Issuu on Google+

PUBLICACIÓN DO OBRADOIRO DE XORNALISMO DO IES «CONCEPCIÓN ARENAL» DE FERROL MAIO DE 2012, Nº 24. PREZO: 1 €

Subvenciona: Dirección Xeral de Política Lingüística


NÚM. 24. Curso 2011/12 INTEGRANTES DA REVISTA DIRECCIÓN, COORDENACIÓN E REDACCIÓN Manuel Rei Romeu Elvira Roiz Mesías

Editorial

DESEÑO E MAQUETACIÓN Elvira Roiz Mesías ALUMNADO Iñaki Beceiro Cillero Laura Vizoso Allyson Mejía Erea Vaamonde Claudia Tenreiro Garrote Sergio Grandal Aaron Corral Martín Valerio Alejandro Castro Jorge Rodríguez Ignacio Díaz Rey Alejandro Rodríguez Arias Mario Alonso Saavedra Alejandro García Parapar Laura González Vilar Sandra Guerrero Rodríguez Juan J. Espiñeira Vara Anxos Fernandez Aneiros Leticia Cartelle Cobo Antía Grueiro Cheda Lara Veiga Ramón Sixto Tomás Mucientes Roque Bescós Beceiro Irene Castro Marta Castro Andrea García Cristina Teijeiro Noa Castro Lara Castro Cristina Casal PROFESORADO COLABORADOR: Faustino Seco Fernando Lamela Amparo Martínez Ana Dopico Cruz Pena Manuel Pazo María José Campello Norma Fariña Pilar Otero Xan Mosquera

NÚMERO

FÓRA DE PORTAS 24 ANO 2012

FÓRA DE PORTAS, PUBLICACIÓN PERIÓDICA DO IES "CONCEPCIÓN ARENAL" DE FERROL

"No sé si el mundo está al revés o estoy yo cabeza abajo"

AGRADECEMENTOS Persoal de Secretaría Persoal de Conserxería

Sumario

TIRAXE 250 exemplares IMPRIME Imprenta SAN ESTEBAN, Perlío-Fene EDITA Obradoiro de Xornalismo do IES "Concepción Arenal" ENDEREZO IES "Concepción Arenal". Cuntis, nº 1. Ferrol DEPÓSITO LEGAL: C-1872-2008 Advertencia: Fóra de Portas non comparte necesariamente –aínda que as respecta– as opinión aparecidas nas páxinas deste número. (Por suposto, tampouco compartimos moitas opinión recollidas noutras revistas e xornais). Pérmitese a reprodución sempre que se citar a fonte. Peche de edición: Maio de 2010

EDITORIAL E SUMARIO

SOCIEDADE: O PECADO NEFANDO?

UNHAS PALABRAS PARA ANDRÉS, O BEDEL

AXENDA 21: CONFINT-GALICIA

ENTREVISTA A EREA VAAMONDE

CIENCIA: OS DESCUBRIMENTOS CIENTÍFICOS MÁIS IMPORTANTES DE 2911

ENTREVISTA A GUILLERMO VIZOSO HOMENAXE A PAZ ANDRADE HOMENAXE A RODOLFO UCHA

ENTREVISTA A ANTÓN VARELA LIBROS PARA NON NOS PERDER

RECUNCHO LITERARIO

DEPORTES: ESTUDIABAANTES, PREMIO TORNEO DE VOLEIBOL

DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: MARCOS CALVEIRO NO CENTRO

PASATEMPOS

DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: RETALLOS DE LINGUA PROXECTO COMENIUS

DESPEDIDA DE COMPAÑEIROS BRINCADEIRAS LEMBRAMOS A CELSO EMILIO FERREIRO


"A N D R É S"

MANUEL REI E ELVIRA ROIZ

Barbarroja si que é un home / Barbarroja si que impón


Claudia Tenreiro Garrote 1ยบB ESO


Allyson Mejía e Laura Vizoso, ( 1º B da ESO)

Na imaxe de arriba, Guillermo Vizoso; abaixo, os seus músicos preferidos: o guitarrista e o cantante Angus Young (fundador e principal guitarrista do grupo australiano AC/DC) e Sammy Haggar, guitarrista, cantante e compositor californiano de orixe libanesa.


Valentín

Paz-Andrade manuel rei romeu

VALENTÍN PAZ ANDRADE (Lérez, Pontevedra, 1898 - Vigo,

1987). Avogado, político galeguista, economista, periodista, poeta, ensaísta, viaxeiro, cronista de guerra, empresario. O seu carácter polifacético, obstinado, dinámico e emprendedor definiu a este home "supervivinte" que superou dúas guerras, prisión, dous consellos de guerra, accidentes, atentados... Animoso e incansable, uníu o amor pola cultura galega ao desenvolvemento económico do País. Abaixo, fragmento da portada do diario "Galicia" e foto de Paz- Andrade con Castelao -á esquerda- na estación vella do ferrocarril en Pontevedra.


Rodolfo Ucha

JORGE RODRÍGUEZ (2º B BACH.)

RODOLFO UCHA PIÑEIRO (1882-1981) foi un dos principais arquitectos galegos da primeira metade do século XX.

Desenvolveu case toda a súa obra na cidade de Ferrol, da que foi arquitecto municipal. A súa obra divídese en varias etapas, das cales a máis importante e a súa época modernista. Dentro das obras deste período atópanse A Fonda Suíza, a Casa Pereira 1, a Casa Pereira 2, a Peixaría, a Casa Romero, o edificio de O Correo Gallego, a Casa Brañas...

EL CORREO GALLEGO Magdalena, 186 Construción: 1912

Ucha -nas imaxes- naceu en Vigo en 1882. Á morte do seu pai, trasladouse coa súa nai a Ferrol, onde realizou os seus primeiros estudos.

CASA BRAÑAS Rúa Real, 125 Construción: 1913

FONDA SUÍZA. Rúa Real, 134 Construción: 1913-1916

PEIXARÍA DO MERCADO Rúa Igrexa, s/n. Construción: 1923

CASA ROMERO Rúa Concepción Arenal, 1 Construción: 1909-1010 Ático engado en 1940


Cobran o teu diñe iro coa escusa dos

im Déixannos sen m postos. oe non estamos disp deiro; ostos.

Estou algo amolado de tanta hipocresía, tennos atoleirados a maldita burguesía. As súas leis primitivas están en contra dos comunistas porque presentan alternativas á enorme crise capitalista. E teñen a caradura de chamarlle democracia á evidente ditadura dos que visten traxe e gravata. Neste mundo consumista onde só importa a imaxe gobernan imperialistas e xente morre de fame. Fan moitísimas promesas que non demostran con feitos xa que ao pobo non lle pesa que violen os seus dereitos. Non son máis que mercenarios en busca da súa fortuna que abusan dos proletarios e sen compaixón ningunha.

d

Prometen moita e parece que no s cousas Non prometen m n cumpren. pero falan e nosoitas mozas, confunden. Prohiben cousa trátannos como a s varias os Mentres eles des parias. entre o diñeiro q frutan ue furtan.

A moita xente gústalle aparentar,

aínda que por iso teña que esfamear; o caso é ir ben vestido aínda que por dentro vaias consumido. Que fermoso é parecer o que de verdade che gustaría ser! Non se saben adaptar ao que son en realidade; só saben semellar que son ricos de verdade Que fermoso é parecer o que de verdade che gustaría ser! Eles só queren gozar case sen ter con que pagar: é así a súa maneira de vivir, aínda que dean ganas de rir. Que fermoso é parecer o que de verdade che gustaría ser!


Ouro líquido tamén se chamou dotado dun brillo cristalino ingrediente do sublime viño fino polos alcohólicos se cotizou. Grandes fazañas realizou sempre agradable, nunca cansino, de lugares fríos bo inquilino o seu descubrimento se celebrou. Mencerás, talvez, sen poder sentir. Parecerá que ti es o perdedor e suplicarás deixar de vivir. Durmiu nun amplo colector, a súa vergonza el puido despedir e Larios pensou ser un cantautor.

Sendo eu de carácter usureiro, moito me enche de satisfacción se nun dos petos do meu pantalón me atopo eu con algo de diñeiro. Sinto que o diñeiro me seduce cando eu, paseando tranquilo, rápido poño a miña alma en vilo co engado que un céntimo me produce. O ouro ansío desde moi cedo, alcanzando estado de excitación, ao oír “invito eu!”, póñome ledo. A miña avaricia sen comparación, cando nunha tenda de Corrubedo se atopa o cartel "Liquidación".

