Page 1

! " # $

%


A TÚA ESCOLA DO FUTURO

! / 0 36 &

" #$% " "&" 1 1) $

' (

) * + ,+23 4"5

,+.

&

- Nenos, proxectade a visiomesas pola páxina 53 dos apuntes de xeografía. Xeografía? Nese intre a iluminación do aula cambiou, resultado de 30 rapaces activando nas súas mesas o modo de proxección de libros. As mesas convertéronse nun abrir e cerrar de ollos en libros virtuais. Fun pasando a man sobre a superficie da mesa ata chegar á paxina. Antigamente os nenos tiñan que ir cargados á escola con varios quilos de libros ás súas costas, pensei, agradecendo a existencia das visiomesas. Cun xesto da man ampliei o tamaño da letra do libro para ler mellor. Outro motivo para agradecer as visiomesas. Cando erguín a mirada unha bola de luz flotaba no medio do aula. Tratábase do hologlobo terráqueo. Unha imaxe holográfica da Terra, coas súas características cores azuis, verdes e marróns xiraba lentamente suspendida no aire. De repente algo lle sucedeu ao hologlobo. - Qué son esas liñas que aparecen no hologlobo? –Preguntei. - As fronteiras. Antigamente a Terra estaba dividida en países. Mirade, este foi un: Francia. -Unha zona do hologlobo resaltou e ocupou todo o espazo no que antes estivera a Terra. - Orixinalmente a Torre Eiffel que todos coñecedes era un símbolo de Francia. Sentíanse moi orgullosos dela. –A torre tamén apareceu flotando no aire ao lado de Francia. Trala sesión co hologlobo a clase rematou e volvín para casa. - Bos días Victoria. –Saudou o meu computador persoal cando entrei. Coma sempre que entraba no meu cuarto, alegrábame que recoñecese a miña cara. - Bos días, AC. Algún correo sen ler? – Preguntei. - Non, Victoria. - Ben. Busca información sobre Francia, por favor. AC resultaba ser unha axuda valiosísima. Esa voz feminina, tranquila e inalterable, proporcionaba respostas claras e concisas ás miñas preguntas da índole que fose. Jara Fontenla. 1º Bacharelato


Georges Louis Leclerc, conde de Buffon (1707-1788) foi un naturalista francés. As ideas de Buffon influíron ás seguintes xeracións de naturalistas incluíndo a Jean-Baptiste Lamarck e Charles Darwin. Buffon foi escollido membro da Academia de Ciencias Francesa á idade de 27 anos. Tamén foi Gardián dos Xardíns Reais (máis tarde Jardin deas Plantes) en París desde 1739. Durante este período transformou os xardíns reais nun centro de investigación e museo. En 1773 foille outorgado o título de Conde de Buffon. A obra máis soada de Buffon é a súa Historia natural, xeral e particular (Histoire naturelle, générale et particulière 1749-1788 ) presentada en 36 volumes con 8 volumes adicionais publicados á súa morte ( por Lacepede ). Esta obra engloba o coñecemento do mundo natural ata esa data.

Georges Louis Leclerc(1707-88), Conde de Buffon foi un célebre naturalista francés. Hoxe en dia o seu nome aparece moitas veces asociado a un problema denominado "A agulla de Buffon" que relaciona o número pi co lanzamento dunha agulla sobre unha superficie raiada. Buffon demostro que se lanzamos, ao azar, unha agulla de lonxitude L sobre unha superficie na que hai debuxadas liñas paralelas separadas unha distancia D, a probabilidade de que a agulla corte a unha liña é:

Material Necesario:

Unha superficie con liñas paralelas (Pode servir unha folla de papel sobre a que previamente debuxes varias liñas equidistantes ou un chan embaldosado) Unha agulla, escarvadentes ou obxecto similar, de lonxitude menor ou igual á distancia entre liñas (Para simplificar é conveniente que a distancia entre dúas raias coincida coa lonxitude da agulla)

Método:

Deixa caer, da forma máis aleatoria posible, a agulla sobre a superficie. Anota o número de tiradas e o número de veces que a agulla curta a unha liña. O cociente entre o número total de tiradas e o número de veces que a agulla curta a unha liña tende a /2. Parecerase máis canto maior sexa o número de tiradas.

