Issuu on Google+

~1~


~2~


~3~


O Xunquiño de Verán

Receitas do mundo Biscoito de iogur e limón: .Para tres persoas .Tempo:1 hora .Dificultade:Fácil Ingredientes: .3 ovos .1 iogur de limón .3 medidas do vaso de iogur de fariña .2 medidas do vaso de iogur de azucre .1 medida do vaso de iogur de aceite .1 sobre de levadura .raspadura dun limón Preparación: Nun bol bótanse todos os ingredientes e bátese co batedor ata lograr unha mestura cremosa. Bótase nun molde e a continuación métese no forno a 170 grados durante 1 hora.

Pablo 4º E.P

~4~


O Xunquiño de Verán

Pastel de Queijo Ingredientes: 1kg de farinha de trigo 1 xícore de leite sal a gosto 3 ½ culleres (sopa)de margarina 150 g de mozarela cortada em cubinhos óleo para fritar Preperation: 1.Coloque a farinha sobre una superficie.Faça un buraco no meio.Despeje o leite morno com rol e a margarina.Traballe a massa ata que fique lisa e homoênea 2.Divida a massa en 3 pedaços.Embrulhe 2 pedaços nun guardanapo.Abra o outro pedaço com un rilo de macamrếo obixendoo com algúns milímetros de espesura. 3.Corte em rodelos com o auxilio de um copo.Coloque um pouco de mozarela no centro de cada rodela de massa.Dobre e pressione bem os beirados para evitar que o queijo saia.Faça o mesmo com os outros pedaços de massa. 4Frite os patéis em óleo bem quente.Coloque-os em papel absorvente para tirar o exceso de gordura.

Fabio Guilherme Severiano Artiaga 6º ~5~


O Xunquiño de Verán

~6~


O Xunquiño de Verán

Postre de piña: Ingredientes: 8 follas de xelatina 1 bote de piña no seu xugo ou unha piña fresca 1 bote de leite 150 g de azucre 250 g de queixo de Burgos Preparación: 1º Poñemos a xelatina a remollo en auga fría 2º Escorremos o bote de piña sobre un papel. Se é piña natural,quitamos o penacho,cortámola en anacos,quitámoslle o centro e a escorremos en papel. 3ºPoñemos no vaso a leite e programamos 4 minutos a 70º,velocidade 2.Ao terminar escorremos a xelatina e a botamos no vaso xunto co azucre. 4ºIncorporamos o queixo escorrido de soro e mesturamos todo 10 segundos e velocidade 3. 5ºReservamos 3 anacos de piña para decorar e partimos o resto en anacos pequenos. Botamos a mestura do vaso,unimos todo coa espátula 6ºForramos un testo con film transparente e botamos a mestura. O deixamos na neveira 3-5 horas. Desmoldámolo e colocamos o penacho na parte superior. Cortamos pola metade as tres anacos de piña e rodeamos coas mesmas o borde.

Yan Lin 6º

~7~


O Xunquiño de Verán

~8~


O Xunquiño de Verán

Obradoiro Poético Non contesta ás chamadas Coñecín o meu amigo E pasa o día de carallada Da man foise comigo. Non sei que facer con el Por el esto a esperar Coñecín o meu amada Da man foise namorado Por el estou a esperar

Non contesta ás mensaxes E pasa o día probando traxes Non sei que facer con el

Da man foise comigo O meu querido amigo Por el estou a esperar

Pasa o día de carallada E sempre anda nalgunha argallada Non sei que facer con el

Da man foise namorado O meu querido amado Por el estou a esperar. Beatriz Lage Vilariño 3ºA

A pulseira do meu amado, Perdina no prado Canto choro por ela! A pulseira do meu amigo, Perdina no pino. Canto choro por ela! Perdina no prado, Aínda que Quero ó amado, Canto choro por ela!

Pasa o día probando traxes E sempre anda feito un personaxe Non sei que facer con el. Uxía Castro Martínez 3ºA Non podía correr Porque te vía morrer Adeus meu amado Non podía fuxir Porque te vía deixar de vivir Adeus meu amado Porque te vía morrer Decidín contigo falecer Adeus meu amado Porque te vía deixar de vivir Decidín contigo deixar de existir Adeus meu amado.