Mándame Norma facer un soneto, o que me causa gran aflición pois non voa a miña inspiración a pesar do moito que eu o intento. Probei apelando a uns sentimentos onde se exprese unha emoción, sen embargo nesta situación versos non saen dos meus adentros. Mais ao terceto xa fun chegando, e continuar eu quizais non poida un resta, este xa vai acabando. Agora é cando o último chega, os versos e rimas están cesando. Eu voume indo, mais a rima queda.

d


"SONETO IV" JUAN J. ESPIÑEIRA VARA (2º B BACH.)

Nunca se sabe onde che sorrirá o destino Onde che podera deixar novos amigos, cara a onde se torcerá o escuro camiño que seguimos, dando tumbos como mendigos. E foi nunha destas viaxes onde a atopei en sombrías paraxes de mares e lagoas, ofreceume a súa amizade e acepteina; sempre estou con ela como un soldado a soas. *** Agora xa só na paz dos sepulcros creo; agora xa só en ti, amiga soidade, creo, exhalando na miña persoa a túa presenza, enchendo a miña escura vida con ausencia. Vaite e déixame empezar unha vida nova! Vaite e alcanzarei aquela luz ao fin da cova! Luz de paz que alcanzarei con perseveranza, luz de felicidade, de amor e de esperanza.

CANDO? ANXOS FERNÁNDEZ ANEIROS (2º B BACH. ADULTOS)

Cando estamos sós, cando ninguén nos bota en falta, cando só respiramos sen máis, cando o coma entra na nosa vida. Entón é o momento. Cando o sorriso xa non asoma aos beizos, Cando os ollos non brillan xa. Cando as flores non teñen cor, cando o ar pesa cando o ceo está mouro, cando o sol non quenta Entón é o momento. Cando a lúa non acouga cando o vento zoa ameazando entón é o momento. Cando o niño é tan grande que tes frío cando fas sen máis cando fas sen senso cando nada chega. Entón é o momento. Cando até a ilusión morre. Entón é o momento.

A URNA ANXOS FERNÁNDEZ ANEIROS (2º B BACH. ADULTOS)

A urna estivo moito tempo presente na súa vida, ela dentro, sen sentir, sen vivir. Até que un día se esnaquizou e sentiu alivio e frustración, agora respiraba por ela, pero custáballe. O ar entrara de súpeto e non era quen de clasificalo, qué que aprendeu, viviu a desilusión e o desamor, comprendeu que había máis co de dentro da urna e sufriu e chorou... Pero loitou pola súa vida, pola súa nova vida, e gañou. Foi quen de aceptala e de vivila, agora xa, non dentro da soidade da urna, senón da dor e a liberdade de fóra. Os cristais esmigallados eran agora o pasado indesexábel que non volvería vivir.


O

Ca l i g r a m a s

caligrama é un texto (poema, frase ou palabra) que dispón e configura a súa tipografía de tal xeito que crea unha especie de imaxe visual. Trátase dunha combinación icónico-lingüística onde texto e imaxe se mesturan para acentuar unha idea ou suxerir outra. Os caligramas resúltanos moi atractivos porque engaden ao interese literario, outras dúas dimensións: a plástica e a lúdica. Os primeiros caligramas coñecidos pertencen aos poetas gregos do período helenístico (séc. IV-III a.C.), pero foi o cubista francés Guillaume Apollinaire, quen os levou á súa máxima expresión e os puxo de moda nas primeiras décadas do século XX. Tamén a cultura árabe coñeceu o caligrama desde a antigüidade, pero viviu a súa etapa dourada entre os séculos XVIII e XX (Turquía, Irán…), plasmando en teas, muros, documentos oficiais e todo tipo de obxectos ornamentais todo tipo de fermosas imaxes, moi frecuentemente aves.

Antía Grueiro Cheda (4ºA de ESO)

Na actualidade os caligramas non só se crean manualmente; utilízanse medios dixitais (Corel Draw, Freehand, Ilustrator....), polo que gañan en forma e composición pero perden en riqueza artística e en contraste (moitos son ilexibles). Á DEREITA, PRESENTAMOS UNS MAGNÍFICOS EXEMPLOS DE DÚAS ALUMNAS DO NOSO CENTRO. ABAIXO E NESTA ORDE, "MACHADO" DE SIMMIA DE RODAS (APROX. 300 A.C.), "O CABALO" DE APOLLINAIRE (1918), UN PÁXARO CON CALIGRAFÍA ÁRABE E UN DESEÑO FEITO POR ORDENADOR DO ILUSTRADOR BERNARD MAISNER.

Leticia Cartelle Cobo (4ºA de ESO)


M A R C O S C A L V EI R O n o " C o n c e p c i ó n A r e n al LARA VEIGA, RAMÓN SIXTO E TOMÁS MUCIENTES (3º B ESO)

arcos Calveiro é un escritor e avogado que vive actualmente en Vigo. Deuse a coñecer con dúas novelas xuvenís moi ben valoradas pola crítica: Sari, soñador de mares (2006) e Rinocerontes e quimeras (2007). Neste último ano recibiu o Premio Ala Delta de Literatura Infantil por O carteiro de Bagdad, tamén gañador no 2008 do Premio White Ravens. Neste ano tamén recibiu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil por O canto dos peixes. O seu libro máis importante -e do que nos veu falar o pasado 5 de marzo-, O pintor do sombreiro de malvas, gañou o Premio Lazarillo de Literatura xuvenil 2009 e o Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2010. Ao longo da súa carreira tamén escribiu libros de narrativa de adultos polos que acadou numerosos premios.

M

a súa conferencia no IES "Concepción Arenal", Marcos Calveiro falou sobre O pintor do sombreiro de malvas, que narra os últimos días do pintor Vincent Van Gogh na localidade francesa de Auvers. Inspirouse, cambiando e inventando distintos aspectos, na vida e nos cadros do pintor, que ilustrou mediante diapositivas que nos mostrou ao longo do acto. Sobre o protagonista, un rapaz adolescente, dixo que cada un era libre de imaxinalo como quixese: non tiña nome e daba poucos datos sobre el.

N

Finalizada esta agradable presentación, comezaron as preguntas, nas que nos revelou a verdadeira historia da orella de Van Gogh, o que o levou a escribir este libro. Tamén nos aclarou aspectos interesantes e descoñecidos para nós sobre o mundo editorial; por exemplo, que a maior parte dos beneficios da edición dun libro van parar á distribuidora, á casa editora e tan só unha pequena parte (o 10%) queda para o autor. Aínda que non pareza real, tamén nos confesou e que non ten ningunha novela preferida, entre outros aspectos. Unha vez rematado o tempo para as preguntas, entregóuselle un agasallo. Durante a súa visita pareceunos, á maioría dos presentes no salón de actos, unha persoa agradable, simpática e entregada, e que, neste tipo de actos -tan didácticos ou máis que unha aula calquera- temos que esforzarnos en mellorar o comportamento e prestar máis atención.

... unha persoa agradable, simpática e entregada.


R ET A L L O S de L I N G U A Craig Patterson, presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, presentou a finais de marzo a versión d’ A Esmorga en inglés (On a Bender). Con motivo deste evento, nunha entrevista á prensa, subliñaba a universalidade desta novela a partir da especificidade galega: “A súa gran universalidade consiste na relación que plasma entre o convencional e o marxinal, entre a conformidade e sermos fieis a nós mesmos. Hoxe, cando nos derruban décadas de progreso […] cando os banqueiros se enriquecen mentres sobe o paro, lembrámonos da necesidade de desafiar e mesmo negar os discursos que nos tiran encima. A gran verdade universal da novela é esta: xuntos, resistimos; divididos, caemos. E a verdade fala calquera idioma, sexa galego ou inglés. Actualmente está traducindo o Sempre en Galiza de Castelao. Parabéns! ON A BENDER. EDITORIAL PLANET

Así, con este sorprendente cambio, se divulgou nos medios de comunicación de masas a noticia do incendio que asolou esta Semana Santa parte do Parque Natural das Fragas do Eume. Parece ser que a Fundación del Español Urgente deu por válida esta tradución (cos topónimos dos lugares da zona pasou algo parecido), que tivo que ser rectificada ante o aluvión de protestas que se enviaron por Twiter… Unha mostra moi ilustrativa de que cada lingua ten a súa especificidade e non é doado traducir todos os termos a outra, e viceversa.

