrados todos os males. Cando puido cerrala, só quedaba dentro a esperanza.


Ἀφροδίτη 

Unha deusa que non respecta nin a homes nin a deuses (Ἀφροδίτη ) Venus, deusa da beleza feminina e do amor.

Naceu da escuma do mar (ἄφρος )

Esposa de Hefesto

Da súa relación con Ares nace Eros e da súa unión co mortal Anquises nace Eneas (vinculado coa fundación de Roma)

O seu verdadeiro amor foi o mortal Adonis.


INVESTIGACIÓN •

Consulta por qué Medea ve lesionados os seus dereitos e a quen asasina como vinganza.

Pandora foi a primeira muller. ¿Que puntos de unión atopas entre Pandora e a Eva bíblica?.

¿Quen é o autor da obra “O nacemento de Afrodita ”?. Describe a escena mitolóxica indicando os nomes das figuras mitolóxicas. ¿Que outras obras de temática mitolóxica realizou este autor?.

Explica quen foron as Gracias, as Horas, Eneas, Hermafrodito e Príapo.

Di o significado de: andróxino, misóxino, xinecólogo, hetera, afrodisíaco, venéreo, priapismo e hermafrodita. Relaciona os anteriores vocábulos cos termos gregos dos que proceden.

Hai tres nomes de mulleres que dalgunha maneira destacaron na Antigüidade, SAFO, ASPASIA e FRINÉ. Fai unha breve ficha biográfica de cada unha delas.

¿Cal é a posición na que aparecen as Gracias na arte?. ¿Como se chamaban?

¿Que deusas participan no xuízo de Paris?.


LA SITUACIÓN DE LA MUJER EN GRECIA