Perdina no pino, Aínda que Quero ó amigo, Canto choro por ela!

Jerumy B. Gomez Pablo 3ºA

Jesús Cernadas Martínez 3ºA ~9~


O Xunquiño de Verán O meu querido amigo ía comendo un figo. Que fermoso era el. O meu querido amado Ía comendo un polo asado Que fermoso era el Alí vai o meu amigo No seu Citröen Berlingo Que fermoso era el Alí vai o meu amado nunha silveira estampado Que fermoso era el Daniel Pena Romero 3ºB Polo meu rencor, Perdín o seu amor, Ai, pobriña de min! Pola miña paixón,

Onde está o meu amigo Onde está o coitado Na disco vin ó meu amigo Pobriño el. Que ía moi ben vestido, Onde está meu amado Ai, que guapiño! Onde está que eu laio Pobriño el. Na disco vin ó meu amado Que ía moi ben amañando, Onde está o coitado Ai, que guapiño! Anda por aí apendado Pobriño el. Que ía moi ben vestido, Onde está que eu laio Aló vai o meu cariño, Anda por aí aloucado Ai, que guapiño! Pobriño el. Que ía moi ben amañanado, Ignacio Carpente 3ºB Aló vai tan namorado, Ai,que guapiño! Dende a noite que o vin Alicia Paz Fraga 3ºA

Perdin o seu corazón, Ai, pobriña de min! Perdín o seu amor, Por non soportar a paixón, Ai, pobriña de min! Perdín o seu corazón, Por non soportar a dor, Ai,pobriña de min! Miriam Castro Sánchez 3ºA

Máis non o podo agardar Dime que si virá Ai,o meu corazón! Máis non o podo esperar, Dime que chegará, Ai, o meu corazón! Dime que si virá, E axiña me bicará, Ai, o meu corazón! Dime que chegará, E axiña me apertará, Ai,o meu corazón! Marina Martínez Sande 3ºA

~10~

Esa noite non durmín, Eu non sei Dende a noite que o mirei Esa noite non soñei Eu non sei Esa noite non durmín Que os seus ollos non vin Eu non sei Es anoite non soñei Porque sen el non sei Eu non sei John Freddy Cardona Ramírez 3ºB


O Xunquiño de Verán

~11~


O Xunquiño de Verán

~12~


O Xunquiño de Verán

~13~


O Xunquiño de Verán

~14~


O Xunquiño de Verán

Esta historia comeza un día dun mes de outono do ano 2011. Atopábame New York por unha viaxe de estudos e dispuña de todas as tardes libres. Todos os días acostumaba facer o que calquera persoa digna do título turista: ir de museos, de tendas, dar paseos, ir a concertos… Pero unha vez que levas tres semanas aquí empezas a precisar cousas novas; por iso comecei a facer turismo propio, isto é: visitar todas as partes da cidade que son pouco coñecidas, coarme nas trastendas dos museos, subir as azoteas, ir a tendas estrañas … Pero houbo un momento no que incluso isto me chegou a encher. Daquela foi cando decidín ir á parte más extrema de Queens, que era o único anaco onde aínda non estivera. Ao preguntar por un taxi xurdiu o problema: non me querían levar. Como é posible que este distrito teña una cruz? O xardín botánico de Queens é precioso e o seu museo africano moito máis! Pero eu quería achegarme á zona puramente marxinal onde podes ver a realidade dos Estados Unidos. Cando estaba alí atopeime coa pluralidade e co grande contraste que había en comparanza con Manhattan. Pero o máis importante é que me atopei co que me cambiaría a vida. Cando estaba paseando por un parque perdido tropecei cun anticuario que tiña unha pinta de película. Despois de sacarlle unhas fotos decidín entrar. Nada más poñer un pé nese mundo de obxectos inertes que no seu momento foron utilizados e que agora non teñen máis que po enriba, só puiden reparar nun libro que estaba na parte máis alta dun vello andel. Collino e nono pensei dúas veces: merqueino. A vendedora deuse conta de que era estranxeiro e foi algo reticente a venderme o libro pero ó final aceptou. Antes de saír díxome cunha voz do máis enigmática: “You mustn’t lose the bookmarks”. Cando subín ó metro para volver ó hotel púxenme a follear o libro e chamoume a atención que se titulaba “Autumn in New York” e só tiña escrita a letra da canción co mesmo nome de Billie Holiday, e a pregunta: Estás disposto a descubrir por que New York te acollerá como o teu fogar? E máis nada que datas que arrincaban no 2012 e acababan en el 1524. Como non me interesaba ler datas puxen o marcapáxinas no 1940 e levanteime para saír do metro. Cal foi a miña mi sorpresa ó ver que xa no estaba no Manhattan que coñecía! Levoume un tempo descubrilo pero ... estaba en 1940! Como era posible que un libro fora quen de me trasladar no tempo? David Seoane Fernández 3ºESO A

