Page 36

Este curso, os alumnos e alumnas de 5º fomos a Santiago de Compostela, onde visitamos o Parlamento e a catedral. A viaxe fixémola en tren e en autobús. Inda que a visita non foi como se esperaba, pasámolo ben porque xogamos todos xuntos e compramos moitas cousas. O que máis nos gustou da viaxe foi cando viaxamos en tren, porque dentro do tren hasta había unha máquina para coller chucherías. Tamén nos gustou moito a visita ao Parlamento, vimos as salas onde os deputados fan o seu traballo e onde votan. A continuación, comemos ao lado do Parlamento. Despois de comer, fomos visitar a Catedral de Santiago e aproveitamos para comprar polos mercados que había arredor da Catedral.

36

Profile for Mª Esther Prieto Prieto

Pita Faladora  

Xornal do 3º trimestre

Pita Faladora  

Xornal do 3º trimestre

Advertisement