O RÍO EUME. FOTO: ALEX TEMPLE (http://www.panageos.es)

Un dubida moitas veces se a lingua a fan as persoas ou a desfán. Desde logo na lingua dos SMS o principio de economía obriga a desfacer. Tamén é certo que moitos termos que circularon entre os mozos estudantes, acabaron caendo en desgraza. A expresión “en plan de” é moi común, mais inaxeitada, e podería seguir esa sorte. Parece ser que “estar petado” é estar atlético e rexo; mais podería ser tranquilamente “estar mallado” ou “zumbado”. Un “opa”, parecido a un AVE latino ou a un “aúpa”, é un saúdo que circula moito no ESO. Non se trata dunha OPA hostil ou amigable. Simplemente: “alégrame verte”, “benvido sexas!”, “ánimo!”. Cousas da lingua.

Suscribimos a protesta dos nenos e nenas do Colexio Virxe da Cela de Monfero, que enviaron unha carta á RAE para que cambie as acepcións pexorativas de “rural”. Orgullosos do modo de vida que levan, séntense insultados polas dúas segundas acepcións da palabra no DRAE: “tosco”, “inculto”. Agárdase da RAE, por tanto, que proceda a “limpar, fixar e dar esplendor” sen renunciar aos usos e á historia da lingua. Antes sucedeu co termo galego “mozo de cuerda” e deu que facer, porque os pasos da Academia van lentos. Noticia recollida en La Voz de Galicia (26/04/2012)


Que é o proxecto Comenius? Roque Bescós Beceiro (1ª A. ESO)

O

(...) unha experiencia innovadora, que axuda aos estudantes a descubrir nova xente noutros sitios e ver como é a cultura doutros países.

Encontro no

"Concepción Arenal"

Irene Castro, Marta Castro, Andrea García e Roque Bescos (1ºA ESO)

O


dd

dd


O PECADO NEFANDO

Xan Mosquera

?

SÓCRATES, XULIO CÉSAR, ALEXANDRE MAGNO, MIGUEL ANXO, LEONARDO DA VINCI, PLÁTÓN, SHAKESPEARE, FRIDA KHALO, SAFO, JAMES DEAN, AUDEN, LUÍS CERNUDA, BETHOVEEN, JODIE FOSTER, GRETA GARBO, MONTGOMERY CLIFT, PASOLINI... ... TODOS ELES COMPARTEN UN CERTO GRAO DE XENIALIDADE E HOMOSEXUALIDADE.

A

homosexualidade na sociedade e a súa percepción cambia moitísimo nas distintas culturas e épocas, a pesar de que tanta fisioloxía e psicoloxía teorética ao longo da historia (Simon Le Vay e Dean Hamer, Krafft-Ebing -quen o consideraba unha doenza dexenerativa- Freud, Irving Bieber, Alfred C. Kinsey, Michel Foucault, Joan Roughgarden...) tratou de convertela en verdade universal.

Na antiga Roma, aínda que algúns autores contemplaban a homosexualidade como un signo de dexeneración moral e ata de decadencia cívica, era relativamente frecuente que un home mantivese relacións con escravo ou un mozo, mentres que o contrario era considerado unha desgraza. De Xulio César, o gran xenio militar, creador do Imperio, dicíase que era vir omnium mulierum et mulier omnium virorum, isto é, “o marido de todas as mulleres e a muller de todos os maridos”. É famoso o amor de Adriano polo mozo grego Antínoo. Tras a súa prematura morte afogado, Adriano erixiu templos na súa honra, e ata lle dedicou unha cidade, Antinoópolis.

A tradición relixiosa hindú non condena de forma clara as relacións homosexuais, polo menos ata o século XIX, baixo a influencia cultural británica. No Kama Sutra descríbese tanto o lesbianismo como a homosexualidade masculina.

A Igrexa católica foi incansable na súa persecución ao longo da Idade Media. En circunstancias normais os nobres e privilexiados de cando en cando eran acusados desta clase de delictos, que recaían case enteiramente sobre persoas pouco importantes. Durante os séculos V ao XVIII, os homosexuais eran polo xeral condenados á fogueira, acusados do denominado“pecado nefando”. Aínda se conservan expresións na linguaxe (en idiomas diversos) que fan referencia a queima na fogueira dos homosexuais: faggot, que en inglés actual significa "maricón", pero que no pasado quería dicir "feixe de leña", e relaciónase coa leña con que os homosexuais eran queimados vivos ata morrer polo seu "pecado contra natura".

Dous perruqueiros exipcios

As ordes budistas contemporáneas polo xeral prohiben a transexualidade e a sexualidade activa nas ordenacións relixiosas, pero a aceptan a homosexualidade entre laicos. Apolo e Xacinto

Na Grecia antiga considerábase normal que un raparigo (entre a puberdade e o crecemento da barba) fose o amante dun home maior, o cal se ocupaba da súa educación política, social, científica e moral. Considerábase máis estraño que dous homes adultos mantivesen unha relación amorosa.

Miniatura medieval


A partir do sécu-

lo XIV comezan as primeiras persecucións e execucións masivas de homosexuais en Europa. Os Reis Católicos (á esquerda, na imaxe) endureceron as leis sobre a sodomía instituíndo a tortura sistemática e a morte na fogueira: “Mandamos que cualquier persona, de cualquier estado, condición, preeminencia o dignidad que sea, que cometiere el delito nefando contra naturam (… ) que sea quemado en llamas de fuego” (Pragmática de 1497)

Hoxe en día a homosexualidade é contemplada de diversos xeitos polos diferentes ordenamentos xurídicos. Hai países onde a homosexualidade é legal: xeralmente os gobernos traballan co obxectivo de reducir a homofobia da sociedade e outorgar novos dereitos, sendo o maior deles o matrimonio homosexual e a posibilidade de que as parellas homosexuais adopten menores. Noutros é ilegal castigándose con penas que poden chegar á pena de morte (caso de Irán e de Arabia Saudita), ou polo menos con sancións económicas ou o cárcere.

Permítanme imaxinar o“alegre” que lle debeu de resultar a Oscar Wilde, que tivo a “sorte” de ser gai nesa época, como paradigma de moitos outras situacións igualmente “divertidas”quea moitos dos anteriormente mencionados case con certeza rozaron. En 1895 e cando se atopaba na cima da súa carreira, o poeta escandalizou a clase media británica do momento. Oscar Wilde era amigo de lord Alfred Douglas e o pai deste sospeitaba que ambos mantiñan Oscar Wilde un affair. Por iso decidiu enviarlle unha carta a Wilde: «A Oscar Wilde, aquel que presume de sodomita». Wilde, animado polo seu amigo e fillo do denunciante, denunciouno por calumnias esgrimindo a amoralidade da arte como defensa. Finalmente, Douglas quedou libre e Wilde enfrontouse a un segundo xuízo no que se lle acusou de sodomía e foi condenado a dous anos de traballos forzados. Esta sentenza tivo moita repercusión e propiciou un agravamento da intolerancia sexual non só en Gran Bretaña, senón tamén en Europa: moitos artistas homosexuais sufriron represalias. Gustaríame terminar con algúns comentarios de personaxes de todo tipo de orientación sexual sobre este “pecado nefando”: «Desaprobar a homosexualidade non pode xustificar invadir as casas, corazóns e mentes dos cidadáns que elixen vivir as súas vidas de forma diferente».

Harry A. Blackmun (xuíz)

«Cada viaxe é individual. Se te namoras dun home, namóraste dun home. O feito de que moitos americanos o consideren unha enfermidade di máis deles que da homosexualidade».

James A. Baldwin (escritor)

Recente execución pública de homosexuais en Irán

Como todo o legal non sempre ten reflexo no social, sobre todo polo transfundo histórico cultural, ata en países onde a homosexualidade se contempla na legalidade numerosos egos resístense parapetándose na homofobia que, en principio, e ao contrario que outras fobias maniféstase por ter odio máis que medo, neste caso aos homosexuais, emparentándose co racismo, a xenofobia ou o machismo. Algo que sempre me fixo moita graza é a adopciòn da palabra “gai” para esta condición. Na Inglaterra vitoriana, o termo "gai" aplicábase aos homes que exercían a prostitución homosexual, polo modo alegre en que vivían e a forma en que se vestían. Finalmente, o termo gai boy (literalmente "mozo alegre", ou prostituto) converteuse en sinónimo de homosexual.

