Page 1

AF NEWSLETTER GA.FH11 15/12/08 09:36 P gina 1 C

M

Y

CM

MY

CY CMY

K

nforma

Nº 4 - Decembro 2008 www.eroski.es

B ole t ín e xc lus ivo pa ra líde r es d e o p i n i ó n

editorial

A xestión de procesos, panca para a excelencia. Unha empresa é tan eficiente coma os seus procesos transversais de negocio e tan dinámica coma as súas persoas. Esta dualidade social e empresarial forma o principal paradigma do noso modelo de xestión. Fai tempo, en EROSKI emprendémo-lo camiño cara a transversalidade na xestión, coa convicción de que nos aportaría suficientes elementos diferenciais para competir nun mercado cada vez máis esixente, duro e global. Levamos xa anos

SOMOS CADA VEZ MÁIS EFICIENTES, CUNHA VISIÓN MÁIS TRANSVERSAL E GLOBAL E CON SOLUCIÓNS MÁIS INTEGRAIS.

Agustín Markaide Director Xeral de EROSKI

traballando con esta orientación, que foi evolucionando no tempo e permitiunos que a nosa empresa alcanzara a xestión integral de procesos.

Os resultados deste modo de traballar afectan a aspectos coma a eficiencia, simplificación de procesos, redución de custos, redución de tempos para

Composici n

incorporar novos produtos, resolución de incidencias e un largo etcétera. E, como non podía ser doutro xeito nunha empresa co slogan ‘contigo’, co cliente, centrámonos nos procesos máis relacionados coa súa satisfacción e experiencia de compra, os que máis valor lle aportan.

Somos cada vez máis eficientes, acometémo-los proxectos cunha visión máis transversal e global e ofrecemos solucións máis integrais, aínda que sabemos que o recorrido aínda é longo e a apaixonante viaxe da mellora non rematou.

Neste recorrido, cremos que as certificacións de calidade independentes xogan un papel interno relevante, verifican os avances relativos e animan ós equipos a ir máis lonxe. Así, desde fai anos, algunhas actividades de EROSKI actúan coma lebres internas, coma referentes, e sométense ó veredicto de certificadores externos.

Por iso, énos moi grato recibir unha vez máis o recoñecemento de Euskalit, a prestixiosa Fundación

Vasca para a Calidade. Nesta ocasión, a nosa Plataforma de

A NOSA PLATAFORMA DE PRODUTOS FRESCOS LOGROU A Q DE OURO E EROSKI/VIAXES A Q DE PRATA. Produtos Frescos logrou a Q de Ouro e EROSKI/viaxes a Q de Prata. En ambos casos, trátase de galardóns significativos á calidade da xestión. A Q de Ouro ás Plataformas de Frescos é o premio á coherencia, ó inconformismo e á evolución permanente, pois xa lográramos a Q de Prata fai catro anos. E con EROSKI/viaxes, o noso primeiro negocio integral en recibir este recoñecemento, convertémonos en pioneiros xa que é a primeira empresa do sector que recibe este galardón.

Como dicía, o camiño é l o n g o, p e r o estes e outros recoñecementos indícannos que tomámo-la ruta correcta.


AF NEWSLETTER GA.FH11 15/12/08 09:36 P gina 2 C

M

Y

CM

MY

CY CMY

K

noticias Abrímo-lo novo Parque Comercial Almenara en Murcia A apertura en novembro do novo centro en Lorca (Murcia), cunha inversión de 170 millóns de euros, permitiunos xerar 160 postos de traballo directos e 1.500 indirectos para os 160 comercios instalados no mesmo. Así, completámo-la previsión de sete aperturas de hipermercados para 2008. A inauguración deste novo centro en Lorca, con máis de 8.000 metros cadrados de sala de ventas, fortalece a nosa presencia na Comunidade de Murcia, onde xa posuímos 26 establecementos.

EROSKI asóciase con Topland para xestiona-los seus hipermercados en España Recentemente, creamos, xunto con Topland, unha “joint venture” para xestionar 12 dos nosos hipermercados en España, por un valor aproximado de 361 millóns de euros. Esta operación é a máis importante de sale & leaseback (acordo de arrendamento financeiro) do sector que se produciu en España e forma parte dunha maior que ten coma obxectivo 1.000 millóns de euros. Mediante esta operación, que constitúe un éxito moi destacable dado o actual clima financeiro, liberamos capital dos activos inmobiliarios sen perdelos. Coa xestión en réxime de arrendamento a longo prazo, potenciámo-la liña estratéxica de inversións sostidas que xa superaron os 1.200 millóns de euros nos dous últimos anos.

Apoiámo-lo sector agroalimentario rexional Continuamos estreitando lazos co sector agroalimentario rexional. Firmamos un convenio co Goberno de Aragón para promove-la produción alimentaria de Aragón. O acordo comprométenos á sostibilidade deste sector e a potencialas ventas e presencia de produtos aragoneses na nosa rede de tendas. Para iso, manterémo-las actuais colaboracións para comercializar algúns produtos da rexión, coma a Indicación Xeográfica Protexida de Año de leite de Aragón, e incorporaremos outros, coma o melocotón con Denominación de Orixe de Calanda, que formará parte da gama Eroski NATUR. Na mesma liña, traballamos co Goberno de Navarra, co que acordamos, na recente visita á nosa Sede, continuar estreitando lazos e apoiando os produtos navarros.