~15~


O Xunquiño de Verán

Vacas asasinas Foi a principios de outono. As vacas non se comportaban con normalidade. Sacábaas a pacer e non facían nada. Quedábanse quedas, inmóbiles, cos ollos fixos. Non comían nada. Era arrepiente velas. Parecían zombis. E o peor é que polas noites desaparecía algún cordeiro, unha pita, o can do veciño, o hamster da nena de enfronte… E o mías inquietante é que todas as mañás había rastros de sangue cara á corte onde estaban as vacas, con manchas de sangue e os ollos inxectados en sangue. Algo raro coas vacas. Todas menos unha, a máis nova. Aínda que é máis rara, polo menos comportábase como unha vaca normal, ou dentro do que cabe, xa que á pobre faltáballe un corno… O caso é que a mediados de outono empezou a desaparecer xente: o carniceiro, o carteiro, a señora que botaba as cartas nunca esquiña… A policía non lle encontraba explicación ás desaparicións. Cada semana eran máis e máis. E na corte seguían cegando novos rastros de sangue, con algún cadáver ocasional. Seguiu morrendo tanta xente que morreron ata os meus seres queridos: a miña muller, o fillo, a sogra… ben, a sogra non, pero a avóa, pobre avóa! Agora as vacas andan todo o día mirándome fixamente. Empezo a sospeitar que foron elas as dos asesinatos; o outro día vin a unha das vacas comendo un porco (ou porco ou miña sogra, non o teño claro). Se alguén le esto, xa estarei lonxe, ou morto… Diego Rodríguez Rojo 3ºESO A ~16~


O Xunquiño de Verán

~17~


O Xunquiño de Verán

~18~


O Xunquiño de Verán

~19~


O Xunquiño de Verán

~20~


O Xunquiño de Verán

Laura Castro Carpil 1ºC

~21~


O Xunquiño de Verán

O martes 15 de maio,veu ó noso colexio o escritor galego Pepe Carballude para darnos unha charla aos nenos de 1º da ESO,que tivemos que ler o seu libro “O talismán dos druídas” Primeiro,contounos unha historia da súa vida, e logo fixémoslle unhas preguntas como as seguintes: P: Onde empezaches a pensar no Talismán dos Druidas? R: Pois... Estaba nunha aldea de Carballo, cerca de Buño, porque aí había unha mina e tamén había un castro.. Comecei a maquinar. P: Canto tardaches en escribir este libro? R: Exacto non o sei, pero, seis ou sete meses, facendo un guión e argallando pequenas cousas. P: Que libro nos recomendas? R: Este que estades lendo e “A historia do home-can”; e para nenos máis pequenos, “Andrea quere ser maior”. Ese gústame porque me inspirei na miña filla máis pequena. P: Que che gusta facer no teu tempo libre? R: Gústame moito ler, ir ao cine e estar coa miña familia, son moi familiar. P: Cal é o teu libro favorito? R: “Cien años de soledad” de Gabriel García Márquez Terminou a súa visita e algúns nenos pedíronlle que lles firmase o libro. Díxonos que había xente que non lle gustara ou que non acabara de entender o libro, pero el é catedrático de latín, polo que a historia, xa sexa castrexa como a do libro ou paleolítico lle gusta e está moi presente na súa vida Laura Ponce Leira 1º ESO C ~22~