«Desde un punto de vista relixioso, se Deus pensase que a homosexualidade é pecado non habrìa cr»eado ós gais.» Howard Dean (político)

«A homosexualidade é como o bo ou o mal tempo. É o que hai». Andrew Sullivan (xornalista)

«Non creo que a homosexualidade sexa unha elecciòn. Elíxese expresar a propia natureza ou pasar o resto da vida mentíndose».

Marlo Thomas (actriz)

«Non creo que a idea da homosexualidade siga sendo tabú. A nosa cultura está evolucionando.Vivimos nunha época fascinante. Andrew Lang (poeta escocés do século XIX, evidentemente vivía no seu mundo).


En contraste coas citas anteriores, quero acabar este artigo coas declaracións coas que o bispo de Alcalá de Henares, Reig Pla, o 5 de abril deste mesmo ano, dirixiuse na súa homilía "a aquellas personas que, llevadas por tantas ideologías, acaban por no orientar bien lo que es la sexualidad humana, piensan ya desde niño que tienen atracción hacia las personas de su mismo sexo y, a veces, para comprobarlo, se corrompen y se prostituyen, o van a clubes de hombres. Os aseguro que encuentran el infierno. No quiero ofender a nadie, pero no renuncio a anunciar la verdad en la caridad". Quizá habería que recordarlle, hoxe máis que nunca, que o que se cura é a homofobia (porque a homosexualidade non é unha enfermidade) ademais do fermosísimo comezo do soneto 116 de William Shakespeare:

Bacon

SIMONE DE BEAUVOIR (París, 1908-1986), novelista e filósofa francesa. Escribiu novelas, ensaios, biografías e monográficos sobre temas políticos, sociais e filosóficos. Simone de Beavoir

OUTROS HOMOSEXUAIS CÉLEBRES

V. Woolf

(A listaxe, por suposto, non contén TODOS OS QUE SON)

Lorca

Blanco Amo

Chavela Vargas

Rimbaud

FEDERICO GARCÍA LORCA (1898-936) poeta, dramaturgo e prosista. Morreu executado tras a sublevación militar da Guerra Civil Española, pola súa afinidade coa Fronte Popular e por ser abertamente homosexual. EDUARDO BLANCO AMOR (Ourense, 1897 - Vigo, 1979) narrador, poeta, dramaturgo e xornalista en lingua galega e española. Viviu moitos anos na Arxentina, onde publicou A esmorga, para moitos, a mellor novela galega. CHAVELA VARGAS (1919) Cantante mexicana de orixe costarricense. Unha das voces máis destacadas da América Latina, é intérprete de canción rancheira, xénero sensual intensamente emocional cantado tradicionalmente por homes. ARTHUR RIMBAUD (1854-1891) un dos máis grandes poetas franceses, adscrito unhas veces ao movemento simbolista e ao decadentista, xunto a Verlaine. Escribiu os seus primeiros versos cando con só quince anos .

FRANCIS BACON (1561- 1626), chanceler de Inglaterra, soado filósofo, político, avogado e escritor. Considerado pai do empirismo. As súas obras e pensamentos exerceron unha influencia decisiva no desenvolvemento do método científico.

Kavafis

VIRGINIA WOOLF (Londres1882-1941) novelista, ensaísta, escritora de cartas, editora, feminista e escritora de contos británica, considerada como unha das máis destacadas figuras do modernismo literario do século XX. KONSTANTINO KAVAFIS, (Exipto; 1863-1933) poeta grego, unha das figuras literarias máis importantes do século XX e un dos maiores expoñentes do renacemento da lingua grega moderna. A súa atípica temática, fortemente urbana e introspectiva, e as súas andrómenas acerca da orientación homosexual do poeta, demoraron a súa aceptación, aínda que na década de 1960 convertérono nunha icona da cultura gai.

Warhol

ANDY WARHOL (1928 - 1987), artista plástico e cineasta estadounidense que desempeñou un papel crucial no nacemento e desenvolvemento do pop art.

Van Sant

GUS VAN SANT (1952), director de cine, produtor, guionista e escritor estadounidense. Candidato ao Premio Oscar como mellor director por O indomable Will Hunting e Milk (2003).

Adriano

ADRIANO (Itálica, 76-138), emperador do Imperio romano (117-138) durante o seu mandato o Imperio alcanzou a maior extensión territorial da súa historia. JAMES IVORY (1928) director de cine estadounidense. "Unha habitación con vistas", Maurice, Regreso a Howards End e O que queda do día destacan na súa filmografía.

YUKIO MISHIMA (Tokio, Xapón, 1925 - 1970), escritor e dramaturgo xaponés, considerado un dos máis grandes escritores da historia do Xapón. M i sh i m a Ivory


Whitman

Proust

Foster

Cocteau

Viconti

G e ne t

Tenessee Williamns

WALT WHITMAN (819-1892). Poeta, ensaísta, xornalista e humanista estadounidense. O seu traballo inscríbese na transición entre o trascendentalismo e o realismo filosófico. A súa obra foi moi controvertido no seu tempo, particularmente o poemario Follas de herba, descrito como obsceno pola súa aberta sexualidade.

TRUMAN CAPOTE (1924-1984) xornalista e escritor e-tadounidense, principalmente coñecido pola súa novela-documento A sangue frío (1966) e por Almorzo en Tiffany's (1958). Capote

MARCEL PROUST (Francia 18711922), autor da serie de sete novelas En busca do tempo perdido, unha das obras máis destacadas e influíntes da literatura do século XX. E.M. FORSTER (Londres1879-Coventry,1970). Autor, entre outras obras, das novelas Pasaxe á India, Howard's End ou o ensaio What I Believe. Pódese afirmar que os escritos de Forster fixeron unha evolución do amor heterosexual ao amor homosexual. JEAN COCTEAU, (1889- 1963), poeta, novelista, dramaturgo, pintor, deseñador, crítico e cineasta francés.

M ilk

Nureyev

LUCHINO VISCONTI, (Milán,1906Roma, 1976), aristócrata e prestixioso director de cine italiano. JEAN GENET, (París, 1910 -1986) novelista, dramaturgo e poeta francés, cuxa obra expresa unha profunda rebelión contra a sociedade e os seus costumes. TENNESSEE WILLIAMS,(1911-Nova York-1983), destacado dramaturgo. En 1948 gañou o Premio Pulitzer de teatro por Un tranvía chamado Desexo, e en 1955 por A gata sobre o tellado de zinc. Ademais recibiron o premio da Crítica Teatral de Nova York: O zoo de cristal (1945) e A noite da iguana (1961). A rosa tatuada (1952) recibiu o Premio Tony á mellor obra. Os críticos sosteñen que Williams escribía en estilo gótico sureño.

Fassbinder

Ginsberg e Burroughs

ALLEN GINSBERG(1926-1997) foi un poeta beat estadounidense nacido en Paterson, New Xersei. Enlace entre o movemento beat dos anos cincuenta e os hippies dos anos sesenta. WILLIAM S. BURROUGHS (1914-1997) novelista, ensaísta e crítico social. As súas primeiras publicacións encádranse dentro da Xeración Beat, isto é, o grupo de intelectuais e artistas estadounidenses que deron forma á cultura tras a Segunda Guerra Mundial.

RUDOLF NUREYEV(1938 - 1993) bailarín clásico nacido na URSS, considerado por moitos críticos como o mellor bailarín do século XX, e posiblemente o mellor da historia. RAINER WERNER FASSBINDER (1945- 1982),director de cine, teatro e televisión alemán ademais de actor, produtor e escritor, sendo o máis importante representante do novo cine alemán. JEAN-PAUL GAULTIER (1952), deseñador de moda francés. Posúe a súa propia marca de roupa e foi director creativo de Hermès.

Gaultier

Araki

MARLENE DIETRICH, (Berlín 1901París 1992), actriz e cantante alemá considerada como un dos principais mitos da Sétima Arte. Marlene Di e t r i c h

HARVEY MILK (1930-1978) político e activista. Foi o primeiro home abertamente homosexua elixido para un cargo público nos EE.UU., como membro da Xunta de Supervisores de San Francisco en 1977. O 27 de novembro de 1978, Milk e o alcalde Moscone foron asasinados. Tanto a elección de Milk como os sucesos que seguiron ao seu asasinato puxeron de manifesto a liberalización das actitudes cidadás en San Francisco e os conflitos políticos existentes entre o goberno da cidade e unha forza policial conservadora.

