Issuu on Google+

PARA ESTE NADAL A BIBLIOTECA RECOMÉNDACHE: A viaxe de Cora, de Meike Hinrichs. Tiña o pelo rebelde coma ela mesma. Un día tivo unha experiencia terrible e a alegría desapareceu da súa vida. Entón Cora emprendeu unha viaxe buscando respostas.

En Kilmore Cove, en Cornualles, existe unha antiga mansión que esconde inquietantes misterios. Jasón e Julia, dous irmáns xemelgos de once anos, son os seus novos habitantes. Na compañia do seu novo amigo Rick, eles descobren que o ex-proprietario, Ulysses Moore, deixou pistas e códigos que os levarán, a través de túneis e pasaxes secretas, a unha inesquecible aventura.Este é o inicio de La puerta del tiempo, un libro que te engaiolará.E se quedas con ganas de seguir lendo, podes continuar cos restantes títulos da colección, pois temos tamén La tienda de los mapas olvidados, La casa de los espejos...

Ebenezer Scrooge é un vello avaro que ten esclavizado o seu traballador, un xove pobre e de bo corazón. A noite de Nadal recibe a visita de tres fantasmas: o fantasma do pasado que o leva á infancia; o fantasma do presente acércao a casa do seu traballador; e o fantasma do futuro. Descobre todo o que lle aconteceu a Scrooge na noite máis importante da súa vida, lendo Cuento de Navidad,de Navidad, Charles Dickens.

Na Isla sin sonrisa, de Enrique Fernández, nárrase a intrigante historia dun xeólogo atormentado polo seu pasado que chega a unha extraña illa baleeira, batida polas tormentas...pero un encontro inesperado fará que se replantexe a súa vida.

Unha nave extraterrestre aterriza na Terra e logo de facer unha investigación sobre o planeta esquece a un dos seus tripulantes. Un rapaz atopa o marciano e decide agochalo na súa casa. Ámbolos dous aprenderán a comunicarse e o pequeno protexerá ó seu singular amigo cando é descuberto. ET e unha película emocionante sobre unha amizade sen límites terreais.


ESTE NADAL A BIBLIOTECA RECOMÉNDACHE: Reckless. Carne de piedra.É o primeiro libro de Cornelia Funke tralo seu éxito coa triloxía Mundo de tinta. Narra as aventuras dos irmáns Jacob e Will, xa que está inspirada nos contos dos irmáns Grimm. Velaí vai o comezo “A noite respiraba como un animal.O tic-tac dun reloxo.O estalo da tarima ao saír da habitación…todo afogábase no seu silencio”

“O portal dos elfos” de Herbie Brennan é unha trepidante novela que propón vivir unha aventura excitante, chea de acción, maxia, intriga, ciencia e fantasía que o lector non quere que remate nunca. Elixido nos Estados Unidos en 2004 como o “mellor libro para xoves” está xa traducido a vinte linguas. Pyrgus Malvae é o príncipe herdeiro do reino dos elfos, onde está a piques de declararse unha guerra terrible. Uns sinistros personaxes, os terribles elfos da noite e os demos do príncipe Beleth, están dispostos a matar para facerse co control do reino. “O Emperador Púrpura” É a segunda parte da triloxía.Non á imprescindible ter lido a primeira parte, pero é recomendable. “O Reino en perigo ”é a terceira parte da serie. Herbie Brennan combina maxistralmente fantasía, mitoloxía e ciencia para ofrecer un universo de aventuras fascinantes.

O"Frankenstein de Mary Shelley" creado por Marion Mousse, é un traballo sobresaínte, capaz como poucos de intrigar, emocionar e estarrecer. “Dios ya no existía, desde el día en que mi madre murió..." O xove e idealista Víctor Frankenstein, traumatizado por un falecemento tan sen sentido, pon todo o seu empeño en crear una criatura e dotala de vida. Pero, sen que el se decate, este feito portentoso alterará a súa vida e a de todos os que o arrodean.