O Xunquiño de Verán

O KÁRATE O kárate é unha arte marcial nada nas illas Okinawa entre China e Xapón. Foi desenvolvido para a defensa destas illas contra os seus invasores. A súa data de orixe non está determinada. O seu significado literal é man baleira (kara significa baleiro e te significa man). O karate ten un lema básico: “Karate Ni Senti Nashi”, que significa que o karate nunca comeza atacando. Isto quere dicir que o karate debe ser sempre utilizado unicamente para a defensa. Practícase cun traxe especial denominado karategui. Esta arte marcial non se utiliza simplemente para aprender a defenderse, tamén se aprenden outros moitos conceptos como o respecto, a disciplina ou a educación. Dentro del distínguense 9 estilos diferentes: Shito ryu, Shotokan, Goju ryu, Renbu kai, Shoto kai, Gensei ryu, Wado ryu, Kyokushin kai e Shorinji-ryu. -Shito ryu : esta escola foi creada polo mestre Kenwa Mabuni (18931957) no ano 1930. O seu significado é: Shi  Representa a Itosu (mestre de Mabuni) To  Representa a Higaonna (mestre de Mabuni) Ryu  Escola

-Renbu kai : o seu -Shotokan : o seu creafundador foi un dor foi o mestre Gichin mestre de escola coFunakoshi (1868reano chamado Ge1957). O seu significaka Yung. O seu sigdo é: nificado é Shoto  pseudónimo “asociación de pracdo mestre Gichin Fu- -Goju ryu : o seu creador foi ticantes de artes nakoshi o mestre Cho- marciales”. Kan  casa jun Miyagi (18871953). O seu significa-Shoto kai : é unha va- -Gensei ryu : foi crea- do é: riante do estilo Shoto- do polo mestre Seiken Go  dureza Ju  suavidade -Wado ryu : o seu kan. Foi desenrolado Shukumite (1925- ) ao Ryu  escola creador foi o mestre polo mestre Shigeru final da década dos 40. Hironori Otsuka (1892 Egami (1912-1981). O O seu significado é: -1982) no ano 1934. O seu significado é: Gen  serenidade, seu significado é escola Shoto  pseudónimo razón profunda de Wado do mestre Funakoshi Sei  lei, regra, forKai  asociación mar y dominar -Shorinji ryu : o seu Ryu  escola fundador foi Richard Kim (1917-Kyokushin kai : foi desenvolto polo 2001). O seu signifimestre (1923-1994). O seu significado é: cado é “EScola do Kyoku  último, o máis alto Templo Shaolin” ou Shin  a verdade ou realidade “ Escola do Templo Kai  asociación do pequeno bosque”.

Ariadna López Rocha ~23~


O Xunquiño de Verán

The Killers é unha banda estadounidense de rock formada en Las Vegas no ano 2002. Está composta por Brandon Flowers (voz e teclado), Dave Keuning (guitarra), Mark Stoermer (baixo), e Ronnie Vannucci Jr. (batería). En 2004 lanzaron o seu álbum debut, “Hot Fuss”, que tivo un gran éxito comercial en Estados Unidos e Reino Unido. En 2006 sacaron “Sam’s Town”. En 2007 sacaron un álbum de recopilación, “Sawdust”, con caras-B, rarezas e outros temas. O terceiro álbum de estudio, “Day And Age” foi lanzado en 2008. Venderon máis de 15 millóns de álbumes en todo o mundo. Formación: 2001- 2004 En 2001, Brandon Flowers coñeceu a Dave Keuning despois de responder a un anuncio que este puxera no xornal. A finais de 2002 sumáronse á banda Ronnie Vannucci Jr como batería e Mark Stoermer como baxista, facendo así a formación definitiva. Ao principio actuaban en pequenos locais de As Vegas, e comezaron a enviar maquetas a distintos selos discográficos de Estados Unidos, sendo rechazados por todos. Finalmente firmaron cun selo independente no Reino Unido en 2003. A banda trasladouse a Londres para dar pequenos concertos; o seu público aumentou e as críticas eran cada vez máis boas. Volveron a Estados Unidos e firmaron por outra discográfica. ~24~


O Xunquiño de Verán

Hot Fuss: 2004 - 2006 O seu primeiro álbum foi lanzando en 2004, con cancións como “Mr. Brightside”, “All These Things That I’ve Done” e “Somebody Told Me”.