Amenábar

Wainwright

GREGG ARAKi (1959), director de cine, guionista e produtor estadounidense, pertencente á corrente do cine independente norteamericano coñecida como New Queer Cinema. ALEJANDRO AMENÁBAR (1972), compositor, guionista e director de cine chileno-español. Guionista das súas cinco películas e compositor da música de moitas delas. Gañou nove premios Goya e un Óscar. Xunto a Almodóvar (tamén homosexual) é o máis internacional dos directores españoles actuais. RUFUS WAINWRIGHT (1973), cantautor estadounidense-canadense. A súa música ten marcadas influencias da ópera, a chanson francesa, o musical... LORD BYRON ( Londres, 1788- Grecia, 1824), poeta inglés considerado un dos escritores máis versátiles e importantes do Romanticismo. Involucrouse en revolucións en Italia e en Grecia, onde morreu de malaria.

Byron


CONFINT ESTATAL

CONFINT GALICIA O día 14 de xaneiro realizouse en Santiago, no Museo Pedagóxico de Galicia a Confint (Conferencia Infantoxuvenil), unha xuntanza de estudantes de ESO involucrados en coidar o medio ambiente. Alí realizamos varios obradoiros: •Obradorio de Música: Fixeron unha canción utilizando como instrumentos aparellos reutilizados (cos que se poden facer auténticas marabillas). •Obradoiro de vídeo: No que realizaron unha parodia cómica e ecoloxista do programa de televisión "Supernani" e outra dun informativo. •Obradorio de Carteis: Realizaron varios carteis relacionados co coidado do medio ambiente. Despois presentamos os nosos traballos e escolleron a 18 delegados para asistir á Confint Estatal que se realizaría nun albergue de Barría, na provincia de Vitoria no País Vasco e nós fomos seleccionadas. Cando rematamos organizáronnos unha comida na que nos coñecemos mellor e despedímonos sabendo que fariamos a viaxe con amigos. 25 de xaneiro de 2012 Cando subimos ao autobús que nos levaría ata Vitoria, encontrámonos de novo cos amigos que fixéramos na Confint Galicia. Despois de recoller a todas as delegadas e delegados galegos comezamos a viaxe. Nas primeiras 8 horas organizamos en grupos ou individualmente a presentación dos proxectos realizados na xuntanza de Santiago e nos nosos centros para expoñelo no albergue ás demais comunidades. Cando chegamos a Burgos paramos para visitar o Museo da Evolución Humana e retomamos a nosa viaxe que rematou dúas horas máis tarde no albergue de Barría. Instalámonos, reunímonos coas demais comunidades, 101 nenos de Cataluña, Canarias, Madrid, País Vasco e Galicia. Cada unha expuxo brevemente a súa cultura (cancións, pratos típicos, monumentos...). Antes de subir ás habitacións fixemos actividades para coñecernos mellor.

1º Día

2º Día

26 de xaneiro do 2012: Ao rematar de almorzar déronnos a benvida oficial. Dividíronnos en grupos nos que comentamos o traballo feito nos centros, presentamos os proxectos realizados nas Confint autonómicas e explicamos a parte visual dos traballos. Despois de xantar organi-zámonos en grupos de debate nos que escollemos dous dos obxectivos da carta de responsabili-dades escrita no Cumio de Brasil no 2010. Pola tarde fixemos grupos nos que cada un participou nun dos cinco obradoiros: - No obradoiro de Prensa parodiaron un programa de radio no que entrevistaban a autoridades vascas sobre o medio ambiente. Tamén fixeron un estudo sobre a relación do instituto co medio. - O obradorio Manifesto tiña como tarefa plasmar nun breve documento as inquietudes, experiencias e demandas dos e das xoves para poder presentarse ante as autoridades locais, autonómicas, centrais ou europeas. - A idea era que este documento fose dado a coñecer ao máximo de axentes escolares e sociais posibles, buscando apoios e complicidades. Este foi o resultado:

MANIFESTO -101 mozos de diferentes puntos do estado, nestes tres días, convivimos e traballamos en Barría, xunto á Capital Verde Europea do 2012, para debater sobre as nove responsabilidades que nos chegaron doutros mozos de todo o mundo, e que foron redactadas na Carta de Responsabilidades dos Mozos: Coidemos o Planeta, en Brasil no 2010. Mediante este manifesto, queremos dar a coñecer as nosas ilusións e impresións. - Somos novos, pero como calquera persoa merecemos e pedimos o apoio e o respecto que necesitamos para o cambio cara a un futuro sostible. - Aquí, na CONFINT, estamos a traballar por un mundo mellor, xa que o medio é moi importante na nosa sociedade e, ademais, podémolo facer de xeito positivo e divertida. - Encontrámonos con diferentes mozos de distintos lugares e culturas, intercambiando e expresando diversas formas de progresar na ecoloxía, debatendo e narrando as nosas propias experiencias. - Estamos nun mundo onde o diñeiro está sobrevalorado por enriba de todos os que vivimos nel. A dificultade económica na que se encontra actualmente a sociedade impídenos avanzar cara ao cambio que o mundo necesita. - Non obstante, sentímonos moi privilexiados por poder participar nun proxecto tan importante como é a Conferencia Estatal Infanto-Xuvenil "Coidemos o planeta", porque nos gustaría que as nosas ideas formasen parte da carta de responsabilidades internacionais. - En definitiva, queremos que todo o noso traballo se teña en conta e que estea presente á hora de construír un mundo mellor para todas as nosas próximas xeracións. Esperamos que as nosas decisións cheguen a bo porto. - Sabemos que isto non quedará como simples palabras, xa que somos XOVES UNIDOS ACTUANDO CARA UN FUTURO SOSTENIBLE.


PRESENTACIÓN CONFINT EN GALICIA O día 11 de febreiro os delegados galegos fomos presentar a CONFINT España ás autoridades galegas. E volveremos explicar o que fixemos na CONFINT en maio, na xuntanza en Pontevedra da Axenda 21 Escolar Galega.

OBRADOIRO DE RITMO

No Taller de Ritmo compuxeron a letra dunha canción sobre o medio ambiente coa música de " Rolling in the deep" para informar á xente de forma máis amena do coidado do planeta: Hay algo nuevo que acaba de empezar, un sentimiento que nos une de verdad. Siempre juntos para llegar hasta el final, y cambiar el mundo que destrozado está. Hemos venido con un solo fin, cuidar el planeta para en el poder vivir. Elegimos las dos opciones que a Bruselas llevaremos a exponer Y en conclusión terminada la votación: Reducir, reciclar reutilzar y mucho más. lo que intentamos es educar a las personas... Porque hoy podemos sí, los jóvenes de aquí, por un mundo ideal, tenemos que actuar!(x3)

No obradoiro de Murais fixeron un lema: "Xoves unidos actuando cara un futuro sostible" e plasmárono nunha gran pancarta que eles mesmos deseñaron e debuxaron. No obradoiro de Comunicación fixeron carteis sobre a importancia do uso das "5R" (Reflexionar, Rexeitar, Reducir, Reutilizar e Reciclar) Á noite mostramos os resultados dos obradoiros e, despois de cear, preparáronnos dúas salas, unha con música e outra coa Wii como premio polo bo traballo realizado durante o día.

