Page 4

Nenos e nenas de E. Infantil

O día 18 de maio celebrouse no colexio o acto dedicado a celebración das Nosas Letras, que este ano dedicóuselle a Ramón Piñeiro López.

Este acto tivo dúas partes: unha primeira, con exposición e charla de artesáns, que nun principio ían ser seis e logo só foron dúas, palilleira e arte con tella e outros materiais. Porén a organización mantivose e acadamos que os nosos e alumnas poidesen ter un día de festexo diferente e coñecer a mestura da tradición coa arte máis actual. E unha segunda cun acto no patio onde se comezou cantando o himno e o “Rap de Lingua”, logo fixose a lectura da biografía do autor, a cargo dos alumnos e alumnas de 4º de E. Primaria, leronse os lemas a prol do galego con carteis ilustrados polos alumnos e alumnas de 3º de E. Primaria, que tamén leron un poema. O grupo de Alumnos e alumnas de E. Primaria baile “Pedra da Garza”, do que forman parte alumnos e alumnas do colexio, agasallaronnos cun par de muiñeiras, para rematar a ritmo de baile.

4

Profile for Mª Esther Prieto Prieto

Pita Faladora  

Xornal do 3º trimestre

Pita Faladora  

Xornal do 3º trimestre

Advertisement