Aquí tes un programa para simular o experimento da agulla de Buffon no teu ordenador: http://www.ciencianet.com/buffon95.zip . Dous applets simuladores do problema da Agulla de Buffon : http://mste.illinois.edu/reese/buffon/bufjava.html e http://library.thinkquest.org/C0110195/history/buffon_sp.html Se queres saber un pouco máis sobre o número : http://www.ciencianet.com/pi.html


Ada Augusta Byron foi unha matemática inglesa. Nacida o 10 de Decembro de 1815. Filla única e lexítima do poeta inglés Lord Byron e Annabella Milbanke Byron. Morreu o 29 de Novembro de 1852. É coñecida principalmente por escribir unha descrición da antiga máquina analítica de Charles Babbage. Actualmente é considerada como a primeira programadora, desde que escribiu a manipulación dos símbolos. Tamén prevía a capacidade das computadoras para ir máis aló dos simples cálculos de números.

Linguaxe ADA O 2 de Maio de 1979, elíxese a Linguaxe de Programación ADA, anunciado e patrocinado polo Departamento de Defensa dos EE.UU. en honra a Ada Augusta Byron. A historia, iníciase en 1974 cando o Ministerio de Defensa de EE.UU. propuxo unha nova Linguaxe de Programación que superase aos ata o momento utilizados (CMS-2E, CMS-2M, SPL/1, TACPOL,? entre outros).

O xogo de Ada Byron

ADA é unha linguaxe de alto nivel, a ser usado para acometer as necesidades especiais de programas militares nos chamados sistemas encaixados, nos que o computador é unha das partes fundamentais dun sistema maior; pero tamén, pódese seleccionar para unha variedade de aplicacións industriais e civís. É unha linguaxe extensa que engloba varios aspectos relacionados coa programación de sistemas prácticos. Os seus obxectivos e características máis notables son: 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7.

Lexibilidade. Tipado forte. Construción de grandes programas. Manexo de excepcións. Abstracción de datos. Procesamento paralelo. Unidades Xenéricas.

Consta dun taboleiro octogonal, como o da fotografía. Con 37 casas e 37 fichas colocadas nas casas. Debe quitarse unha ficha para poder comezar, e entón sáltase e córrese unha ficha Ana Heras Castro, 4º ESO. B


A primeira xeración de computadoras abrangue desde o ano 1946 ata o ano 1958, época en que a tecnoloxía electrónica era a base de bulbos ou tubos sen carga, e a comunicación era en termos de nivel máis baixo que pode existir, que se coñece como linguaxe de máquina.

As computadoras da segunda xeración xa non son de válvulas sen carga, senón con transistores son máis pequenas e consomen menos electricidade que as anteriores, a forma de comunicación con estas novas computadoras é mediante linguaxes máis avanzadas que a linguaxe de máquina.

Introducindo unha forma de programar que aínda se mantén nas grandes computadoras actuais. Isto é o que ocorreu en (1964-1971) que comprende da terceira xeración de computadoras: · Menor consumo de enerxía · Apreciable redución do espazo · Aumento de fiabilidade . Teleproceso · Multiprogramación Desde 1971-1988, dúas melloras na tecnoloxía das computadoras marcan o inicio da cuarta xeración: a substitución das memorias con núcleos magnéticos, polas de chips de silicio e a colocación de moitos máis compoñentes nun Chip: produto da micro miniaturización dos circuítos electrónicos.

Logo de tantas xeracións, os computadores de hoxe en día executan con maior exactitude, rapidez e de acordo ao indicado por un usuario ou automaticamente por outro programa, as accións que un desexa.

Converténdose nun obxecto imprescindible para as persoas.


As marabillas da ciencia ao alcance de toda a familia Os nenos que viven nesta casa queren coñecer mellor o mundo que lles rodea, entender por que as cousas son como son. Deciden converterse en pequenos exploradores. Cada aventura, acompañada dun sinxelo experimento que toda a familia pode realizar na súa casa, descubriralles algo novo, e daralles respostas a temas como estes: Como se escribe unha mensaxe secreta? Por que a carie nos estrága os dentes? Como se pode mover facilmente un obxecto moi pesado? Por que os globos voan? Por que hai cousas que coa calor aumentan de tamaño? Como dixerimos a comida? Por que fan música os instrumentos? Que pasa cando colocamos dúas culleres debaixo dun chorro de auga? Pódese construír unha porta para o gato que se abra só cando fai bo tempo? Como se constrúe un compás? Por que o arco da vella ten tantas cores?... Colección Ariel. 205 páxinas, formato de 16 x 24 cm, encadernado en tapa dura. Precio: 19´90 €. ISBN: 978-84-344-5397-5. O libro esta escrito por Joachim Hecker , as ilustracións son de Sybille Hein e a tradución, ao español, é de Sandra del Molino. No se prólogo asegúrase:: “Os nenos Carla, Luisa e Vicente e o gato Bilobón vivien na casa dos pequenos exploradores. Unha noite espertáronlles os queixumes dun elefante con dor de moas. Lograron aliviar ao paquidermo dos seus males e explicaron cun experimento por que se forman carie nos dentes. Os nenos son curiosos por natureza e estan ansiosos por saber. Queren entender e aprender sobre o mundo que lles rodea. Cada unha das historias narradas trata sobre un fenómeno concreto e termina co seu correspondente experimento, que se pode levar a cabo con materiais sinxelos e aclara conceptos físicos, químicos, biolóxicos ou técnicos. Os variados experimentos ofrecen propostas para que cos teus fillos averigüedes o "por qué?" e o "como?" de moitos fenómenos da natureza.”.