3º Día

27 de xaneiro de 2012

Cristina Casal: Creo que esta experiencia foi moi beneficiosa, xa que, puiden coñecer a persoas cuns pensamentos como os meus e, alégrame saber que moita xente quere coidar o planeta como os meus compañeiros. Espero que tódalas persoas que coñecín sigan tendo ese espírito de seguir adiante cos seus soños de construír un planeta máis limpo e mellor. E recordade: todos somos XOVES UNIDOS ACTUANDO CARA UN FUTURO SOSTIBLE. Lara Castro: A CONFINT foi unha experiencia preciosa e unha grande oportunidade de aprender, relacionarse, expoñer as nosas ideas e de conseguir resultados para as nosas expectativas. Unha das cousas que máis me gustou foi coñecer a tantos rapaces e rapazas co meu mesmo punto de vista, con ganas de coidar e de cambiar o planeta. Tamén estivo moi ben o intercambio de linguas e culturas. O ambiente que había alí era practicamente perfecto. Todos e todas respetabámonos entre nós e chegamos a ser coma unha especie de familia que ao final, deu moita pena separar. Aprendín moitas cousas nesta viaxe, pero o que nunca olvidarei é que "moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo". Noa Castro: Cuando cheguei á CONFINT-Galicia non pensaba que unhas semanas despois gozaría desta experiencia tan marabillosa. Foi incrible chegar ata Vitoria e coñecer a todos os rapaces que cambiaron a miña forma de ver e sentir as cousas. Alegroume moito saber que ninguén está solo nisto, que todos queriamos o mesmo e a pesar diso enfocamos as cousas dunha maneira diferente. Cando saín do autobús en Barría tiña cantidade de imaxes sobre como ía expoñer as miñas ideas, os proxectos preparados... pero todo xurdiu de forma moito máis natural do que eu pensaba. Encantoume escoitar o que estaban a facer por axudar a cambiar as cousas e o que están dispostos a facer aínda. Paréceme que todos os que vivimos esta experiencia poderemos dicir que non nos quedamos mirando a ver como a xente se carga o mundo. Despois da despedida todos eses rapaces e rapazas, todos eses amigos e amigas tiveron que marchar para as súas respectivas comunidades pero o que nos deixaron e o que nós lles demos a eles foron todas as cousas e os lugares que coñecimos, o son de cancións interpretadas con diferentes acentos, en diferentes idiomas, as risas, o entusiasmo posto en todos os proxectos e as ganas e a ilusión por mellorar que levaremos no recordo toda a vida.

Pola mañá fomos á Delegación do Goberno Vasco, en Vitoria para presentar ás autoridades todo o traballo realizado na CONFINT. Ao rematar de xantar, volvemos a Vitoria para coñecer a cidade. Cando volvemos ao albergue, todas as comunidades intercambiáronse regalos e, sen durmir, aproveitamos ata o último minuto.

4º Día

28 de xaneiro de 2012

Chegou o último día comezamos a preparar as maletas de mala gana. A continuación tivemos que escoller entre todos ás persoas que nos ían a representar en Bruxelas e tamén nos fixeron entrega duns diplomas. Despois de almorzar despedímonos con moitos bicos, apertas e bágoas para volver ás nosas respectivas comunidades onde debemos comezar a traballar por conseguir os obxectivos impostos nesta viaxe.

PRESENTACIÓN DE CONFINT GALICIA

CONFINT GALICIA


CRISTINA TEIJEIRO LEIRAS

(2º BACH. ADULTOS)

OITAS FORON AS COUSAS QUE ACONTECERON EN 2011, PERO MOI POUCOS SE LEMBRAN DO CAMPO CIENTÍFICO, O CAL TIVO GRANDES AVANCES NO ANO PASADO.

O ano 2011 viu como a investigación científica estendíase dende os confíns do universo ata os máis profundos misterios da célula. Seguindo unha tradición anual, os editores da revista “Sciencie” e o persoal de prensa seleccionaron os grandes avances na ciencia en 2011.

un 96% menos posibilidades de que os infectados con VIH transmitan o virus ás súas parellas no caso de que estean sendo tratados con medicamentos antiretrovirais. Este descubrimento parece rematar un debate moi antigo de se os antiretrovirais poderían propocionar un dobre beneficio (tratamento individual ou prevención colectivo) ao reducira taxa de transmisión da VIH. Segundo o traballo premiado publicado en 'The New England Journalof Medicine "agora xa está demostrado que os anti-retrovirais teñen o dobre beneficio".

O “top 10 científico” e o seguinte:

Virus dol VIH (Imaxe: AJC) .

Esa idea non é precisamente nova no campo da VIH, pero, en opinión da revista Science merece o adxectivo de "descubrimento científico" do ano. Mais concretamente o que recibe este honor é "o ensaio HPTN 052”, que demostrou que hai

Arriba, a sonda xaponesa Hayabusa, que foi capaz de recoller unha pequena cantidade de partículas de po. Abaixo un gran de po baixo o microscopio.

Tras dificultades técnicas case desastrosas e unha recuperación asombrosame nte exitosa, a nave espacial Hayabusa de Xapón regresou á Terra con po da superficie dun asteroide grande tipo S. Este po de asteroide representou a primeira mostra directa dun corpo


planetario en 35 anos, e a análise dos grans confirmaron que os meteoritos máis comúns achados na Terra, coñecidos como cóndrulos ordinarios, nacen destes asteroides tipo S moito máis grandes. Ademais unha análise mostrou que o vento solar decolora aos asteroides.

Seguimos con limpeza e pureza. Neste ano acháronse nubes de gas orixinarias da época do Big Bang. Esta materia prima do universo contén restos intactos dos gases limpos que nunca chegaron a formar parte de estrelas (por ser demasiado difusas) e que apareceron nos minutos despois que nacese o universo. Este descubrimento estivo protagonizado por astrónomos que usaron telescopios de 10 metros no Observatorio W.M. Keck.

A partir dun fragmento de óso, describiuse por primeira vez a unha nova especie humana que viviu en Siberia hai 40 milenios. Un estudo do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva demostrou que as relacións sexuais entre os neandertales e seres humanos reforzou o noso sistema inmunolóxico e fíxonos máis fortes, ao introducir un xene fundamental contra diferentes virus.

Captar a estrutura da proteína que utilizan as plantas para dividir a auga en átomos de hidróxeno e osíxeno é moito máis que unha imaxe de enerxía limpa, pois podería axudar á humanidade a encontrar a enerxía máis limpa e pura existente: converter a luz do sol en combustible.

Analizando mostras do intestino humano, os científicos realizaron un estudo da comunidade microbiana existente, e demostraron que esta cambia segundo o tipo de alimentación que teñamos, alta en proteínas ou vexetariana. Ademais puideron observar os cambios na composición da especies de microorganismos que habitan no intestino dependendo da dieta consumida, utilizando como organismo modelo aos ratones. Segundo a revista Science, este estudo "axudou a clarificar a interacción entre a dieta e os microbios na nutrición e as enfermidades".

“Salad” creado por Till Novak en 2006 como homenaxe a H.R.Giger, cocreador do alien de “Alien, o oitavo pasaxeiro” e tamén como homenaxe ao pintor italiano Giuseppe Arcimboldo (século XVI).


Durante o ano pasado empezouse a desenvolver a mellor vacina contra a malaria ás mans do laboratorio GSK,o cal traballa sobre o que será a primeira vacina que axude a controlar a epidemia. O estudo, que se aplicou sobre 15.000 nenos, amosa que a inmunización reduce á metade o risco de infección en nenos de curta idade. Non obstante, aínda hai moito camiño por percorrer para poder eliminar esta enfermidade do planeta.

As zeolitas son minerais porosos que son utilizados como catalizadores e coladeiros moleculares para converter aceite en gasolina, purificar a auga, purificar dende o aire nunha nave espacial ata a auga na rexión de Fukushima e producir deterxentes de lavandaría (por nomea algúns usos). Pois no pasado ano, químicos franceses e alemáns mostraron a súa creatividade ao deseñar unha gama de novas zeolitas que son máis baratas, delgadas, e mellor equipadas para procesar moléculas orgánicas máis grandes. Supoñerían un avance tan importante como reducir os custos da produción do petróleo e gas.

Avelino Corma, investigador do CSIC, co modelo da estrutura da nova zeolita.

No pasado 2011 os astrónomos tiveron as súas primeiras boas olladas de varios sistemas planetarios distantes e descubriron que as cousas son bastante raras por alá. Descubríronse no espazo seis grandes planetas que orbitan moi preto a unha estrela chamada Kepler 11 situada a uns 2.000 anos luz da Terra, nada parecido á conformación do noso sistema solar. Tamén se descubriu un planeta gasoso xigante que xira en dirección contraria á estrela principal do seu sistema, este caso púidose dar pola aparición doutro planeta próximo que mediante a forza de gravidade modifique a rotación do planeta.

Atrasar os males respecto á nosa saúde que provoca o paso dos anos é posible. Si, cousas como as cataratas ou a debilidade muscular verdadeiramente importantes e non as engurras ou as patas de galo que nos aterrorizan. Isto sería posible grazas ao descubrimento dunhas células Os científicos eliminaron do organismo células que chamadas senescentes que podeixaron de dividirse. den parar de dividirse logrando así atrasar o tempo, o que deu aos investigadores certas esperanzas de que desterrar ás células senescentes podería tamén prolongar os nosos anos dourados.

