Page 32

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DOS NENOS/AS DE 6º A E 6º B Á CORUÑA

2008-2009 O martes día 26 de maio, ás 7:30 h da mañá subiamos ao autobús rumbo á Coruña. Fixemos unha parada polo camiño nunha área de servizo, tomamos o bocata e continuamos o camiño. Ás 10:30 h , xa estabamos no ACUARIUM, alí informáronnos de que a sala “Nautilus” estaba pechada por reformas , por este motivo non nos cobraron a entrada. Visitamos as salas interiores e a parte exterior, incluso puidemos gozar ao ver como alimentaban ás focas. Pasadas as 12:30 h chegamos ao Planetario , tivemos que subir ata a última planta, unha vez alí nunha cúpula moi grande proxectáronnos 24 horas seguidas de observación do ceo, aprendemos moitas cousas . Tamén nos mostraron un vídeo sobre o Universo moi interesante. Xa era hora de comer, así que montamos no autobús e dirixímonos ao DOMUS. Comemos no comedor , gardamos as mochilas e deseguido iniciamos a visita . Estivemos xogando e manipulando en todos os aparellos das distintas salas. Pasámolo moi ben e gustounos moitísimo.. Un vez rematada a visita do Domus , fomos a Torre de Hércules, subimos polo paseo, e desfixemos os peiteados porque sopraba moitísimo o vento. Unha vez arriba fixemos unha sesión de fotos. Ao baixar da derradeira visita, merendamos e comemos un xeado e uns chupas. Recollemos todo moi ben recollido. E … para o autobús de volta ao cole,,,xa estabamos cansos, viñemos vendo unha película. Chegamos as 20:3 0h ao colexio , as nosas familias xa nos estaban esperando. Para a maioría de nós ,esta foi a derradeira excursión neste cole xa que o próximo curso estaremos noutro centro cursando a ESO. 32

Profile for Mª Esther Prieto Prieto

Pita Faladora  

Xornal do 3º trimestre

Pita Faladora  

Xornal do 3º trimestre

Advertisement