Issuu on Google+


CEIP Lamas de Abade

PLAN DE EVACUACIÓN

As principais vías de evacuación do Centro son: As horizontais: O edificio conta con tres saídas desde o corredor Central ao patio e á entrada principal do Colexio. As verticais: Dúas escaleiras que comunican as plantas superiores coa baixa, de uso habitual,

con

dous

tramos

de

chanzos

e

un

rellano

intermedio.

Os dous corredores centrais das dúas plantas son amplos, polo que se facilita o desaloxo e a circulación de varias filas á vez (En caso de necesidade). Estarán sinalizadas as vías de evacuación naturais e tamén as alternativas, con carteis que indiquen claramente a dirección do fluxo en caso de evacuación en forma de frechas de cores. A cada zona asignaráselle unha cor. As clases que correspondan ao mesmo circuíto de desaloxo terán a mesma cor e sinalizaranse cun círculo. Os alumnos de cada zona deben coñecer a súa cor e fluxo de desaloxo. Igualmente coñeceranse os lugares de concentración ou encontro tras saír do Centro en caso de evacuación. (Pista de arriba). O tempo máximo de evacuación de todo o Colexio non chega en ningún caso aos cinco minutos. O risco potencial máis significativo é o incendio e explosión da caldeira, aínda que non hai que descartar outras urxencias. O Director/a exercerá o mando en caso de urxencia de grave risco ou sinistro. En caso de ausencia do Director/a, substituiralle quen nese momento exerza a función. A avaliación do risco corresponde ao Director/a, ao Coordinador de seguridade e ao Conserxe, quen segundo os niveis de perigo apreciados, procederán a activar o Plan de Urxencia. Inmediatamente á declaración dunha urxencia o Director ou o Coordinador deberá dar o sinal de alarma e evacuación do Centro. O medio que se usará será a sirena. Daranse uns toques curtos

e intermitentes. Igualmente

preveranse

procedementos alternativos para casos de corte de fluído eléctrico (chifres, palmadas, etc.)

-2-


CEIP Lamas de Abade

Simultaneamente, realizaranse as oportunas chamadas de teléfono para requirir as axudas necesarias aos servizos de seguridade (bombeiros, policía local, garda civil, servizos sanitarios, etc.). Repartiranse responsabilidades para canalizar a evacuación de cada planta e anexos (Biblioteca, aula de Informática, etc.), de revisión das dependencias e de cortar a subministración de fluídos. Os Profesores da planta superior comprobarán que non queda ninguén na mesma nin na inferior antes de abandonar o edificio.

OBXECTIVOS

Ensinar aos alumnos a conducirse adecuadamente en situacións de urxencia.

Coñecer as condicións do edificio para conseguir a evacuación dunha forma ordenada e sen risco para os seus ocupantes, sen deteriorar o edificio nin o mobiliario escolar, debéndose realizar todo iso no menor tempo posible.

Mentalizar ao alumnado, aos seus pais e ao profesorado da importancia dos problemas

relacionados

coa

seguridade

e

urxencias

nos

Centros

escolares.

-3-


CEIP Lamas de Abade

INSTRUCIÓNS PARA O ALUMNADO EN CASO DE EVACUACIÓN •

Cada clase ou grupo manterase sempre unido.

Refugar as iniciativas propias, seguir sempre as indicacións do profesor.

Non recoller os efectos persoais nin o material de traballo.

Quen ao soar o sinal de alarma, se atope fóra da súa clase incorporarase rapidamente a esta, caso de estar cerca. Se o alumno estivese noutro lugar máis distante, agregarase ao grupo máis próximo, incorporándose logo ao seu cando chegue ao lugar de encontro.

Moverse con rapidez, pero nunca correr, empuxar ou atropelar.

Realizar as saídas en orde e silencio, actuando con solidariedade e sentido de mutua axuda.

Camiñar sempre en sentido do fluxo da evacuación, xamais se retrocederá.

Evitar deterse, en especial preto das portas de saída.

Todos os alumnos sairán polas portas que se lles indique e concentraranse no punto exterior que hai prefixado. En ningún caso marcharán deste.

As aulas da PLANTA BAIXA evacuarán da seguinte forma: o Aulas 1,2,3,4,5,6 e Biblioteca ao patio dianteiro pola porta 1 de acceso ao Colexio. o Aula de usos múltiples cara o patio traseiro pola porta 3.

