Page 1

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Concurso de deseño de MARCAPÁXINAS ORGANIZA EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ORGANIZA: PARTICIPANTES: Poderán participar neste concurso tódolos/as alumnos/as do IES Concepción Arenal

TEMA: Homenaxe a Lois Pereiro, Letras Galegas 2011. 2011 O deseño deberá incluír algún fragmento breve da obra de Lois Pereiro, combinado con algunha imaxe alusiva ao texto ou ao autor. No blogue da Biblioteca teredes algunhas suxestións da obra do autor que conmemoramos e algúns datos da súa obra e a súa biografía

CARACTERÍSTICAS e PRESENTACIÓN DOS MARCAPÁXINAS: O marcapáxinas realizarase nun rectángulo de 21 × 5 cm de dimensión. O deseño efectuarase só por unha cara e a técnica será libre. libre O deseño presentarase centrado nunha Cartolina A4 de cor branca. branca Para garantir arantir o anonimato dos participantes, os traballos serán identificados cun pseudónimo e irán dentro dun sobre pechado onde figurará , nun lugar visible, o devandito pseudónimo. pseud Dentro deste sobre, ademais ademais do marcapáxinas, incluirase tamén un segundo sobre pechado no que figurarán os datos persoais do autor: nome apelidos e curso.

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: O prazo de presentación dos traballos rematará o día 12 de maio.. O lugar de recollida será a Biblioteca

XURADO: O Xurado estará composto por un profesor esor do Dto de Debuxo, un membro da ANPA, un representante do equipo de dinamización da Biblioteca, e dous alumnos.

FALLO DO XURADO E ENTREGA DE PREMIOS: O fallo do Xurado darase a coñecer o día 13 de maio a través da Web do IES ou no Blogue da Biblioteca. A entrega de premios terá lugar o día 18 de maio na Biblioteca. Biblioteca

PREMIOS: Establécense tres premios consistentes en cheques regalo por un valor de 50€, 40€ e 30€.. O marcapáxinas que reciba o primeiro premio editarase e será distribuído. Os traballos raballos premiados quedarán en propiedade da Biblioteca, quen se reserva o dereito da súa reprodución sen que iso supoña ou o sexan esixibles dereitos de autor. Tódolos traballos presentados serán expostos.

DEVOLUCIÓN DAS OBRAS: Rematada a exposición, anunciarase arase a data para a devolución de tódolos orixinais presentados a concurso

OBSERVACIÓNS: O feito de participar no presente concurso, implica a aceptación total das bases.

http://WWW.iesconcepcionarenal.com

.

biblioteca.saturninohermidamail.com


concurso marcapaxinas  

Bases del concurso

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you