A REVISTA SCIENCE

Australopithecus Sediba

DESTACOU TAMÉN A MISIÓN DA NAVE ESPACIAL HAYABUSA, O DESCUBRIMENTO EN SUDÁFRICA DO AUSTRALOPITHECUS SEDIBA OU A DETECCIÓN DE ESTRAÑOS SISTEMAS SOLARES REALIZADA POLO OBSERVATORIO KEPLER DA NASA.


Iñaki Beceiro Cillero (1º B ESO)

A esquerda, Antón no seu obradoiro; abaixo, algúns dos instrumentos construídos por el. (Fotos baixadas da súa web persoal: http://www.antonvarela.com).

— Por que traballas de luthier? — Porque e o que quixen facer toda a vida.

instrumentos foi ao Círculo Polar Ártico.

— Cal dos instrumentos que fabricas che gusta mais? — A gaita.

— Que instrumentos fas? — Gaitas: galegas, sanabresas, mirandesas, mallorquinas (xeremías)e rioxanas; frautas ...

— Como compaxinas o tempo para realizar os teus dous traballos? — Perfectamente, porque son compatibles é complementarios.

— Cales son os instrumentos mais demandados? — As gaitas.

— Canto lle dedicas ao día, ao traballo de luthier? — Oito horas, ás veces máis. — Como aprendiches o oficio? Tiveches algún mestre? — Ensinoumo Xosé Seivane, xa falecido. Punteiros afinados nas tonalidades de Fa, Re, Do, Si, Sib, La e Sol. Gaita de granadillo con ronqueta e chillón

— Vendes instrumentos só en Galicia ou tamén fora? A onde máis? — Vendo tamén fóra. A París, Valladolid, Portugal... — Cal cres que é ou foi o cliente mais importante que tiveches ou tés. — Museos importantes... Un científico da NASA. — Onde foi o instrumento que mais lonxe mandaches? E o máis remoto? — O máis lonxe cara o norte foise a Kharkov (Ucrania) e cara o sur a Punta Arena (Chile).O lugar mais remoto onde mandei un dos meus

— E os mais caros? — As gaitas. — Que é o que máis che gusta do teu traballo? — O trato cos clientes. — E o que máis detestas? — Cortar buxos, BUXUS SEMPERVIRENS. Último disco de Cempés, Moe a moa. Antón é o segundo empezando pola esquerda.


Norma Fariña

E

ste poeta, integrante dos “novísimos”, debuta no xénero narrativo con esta novela epistolar, ambientada na Guerra Civil española e posguerra. Probablemente esteades a pensar: “Uf! Outra novela sobre a Guerra…” Efectivamente, este é un tema moi manido non só na literatura, senón tamén no cine español (Agosto do 36, Soldados de Salamina, son só algúns exemplos). Daquela, por que ler esta obra? Ben, non se trata dunha novela histórica usual; trátase, en palabras do autor, dunha “novela en zapatillas”, a historia vivida no cuarto de estar e con roupa de andar por casa.

O lector accede a unha serie de correspondencias que comezan nos anos 1920 e finaliza en época contemporánea, xa cos corrEos electrónicos. El abrecartas iníciase coa carta que un amigo de infancia de Federico García Lorca lle escribe ao poeta. A partir de aí, o autor relata anécdotas reais de intelectuais como o xa mencionado Lorca, Vicente Aleixandre, Eugenio D’Ors, Sánchez Dragó… Deste xeito, coa lectura de El abrecartas, non só coñecemos un pouco máis a historia recente, senón que tamén nos achegamos ao interior das personalidades máis relevantes da vida intelectual española.

ManueL Rei arece inconcibible que a obra dun escritor poida ser censurada polos seus familiares ou herdeiros ata o punto de non poder ver a luz pública. Tal sucedeu coas Cartas desde a terra de Mark Twain, pseudónimo do escritor norteamericano Samuel L. Clemens (1835-1910), autor de coñecidas novelas de aventuras, entre elas As aventuras de Tom Sawyer.

P

Durante máis de cincuenta anos, a filla do escritor, Clara Clemens, impediu a súa publicación, quizais polo ton crítico co cristianismo, que podería resultar escandalizante. Sintomaticamente, esta censura familiar viña a acrecentarse á sufrida desde o sistema imperante nos EUA, que impediu que circulasen escritos seus como a Oración pola guerra, difundida por pacifistas e opositores á Guerra de Vietnam nos anos sesenta. A obriña, dunhas oitenta páxinas, ten especial engado polo seu ton crítico, ameno e irónico, que nos lembra poemas de Curros como "Mirando ao chan" ou O divino sainete. Hai pouco foi traducida ao galego (Kalandraka, 2011) e puidemos comprobar o desenfado

e a irreverencia co cristianismo (“a principal diversión do confesionario foi sempre a sedución, ao longo de todas as etapas da Igrexa”) e incluso ideas máis sutís. O punto de partida é o castigo que o Creador lle infrinxe a Satán, condenado a pasar un día celestial na Terra, desde onde envía cartas a outros arcanxos amigos seus. A partir da II, comeza a debullar, desde un logrado estrañamento, todo aquilo que considera renuncia e represión do esencialmente humano: concibir un ceo deixando fóra a “práctica do sexo”, que supón “éxtase”, “gozo supremo” fronte a todas as demais posesións humanas… Considera a muller superior neste terreo e moito máis capacitada que o home para as relacións amorosas. O rendemento do home –di este Demo– é de mala calidade e decae despois dos cincuenta, “os intervalos entre actos son cada vez máis espazados, a satisfacción non é gran cousa para ningunha das partes, mentres que a súa bisavoa segue a funcionar igual de ben”, “a candea del está cada vez máis branda e feble polo desgaste da idade, ata que finalmente xa non se ten de pé e falece tristemente coa esperanza dunha resurrección que xamais se producirá.”


ManueL Rei

C

oincidindo case coa concesión do Nobel de literatura, Mario Vargas Llosa deu ao prelo a fins de 2010 El sueño del celta, unha novela que non ten perda. Nela relata parte da peripecia vital dun home de lenda, o irlandés Roger Casement, diplomático británico, convertido ao nacionalismo irlandés logo de comprobar os horrores do colonialismo europeo en África. A aventura comeza no Congo en 1903 e remata en 1916 (cando aquí se fundaban as Irmandades de Amigos da Fala) co protagonista aforcado, logo de tres meses de prisión. Curiosamente, a denuncia dos máis arrepiantes episodios da colonización europea no Congo, roubado e masacrado, ocupa tamén outros textos literarios como os escritos antiimperialistas de Mark Twain, en concreto a sátira Soliloquio do rei Leopoldo de Bélxica e tamén unha novela

de Bernardo Atxaga, Sete casas en Francia, traducida recentemente ao galego por Faktoria K. Como en todas as grandes obras, na de Vargas Llosa mestúranse planos diferentes e xógase con habilidade a ofertar unha pluralidade de lecturas que o lector ha de descubrir. O histórico, o colectivo, compleméntase cun complexo individual no que se explora, a medida que avanza a historia a condición homosexual, reflectida a través duns diarios e correlato dunha novela súa anterior, Historia de Mayta. Tamén, como na maioría das grandes obras, podemos apreciar un demorado proceso de elaboración e documentación previo, mostra de que a boa literatura non é case nunca froito da improvisación: tres anos investigou Vargas Llosa sobre o protagonista.

FRAGMENTO DE "EL SUEÑO DEL CELTA"

Sin embargo, aquella larguísima carta no versaba principalmente sobre el Congo, sino Irlanda."Así es, Gee querida, te parecerá otro síntoma de locura pero este viaje a las profundidades del Congo me ha servido para descubrir a mi propio país. Para entender su situación, su destino, su realidad. En estas selvas no sólo he encontrado la verdadera cara de LeopoldoII. También he encontrado mi verdadero yo: el incorregible irlandés. Cuando volvamos a vernos te llevarás una sorpresa, Gee. Te costará trabajo reconocer a tu primo Roger. Tengo la impresión de haber mudado de piel, como ciertos ofidios, de mentalidad y acaso hasta del alma.”