Sam’s Town: 2006 – 2007 O seu Segundo álbum, lanzado en 2006, tivo un grande éxito, con cancións como “Bones”, “When You Were Young” e “Read My Mind” Sawdust: 2007 – 2008 Este álbum recopilatorio lanzado en 2007, contén caras B, rarezas e algún tema novo, e conta, por exemplo, cunha versión do tema “Romeo and Juliet” de Dire Straits. Day & Age: 2008 – 2010 Este álbum é o máis exitoso, con temas como “Human”, e o álbum logrou colocarse no número 1 das listas durante algún tempo. Diego Rodríguez Rojo 3ºESO A ~25~


O Xunquiño de Verán

Como xa sa- bedes Galicia volve ser de primeira! Ágora temos dous equipos, Deportivo da Coruña e Celta de Vigo, na primeira división da liga BBVA. Para celebrar o ascenso do Depor de forma máis partícipe veu o noso colexio Juan Domínguez Lamas, o futbolista do Depor. Estivo toda a mañá no seu antigo colexio asinando autógrafos e contestando a moitas das preguntas dos pequechos. Entre Barça e Madrid non se mollou. Esperemos que este ascenso sexa para sempre.

~26~


O Xunquiño de Entroido

É unha época na que se poden romper tódalas normas,unha época na que se pode cambiar de personalidade,unha época na que podemos ironizar sobre as grandes institucións,é o entroido. O entroido celébrase en toda Europa dende épocas descoñecidas.Ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de entroido adoita coincidir a finais de febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro. A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo"da primavera e do rexurdimento da vexetación.A palabra carnaval vén do italiano carnevale. Na zona norte de Galiza emprégase moito a palabra antroido. Xeralmente,o que define o entroido galego,son ás máscaras.Estas,segundo as zonas e comarcas presentan distintos trazos.Pódense distinguir dous grandes grupos: -As máscaras ourensás:A súa misión é meter medo, asustar, bater nos veciños ou escorrentalos realizadas sobretodo en madeira,estas máscaras coloristas cobren toda a cara. Aínda que ás veces van en grupo, a súa presenza é habitualmente individual.Entre elas están os cigarróns de Verin, os peliqueiros de Laza,as pantallas de Xinzo... -As máscaras da zona atlántica. Son por exemplo os xenerais de Deza e de Ulla, as damas e galáns de Cangas e Vilalba e as madamitas e madamitos do entroido de Cotobade.Son traxes tamén coloristas, pero que frecuentemente deixan o rostro descuberto. Neles o traballo individual de elaboración do vestido é importante, pero máis o é a performance, que adoita ser colectiva. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas. No entroido,o tradicional é comer e beber ata encherse,sendo outra das facetas da idea de exceso e provocación destas festas.Tamén nestas datas prepáranse sobremesas especiais como son as orellas e as filloas, que son os platos máis típicos do entroido.O lacon con grelos como prato forte, acompañado destos doces, son as comidas típicas destas festas.

Uxía Castro Martinez 3ESO

~27~


O Xunquiño de Verán

Os nenos da Xunqueira falan galego!