Participamos no XXVI Congreso Nacional de alergoloxía da SEAIC O noso Departamento de Calidade participou no Congreso Nacional da Sociedade Española da Alergoloxía e Inmunoloxía Clínica que tivo lugar en Bilbao en novembro. A Responsable da Unidade Analítica de Química de EROSKI, Jaione Pagalday, colaborou coma prescritora co seu relatorio sobre a alerxia alimentaria e a industria: Etiquetado e seguridade. Nel, facía referencia ás políticas de acción de EROSKI ó respecto, coma as revisións exhaustivas dos produtos e etiquetados ou as auditorías de homologación e seguimento a provedores para, así, cumprí-la nova lexislación vixente ó respecto.

2

Composici n

Nº 4 - decembro 2008 • eroski_informa@eroski.es


AF NEWSLETTER GA.FH11 15/12/08 09:36 P gina 3 C

M

Y

CM

MY

CY CMY

K

en profundidade

Avanzamos na autoxestión dos equipos Coma cooperativa de socios traballadores e consumidores, en EROSKI sempre primou o concepto de participación das persoas, xa fora na propiedade, nas decisións ou na xestión. Para afondar nese modelo de empresa naceu o proxecto PARET (Participación Efectiva no Traballo), un modo de funcionamento innovador que permite ós traballadores ser máis autónomos e ter maior poder de decisión.

Este modelo baséase na creación de equipos de xestión que, seguindo o principio da autoxestión, definen e comparten obxectivos, detectan problemas e formulan posibles solucións. Así, desenvolven as súas labores de maneira independente e crean un sistema de traballo máis participativo, no que se r e d e f i n e n o s r o l e s , m e l l o ra a c o m u n i c a c i ó n , d e s e nv ó l v e s e a competencia e implántanse novas ferramentas de xestión.

Desde que comezara este proxecto en 2006, en seis centros coma proba piloto, consolidouse coma un modelo de éxito e de referencia e, actualmente, 404 tendas e 20.833 persoas integraron no seu día a día este novo modo de traballar.

O primeiro balance da aplicación deste modo de xestionar equipos arroxa resultados moi positivos. A implicación dos equipos e a súa xestión máis directa no devir da empresa permitiu mellora-los resultados dos centros. Ademais,

tamén aumentou a satisfacción dos clientes, que son atendidos por traballadores máis motivados e con maior autonomía para resolve-los seus problemas e demandas. En definitiva, con PARET, sumar, multiplica.

AUMENTÁMO-LA SATISFACCIÓN DOS CLIENTES QUE SON ATENDIDOS POR TRABALLADORES MÁIS MOTIVADOS E CON MAIOR AUTONOMÍA.

É UN MODO DE FUNCIONAMENTO INNOVADOR QUE PERMITE ÓS TRABALLADORES SER MÁIS AUTÓNOMOS.

Nº 4 - decembro 2008 • eroski_informa@eroski.es

Composici n

3


AF NEWSLETTER GA.FH11 15/12/08 09:36 P gina 4 C

M

Y

CM

MY

CY CMY

K

responsabilidade social corporativa

>>> Unidos pola integración sociolaboral das persoas discapacitadas Acabamos de firmar con Fundación ONCE un convenio polo cal incorporaremos ó noso cadro de persoal a 150 persoas con discapacidade nos próximos catro anos. Fundación ONCE colaborará na formación, selección e seguimento dos posibles candidatos que se incorporarán en termos de competitividade e en condicións laborais de mercado.

INTEGRACIÓN SOCIOLABORAL

O acordo tamén prevé iniciativas de comunicación para sensibilizar á sociedade sobre a integración das persoas con discapacidade.

>>> Infoxogo, a asesoría pedagóxica do xoguete Un ano máis, chega Infoxogo, a veterana asesoría pedagóxica do xoguete de EROSKI para orientar ós consumidores ante a compra de videoxogos, xoguetes e teléfonos móbiles. Con Infoxogo, respondemos desde fai máis dunha década á crecente demanda informativa dos adultos en torno ós xoguetes e, particularmente, ós videoxogos debido á súa ampla oferta, e á multitude de versións dispoñibles no mercado e ás dúbidas sobre o seu contido. Á asesoría pódese acceder nos nosos hipermercados EROSKI, mediante Internet (www.eroski.es/es/infojuego), por teléfono (902 540 846) e por correo electrónico (infojuego@eroski.es).

>>> Recoñecida a labor de CONSUMER EROSKI a favor do consumo sostido A Fundación Doñana 21 outorgou o X premio ó Desenvolvemento Sostible na súa modalidade de Internet ó Canal de Medio Ambiente de CONSUMER EROSKI, por ser un medio de comunicación comprometido co consumo sostible e sensibilizado coa redución do impacto medioambiental. CONSUMER EROSKI foi o único medio que conseguiu este premio polo conxunto do seu traballo e non por unha información en concreto.

>>> Inmellorable balance do uso de bolsas reutilizables

1.250.000 bolsas tradicionais non utilizadas.

O resultado do proxecto piloto para ofrecer alternativas ó uso de bolsas tradicionais de plástico non pode ser mellor: evitámo-lo uso de 1.250.000 bolsas de plástico. Desde o pasado mes de xuño catro tendas de Biscaia ofrecen ós clientes a posibilidade de utilizar bolsas reutilizables. Pero o realmente novo da iniciativa é que premiamos ós clientes que non consumen bolsas tradicionais. Así, descontamos 0,05 euros do importe total da súa compra e, ó mesmo tempo, doamos esa mesma cantidade por cliente a WWF/Adena.

Nº 4 - decembro 2008 • eroski_informa@eroski.es

Composici n

Eroski Informa GA Dic 2008  

Boletín exclusivo para líderes de opinión

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you