Hermano lobo é o primeiro libro da serie das Crónicas da prehistoria, escrita por Michelle Paver. A historia transcorre hai 6000 anos e trata sobre as aventuras de Torak, un xove membro do Clan do Lobo que repentinamente queda só no mundo cando o seu pai é asasinado.Pero Torak entende a linguaxe dos lobos, faise amigo dun lobezno e xunto a este e a unha rapaza do Clan dos Corvos porán a proba o seu valor e a súa intelixencia. Un libro que recrea a prehistoria e ensina a respectar a natureza. Master and commander, película baseada nas novelas de Patrick O’Brien. 1805. Napoleón domina Europa. Tan só Inglaterra resísteselle. Son tempos de guerras napoleónicas, e agora os mares convertéronse nun crucial e estratéxico campo de batalla.No océano Atlántico o navío de guerra inglés Surprise, capitaneado por Jack Aubrey (Crowe), é atacado de repente por un buque de guerra inimigo moi superior a el. Aubrey toma entón unha decisión memorable:co barco seriamente danado navegará ata o outro lado do mundo para dar caza e derrotar ao inimigo.


este nadal a biblioteca recomenda: La evolución de Calpurnia Tate conta a relación desta nena, cuarta de sete irmáns e a única rapaza, co seu avó, un ancián naturalista e gran admirador de Darwin. A súa nai quere para ela unha educación tradicional,típica da época ( Calpurnia naceu no 1899 ), pero ela posúe curiosidade e dotes científicas, e desexa percorrer novos camiños. Círculo Vicioso é unha novela negra concisa, directa e ben construída. Argumento: Ata aquel momento a axencia mantivérase de traballos correntes que non entraban en conflicto nin coa lei nin coas súas conciencias. Pero agora a tentación era demasiado forte. ¿Como era posible enterrar legalmente a unha persoa viva? Claro que o individuo que repousaba no cemiterio estaba ben morto, pero ocupaba o lugar doutra persoa que agora reclamaba unha investigación. Así que o fixeron. Sen imaxinar nin remotamente que había máis cadáveres…

Na novela de Scott Fizgerarld O gran Gatsby, o protagonista, Nick Carraway,é un xove profesional que se traslada a vivir a West Egg (Nueva York). O seu veciño, Gatsby, vive en unha luxosa mansión e da continuas festas espectaculares. Van chegando aos seus ouvidos escuras historias que lle fan recelar deste extravagante persoaxe. O libro inspirou varias películas, a máis famosa a de Jack Clayton, na que participou como asistente Coppola, con Robert Redford e Mia Farrow.

Tamara Drew foi publicada en España no 2009 pola editorial Sen Sentido, logo de gañar o Premio Esencial Angoulême 2009, o Gran Premio da Crítica ACBD 2009 e de ser nomeada aos Premios Eisner 2009. Pertence verdadeiramente ao xénero da novela gráfica, tanto pola súa lonxitude como pola súa temática literaria. O seu elemento máis impactante é a brillante xestión do argumento, cuxa riqueza e orixinalidade sorprende pola súa coherencia imaxinativa, así como o emprego do color.Tamara Regresa a súa vila natal despois de anos de ausencia convertida nunha fermosa muller que vai revolucionar a vida dos seus paisanos. Acábase de estrear a película baseada nesta novela.

Nesta mestura de comedia e drama que é Pequena Miss Sunshine unha familia absolutamente atípica, pero unida, emprende unha viaxe cara California na súa destartalada furgoneta, porque a filla pequena quere convertirse en miss América infantil. Un neno de dez anos queda orfo na poco edificante América de mil novecentos vinte e pasa a estar baixo a potestade dunha dama excéntrica, obsesionada por estar à la page, vital, caprichosa, seductora y adorable. Xunto a ela, xunto A tía Mame, pasará os seguintes trinta anos entre festas, amores e aventuras. Unha novela calificada de divertida, suxerente e deliciosa.


lecturas nadal 2010