50 anos en papel 1961-2011

Page 56

o interés do neno se focaliza a unha parte específica do seu ambiente. Estas sensibilidades que o neno desenvolve normalmente, axudan a adquirir as características necesarias para o seu desenvolvemento como adulto. Elementos que se utilizan para levar a cabo a metodoloxía Montessori: O ambiente preparado Refírese a un ambiente que se organizou cuidadosamente para o neno, para axudarlle a aprender e a medrar. Este ambiente está formado por dous factores: (a) a contornae (b) o material, preparado dun xeito tal que desenvolvan nel as partes social, emocional, intelectual, a comprobación e necesidades morais dun neno, pero tamén que satisfaga as necesidades de orde e seguridade, xa que todo ten o seu lugar apropiado. Características dun ambiente preparado - Proporcionado: ás dimensións e forzas do neno. - Limitado: en cuanto a que o mesmo ambiente dirixa ao neno cara ao coñecimento e o axude a ordenar as súas ideas e aclare a súa mente. - Sinxelo: na calidade das cousas e na liña das formas. Elemental, debe haber o suficiente e o necesario. - Delatador do erro: o poder darse conta do erro leva ao neno a un razonamento cada vez maior, podendo medir as consecuencias das súas accións. - Lavable: para que o neno poda manter limpo e cuidado o ambiente.

56


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.