Issuu on Google+

Fonte: www.muyinteresante.es

A silueta da Península Ibérica aparece perfectamente definida nesta fotografía tomada dende a Estación Espacial Internacional, na que destaca a iluminación das capitais de ambos os dous países, Madrid e Lisboa. Sobre o horizonte terrestre obsérvase a tenue liña verde de luminiscencia atmosférica causada pola radiación ultravioleta cando esta excita as moléculas de gas presentes na atmosfera superior.

1


Xa imos pola décima edición da Semana Matemática de Vigo que este ano pasou a chamarse IMA+XINA. Como cada ano fixemos talleres para que os rapaces da nosa e outras escolas descubran outro xeito de achegarse as matemáticas. Xunto cos talleres houbo unha nova edición da LIGAMATS onde grupos de estudantes de diferentes idades enfrontáronse a una serie de retos que tiñan que resolver de un xeito colaborativo. Este ano temos que felicitar a todos os noso estudantes xa que quedaron moi ben clasificados en todas as categorías. Este ano propuxemos aos estudantes, pais, profesores e todo aquel que collemos por diante facer unha Esponxa de Menger de nivel catro. Para iso cada un tiña que facer un nivel un, aunque moitos deles fixeron máis de vinte. O resultado de tanto traballo pódese apreciar na paxareira onde temos a esponxa exposta.

Para que os pais poideran gozar dalgúns dos talleres de IMA+XINA, durante a festa da escola alumnos de primeiro e segundo da ESO prepararon na aula de Pitágoras unha pequena selección dos talleres de IMA+XINA e fixeron de profesor para todo aquel que pasou por alí. 2


Plantas medicinais coa “Farmacia Natural” (Fonte: http://blogs.voznatura.es/escolarosaliadecastro/)

En 1º da ESO comezamos unha nova andaina científica. Os nosos cativos están a “apadriñar” e coidar dunhas sementes de plantas descoñecidas… Ao longo destes meses deberán conseguir que a súa semente vaia adiante para que a planta se desenvolva e así poder identificar cada unha das distintas especies. Temos en total 23 plantas medicinais diferentes. Unha vez identificadas tocará investigar sobre as súas diversas propiedades terapéuticas. Así que… ánimo rapaces! A ver cantas conseguimos sacar adiante entre todos! Polo de agora, e rapidamente, xerminaron as plántulas nº 18 e nº 15 de 1ºA… pero que serán? Toca esperar e indagar.

A Primavera chega á Escola Continúa a andaina! E os resultados non poden ser mellores: case tódalas sementes xerminaron e as plantas están a desenvolverse a bo ritmo. Dentro de moi pouco tentaremos identificalas e investigaremos sobre as súas propiedades medicinais. Que planta teredes entre as vosas mans, chic@s? A pesar de que algún xa se aventurou, inda hai moita incerteza nos rostros! … que serán, serán…… Algunha proposta máis?

Pero que serán! Malabarismos na Farmacia Natural. Pois chegou a recta final deste proxecto. Nela:  Debuxamos as nosas plantas para fixarnos ben nos seus detalles.  Identificamos as plantas medicinais.  Construímos a horta vertical.  E realizamos un pequeno libro, entre todos, coas propiedades medicinais de cada plantiña! Agora, só queda coidalas para que nos dean o mellor de si. Rematamos!

3


As matemáticas tamén mente, ou non? Chegamos ao final do curso, chegan as notas e oh, oh.... problema, en lingua non estudei o suficiente e saquei un 3 na nota final do curso. Menos mal que se me dan ben as matemáticas e podo converter o suspenso (3) nun ben (6), como? Moi doado, vou coa miña profe de lingua e explícolle o seguinte:  A miña nota é un tres:

n=3 n2=3n

 Se multiplico os dous lados da igualdade por "n" obteño:  Se lle resto aos dous lados da igualdade 9 obteño:

n2-9=3n-9

 Se saco factor común no termo da dereita obteño:

n2-9=3·(n-3)

 Como xa estou na E.S.O. e coñezo as identidades notables:

(n+3)·(n-3)=3·(n-3)

 Se simplifico o (n-3) que teño en ambos os dous lados da ecuación:  Como no 1º paso dixen que n=3, substitúo n polo seu valor e...sorpresa:

(n+3)=3

6=3

Obviamente enganeite, busca o erro que nos levou a tan estraño resultado

Unha enquisa enigmática Un enquisador afeccionado ás matemáticas chama á porta dunha casa e pregúntalle á muller que lle abre a porta, tamén afeccionada ás matemáticas: Estamos a facer un estudo sobre as idades dos nenos do barrio, sería vostede tan amable de dicirme o número de fillos que ten vostede e as súas idades correspondentes? A señora, con amabilidade, respóndelle: Teño tres fillos, O produto das súas idades é 36 e a suma é igual ao numero da casa. O enquisador recrimínalle que aínda non lle dixo as idades dos nenos, a muller pensa e lle di: O maior xoga ao tenis. O enquisador que xa ten a información que buscaba dá as grazas e vaise.

Saberías dicirme o número da casa na que vive a señora?

4


As matemáticas dun ignorante Hai anos encontreime cun alumno que me confesou que só sabía multiplicar e dividir por dous, eu expliqueille que tamén debía aprender as táboas de multiplicar do resto de números, ao que me contestou que non lle facía falta, que co que el sabía xa podía facer rapidamente calquera multiplicación mesmo de números de dous e tres cifras.

Pedinlle entón que mo demostrase multiplicase 87 por 35, o colleu unha folla de papel e empezou a facer os seus cálculos: 

A metade de 87 é 23 non é así?