Faustino Seco

n ano máis, e xa van tres, o departamento de Educación Física, encabezado por Celia López, organizou o torneo de voleibol, que se está a consolidar como un clásico no Instituto, e que cada edición aumenta a calidade e a emoción dos partidos. Doce equipos, 72 xogadores e xogadoras, organizados en dous grupos comezaron no mes de febreiro a disputar un torneo que tivo un espectacular remate coa final do 23 de marzo. A primeira fase disputouse polo sistema de liga a unha soa volta e a un só set (25 puntos) entre os 6 equipos

Os dous equipos finalistas e Celia López

que formaron cada un dos dous grupos. Os partidos xogáronse nos primeiros recreos de luns a venres, e o ximnasio rexistrou durante mes e medio un cheo absoluto, cun público que gozou de partidos de gran calidade e outros moi divertidos. Xa dende os primeiros partidos todo mundo pensaba que Martín Betancur tiña calidade suficiente para levarse o torneo, os seus saques e os seus remates foron imparables para todos os equipos que se lle enfrontaron. Unha vez rematada a primeira fase catro equipos disputaron as semifinais: NON NOME contra RÁPIDO DE BOUZAS e ESTUDIABAANTES contra OS TONECHOS. Ambos os partidos foron moi disputados, pero os favoritos conseguiron o pase á gran final.


O venres 23 ás 12:30 h. da mañá, e cun ximnasio abarrotado de público disputouse a esperada final. Enfrontáronse ESTUDIABAANTES e NON NOME Neste caso o partido xogouse ao mellor de tres sets, e o desenvolvemento do partido non defraudou a expectación levantada. A incógnita a despexar era comprobar se a calidade individual de Martín Betancur, que monopolizaba o xogo do

(...) todo o mundo pensaba que Martín Betancur tiña calidade suficiente para levarse o torneo.

Acción espectacular de Martín nun momento do partido.

Martín Betancur, o xogador máis destacado recibe a medalla de mans de Celia.

seu equipo e ao que chegaban todos os balóns para que el resolvera todas as xogadas, era capaz de superar o xogo en equipo do NON NOME, onde destacaba a figura de Sergio Ávila, pero onde todos os xogadores participaban e asumían protagonismo por igual formando un conxunto máis compensado. No primeiro set, que foi para os NON NOME, parecía indicar que Martín só, a pesar dalgún remate espectacular, non era quen de superalos moi concentrados no xogo. O segundo set, tamén moi igualado, caeu, nesta ocasión do lado dos ESTUDIABAANTES.


E ELVIR A ROIZ

ncrucillado

Letras

Galegas 2012

X

eroglífico

Resolve este xeroglífico e atoparás o título dunha importante obra ensaística de Valentín Paz Andrade.

HORIZONTAIS: 1. Choro, lamento e a primeira palabra do título da máis célebre obra lírica de PazAndrade. Vivenda, morada. 2. Satélite galileano máis cercano a Xúpiter que recibe o seu nome dunha das moitas doncelas coas que Zeus se encaprichou na mitoloxía grega. Escoitariades. 3. Barrio pontevedrés no que Paz-Andrade naceu en 1898, alí onde está o San Benitiño “máis milagreiro” co de Paredes. Firma, escribe o teu nome. 4. Anno Domini. Louva, eloxia. Fachos, paos con lume que se utilizaban para alumar. 5. ao revés, poñer. Nitrógeno. En francés, xoves. Ao revés, percibir coa vista. Preposición. En números romanos, 50. Acendido, o contrario de off. 7. Voltio. Recordar. Primeira letra do alfabeto. 8. Río de Montenegro e Serbia. Consoante vibrante. Ao revés, sinto dor física. 9. Nome do diario vigués dirixido por Paz-Andrade que foi suprimido pola ditadura de Primo de Rivera en 1926. Food and Agriculture Organization, organismo da ONU para a alimentación e a agricultura que tivo como representante a PazAndrade durante anos. 10. Organización do Tratado Atlántico Norte. Espazos pechados e cubertos destinados a determinados usos. VERTICAIS: 1. Nome da muller de Paz-Andrade. Cidade onde Paz-Andrade viviu a maior parte da súa vida e onde morreu en 19 de maio de 1987. 2. Mamífero caracterizado por ter en cada mandíbula un par de incisivos cortantes e de crecemento continuo que lles serve para roer. En inglés, morcego. 3. Preposición. Consoante que en física representa a resistencia eléctrica. Mondala, descascala. 4. Nome masculino. Vila ourensá onde Paz-Andrade estivo exiliado e onde case resulta asasinado polos falanxistas en 1936. 5. Pau a medio queimar. En números romanos, mil. Carbono. 6. En inglés, conxunción disxuntiva. Artigo feminino. Mes primaveral no que naceu Paz-Andrade. 7. Dirixíase. Símbolo químico do Xulio. Consoante. Contracción. 8. Rianxeiro amigo de Paz- Andrade, considerado a figura máis importante da cultura galega do século XX. En números romanos, cen. 9. En francés, adeus. Papeleta numerada que entra nun sorteo. 10. Cámara alta do Parlamento, da cal Paz-Andrade formou parte tras a eleccións de 1977. Oficina de Acción Internacional. 11. Matados, eliminados, executados.


P

uzzle

Coloca cada unha das pezas que tes á esquerda no lugar que lle corresponde e poderás ler unha frase de Paz-Andrade do seu libro

8

diferenzas

Pon a proba a túa axilidade visual e atopa as oito diferenzas que hai nestas imaxes onde aparecen unss elegantes Valentín Paz-Andrade e a súa dona Pilar Rodríguez.

ións Soluc 35 ina x á p na

S

opa de letras

Paz-Andrade, Letras Galegas 2012, tivo unha personalidade polifacética. Serás capaz de atopar nesta sopa nomes de sete oficios ou oficios ou profesións que exerceu? Están en posición vertical, horizontal ou diagonal, e en calquera sentido.


Eu g e n i a Teodoro G il PROFESORES Inés

Homenaxeamos

A CATRO

E


DITOS CÉLEBRES e celebérrimos

ra) u s n e c n e s (


a ñ i v i Ad

Q U EN F OM OS E S OM OS omproba as túas capacidades como fisonomista con estas fotos de profesores e profesoras. Fíxate ben porque... pasaron uns aniños... Núm. 3

Núm. 1

Núm. 2

Núm. 5

Núm. 6

Núm. 4

ións c u l o S 35 a n i x na pá


S o l u c i 贸 ns


Centenario do seu nacemento

CELSO EMILIO FERREIRO

(Celanova, 1912 - Vigo, 1979)

INVERNO Chove, chove na casa do pobre e no meu corazón tamén chove. Dor da mau encallecida, dor da xente aterecida de frío polos camiños. Dor dos vellos e meniños. Dor dos homes desherdados e dos que están aldraxados.

TEMPO DE CHORAR Hei de chorar sin bágoas duro pranto polas pombas de luz aferrolladas, polo esprito vencido baixo a noite da libertá prostituída. As espadas penduran silandeiras coma unha chuvia fría diante os ollos e teño que chorar na sombra fuxidía diste pútrido vento que arromba a lealtá e pon cadeas no corazón dos homes xenerosos.

Mágoa e loito por tanto pranto que escoito. No meu peito, sulagado, soturno, fondo, calado, un río de amor se move.

Pois que somente os ollos me deixaron para chorar por iles longos ríos, hei navegar periplos, descubertas por tempos que han de vir cheos de escumas, por onde o día nasce, alí onde xermola o mundo novo. Pois que o que chora vive, iremos indo; indo, chorando, andando, salvaxe voz que ha de trocarse en ira, en coitelo de berros i alboradas para rubir ao cumio dos aldraxes.

Chove, chove na casa do pobre e no meu corazón tamén chove.

E pois que cada tempo ten seu tempo, iste é o tempo de chorar.

Mágoa da ferida allea. Dor dos que están na cadea, dos que sofren a inxustiza e viven baixo a cobiza.

DEITADO FRENTE Ó MAR... Lingua proletaria do meu pobo eu faloa porque si, porque me gosta porque me peta e quero e dame a gana porque me sae de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ó ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ó pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo e arado, proa e rella sempre. Eu faloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingua. Non falo prós soberbios, non falo prós ruíns e poderosos, non falo pra os finchados non falo pra os valeiros, non falo pra os estúpidos, que falo prós que agoantan rexamente mentiras e inxusticias de cotío; prós que súan e choran un pranto cotián de volvoretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sufren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, doce mágoa das Españas, deitada rente ó mar, ise camiño…


Fóra de Portas