As aulas da PRIMEIRA PLANTA evacuarán da seguinte forma: o Aula de música, aula TIC e aula 14 pola escaleira 1 cara o patio de atrás pola porta 3. o Aulas 7,8,9,10,11 e 12 pola escaleira 2 cara o patio de atrás pola porta 2.

As aulas da SEGUNA PLANTA evacuarán da seguinte forma: o Aulas 19 aula de audiovisuais, plástica, PT e Al pola escaleira 2 cara o patio traseiro pola porta 3. o Aulas 13,15,16,17,18 e Informática pola escaleira 1 cara o patio traseiro pola porta 2. -4-


CEIP Lamas de Abade

A Directora e o Coordinador responsable de seguridade actúan automaticamente, desenvolvendo o seu labor específico:  Avaliar o risco e exercer o mando.  Activar o Plan de urxencia.  Avisar aos servizos competentes.  Esperar aos profesores da planta alta para saír xuntos. O resto do persoal con responsabilidades especiais na evacuación, asumen estas: Apertura de portas do edificio e recintos, suspensión das subministracións de fluídos Conserxe, toma de extintores, no seu caso; os coordinadores de planta poranse nos seus postos,

axuda

especial

aos

alumnos

con

problemas

motorices

ou

funcionais, etc. Os alumnos abandonarán as súas pertenzas e material de traballo. Inician a evacuación os alumnos que estean na planta baixa, simultaneamente os alumnos que estean na planta superior baixan a escaleira e ao chegar á planta baixa proseguen a súa saída pola porta que teñen asignada. É preciso evitar aglomeracións en corredores, escaleiras. Recoméndase camiñar pegados ás paredes para deixar libre o centro da vía e, en caso de haber fume, marchar agachados. Cada profesor supervisa e controla os movementos dos alumnos ao seu cargo, evitando que queden atrasados ou se dispersen, dirixíndoos pola vía de evacuación ata o punto exterior de evacuación prefixado. Tenderase a non mesturar os alumnos de varias clases ou grupos para poder controlalos mellor. O Profesor, tras a saída do último ocupante de calquera aula ou dependencia, pechará as portas e fiestras, previa comprobación de que non queda ninguén dentro. O/os coordinadores, antes de abandonar o edificio, aseguraranse de que estean totalmente desocupadas todas as dependencias asignadas.

-5-


CEIP Lamas de Abade O persoal do centro, docente e non docente, intentará manter a calma momento,

en evitando

todo

condutas

que

denoten

tensión

nerviosa.

Ata a chegada dos servizos públicos de urxencia, se procede, verificaranse as incidencias e paliaranse as consecuencias das mesmas.

SIMULACROS

Polo menos unha vez por curso e, a poder ser no primeiro trimestre, realizarase un exercicio de evacuación do centro (previo coñecemento das persoas responsables do mesmo e os pais dos alumnos, aínda que non saiban o día e a hora concreta da súa execución) cuxos obxectivos serán: Comprobar os niveis de eficacia e operatividade, así como corrixir os fallos atopados no plan. Detectar insuficiencias ou carencias no edificio, así como os erros na execución. Constituír un principio de aprendizaxe na autoprotección.

FLUXO DE DESALOXO ALTERNATIVO

A previsión dalgunha posible eventualidade imprevista, por bloqueo dalgunha saída exterior da Planta Baixa, débense utilizar as restantes. Para iso, convén ter un Plan de desaloxo alternativo. En tal caso, canalizarase aos alumnos de acordo co circuíto marcado. FLUXO DE

-6-


CEIP Lamas de Abade

DESALOXO ALTERNATIVO DISTRIBUCIÓN DE FUNCIÓNS Mando da urxencia Director Coordinadora Xeral Xefe/a de Estudos Portas, corte de subministracións, extintores. Conserxe Coordinador de Planta Baixa Director e Conserxe Coordinador de Primeira Planta. Profe que estea na aula nº 7. Coordinador de Segunda Planta. Profe que estea na aula nº 13 Extintores Planta Baixa. Conserxe Extintores Primeira Planta. Profe aula 14 que o sustituia. Extintores Segunda Planta. Profe da aula 13 ou profe que o sustituia.

-7-


Evacua