!!" Máis superconductores: Este ano, investigadores chineses e xaponeses crearon un novo tipo de superconductor a base de compostos de ferro que non opón resistencia ao paso da electricidade a unhas temperaturas consideradas "altas" polos expertos en superconductividade: 217 graos baixo cero. A procura dun material case máxico na que as perdas de transferencia de enerxía sexan nulas continúa impulsando esta carreira cara a un futuro só posible para a ciencia ficción. A marca está nuns compostos de cobre que son superconductores a -138 graos baixo cero, descubertos no ano 1996.

A doutora Elena Bodnar mostra o sostén que se transforma en máscara de gas.

Os enxeñeiros que inventaron un sostén que se converte en máscara de gas, os científicos que aseguran que as vacas bautizadas dan máis leite e os patólogos que determinaron que as botellas de cervexa poden partir un cranio ata estando baleiras, encabezaron a lista de distinguidos este ano cos irónicos premios Ig. Nobel, uns galardóns que a revista humorística Annals of Improbable Research (AIR) concede desde 1991 aos estudos científicos máis insólitos.

23-Novembro-2007: Os Científicos descubriron restos dun prehistórico escorpión, o seu tamaño era superior ao dun home. Viviu hai entre 460 e 255 millóns de anos. (Foto: Simon Powell)

Estes premios, que reciben o seu nome por Ignatius, o irmán ficiticio de Alfred Nobel, entregáronse con todas as honras na Universidade de Harvard, sede habitual da gala. Unha das investigacións que máis chamou a atención é a que se alzou co trifuno en Saúde Pública. A doutora Elena Bodnar e os seus colegas de Hinsdale, Illinois, crearon un sostén que pode converterse rapidamente nun par de máscaras de gas, unha para a usuaria e a outra para algún necesitado. Bodnar asegurou que o seu invento resultase moi útil durante os ataques terroristas do 11 de setembro.


Encontro entre dous amigos Dous matemáticos rusos atópanse nun avión : "Se non recordo mal tes 3 fillos, que idade teñen agora?", Pregunta Iván. "Si, teño 3 fillos. O produto das súas idades é 36, e a suma das súas idades é exactamente a data de hoxe", responde Igor. "Síntoo Igor, pero iso non me di a idade dos teus fillos", di Iván transcorridos un ou dous minutos. "Oh, esquecín dicircho. O meu fillo menor é pelirroxo". "Ah, agora esta claro. Agora sei exáctamente a idade dos teus fillos", conclúe Iván. Cómo calculou Iván a idade dos fillos de Igor?

Estima visualmente, pero sen facer ningún cálculo, que é maior, a circunferencia do vaso ou a súa altura? Este problema foi inventado por Eduard Lucas, un famoso matemático do século XIX. Cada día ao mediodía, un barco sae de Vigo con dirección a Bos Aires e outro barco parte de Bos Aires con dirección a Vigo, exactamente á mesma hora. A viaxe dura sete días e sete noites. Cantos barcos de Bos Aires a Vigo atoparán o barco de Vigo a Bos Aires que parte hoxe?

Profile for Escola Rosalía de Castro

Faisca14  

A TÚA ESCOLA DO FUTURO - Orixinalmente a Torre Eiffel que todos coñecedes era un símbolo de Francia. Sentíanse moi orgullosos dela . D...

Faisca14  

A TÚA ESCOLA DO FUTURO - Orixinalmente a Torre Eiffel que todos coñecedes era un símbolo de Francia. Sentíanse moi orgullosos dela . D...

Advertisement