Page 12

Plan de Convivencia

5. FUNCIONAMENTO DO SERVIZO:

1. Prodúcese o conflito 2. Identifícase 2 procedementos: •

Os usuarios acoden voluntariamente ó Departamento de Orientación e cumprimentan a “ficha de solicitude” escollendo á persoa mediadora.

A xefatura de estudios ofrece voluntariamente ós membros en conflito a mediación, sendo seleccionados pola coordinadora de mediación.

3. Procédese á Pre- mediación. Os mediadores/as cubren o “ Rexistro de mediación” e entrevístanse por vez primeira coas persoas en conflito para determinar a viabilidade do caso e recollerr información. 4. Mediación: realízanse as sesións necesarias. Os mediadores seguirán tomando notas na ficha “Rexitro de mediación”. No caso de chegar a acordos satisfactorios as partes asinarán a ficha “Rexistro de acordo para a mediación” . 5. Seguimento: revisión dos acordos e derivación, se é o caso.

6. MEDIACIÓN NAS NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

Ó Artigo 20 da Lei 4/2011, “Procedementos conciliados de resolución dos conflitos”, engádese: •

A mediación escolar pode utilizarse como estratexia preventiva, de reparación ou de reconciliación na xestión dos conflitos entre membros da comunidade educativa, sexan derivados ou non de condutas contrarias ás normas de convivencia.

O proceso de mediación pódese iniciar a instancia de calquera membro da comunidade educativa, xa se trate da parte interesada ou dunha terceira persoa, sempre que as partes en conflito o acepten voluntariamente.

IES Fin do Camiño - SERVIZO DE MEDIACIÓN

12

Protocolo de mediación  
Protocolo de mediación  

Protocolo de mediación

Advertisement