 Equivócaste, replíquelle, é 43,5 

Xa, pero os decimais non serven para nada así que non os poño, contestoume.

Seguiu dividindo o numero obtido obtendo os seguintes resultados:

87 43 21 10 5 2 1

A continuación colleu o 23 e foino multiplicando por dous, situando os resultados debaixo dos números obtidos anteriormente.

87 43 21 10

5

2

1

23 46 92 184 368 736 1472 Unha vez completada a táboa dixo que os números pares non eran de fiar e riscou todos os números pares da fila de arriba xunto cos números situado inmediatamente debaixo.

87 43

21 10

5

2

1

23 +46 +92 184 +368 736 +1472 =2001 Finalmente sumo os números non riscados da fila da abaixo e díxome:

87x23=2001 Multiplica os dous números que queiras e comproba se o método funciona

5


Frases célebres de Albert Einstein (Fonte: http://www.proverbia.net)

 Todos somos moi ignorantes. O que acontece é que non todos ignoramos as mesmas cousas.  Se buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo.  Hai dúas cousas infinitas: o Universo e a estupidez humana. E do Universo non estou seguro.  A memoria é a intelixencia dos parvos.  Triste época a nosa! É máis doado desintegrar un átomo que un prexuízo.  O azar non existe; Deus non xoga aos dados.  Non gardes nunca na cabeza aquilo que che caiba nun peto.  Educación é o que queda despois de esquecer o que se aprendeu na escola.  Non entendes realmente algo a menos que sexas capaz de explicarllo á túa avoa.  Cada día sabemos máis e entendemos menos.  Non sei con que armas se loitase na terceira Guerra Mundial, pero si sei con cales o farán na cuarta Guerra Mundial: Paus e mazas.  Dar exemplo non é o principal xeito de influír sobre os demais; é o único xeito.  Nunca consideres o estudo como unha obriga, senón como unha oportunidade para penetrar no belo e marabilloso mundo do saber.

6


Lise Meitner, muller e xudia na Alemaña nazi (Fonte: http://www.elconfidencial.com)

Lise Meitner reunía tres características que eran inconvenientes na época que lle tocou vivir, principios do século XX: era muller, xudía (aínda que máis tarde se transformou ao protestantismo) e austríaca. Aínda así, o seu empeño incansable por estudar e investigar levouno a participar no descubrimento da fisión nuclear, ademais de investigar a teoría atómica e a radiactividade. Non obstante, unha vez máis, a súa achega foi ignorada á hora dos recoñecementos e foron outros os que recibiron o correspondente premio Nobel. Nacida en Viena en 1878, Meitner tivo que deixar os estudos aos 14 anos, como acontecía a todas as rapazas en Austria. Cando cumpriu 21, non obstante, as mulleres xa eran admitidas nas universidades, así que dedicou un par de anos a preparar os exames de ingreso. Era brillante en matemáticas e física, e doutorouse en 1906. Escribiu a Marie Curie para ir ao seu laboratorio a traballar, pero alí non había sitio, así que se trasladou a Berlín, onde colaborou con Otto Hahn na análise dos elementos radiactivos. A súa condición de xudia, non obstante, obrigábaa a traballar no soto e non podía acudir a moitas conferencias nin leccións. Seguiu colaborando con Hahn mesmo despois de ter que fuxir a Suecia en 1938 debido ao ascenso do partido nazi. Cando Hahn descubriu que os átomos de uranio se dividían ao ser bombardeados con neutróns, ela calculou a enerxía liberada no proceso, e chamou ao fenómeno fisión nuclear. Este proceso foi a base sobre a que se desenvolveu anos despois a bomba atómica, aínda que Meitner non cría que debese sentirse culpable por iso. "Non" se pode culpar "os científicos polo uso que os técnicos da guerra dan aos nosos descubrimentos". Este logro valeulle a Hahn o Nobel de Química en 1944, pero os descubrimentos de Meitner foron pasada por alto. Non obstante, recibiu outros recoñecementos: o elemento 109 da táboa periódico recibiu na súa honra o nome de Meitnerio.

7


UNH A PANTASMA ENCERRADA NUNHA BOTELLA? Material: - 1 botella de plástico - 1 luva de látex - tesoiras

- 1 arandela metálica (contrapeso) - rotulador permanente - auga

Como facer?: - Corta un dedo da luva e decórao co rotulador a modo de pantasma. - Introduce, pola parte aberta do dedo de luva, a arandela metálica (pode ser memso dun vello caderno de debuxo) a modo de contrapeso. - Enche a botella con auga e introduce a “pantasma” caseira. Para que o experimento vaia adiante, asegúrate de que ao boneco lle quedou dentro a cantidade de aire suficiente para poder flotar, emerxendo un pouco sobre a auga da botella. - Pecha a botella co seu tapón e... aperta e desaperta a botella: conseguiches que a túa pantasma cobrara “vida”? Explicación: O coñecido “principio de Arquímedes” ten parte da explicación do acontecido!: A túa pantasma flota inicialmente debido a que o seu peso queda compensado pola forza de empuxe exercida pola auga, da mesma intensidade co peso pero con sentido contrario. Cando apretas a botella, co tapón posto, estás a comprimir o aire que quedou dentro desta e da pantasma, de xeito que unha maior cantidade de auga entra no boneco; o seu peso aumenta e por iso a pantasma afunde. Cando deixas de apertar acontece xusto o contrario: o aire expande e a auga sae da pantasma polo que esta perde peso e ascende. Deste xeito, apertando e afrouxando, podes controlar a flotabilidade da túa pantasma no interior da botella!

8


Faísca27