Page 49

CONCURSO DO SABICHONDO Neste trimestre leváronse a cabo dous concursos, o dos PAXAROS e o dos PEIXES. Nestes concursos, igual que nos anteriores, os alumnos e alumnas tiñan que adiviñar o nome destes animais que estaban no panel fotografados, e deixar a solución xunto co seu nome nunha caixa. Os gañadores recibiron cada un o seu agasallo.

FESTA NA BIBLIOTECA O día 5 de xuño, na hora do recreo, celebrouse a festa de remate de curso na nosa Biblioteca, previa convocatoria a semana anterior a través da súa mascota Popi. O dinamizador da Biblioteca, xunto coa súa mascota e algunha axudante, organizou unha festa para todo o alumnado, con música e comilona. Pois a biblioteca pecha as súas portas até o vindeiro curso. Primeiro tiveron a festa de despedida de curso os rapaces e rapazas de E. Infantil, na hora do seu recreo. Estes rapaces e rapazas fixerono de xeito moi ordenado. Logo chegoulle o turno aos rapaces e rapazas de Primaria no seu recreo, estaban moi inquedos e non lles daba chegado a hora de que os deixaran pasar. A festa, como se pode ver na galería de imaxes, resultou todo un éxito. Agardamos que no vindeiro curso estes rapaces e rapazas sigan con tantas ganas de vires a visitar a Biblioteca e a súa mascota, Popi. E....LER MOOOOITO! MOI BOAS VACACIÓNS!! E NON VOS ESQUEZADES DE LER!! COS LIBROS PODEMOS VIVIR GRANDES AVENTURAS!! 49

Profile for Mª Esther Prieto Prieto

Pita Faladora  

Xornal do 3º trimestre

Pita Faladora  

Xornal do 3º trimestre

Advertisement