~28~


O Xunquiño de Verán

~29~


O Xunquiño de Verán

Nenos de 2º de E.P ~30~


O Xunquiño de Verán

OS NENOS DE 3 ANOS, ASÍ SOMOS E ASÍ NOS VEMOS

~31~


O Xunquiño de Verán

~32~


O Xunquiño de Verán

~33~


O Xunquiño de Verán

~34~


O Xunquiño de Verán

~35~


O Xunquiño de Verán

~36~


O Xunquiño de Verán

~37~


O Xunquiño de Verán

~38~


O Xunquiño de Verán

~39~


O Xunquiño de Verán

~40~


O Xunquiño de Verán

Estudou Bacharelato en Pontevedra. Posteriormente estudou Dereito en Santiago. Ó remata-los seus estudos dirixe o diario 'Galicia', no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside e Vilar Ponte. En 1924 Valentín é condeado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos. En 1931 foi candidato a Deputado de Pontevedra nas Cortes Constituíntes. Despois do alzamento militar contra a República, é desterrado a Verín na Serra de Queixa. Posteriormente é confinado a Villanueva de la Serena (Extremadura). En 1939 casou con Pilar Rodríguez de Prada. En 1942 empezou a dirixir a revista Industrias Pesqueras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego. En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega co discurso titulado A Galeguidade na obra de Guimaraes Rosa. Despois da morte de Franco, formou parte da 'Comisión dos 10' da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc). En 1977 foi elexido Senador de Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega. Valentín Paz Andrade publicou numerosos artigos xornalísticos.Como xurista amosou a súa preocupación pola realidade socio-económica de Galicia en obras como Pranto matricial, Galicia como tarea, Sementeira do vento, La marginación de Galicia, El capital como factor del desarrollo de Galicia, El sistema económico de la pesca en Galicia, Producción y fluctuación de las pesquerías e Los derechos sobre el espacio marítimo. A súa personalidade polifacética levouno tamén a publicar algunhas obras de poesía como Pranto matricial (1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves na sombra (1979) e ensaios como La Anunciación de Valle Inclán (1967), Transferencias etnológicas de Galicia en el Brasil Ulterior (1976), e A galeguidade na obra de Guimaraes Rosa (1978). Paz Andrade amosa tamén a súa preocupación política en obras como O modelo federal para a constitución do Estado galego e Testimuñas e prespectivas de homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978). Ademais publicou a biografía máis importante que existe sobre Castelao, titulada Castelao na luz e na sombra (1982).

“A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño”O porvir da lingua Andrea Chao Fernández e Sara Pena Caaveiro 3º A ~41~


O Xunquiño de Verán

~42~


O Xunquiño de Verán

~43~


O Xunquiño de Verán

Isaac Díaz Pardo A última peza dos grandes galegos sempre comprometidos coa súa terra e co desenvolvemento da lingua, que tivo sempre como súa incluso cando non estaba na terra que sempre amou. Isaac foi unha persoa emprendedora que desde os primeiros momentos da súa vida cando rodeado do ambiente intelectual e galeguista dos Irmáns da fala do que era participante o seu pai, o pintor Camilo Díaz Baliño, e do que pasaría a ser parte el de non ser pola aparición da Guerra Civil. Por esta guerra tivo que estar escondido nun piso da súa tía en Santiago. Durante toda a súa vida tivo ese sentimento de supervivente que o impulsou a ser unha persoa emprendedora, comprensiva, directa e protectora. Co fin da guerra decidiu estudar artes plásticas, pero deuse conta de que non era capaz de vender unha arte do máis persoal que facía como se fora a sangue que corría polas veas. Co paso dos anos dedicouse a distintos traballos, pero ao final dispúxose a abrir unha das empresas máis prósperas de Galiza; ata hai uns anos cando, lle quitaron o poder e as ganas de vivir. Co cambio de “goberno” viuse obrigado a emigrar a Arxentina onde coa axuda doutros destacados galeguistas, como Luís Seoane, crea o Laboratorio de Formas. Uns anos despois crea as Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego de Información, a editorial Edicións do Castro, o Seminario de Estudos Galegos, etc. Nas cerámicas dende o primeiro momento deulles axuda, educación e seguridade a todos/as traballadores/as das fábricas, que tivo asegurados dende o primeiro momento de vida da fábrica. Ao longo da súa vida recibiu moitas distincións e recoñecementos, coma o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedraio das Deputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991), Premio Trasalba da Fundación Otero Pedraio (1993), a Vieira de Prata do Patronato da Cultura Galega de Montevideo (1995), a Medalla de Ouro de Galicia e a Medalla ao Traballo (2007) entre moitísimos outros. Morreu o 5 de xaneiro do 2012 aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña. David Seoane Fernández 3 ESO ~44~


O Xunquiño de Verán

~45~


O Xunquiño de Verán

~46~


O Xunquiño de Verán

~47~


O Xunquiño de Verán

~48~


O Xunquiño de Verán

~49~


O Xunquiño de Verán

~50~


~51~


~52~


~53~


O Xunquiño de Verán 2012